Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Odcinki: 3672

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategoria

News

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

5 lis 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,7+ iOS niedługo

Odcinki

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Servizos Sociais - Día Mundial do Alzheimer 21.09.2017

A antiga Escola de Chans en Randufe acolle o Centro Comarcal de Alzheimer grazas ao convenio entre AFAGA e o Concello de Tui. Ao longo de todo o ano nel, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, trabállase coas persoas que sofren esta doenza. Amais iluminouse a Área Panorámica de morado co gallo deste día mundial, e mañá chega a Tui Reta3 Movámonos polo Alzheimer.

Noticias 13.30 - Xoves, 21 de setembro de 2017 21.09.2017

A actualidade deste xoves, 21 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h

A Oficina de Rehabilitación informa sobre as axudas para a rehabilitación ou mellora de vivendas 20.09.2017

Son varias as liñas nas que está a traballar a Oficina de Rehabilitación que o pasado mes de xullo abriu as súas portas no Concello de Tui. Lembramos que atende ao público os xoves de 9 a 14h no departamento de Urbanismo. Unha das liñas na que traballa é a información as axudas ou subvencións existentes en cada momento, segundo informa a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. Arestora está abert...

Noticias 13.30h - Mércores, 20 de setembro de 2017 20.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste mércores, 20 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h.

Novas pintadas na fin de semana no conxunto histórico de Tui 20.09.2017

Esta fin de semana rexistráronse novas pintadas no conxunto histórico de Tui no entorno da igrexa de San Telmo. Desgraciadamente non son actos illados senón que se repiten con demasiada frecuencia. A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, apuntou hoxe que é desalentador o vandalismo que se rexistra de xeito reiterado na cidade histórica e tamén noutros puntos da cidade, que xeran amais un gasto...

As autoridades de inspección ambiental de Galicia e Portugal están a levar a cabo unha xornada conxunta de formación 19.09.2017

As autoridades de inspección ambiental de Galicia e Portugal están a levar a cabo unha xornada de formación na sala Félix Rodríguez no edificio da Área Panóramica en Tui. Trátase dunha acción dirixida aos axentes de ambos países que colaboran no control do traslado de residuos transfronteirizos co obxectivo de informar dos principais cambios normativos e dos protocolos de actuación.

Balance positivo do turismo este verán en Tui 19.09.2017

Datos positivos do turismo este verán en Tui. Así se desprende dos datos de consultas recibidas na Oficina Municipal de Turismo. Máis de 34 mil persoas se achegaron ata este punto de información nos meses de xuño, xullo e agosto. Son 2 mil máis que no mesmo período de 2016.

Noticias 13.30h - Martes, 19 de setembro de 2017 19.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui

Noticias 13.30 - Luns, 18 de setembro de 2017 18.09.2017

A actualidade deste luns e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h.

Noticias 13.30h - Venres, 15 de setembro de 2017 15.09.2017

A actualidade deste venres, 15 de setembro, as citas da fin de semana e a información deportiva en Noticias 13.30h

200 inscritos no IV Torneo de Tenis da Eurocidade 14.09.2017

As pistas de tenis de Areas en Tui e de Valença acollen dende mañá ás 17h e ata o 1 de outubro o IV Torneo de Tenis da Eurocidade organizado polo club Tenis Tui. Hoxe na presentación avanzaron que teñen 200 inscritos tanto de Galicia coma de Portugal.

Música e gastronomía para despedir o verán este sábado en Tui 14.09.2017

A praza de Frómista, no corazón do conxunto histórico, acolle este sábado a partir das 20.30h a festa despedida do verán en Tui organizada polo Betún coa colaboración do Concello. A música de Best Boy e dj Funkente, a gastronomía de Cociñarte e o viños Bimbio maridaranse nunha noite especial que foi presentada esta mañá.

Noticias 13.30 - Xoves, 14 de setembro de 2017 14.09.2017

A actualidade deste xoves, 14 de setembro, en Noticias 13.30h na RMT

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - IV Congreso Internacional de Cidades Amigas da Infancia 14.09.2017

Durante a xornadas de onte e a de hoxe o Concello de Tomiño participa no IV Congreso Internacional de Cidades Amigas da Infancia, que se está a celebrar en Madrid baixo o título “Acción Local para la Agenda 2030”. Esta mañá puidemos falar con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, que está a asistir a este congreso acompañada do persoal técnico de educación do Concello, e que nos comentou a súa exp...

Este sábado celébrase a andaina polo Camiño Portugués pola Costa de Caminha a Tui 13.09.2017

Este sábado celébrase a andaina polo Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui organizada por Iacobus Tui. Oferta dous percorridos, o máis longo de 34 quilómetros de Caminha a Tui, e outro máis curto de 17 quilómetros de Vila Nova de Cerveira a Valença. A inscrición, gratuíta, está aberta ata mañá xoves ás 23.59h. A presentación tivo lugar esta mañá.

Noticias 13.30 - Mércores, 13 de setembro de 2017 13.09.2017

A actualidade deste mércores, 13 de setembro, en Noticias 13.30h na RMT

Esta mañá foi presentado o roteiro literario que terá lugar este sábado no monte Aloia 12.09.2017

Os Roteiros Literarios son unha iniciativa do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que chega esta fin de semana a Tui coa proposta “Roteiro Aloia Máxico, Mítico e Lendario”. O Monte Aloia será o protagonista do paseo literario que se vai celebrar o sábado e que foi presentado esta mañá coa presenza do alcalde de Tui, En...

Noticias 13.30h - Martes, 12 de setembro de 2017 12.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste martes, 12 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h

Noticias 13.30 - Luns, 11 de setembro de 2017 11.09.2017

A actualidade deste luns, marcada polo inicio do novo curso escolar, en Noticias 13.30h

Máis de 1600 alumnos iniciaron hoxe con normalidade o curso escolar en Tui 11.09.2017

A normalidade foi a tónica dominante neste primeiro día do curso escolar en Tui no que máis de 1600 escolares de Infantil e Primaria se incorporaron hoxe ás aulas dos oitos colexios públicos e dos dous concertados que hai na cidade. Falamos cos directores dos centros públicos ao longo desta mañá.

Ent. María José González, concelleira de Ensino e Cultura - Inicio do curso 2017/18 11.09.2017

A concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Mª José González, deu conta hoxe da normalidade no inicio do novo curso escolar no municipio, e repasou as principais obras acometidas no verán. Queda pendente de rematar o comedor do CEIP nº2.

Noticias 13.30h - Venres, 8 de 2017 08.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste venres, 8 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h

Tui volve á época medieval co Festival Arraianos 08.09.2017

Ás nove desta noite comeza a segunda edición do Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Por segundo ano consecutivo a máquina do tempo ideada por unha científica tola abre unha brecha temporal que durante tres días nos permitirá viaxar ata a época medieval, pero amais este ano tamén haberá incursións de feitos acontecidos no século XVII.

Noticias 13.30 - Xoves, 7 de agosto de 2017 07.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste xoves, 7 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h

Noticias 13.30h - Martes, 5 de setembro de 2017 05.09.2017

A actualidade deste martes, 5 de setembro de 2017, en noticias 13.30h

Słuchaj podcastu Informativos w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS