Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ Odcinki: 3733

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

Pury González

Kategoria

News

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

27 lip 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

AROUSA NOTICIAS 03 06 26 03.06.2026

O proxecto para a instalación dunha terminal de almacenamento de betume asfáltico no porto de Vilagarcía acaba de recibir a aprobación ambiental da Xunta de Galicia. O Grupo Municipal Socialista de Ribadumia e Somos Ribadumia solicitan a a celebración dun Pleno extraordinario para abordar cuestións sobre a piscina e o departamento de Servizos Sociais A Escola de Navegación Tradicional da Asociació...

AROUSA NOTICIA 02 06 26 02.06.2026

A plantilla da fábrica de Nestlé en Pontecesures afronta a segunda xornada de folga indefinida contra o ERE plantexado pola multinacional que, se as cousas non cambian durante as negociacións, suporá o despedimento de 27 traballadores da central arousá. O alcalde de Vilagarcía aborda con responsables de Renfe as melloras que o Plan Galicia introducirá no Eixo Atlántico co aumento das frecuencias e...

AROUSA NOTICIAS 22 05 26 22.05.2026

Vilagarcía celebra hoxe o día grande de Santa Rita. Centos de persoas ateigan xa dende primeiras horas da mañá a contorna de Vista Alegre, entre misas, postos de velas e rosquillas e carpas de ‘pulpeiras’ e churrasco. A avenida Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, recupera definitivamente os dous sentidos da circulación rodada tralo remate das obras do tnque de tormentas. Sanxenxo amplía este verán...

AROUSA NOTICIAS 21 05 26 21.05.2026

A veciñanza da rúa Ameal, no lugar da Lagoa, en Sobrán, dispón a partir de hoxe dos servizos básicos de saneamento de residuais e abastecemento de auga potable tralas obras realizadas polo concello cun investimento de 86.000 euros. A Illa de Arousa e O Grove recibirán 250.000 euros de fondos provinciais para realizar melloras nas súas instalacións deportivas ao abeiro do III Plan Extraordinario de...

AROUSA NOTICIAS 20 05 26 20.05.2026

O grupo de goberno de Vilagarcía contará co apoio do BNG para aprobar no pleno deste mes de maio os orzamentos municipais para este ano de 41,6 millóns de euros cunha partida de 1,6 millóns para a compra dunha parcela destinada a residencia de maiores pública. A Xunta de Galicia saca a licitación por 1,9 míllóns de euros a construcción de 10 vivendas de promoción pública proxectado en Marxión nunh...

AROUSA NOTICIAS 19 05 26 19.05.2026

Unha muller resultou ferida esta mañá nun accidente de tráfico rexistrado na estrada PO-548, que une Vilagarcía con Pontecesures, á altura de Bamio, ao carón da gasolineira. Unha colisión entre dous vehículos rexistrada a primeira hora desta mañá na autovía AG-41, ao seu paso polo municipio de Sanxenxo, saldouse con dúas persoas feridas e complicacións no tráfico. Cambados acolleu esta mañá a camp...

AROUSA NOTICIAS 18 05 26 18.05.2026

O acceso á illa das Goritas, en Cambados, permanece cortado dende primeira hora desta mañá debido ás obras de rehabilitación e reforzo da estructura que comezou a executar Portos de Galicia. O BNG de Sanxenxo propón ao goberno local que poña en marcha un servizo de transporte a demanda en colaboración cos taxistas locais. A transformación do antigo colexio do Cruceiro, en Vilalonga, no que será o...

AROUSA NOTICIAS 15 05 26 15.05.2026

O plantel de Nestlé en PonteceSures volve concentrarse ante as portas da única fábrica que a multinacional ten en Galicia, coincidindo co inicio das negociacións en Barcelona entre dirección e comité de empresa. O grupo de goberno de Vilagarcía está disposto a incluir nos orzamentos unha partida para a compra dunha parcela que permita a construcción dunha residencia de maiores pública pero elude c...

AROUSA NOTICIAS 12 05 26 12.05.2026

Vilagarcía mira xa cara as Festas de Santa Rita, que comezarán o vindeiro xoves 21 de maio. Serán catro días nos que as verbenas volverán a marcar a parte musical, con Kubo e Capitol”, ademáis dun concerto tributo a Alejandro Sanz. EU de Vilagarcía pon unha única condición para apoiar os orzamentos: que se inclúa a compra da casa e a finca dos duques de Terranova para destinala a residencia de mai...

AROUSA NOTICIAS 11 05 26 11.05.2026

O BNG condiciona o acordo de orzamentos co goberno de Vilagarcía a un calendario de aplicación dos proxectos, á compra dunha parcela para unha residencia de maiores pública e avances na recuperación do Balneario para uso público. Vilagarcía adxudica o sistema de xestión que permitirá aplicar as bonificacións no parking Xoan XXIII. Sanxenxo comezará nos vindeiros días as obras de de mellora da acce...

AROUSA NOTICIAS 08 05 26 08.05.2026

A circulación ferroviaria volveu á normalidade trala interrupción do servizo esta pasada noite debido a unha incidencia rexistrada en Vilagarcía cando un home encaramouse á catenaria ameazando con tirarse. Portos de Galicia comeza a renovación da balaustrada do Paseo do Preguntoiro, en Vilaxoán, cun investimento de 50.000 euros que contempla o arranxo da beirarrúa e a sustitución do mobiliario urb...

AROUSA NOTICIAS 07 05 26 07.05.2026

Xornada marcada pola folga do metal que está a ser seguinda por unha ampla maioría dos 30.000 traballadores afectados da provincia en demanda dun novo convenio que mellore as condicións salariais. O servizo de emerxencias municipal de Vilagarcía dispón dende hoxe dun novo vehículo autoescada que permitirá unha mellora nos rescates en altura, adquirido a través do convenio entre o Concello e a agru...

AROUSA NOTICIAS 06 05 26 06.05.2026

O proxecto de humanización da rúa Esperanza e a travesía Lucena en Carril, a piques de sair a licitación: A Deputación aprobará este venres a inclusión do investimento nos fondos que lle corresponden a Vilagarcía a través do plan +Provincia. A lonxa de Cambados, escenario da sinatura do convenio entre a Consellería do Mar e a Consellería de Facenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a tra...

AROUSA NOTICIAS 05 05 26 05.05.2026

O paro baixa no mes de en todas as nosas comarcas e practicamente en todos os concellos: no Salnés rexistráronse 80 parados menos e no Barbanza 82. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa concéntrase ante o Parlamento de Galicia en protesta pola ausencia dun plan integral da Xunta que aborde os problemas estructurais do sector marisqueiro. A balaustrada de pedra seguirá no Paseo de Silgar. O alca...

AROUSA NOTICIAS 04 05 26 04.05.2026

A Fundación Galega Contra o Narcotráfico fixo públicos esta mañá os nomes das persoas que este ano recibirán os premios Nécora de Ouro: Jaime Gayá Moreno, Xefe de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia, Jesús Cartelle Fernández, director da Unidade de Conductas Adictivas de Ribeira e Carmen Villar Alonso, xornalista do Faro de Vigo. O proxecto de peonalización e humanización da rúa Vicente Risco...

AROUSA NOTICIAS 29 04 26 29.04.2026

Investigase sen desbotar ningunha hipótese o falecemento do xoven de 18 anos de idade atopado ferido grave a pasada tarde no río Gafos. Último trámite para que se inicien as obras do novo cuartel da Garda Civil en Cambados: Siepse formalizou o contrato para a execución da obra, adxudicada á Seranco, cun orzamento de 9,3 millóns de euros e 18 meses de execución. Cambados celebra dende mañá o mes ad...

AROUSA NOTICIAS 28 04 26 28.04.2026

Investígase o falecemento dunha veciña de Portonovo que apareceu ferida e semiinsconsciente na rúa Areal da vila. Sanxenxo e a Xunta de Galicia impulsan en Vilalonga a terceira promoción de vivenda pública destinada á veciñanza empadroada no municipio menor de 36 anos. Caldas de Reis recibe do Consorcio de Zona Franca de Vigo o borrador do convenio para o desarrollo do polígono de Paradela- Carrac...

AROUSA NOTICIAS 24 04 26 24.04.2026

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o camioneiro de Vilagarcía detido pola súa presunta implicación no atropelo mortal do polígono do Vao, en Pontevedra. Pasan a disposición xudicial as persoas detidas esta semana no último operativo contra o narcotráfico desplegado na comarca do Salnés que desartellou unha rede de distribución de cocaína, heroína e haxis. Sanxenxo, Poio e Acuaes asin...

AROUSA NOTICIAS 23 04 25 23.04.2026

As forzas de seguridade todavía manteñen aberta a operación antidroga desplegada este mércores no Salnés que desartellou unha rede que distribuía dende Arousa ata 50 kilos de cocaína e 10 de heroína ao mes. Vilagarcía pon en marcha unha edición extraordinaria dos Bonos Son da Casa respondendo á petición da asociación de comerciantes tras unha mala campaña de inverno. As consecuencias da rotura a p...

AROUSA NOTICIAS 22 04 26 22.04.2026

Novo operativo antidroga con epicentro no Salnés que de momento se salda con dez persoas detidas e outros tantos rexistros na Illa de Arousa, Vilanova e Vilagarcía. Accidente mortal en Pontevedra. Un home de 48 anos de idade, veciño de Vigo, faleceu tras ser atropelado na estrada PO-531, o vial que Pontevedra e Vilagarcía, á altura de Campañó. Ponse en marcha a campaña promovida dende a Xefatura P...

AROUSA NOTICIAS 21 04 26 21.04.2026

Concluída a segunda fase da Operación Zaguans, desenvolvida no Barbanza e centrada nas localidades de Boiro, Rianxo e A Pobra, con sete detencións e importantes cantidades de droga incautada. Fraude no aluguer vacacional: Investígase a un home acusado de estafar un turista ao que lle alugou unha vivenda en Sanxenxo que non estaba dispoñible, utilizando unha identidade falsa. A Mancomunidade do Sal...

AROUSA NOTICIAS 20 04 26 20.04.2026

Comezan as obras do Centro de Talasoterapia do Terrón, un proxecto plantexado por primeira vez hai case 20 anos e que por fin comezará a ser realidade a finais de 2027 nun edificio de tres plantas, con dúas piscinas de auga do mar, un circuito termal e un espazo multiusos. Vilagarcía dispón dende hoxe dun novo estacionamento disuasorio, situado ao carón da Casa Consistorial no solar do antigo Lice...

AROUSA NOTICIAS 17 04 26 17.04.2026

Xornada de folga do persoal das grandes empresas do textil e o calzado de Vilagarcía e Pontevedra convocada por UXT e CIG contra o convenio estatal asinado por ARTE e os sindicatos CCOO e Fetico. Vilagarcía promove unha nova edición do programa de formación especializada para quince persoas desempregadas con compromiso de contratación coa empresa Fundivisa. A confraría de Cambados acada resultados...

AROUSA NOTICIAS 16 04 26 16.04.2026

Todo listo en Vilagarcía para a celebración este domingo do Solifest do Piñeiriño e e Amencer Aspace, que destinará o recadado a financiar programas de actividades para as persoas usuarias do Princesa Letizia. Vilagarcía adxudica á empresa Trébol, por 13.600 euros, os traballos para poñer fin ás filtracións de auga que rexistra o CEIP Anexo A Lomba por unha das súas fachadas laterais. O PP de Vila...

AROUSA NOTICIAS 15 04 26 15.04.2026

Cinco detidos nun operativo antidroga en Vilagarcía e Vilanova contra o tráfico de estupefacientes a pequena ou mediana escala. Detido un home de 33 anos en Vilagarcía como presunto autor dun delito de violencia machista. Vilagarcía renova o seu programa informático para modernizar a xestión do padrón municipal e sincronizar datos co censo electoral. Preocupación no PP de Cambados polo "incremento...

Słuchaj podcastu Podcast AROUSA SI RADIO w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS