AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

11 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Rapa, O corno e Matria, os títulos con máis candidaturas nos Premios Mestre Mateo 07.02.2024

Rapa, O corno e Matria son os títulos con máis candidaturas nos Premios Mestre Mateo. A Academia Galega do Audiovisual fai públicos os finalistas da vixésimosegunda edición dos galardóns que se entregarán na Coruña o 23 de marzo.

Seguimos escoitando teatro: 'Encerrado' 06.02.2024

Peza premiada na terceira edición de Escoitamos Teatro. Transcorre no ascensor dun tanatorio, onde está o velorio dunha universitaria asainada. Previamente Begoña Vázquez preséntanos ao seu autor, José Luís Baños., que debuta na ficción sonora.

Canas ao vento 06.02.2024

Dolores Vilavedra preséntanos a obra máis famosa da escritora sarda Grazia Deleddda, Nobel de literatura en 1926. Agora sae publicada en galego coa tradución de María Alonso.

'Baldomero' o primeiro tema das pandereteiras Do Rivés 06.02.2024

Do Rivés, o novo grupo de pandereteiras da Costa da Morte que despega co lanzamento do seu primeiro tema. Despois de varios concursos, foliadas e actuacións, crean 'Baldomero', un tema que recolle as coplas que cantaba o avó dunha das integrantes, cuxo nome é o do propio tema. De feito, na canción pódese escoitar a súa voz.

Cine e arte. Lois Patiño e Pedro Costa na Luis Seoane 06.02.2024

Mónica Maneiro comenta dúas mostras protagonizadas por cineastas que acolle a Fundación Luis Seoane da Coruña. Unha delas é a mostra 'Canción de Pedro Costa', producida por La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona, que está comisariada por Javier Codesal e pode visitarse ata o 17 de marzo. A segunda recomendación é a mostra 'Lois Patiño. Marea', que está aberta ata o 4 de a...

Mercedes Vázquez Saavedra, fotógrafa do Entroido 06.02.2024

Neste Diario Cultural conversamos con Mercedes Vázquez Saavedra, a fotógrafa sarriá que leva varias décadas documentando as diferentes manifestacións do Entroido. Algunhas das súas imaxes de máscaras poden verse ata o 14 de febreiro no Museo Torres de Marín, na mostra 'Viaxe polo mundo da máscara'. O seu traballo etnográfico sobre o Entroido, a vida rural e as mulleres da raia valéronlle...

'Boa sorte, mala fama' unha traxicomedia sobre a emigración máis incómoda 06.02.2024

A compañía Tarabela comeza a xira de 'Boa sorte, mala fama' unha traxicomedia sobre a emigración máis incómoda.

Última chamada 05.02.2024

Santiago Cortegoso , coordinador de Escoitamos Teatro, tráenos Última chamada, de Francisco Manuel Peleteiro. Trátase da primeira das tres obras gañadoras na terceira edición do certame que organiza a SGAE en colaboración coa Radio Galega.

Cucos de Corcubión e A fonte de Neira 05.02.2024

Cucos de Corcubión é o debut musical do ourensán de A Mezquita Mark Dos Santos. A fonte de Neira forma parte do último traballo de Rapabestas. Os do Bierzo estarán o domingo vindeiro en Lume na Palleira

Poemas medievais e salgaduras romanas 05.02.2024

Mario César Vila fálanos hoxe de como as cantigas medievais proporcionan información sobre as mulleres daquela época, como recolle o libro 'Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', unha achega pluridisciplinar publicada pola USC. Tamén nos dá conta do achado de restos dunha salgadura romana no castro Alobre, en Vilagarcía.

'Fremosas', un proxecto de Barahúnda para divulgar as cantigas medievais 05.02.2024

'Fremosas' é un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa. Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro formaron o grupo folk Barahúnda en Madrid no ano 1998 e xa incluíron nos seus primeiros discos composicións a partir de cantigas medievais galego portuguesas. Agora dedícanlle a est...

Martín Romero e Vicente Romero 03.02.2024

Conversa co coruñés Martín Romero que compite nos Goya, na categoría de mellor curtametraxe de animación. A súa fita titúlase “To bird or not to bird”. A través de peripecias protagonizadas por paxaros, Martín fala do capitalismo voraz. Pasou tamén polo programa Vicente Romero, xornalista, reporteiro de guerra, amante do cine. Publicou o libro “Los señores de las tijeras. El cine que la censura no...

Galicia en xogo Motor 03-02-2024 03.02.2024

Tralo gran segundo posto acadado xunto a Pepe López no Rally de Montecarlo, o copiloto da Estrada David Vázquez analiza o ilusionante proxecto que terá no WRC e no Supercampionato de España. Ademais, pasou polo tempo do motor Darío Cabanelas, de pai galego e nai ucraína, que segue dando pasos no motorsport. Esta temporada competirá na Eurocup-3, un certame con oito probas nalgúns dos circuítos mái...

Afonso Becerra tráenos un Souvenir 02.02.2024

Afonso Becerra preséntanos unha compañía de teatro de recente creación: Souvenir. Coa súa primeira peza ´Non é unha canción´, veñen de gañar a quinta edición do Festival Pezas dun teatro do Porvir.

Na casa deles 02.02.2024

Primeira parte do traballo dedicado aos poetas lugueses e ás poetisas (proximamente Na casa delas...) Vídeos que fan semblanza da vida e obra de poetas como Lorenzo Varela, Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra, Manuel María, Luis Pimentel, e o pobo galego como autor anónimo, e pezas musicais sobre a obra destes autores, interpretadas por Son de Corda acompañad@s por pianistas colab...

Os Premios da Fundación Catro Gatos 02.02.2024

Na sección de voces expertas, Eva Mejuto fala dos Premios da Fundación Catro Gatos que, desde hai dez anos, esculcan e escollen os mellores libros infantís e xuvenís de todo o mundo. Moitos dos premiados ou finalistas son de autoría galega: pode ser pola editora, polos escritores ou ilustradores ou ben porque tamén os temos en lingua galega.

'As cordas invisíbeis ', de Aida Saco e Marcos de la Fuente 02.02.2024

Esta semana presentouse en Nova York o proxecto 'As cordas invisíbeis', unha creación de dous artistas galegos que viven nos Estados Unidos. Aida Saco Beiroa naceu en Rianxo, pero vive en Nova York. Leva dous anos na prestixiosa Manhattan School of Music cunha beca do Ministerio de Cultura. Por outro lado, Marcos de la Fuente leva cinco anos integrado xa na escena poética de Nova York. A...

'Marea', de Lois Patiño 02.02.2024

"Sempre teño que encontrar un elemento de vontade de innovación na forma cinematográfica". Lois Patiño presenta na Fundación Luís Seoane a exposición “Marea”. Con esta nova mostra explora a amplitude do visual e do narrativo, entre a observación e a palabra.

'A terra prometida' e 'A raíña do convento' 01.02.2024

Moncho Lemos comenta o drama épico 'A terra prometida', unha película dinamarquesa ambientada no século XVIII. A segunda longametraxe é unha comedia española callada de caras coñecidas. 'A raíña do convento' é o debut coma protagonista de Mario Vaquerizo.

'Formas e grafismos' de Soledad Penalta 01.02.2024

A artista Soledad Penalta expón en Lalín, no museo Ramón María Aller, varias das súas pezas escultóricas baixo o título 'Formas e grafismos'.

A nova xira de Brais Morán & Nasaufunk 01.02.2024

Na sección de voces expertas, Tito Lesende propón unha combinación de ritmo e melodía. Abrimos con Brais Morán & Nasaufunk, que comezan xira de concertos do novo disco, e seguimos coa colaboración do vasco Zetak con Fillas de Cassandra, que axiña comezan unha nova temporada de concertos. Despois, na parte melódica, o novo álbum do chileno Benjamín Walker e o 50º aniversario do "Band on th...

'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' 01.02.2024

A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' este xoves 1 de febreiro. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e poderá visitarse ata o 31 de marzo. Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras, documentación e outros elementos do...

'Hamlet, o de Cunqueiro', na Cidade da Cultura 01.02.2024

O ciclo 'Clásicas desfeitas' permite recuperar clásicos da literatura galega e universal a través doutras disciplinas artísticas. A proposta 'Hamlet, o de Cunqueiro' mestura as disciplinas do teatro e os videoxogos. Cada representación ofrecerá unha resposta distinta a tres cuestións sobre o amor, a morte e as relacións familiares. O público participa de forma directa na obra,...

Chega a fase final dos DeVuego 31.01.2024

A informática Luz Castro conversa con Begoña Vázquez sobre a fase final dos premios DeVuego e outras novas relacionadas cos videoxogos

'Rematou o simulacro', de Loita Amada 31.01.2024

Loita Amada vén de publicar o seu novo disco baixo o título 'Rematou o simulacro'. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco preséntase o sábado 3 de febreiro en 'O Candil de Silvia', na Estrada. Estarán acompañados polo grupo vasco Rúkula.

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds