german estevez

Galiportus

Episodios cada semana: Martes/Terças 9h "Protagonistas e Actualidade, com as melhores entrevistas. Também as pílulas do H&H's, "História e Histórias", com todas as grandes e pequenas histórias galaico-portuguesas. Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite em nos contatar: galiportuspodcast@gmail.com. Galiportus busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, política, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da...

Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com

Autor

german estevez

Kategoria

Government

Strona podcastu

www.ivoox.com

Ostatni odcinek

16 paź 2026

Gdzie słuchać?

Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótce

Podcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów

Pobierz z Google Play Zainstaluj za darmo Android prawie 10 mln pobrań · ocena 4,8 iOS niedługo

Odcinki

Galiportus Ep.12- Ou ké: na terra dos vellos... actualidade política para novos 04.12.2023

Neste novo episodio, recibimos a visita de dúas persoas moi dinámicas e que nos axudan á hora de entendermos o pasado e presente de Ourense (Gz) Trátase de Ivan Iglesias e Ivan Olmos, fundadores de Ouké, a marca transmedia que irrompeu con forza e frescura. E como? Pois analizando dun xeito divertido, (sen por iso deixar de seren rigorosos e críticos) a actualidade sociopolítica da terceira cidade...

Galiportus Ep. 11- Crua e MJ Pérez: músicas cruzadas 30.11.2023

Hoxe toca falar de música tradicional adaptada aos novos tempos e aos novos estilos. Vamos até Arzúa (CO), e estamos con MJ Pérez, polifacética cantautora galego-portuguesa con máis de 200 concertos ás súas costas, premios (Aritmar, Xuventude Crea, Martin Codax, Música de Raíz) e mesmo incursións no audiovisual (videoclips, curtas e documentario sobre a figura de Inés de Castro) Ao mesmo tempo, sú...

Galiportus Ep.10- Rebulir: da música tradicional ao festival internacional 27.11.2023

No episodio de hoxe falamos de Rebulir, asociación e escola de música e cultura tradicional localizada en Ramirás (Ourense) Da man dos seus protagonistas, Alexandre Sotelino, "Sote" (director da escola) e Sandra G. Sousa (presidenta da asociación), analizamos o seu percurso desde 2005 até a actualidade. Anos de moito traballo e de grandes éxitos, como as Noites de Fiadeiro ou o Festival Internacio...

Galiportus Ep.9- Estou a estudar português 23.11.2023

Hoje falamos com o professor Valentim Fagim, a lecionar português nas EOI galegas desde há muitos anos. Ele explica-nos tudo acerca do seu livro "Estou a estudar português" (2022, Através), que visa ser uma ferramenta essencial como suporte ao estudo de quem quer descobrir a lingua de Camões, quer seja galegofalante, quer falante de castelhano. A fonética, a ortografia, a gramática, as palavras, o...

Galiportus Ep. 8- Orgullo Galego: as redes á galega 20.11.2023

Hoxe falamos con Borxa González Castro, un dos socios fundadores de "Orgullo Galego", a marca dos contidos xerados na Internet, á galega. Logo duns anos de moito traballo, a súa comunidade virtual é de máis de 400 mil persoas, con ampla difusión en Facebook, Instagram ou Youtube, máis tamén estando presentes nos canais de difusión de Telegram ou facendo directos en Twitch. Temas de actualidade, tr...

Galiportus Ep.7- En liña coa Mesa 13.11.2023

Neste episodio toca falar co presidente da maior organización asociativa por número de socios da Galiza, A Mesa pola Normalización Lingüística. Xunto co educador e activista da lingua Hector Casas, entrevistamos ao historiador Marcos Maceira (9 anos xa no cargo), o cal analiza múltiples cuestións sobre o pasado, presente e futuro da lingua propia. Así mesmo, tamén debullamos a ferramenta nomeada "...

Galiportus Ep.6- Sta. Marinha de Augas Santas, a lenda que persiste 13.11.2023

Nesta ocasión, o Galiportus vai ao encontro da mística, da lenda e da fé. Da man de Manuel Gallego Alves, historiador, educador, socio de Xeitura Coop e habitual guía en Santa Mariña (Allariz, Ourense-Gz) e do párroco Eduardo Fernández, buscamos respostas a tanta pregunta: Quen foi Mariña? Canto de historia rodea a tanto misterio? E ... por que gusta tanto a visita ao conxunto que se forma no ento...

Galiportus Ep.5- Escapar ao verde, tirarse ao monte 06.11.2023

Neste novo episodio toca falar de monte, de turismo verde, de medio natural. Analizamos multitude de aspectos sobre roteiros, estilos de vida, conciencia e respecto para un entorno tan privilexiado e con tantas potencialidades como o noso. Descubrimos destinos únicos da Eurorrexión, e facémolo desde dúas vertentes: a profesional, co guía de actividades na natureza e responsable de turismo activo d...

Galiportus Ep.4- Escolas Semente, vencer o futuro 06.11.2023

Hoxe abordamos cuestións educativas, educacionais e lingüisticas. Logo de máis dunha década do Decreto do "plurilingüismo", o uso do galego entre os máis pequenos é residual. Todo está perdido? Iniciativas como as Escolas Semente tentan revertir a balanza e propoñen un modelo cooperativo, ecoloxista, non masificado, feminista e de educación inclusiva en galego. Para falar disto todo, acompáñannos...

Galiportus Ep.3- A Arca da Noe, o oasis sociocultural e musical da Limia 30.10.2023

Nesta nova edición do Galiportus viaxamos até un oceano de emocións musicais e culturais da man de Noemi Vazquez, filóloga e ideóloga dunha sala de concertos, centro social, taberna, sala de exposicións e centro de ensino de música tradicional. Trátase da Arca da Noe, referencia galega do folk e da música tradicional que celebra o seu 9º aniversario cun libro cd presentado tamén da man de Irene Ve...

Galiportus Ep.2- Celanova, unha vila con orgullo 30.10.2023

Neste novo episodio do Galiportus achegámonos á Festa do orgullo celebrada este ano na vila ourensá de Celanova. Unha festa chea de ritmo e con moi boa acollida por todo o mundo. Entrevistamos a Teresa Barge, concelleira de participación cidadá, mobilidade, igualdade e integración social, en tanto que organizadora do evento. Tamén falamos con Roberto Carlos Soares "Sula", educador, DJ e activista...

Galiportus Ep.1- Quen somos? 22.06.2023

Galiportus achégase á realidade galaico-portuguesa actual desde varios puntos de vista. O académico, coa participación de Valentim Fagim, profesor de portugués na Galiza e activista da AGAL. Tamén coa empresarial Martiño X. V. Mato, administrador e arqueólogo en Xeitura Cooperativa Galega, habitual nos proxectos transfronteirizos. E finalizamos con Xoán Vázquez Mao, o secretario xeral do Eixo Atlá...

Słuchaj podcastu Galiportus w Replaio

Radio i podcasty w jednej aplikacji - za darmo, bez zakładania konta. Zainstaluj już dziś i nie przegap premiery

Pobierz z Google Play

Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS