AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

11 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

'Happy end', de Mario Caneiro 30.01.2024

A nosa experta literaria Dolores Vilavedra vén nesta ocasión cunha obra de Mario Caneiro. Trátase de 'Happy end', un libro editado por Barbantesa e que conta... con catro finais felices!

Chichi Campos no Día da Ilustración 30.01.2024

Como cada 30 de xaneiro, o Día da Ilustración busca reivindicar o labor dos profesionais do debuxo homenaxeando a un ilustrador galego. Nesta ocasión lembramos a figura de Chichi Campos. Facémolo acompañados de Nico Campos, compañeiro da Televisión de Galicia e fillo do ilustrador.

'¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', de Javier Arce 30.01.2024

Na sección de arte, Mónica Maneiro recomenda a mostra titulada '¡Bon Hiver! Pinturas estacionais', na Fundación DIDAC de Santiago de Compostela. A exposición é obra do artista santanderino Javier Arce. Nesta exposición a pintura é protagonista a través de once obras de pequeno formato, realizadas a partir da observación do medio natural dende o espazo íntimo da vivenda do artista e a súa...

'Unha vida viquinga', na Cidade da Cultura 30.01.2024

A exposición 'Unha vida viquinga' é unha inmersión na cultura e a descuberta dun novo xeito de vivir. A mostra racha cos estereotipos arredor do mundo viquingo e ofrece unha nova ollada sobre a historia. Na exposición facemos un percorrido dende a infancia, o rol dos meniños na casa familiar ata que son adolescentes e chegan a vida adulta. Neste Diario Cultural facemos unha viaxe no temp...

Primeiros nomes do Festival de Ortigueira 29.01.2024

Na Feira Internacional de Turismo celebrada en Madrid déronse a coñecer as primeiras confirmacións para o Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira. Entre elas están Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Fillas de Cassandra, María Pérez, Sara Faro, Escola de Gaitas de Ortigueira ou Green Lads.

Doenzas e características xenéticas con perspectiva de xénero 29.01.2024

Na sección de cultura científica, Estíbaliz Espinosa explica conceptos relacionados coas doenzas ou características xenéticas da muller: o concepto de Matrescencia, o ADN mitocondrial ou as diferenzas en síntomas como os do infarto de miocardio. Tamén descubrimos como o espazo e as estancias en órbita afectan de xeito diferente a homes e mulleres.

Abraham Cupeiro percorre o país co proxecto 'Mythos' 29.01.2024

O músico e construtor de instrumentos Abraham Cupeiro percorrerá o país co seu proxecto 'Mythos', unha viaxe musical para atopar lóxica á orixe do universo a través da música e as historias primixenias creadas polos pobos dende tempos inmemoriais. A xira comeza o próximo 1 de febreiro en Ferrol e o disco publicarase en todas as plataformas o día 7 do mesmo mes.

Alberto Gracia, Borja Santomé e Noé Montes 27.01.2024

Imos ata a cidade danesa porque no certame compite Alberto Gracia, coa súa última película "La Parra". Entra na competición oficial. Pola súa banda, Borja Santomé leva a súa curtametraxe de animación “Alguén me chamou serpe negra”. E conversa con Noé Montes, o perruqueiro das estrelas de cine, como Ethan Hawke ou Claudia Cardinale. Aspira a un premio Goya polo seu traballo no filme “Vall...

Galicia en xogo Motor 27-01-2024 27.01.2024

No primeiro programa do ano 2024 repasamos o acontecido neste primeiro mes de xaneiro: 1.- A moción de censura fallida na FGA. 2.- O anuncio da chegada en maio do mundial de motocross a Galicia. 3.- E lembramos a conversa desta semana de Toni López García con Fran Gómez Pallas tras a grave caída do carballés no Dakar.

Na 'Erregueté' van pola...106! 26.01.2024

Afonso Becerra adica o seu espazo semanal a falarnos da publicación do número 106 da 'Erregueté', a revista de artes escénicas galega que vén de cumprir 40 anos.

'Pequefilmes': unha finde de película 26.01.2024

O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde.

'O dicionario dos seres míticos galegos' 26.01.2024

Na colaboración de literatura infantil e xuvenil, Eva Mejuto fálanos de seres máxicos e míticos, un fondo de armario dos clásicos contemporáneos reeditados e unha novidade editorial. Neste 2024, a literatura celebra o 25 aniversario da saída do prelo dun dos libros máis coñecidos e celebrados da nosa literatura: 'O dicionario dos seres míticos galegos' de Xerais. Os autores son Xoan R. C...

O oficio da restauración e a conservación 26.01.2024

O 27 de xaneiro celébrase o Día Internacional do Conservador e do Restaurador. No Diario Cultural visitamos o Museo Granell en Compostela para falar con Lorena Rodríguez, conservadora e restauradora; e con Eduardo López Valiña, conservador xefe da fundación Granell. Descubrimos con eles os segredos do seu oficio.

'Kyoki', da compañía Elefante Elegante 26.01.2024

A compañía Elefante Elegante estrea 'Kyoki', unha proposta escénica de linguaxe xestual sobre o esquecemento, a vellez e os coidados.

'Pobres criaturas' e 'Un mal día lo tiene cualquiera' 25.01.2024

As dúas estreas que trae hoxe o noso experto Moncho Lemos son: 'Pobres criaturas', de Giórgos Lánthimos, e 'Un mal día lo tiene cualquiera', de Eva Hache.

A arquitectura indiana en Galicia 25.01.2024

O Consello da Cultura Galega vén de publicar un informe no que analiza as características arquitectónicas do fenómeno indiano. Afondamos nos aspectos que definen este tipo de arquitectura en Galicia e as vías para protexela e conservala.

Unha oda ás salas de concertos 25.01.2024

Tito Lesende reivindica a importancia das salas e locais que programan música en directo durante todo o ano. Escoitamos cancións de artistas que poderemos ver en vivo proximamente. Javi Maneiro comeza o 3 de febreiro en Boiro unha xira de presentación do seu disco 'Un bonito despertar' que o levará tamén por Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol e Pontevedra. O 8 de marzo actuará na sala...

'Máis alá De catro a catro', de Rosendo Cid 25.01.2024

Os novos poemas de 'De catro a catro'. Rosendo Cid expón 'Máis alá De catro a catro', un proxecto de intervención sobre o poemario de Manuel Antonio.

'Non é unha canción', da compañía Souvenir Teatro 25.01.2024

As dramaturxias híbridas de Souvenir. A compañía de David Alonso e Maria de las Llanderas estrea 'Non é unha canción'

Percorrendo a felicidade 24.01.2024

A Real Filharmonía de Galicia fará acto de presenza en Santiago, no Auditorio de Galicia, e en Vigo, no Teatro Afundación, no marco do seu novo programa 'Percorrendo a felicidade'. Será o debut de Rita Castro Blanco á fronte da Real Filharmonía de Galicia.

A industria musical galega en datos 24.01.2024

O informe "Impacto da Industria Musical en Galicia: tendencias, retos e oportunidades" está impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e foi realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Recolle valores do ano 2022 mediante un proceso de investigación social e económica con rigor académico, mediante a sistematización de inform...

'Advertencias para un traxecto boreal', de Natalia Alonso Ramos 23.01.2024

Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra analiza a obra 'Advertencias para un traxecto boreal' de Natalia Alonso Ramos.

Alfonso Deus, no Vello Cárcere de Lugo 23.01.2024

O Vello Cárcere de Lugo acolle ata o 15 de febreiro unha exposición de acuarelas e cadros en relevo do pintor, mestre e músico coruñés Alfonso Deus. A mostra é o resultado do traballo de catro anos de pintura, con 130 acuarelas e 40 cadros en relevo. Unha reportaxe de Isabel Freire.

Tres artistas con poder interior 23.01.2024

Mónica Maneiro comenta a mostra colectiva 'Poder interior', que reúne na galería 'Luisa Pita' obras das galegas Menchu Lamas e Rut Massó e da venezolana Ana Margarita Ramírez. A galería prepara exposicións individuais das tres artistas para 2024 e 2025.

Cen anos de 'La leyenda del beso' de Soutullo 23.01.2024

O 18 de xaneiro de 1924 estreouse en Madrid 'La leyenda del beso', unha das zarzuelas que o ponteareán Reveriano Soutullo asinou con Juan Vert, e unha das súas obras máis célebres. Aproveitando a efeméride a orquestra Clásica de Vigo organiza un ciclo de concertos, conferencias e charlas que comeza o 26 de xaneiro. Escoitamos os musicólogos Alejo Amoedo e Xaime Estévez, dous dos particip...

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds