Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Odcinki: 3665

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategoria

News

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

28 paź 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

Noticias 13.30h - Mércores, 8 de febreiro de 2023 08.02.2023

En Noticias 13.30h deste mércores 8 de febreiro contámoslles os últimos datos de turismo de Tui e continuamos coas entrevistas a voceiros municipais con José Manuel Palacín de Converxencia 21. Tamén, a crónica de sucesos, citas e deporte.

Noticias 13.30h - Martes, 7 de febreiro de 2023 07.02.2023

En Noticias 13.30h deste martes 7 de febreiro damos conta do novo investimento do Plan Concellos que permitirá contratar a 17 persoas desempregadas. Tamén, o inicio da rolda de entrevistas a concelleiros con Laureano Alonso de En Marea. Abrimos páxina de citas e o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 6 de febreiro de 2023 06.02.2023

En Noticias 13.30h deste luns 6 de febreiro damos conta da presenza esta semana de Tui nas xornadas URBACT#InfodayES sobre desenvolvemento sustentable en Vic. Tamén, a presentación da Campaña da fame de Manos Unidas en Tui e os resultados deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 3 de febreiro de 2023 03.02.2023

En Noticias 13.30h deste venres 3 de febreiro damos conta do accidente que tivo lugar esta mañá en Cabo Silleiro con 4 feridos; da concentración de onte en favor da sanidade pública de Tui; as citas da fin de semana e o deporte local.

Noticias 13.30h - Xoves, 2 de febreiro de 2023 02.02.2023

En Noticias 13.30h deste xoves 2 de febreiro damos conta da presenza en Lisboa do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na sinatura do REDCOT; os datos do paro do mes de xaneiro; e informamos da concentración desta tarde convocada pola Plataforma de Defensa da Sanidade Pública de Tui.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sobre a sinatura de creación da rede RedCot en Lisboaº 02.02.2023

En Noticias 9.30h falamos en directo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para valorar o acto de sinatura da nova Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza. Valoraba que suporá un novo avance na cooperación trasnfronteiriza da Eurocidade.

Noticias 13.30h - Mércores, 1 de febreiro de 2023 01.02.2023

En Noticias 13.30h deste mércores 1 de febreiro damos conta da presenza da Eurocidade a través do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na sinatura do REDCOT; do Plan Integrado de Emprego; do libro 'Historias de pedra, Tui e as súas parroquias' de Rosa María Vila, entre outras novas.

Noticias 13.30h - Martes, 31 de xaneiro de 2023 31.01.2023

En Noticias 13.30h deste martes 31 de xaneiro para contarlles a presenza da Eurocidade a través do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na sinatura do Acordo da Rede España-Portugal de Cooperación Transfronteiriza. Tamén citas formativas, culturais e o deporte.

Noticias 13.30h - Luns, 30 de xaneiro de 2023 30.01.2023

En Noticias 13.30h deste luns 30 de xaneiro de 2023 contamos os detalles do novo Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui e a visita de Xiana Méndez, secretaria de estado de Comercio, na cidade. Tamén, a actualidade dos concellos do Baixo Miño, iniciativas polo Día Escolar da Paz e todo o deporte da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres 27 de xaneiro de 2023 27.01.2023

En Noticias 13.30h deste venres 27 de xaneiro de 2023 contamos os detalles do pleno ordinario celebrado onte en Tui. Tamén, a programación teatral da cidade en febreiro e marzo, citas e o deporte da fin de semana.

Operativo de busca en Gondomar para localizar a Albano Manso 26.01.2023

Albano Manso é un veciño de Gondomar que leva desaparecido dende o pasado xoves. Xa hai operativos de búsqueda na localidade, na zona do Couso, e tamén noutras da contorna. Hoxe falamos en Noticias 13.30h dun dos seus amigos, Francisco Cavaco, que detallaba máis datos de Albano e as labores de busca.

Noticias 13.30h - Xoves 26 de xaneiro de 2023 26.01.2023

En Noticias 13.30h deste xoves 26 de xaneiro de 2023 falamos do pleno ordinario de Tui desta tarde, tamén de Ventura, un programa para cineastas que se está a desenvolver na cidade, e da inauguración do pavillón da Sangriña na Guarda.

Noticias 13.30h - Mércores 25 de xaneiro de 2023 25.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste mércores 25 de xaneiro de 2023 para contarlles a orde do día do próximo pleno ordinario de Tui, un aviso de tráfico, o programa para este 2023 da Red de Juderías, o novo plan de compostaxe do Concello de Tui, as citas do día e o deporte local.

Noticias 13.30h - Martes 24 de xaneiro de 2023 24.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste martes 24 de xaneiro de 2023 para contarlles a orde do día do próximo pleno ordinario de Tui. Tamén a selección da AECT Río Minho para un proxecto piloto europeo de gobernanza e distintas noticias de ámbito educativo.

Noticias 13.30h - Luns 23 de xaneiro de 2023 23.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste luns 23 de xaneiro de 2023 para falar dos certificados de calidade turística SICTED e coñecer máis do traballo que realizan na Oficina de Emprego de Tui. Tamén os resultados do deporte da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 20 de xaneiro de 2023 20.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste venres 20 de xaneiro de 2023 para facer balance do FITUR, do Servizo Municipal de Orientación en 2022 e dos investimentos a realizar polo Consorcio do Louro con crédito extraordinario, as citas e o deporte local.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - FITUR Red Juderías 19.01.2023

O 20 de febreiro celebrarase en Tui un dos actos que conforman o programa cultural deste ano da Red de Juderías que onte foi presentado en FITUR. Así o confirmaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen salientaba que Tui terá un papel destacado ao celebrarse o 400 aniversario do falecemento do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. Este é un dos actos nos que Tui está hoxe presente en FITUR

Noticias 13.30h - Xoves 19 de xaneiro de 2023 19.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste xoves 19 de xaneiro de 2023 para contarlles unha nova xornada de FITUR, da que falamos en directo co alcalde, Enrique Cabaleiro. Tamén recollemos as exposicións destes días na comarca.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presenza de Tui en FITUR. 18.01.2023

Hoxe mantivemos unha conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dende a Feira Internacional de Turismo que está tendo lugar no IFEMA de Madrid.

Noticias 13.30h - Mércores 18 de xaneiro de 2023 18.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste mércores 18 de xaneiro de 2023 para contarlles a presenza de Tui e da comarca do Baixo Miño na Feira de FITUR que comeza hoxe en Madrid. Sobre este evento falamos en directo co alcalde, Enrique Cabaleiro.

Noticias 13.30h - Martes, 17 de xaneiro de 2023 17.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste martes 17 de xaneiro de 2023 para dar conta da dispoñibilidade de axudas do Goberno tras as tormentas de Fin de Ano no Baixo Miño, a presenza de Tui no FITUR, as citas do día e o deporte local.

Noticias 13.30h - Luns, 16 de xaneiro de 2023 16.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste luns 16 de xaneiro de 2023 para contarlles os datos de peregrinos do pasado ano en Tui, o novo presuposto do Consorcio de Augas do Louro, as citas do día e todo o deporte da fin de semana.

Noticias 13.30h - Venres, 13 de xaneiro de 2023 13.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste venres 13 de xaneiro de 2023 para valorar a situación da policía local en Tui, para dar conta da presenza do Xeodestino en FITUR, as citas da fin de semana e o deporte, coa Regata Miño Internacional como protagonista.

Noticias 13.30h - Xoves 12 de xaneiro de 2023 12.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste xoves 12 de xaneiro de 2023 para contarlles a valoración da situación da Policía Local de Tui por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, as citas e o deporte local, hoxe destacando a presentación da 42 edición da Regata Miño Internacional en Tui.

Noticias 13.30h - Mércores, 11 de xaneiro de 2023 11.01.2023

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste mércores 11 de xaneiro de 2023 para dar conta da presentación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, do Día dos Usuarios da Biblioteca, as citas do día e o deporte local.

Słuchaj podcastu Informativos w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS