AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
30 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Galicia en goles mediodía 14-06-2026 14.06.2026 2:55:57
Na matinal do domingo estiveron no campo de Vista Alegre de Boiro para acompañar aos equipos alevíns nun torneo de fútbol base onde tamén tivo presenza o Xabarín. Asimesmo en Meira celebrouse o Nacional de Traiñeiras, con bo papel para as embarcacións galegas.
Galicia en goles domingo 14-06-2026 14.06.2026 7:59:56
O Compostela deu un paso de xigante cara o ascenso tras gañar por 3 a 0 ao Badalona na ida da final estatal de promoción a 2ª RFEF. Pola súa banda, o Liceo goleou de novo ao Igualada no segundo partido da serie polo título de hoquei sobre patíns, e está a unha soa vitoria de acadar a novena liga da súa historia.
Galicia en goles sábado 13-06-2026 13.06.2026 10:44:52
A Ponferradina e o Celta Fortuna empataron a cero no encontro de ida da final de ascenso a 2ª división, deixando a resolución da eliminatoria para o partido de volta. Neste sábado o Galicia en Goles tamén contou a loita polo título no fútbol sala feminino e os posibles ascensos nas dúas categorías.
Galicia en goles venres 12-06-2026 12.06.2026 3:30:52
O Liceo consigue o primeiro punto da loita polo título tras golear ao Igualada por 8 a 2.
Galicia en goles mediodía 07-06-2026 07.06.2026 2:55:57
Na matinal do domingo o Atlético de Madrid gañou o Torneo Ourense Termal organizado polo Pabellón CF tras vencer na final ao Real Madrid. Mentres na OK Liga o Liceo venceu en Calafell no cuarto partido das semifinais e pechou o seu pase á gran final polo título.
Galicia en goles domingo 07-06-2026 07.06.2026 7:59:58
Tarde de ledicias no Galicia en Goles, que contou o ascenso do Leyma Coruña á ACB e a clasificación do Celta Fortuna para a final do ascenso a segunda división. Asimesmo o Compostela venceu ao Arteixo e será o representante galego que buscará unha praza na 2ª RFEF.
Galicia en goles sábado 06-06-2026 06.06.2026 10:44:54
A final four de ascenso á Liga ACB centrou o Galicia en Goles do sábado, que contou o triunfo do anfitrión, o Leyma Básquet Coruña ante Palencia. Posteriormente, na segunda semifinal, o Estudiantes fixo valer a súa condición de favorito para derrotar ao Oviedo e citarse cos laranxas na final deste domingo.
Galicia en goles venres 05-06-2026 05.06.2026 3:30:55
Previa da fin de semana deportiva galega con Paco Santos. Tamén contaron a derrota do Liceo en Calafell e o triunfo da selección española feminina ante Inglaterra
Galicia en goles domingo 31-05-2026 31.05.2026 7:59:56
A pesar de caer ante o Las Palmas na derradeira xornada da liga regular, o Deportivo desfrutou xunto a súa xente do ascenso a Primeira División na previa do encontro, no post sobre o terreo de xogo e logo en Catro Camiños. Un ascenso que tamén celebrou a UD Ourense tras vencer ao Conquense a domicilio e chegar, por primeira vez, á 1ª RFEF. Desa categoría quere escapar o Fortuna, que empatou a un g...
Galicia en goles mediodía 31-05-2026 31.05.2026 2:55:54
Na matinal do Galicia en Goles contaron o segundo punto da eliminatoria de semifinais da OK Liga que conseguiu o Liceo tras derrotar ao Calafell. Tamén estiveron no Ponte dos Brozos para contar o triunfo por dous goles a un do Arteixo ante o Compostela na ida da final da fase galega de ascenso a 2ª RFEF.
Galicia en goles sábado 30-05-2026 30.05.2026 10:44:54
O PSG conseguiu revalidar o título de campión de Europa grazas ao maior acerto na quenda de penaltis ante o Arsenal. Contouno, en chave galega, o Galicia en Goles. Tamén asistiron á IX edición da Romaría Celtista. Este ano celebrouse na Estrada, coa Peña Doutor Cota.
Galicia en goles venres 29-05-2026 29.05.2026 3:30:54
O venres do Galicia en Goles estivo marcado polo primeiro punto en xogo da serie de semifinais da OK Liga que se levou o Liceo ante o Callafell. Tamén contamos a remonta milagrosa do Zaragoza ante o Breogán, caían de cinco puntos a vinte segundos para o final, que lle permitiu aos maños, cun triple na última acción do partido, permanecer na Liga ACB e enviar ao descenso ao histórico Gran Canaria.
Galicia en goles sábado 23-05-2026 23.05.2026 10:44:49
O longo Galicia en Goles que tivo lugar o sábado deixou ao Celta un ano máis na Europa League. A vitoria ante o Sevilla contada dende Balaídos provocou un post partido festivo que se alongou ata a unha da madrugada. Non tivo tal final feliz a última xornada da 1ª RFEF, co descenso do Oureense CF e a surrealista 'non clasificación' do Pontevedra para os playoff de ascenso, en detrimento d...
Galicia en goles venres 22-05-2026 22.05.2026 3:30:55
O Menorca sorprendeu ao Básquet Coruña no terceiro partido dos cuartos de final do ascenso á Liga ACB e forzou o cuarto partido que se desputará o vindeiro domingo, na mesma cancha balear.
Galicia en goles domingo 17-05-2026 17.05.2026 9:29:51
Foi un longo Galicia en Goles que comezou co sufrimento do Deportivo para gañar ao Andorra e quedar a tan só unha victoria en dous partidos do ascenso directo. Logo a xornada unificada da 1ª RFEF non clarexou nada pero deixa moi tocada a permanencia do Ourense CF. O prato forte chegou ás 19h co Athletic - Celta que rematou en empate e a clasificación dos olívicos para competición europea. No polid...
Galicia en goles sábado 16-05-2026 16.05.2026 9:44:56
Sábado de playoffs con bo sabor de boca para os equipos galegos. Por unha banda a UD Ourense clasificouse para a final de ascenso a 1ª RFEF tras derrotar no Couto ao Reus. Comezou tamén a fase galega de ascenso a 2ª RFEF con partidos moi igualados. No polideportivo o Breogán completa unha semana perfecta vencendo ao Girona no Pazo e o Celta busca o ascenso á Liga Feminina tras gañar nas semifinais...
Galicia en goles venres 15-05-2026 15.05.2026 3:30:54
Este venres Roberto Carlos Carballo atendeu ás citas dos conxuntos galegos desta fin de semana, facendo unha previa de todos e cada un deles.
Galicia en goles mediodía 10-05-2026 10.05.2026 2:55:57
Con Rodrigo Pérez Pardo, o matinal do Galicia en Goles repasou os resultados galegos do sábado e fixo unha previa do emocionante domingo que lles agarda.
Galicia en goles domingo 10-05-2026 10.05.2026 7:58:51
O Galicia en Goles comezou contando a derrota do Lugo na casa e o triunfo a domicilio do Fortuna ante o Ourense CF. Logo viviuse unha última xornada de infarto na 3ª RFEF co ascenso do Arousa e a clasificación do Rácing Vilalbés e Estradense para os playoff. Logo a mala nova chegou coa goleada sufrida polo Coruxo na ida das semifinais de ascenso a 1ª RFEF. Coma postre, o Clásico do fútbol español...
Galicia en goles sábado 09-05-2026 09.05.2026 9:44:56
O conxunto olívico deu a badalada no encontro estrela do sábado no Galicia en Goles. Derrotou ao Atlético e aproveitou o picazo do Betis en Anoeta para acehgarse ao quinto posto que da acceso á maxima competición continental. Tamen soña en grande o Pontevedra, que goleou ao Athletic B e depende de si mesmo para pechar o posto de playoff de ascenso a 2ª división.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds