Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Odcinki: 3672

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategoria

News

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

5 lis 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,7+ iOS niedługo

Odcinki

Tomiño e Cerveira presentaron hoxe o parque do Castelinho e do concurso de ideas da ponte peonil sobre o Miño 10.08.2017

Esta mañá presentouse publicamente o Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza e o concurso de ideas para a ponte peonil sobre o río Miño, dentro do proxecto Visti Río Miño financiado polo Interreg. Trátase da primeira pedra do camiño a percorrer para facer realidade este proxecto. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou que tras a presentación de hoxe ábrese o proceso que engloba tres...

Máis de 11 mil persoas pasaron en xullo pola Oficina e Punto de Información Turística de Tui 10.08.2017

Bos datos do turismo en xullo en Tui coma indican as máis de 11 mil persoas que pasaron pola Oficina Municipal e polo Punto de Información Turística. En agosto agárdanse que estas cifras sexan superiores dada a media de 400 consultas diarias que se están a rexistrar coma avanzou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

Os nenos saharuís que pasan o verán en Tui no programa Vacacións en Paz foron recibidos hoxe no Concello 10.08.2017

Hoxe tivo lugar no Concello de Tui a recepción aos nenos saharauis que pasan o verán no municipio. Xunto aos nenos e nenas e as súas familias de acollida estiveron presentes Alba Costas e Henrique Porto, de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, que quixeron dar as gracias ao Concello e ás familias pola acollida, así como o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que tivo unhas palabras de benvida para...

Noticias 13.30h - Xoves, 10 de agosto, de 2017 10.08.2017

A actualidade deste xoves, 10 de agosto, en Noticias 13.30h

Noticias 13.30 - Mércores, 9 de agosto de 2017 09.08.2017

A actualidade deste mércores, 9 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h na RMT

Noticias 13.30 - Martes, 8 de agosto de 2017 08.08.2017

A actualidade deste martes, 8 de agosto, de 2017 en Noticias 13.30h

Tomiño acolle gran parte das actividades da Escola Eu Rural Cos Pés na Terra 08.08.2017

Onte poñíase en marcha a Escola Eu Rural, un proxecto da Asociación de Desenvolvemento Rural Mancomunidade Vigo – Baixo Miño, na que se encontran agrupados un total de 15 concellos. Esta iniciativa inaugúrase cunha serie de actividades que, baixo o título Cos Pés na Terra, están pensadas como itinerario formativo de máis de 140 horas. As actividades vanse desenvolver principalmente no Concello de...

Este venres terá lugar a subida do Arco de San Bartolomé 08.08.2017

Este venres terá lugar a subida do Arco de San Bartolomé ata o adro da Igrexa, onde permanecerá durante 15 días con motivo das festividades de San Roque e San Bartolomé. Este arco floral forma parte dunha tradición centenaria que algúns veciños decidiron recuperar hai catro anos. Debido á subida do arco, o venres a partir das 9 e media da noite todos os veciños están convidados a facer unha cea ao...

Semana temática “A auga do Aloia” dende hoxe e ata o domingo 08.08.2017

Dende hoxe e ata este domingo o Centro de Visitantes do Parque Natural do Monte Aloia celebra a semana “A Auga do Aloia” na que farán fincapé a importancia que o ciclo da auga ten neste espazo natural. Así o explicaba en declaracións á Radio Municipal de Tui Juan José Rodríguez, guía do Parque Natural do Monte Aloia. Os interesados en participar nesta actividade poden achegarse directamente ata o...

Noticias 13.30h - Luns, 7 de agosto de 2017 07.08.2017

A actualidade deste luns, 7 de agosto, en Noticias 13.30h

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Sinatura convenio variante de Tomiño 07.08.2017

Nos primeiros meses de 2018 poderán comezar as obras da variante de Tomiño que suporán un investimento de 3 millóns de euros e terán un prazo de execución de 15 meses. O pasado venres tivo lugar a sinatura do convenio entre a Xunta, a Deputación e o Concello de Tomiño que permitirá facer realidade este proxecto no que dende o consistorio levaban traballando dous anos. A alcaldesa de Tomiño, Sandra...

Tui acolle do 1 ao 3 de setembro as Xornadas Europeas da Cultura Xudea 04.08.2017

Os Sambenitos, a casa de Salomón, a menorá da Catedral forman parte do patrimonio tudense ligado á cultura xudía. Estes son tres elementos destacados pero hai moito máis que se dará a coñecer nas Xornadas Europeas da Cultura Xudea que presentaron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso,e o historiador tudense, Suso Vila.

Noticias 13.30 - Venres, 4 de agosto de 2017 04.08.2017

A actualidade deste venres, 4 de agosto de 2017, en noticias 13.30h.

Noticias 13.30h - Xoves, 3 de agosto de 2017 03.08.2017

A actualidade deste xoves, 3 de agosto, en noticias 13.30h na RMT

Tui acolle a exposición 'Rexas. Mulleres baixo o terror franquista' ata o 30 de agosto 03.08.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Mª José González, o deputado de Cultura, Xosé Leal, xunto á comisaria da mostra Montse Fajardo e un familiar das vítimas, Julián Jaso, inauguraron hoxe a exposición "Rexas. Mulleres baixo o terror franquista". A mostra pode visitarse ata o 30 deste mes na sala de exposición da Área Panorámica.

En xullo 3.921 peregrinos saíron dende Tui cara Compostela 02.08.2017

Tui foi en xullo o terceiro punto de saída de peregrinos cara Compostela con 3.921 persoas, despois de Sarria e S. Jean P. Port, mentres dende Valença partiron 1.047 peregrinos. Co que, se sumamos o cómputo total, segundo os datos da Oficina de Acollida de Peregrinos, da Eurocidade saíron 4.968 persoas.

Noticias 13.30 - Mércores, 2 de agosto de 2017 02.08.2017

A Actualidade deste mércores, 2 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h

Visitas guiadas en Tui, A Guarda e Oia 01.08.2017

Este verán podemos coñecer máis do patrimonio e a historia do Baixo Miño grazas ás visitas guiadas que se celebran en Tui, na Guarda e en Oia.

Noticias 13.30 - Martes, 1 de agosto de 2017 01.08.2017

A actualidade deste martes, 1 de agosto, de 2017, en Noticias 13.30h

Actos vandálicos esta fin de semana nas piscinas e en Caldelas 31.07.2017

Esta fin de semana rexistráronse actos vandálicos nas piscinas municipais de Tui e no parque infantil en Caldelas. Onte os operarios das piscinas avisaban dos desperfectos causados de madrugada nestas instalacións municipais. Onte levouse a cabo un traballo de limpeza para poder abrir igulamente as piscinas, e hoxe serán reparados os sistema de rego e rexillas que foron destrozados. Así o explicab...

Noticias 13.30 - Luns, 31 de xullo de 2017 31.07.2017

A actualidade deste derradeiro día de xullo en Noticias 13.30h.

Noticias 13.30 - Venres, 28 de xullo de 2017 28.07.2017

A actualidade deste venres, 28 de xullo de 2017, en noticias 13.30h

Resumo pleno ordinario corporación municipal de Tui do 27 de xullo de 2017 28.07.2017

Algo máis de dúas horas durou o pleno ordinario que onte celebrou a corporación municipal de Tui. No mesmo tomaron posesión coma concelleiro Yovana Velázquez do PP e Andrés Urseira de CsT. Foron aprobados dous expedientes para habilitar case 1,9 millóns de euros para distintos proxectos con cargo ao remanente de tesourería. Tamén se aprobou a solicitude de cesión de novo da Área Panorámica á Xunta...

Noticias 13.30 - xoves, 27 de xullo de 2017 27.07.2017

A actualidade deste xoves, 27 de xullo, en Noticias 13.30h na RMT

Máis de 700 persoas participaron na concentración contra a moción de censura 27.07.2017

Cunha pancarta na que se podía ler “Non queremos voltar atrás! Non á moción de censura” máis de 700 persoas concentráronse onte na praza do Concello de Tui para amosar a súa disconformidade coa posible presentación dunha moción de censura. Durante o acto continuaron a recoller sinaturas ao manifesto feito público polo Colectivo Contra a Moción de Censura, que convocou o acto de onte, no que tamén...

Słuchaj podcastu Informativos w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS