AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
8 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Os camiños na Historia de Galicia 10.06.2024 30:57
Percorremos a Historia de Galicia a través das vías de comunicación, con Mario César Vila como guía. Desde as vías naturais e pasos de animais da Prehistoria ás autoestradas e vías férreas do presente, pasando polas vías romanas ou os Camiños Reais.
En xogo motor 08-06-2024 08.06.2024 30:57
O calendario automobilístico continua e faino coa chegada do Supercampionato a terras galegas. Ourense vivirá a vindeira fin de semana un nova proba do certame que analizou o presidente da escudería organizadora Jano Fraga. Ademáis no Galicia en Xogo - Motor escoitaron o balanzo do rally de Pontevedra por parte dun dos seus organizadores e tamén aos principais protagonistas da proba da Copa de Esp...
O último de Vacaburra 07.06.2024 30:57
Afonso Becerra fálanos de ´Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Conferencia freak en formato desbordado arrededor da lectura escénica dos corpos sexuados`. Un espectáculo de Vacaburra en formato de conferencia performativa que abría en Vigo a programación cultural no mes LGTBIQ+
17 anos de Millo Verde 07.06.2024 30:57
O Festival Alternativo Millo Verde de Redondela chega á súa décimo sétima edición. Na área recreativa da praia de Cesantes soará esta fin de semana a música de grupos como Dios ke te crew, La Sra. Tomasa, Os Vacalouras, Catuxa Salom ou Sun Iou.
Xuño lector e orgulloso 07.06.2024 30:57
As recomendacións lectoras para un mes de xuño orgulloso de Eva Mejuto: Elisa e Marcela, a publicación que recolle o texto da peza teatral do mesmo nome que a compañía A Panadaría levou por toda a Península e mais A receita do queixo lunar, de Paloma de Toro e Nuria Díaz.
Seminario Arquivos de artistas. Ferramentas para a investigación nos Museos 07.06.2024 15:58
“Os museos teñen as ferramentas para achegar os materias de arquivo a públicos máis diversos”. Mela Dávila Freire analiza no Seminario Arquivos de aristas as posibilidades que abre para o museo a incorporación de conxuntos documentais aos seus fondos e articula seis propostas para a próxima década. Falamos coa investigadora.
Encontro de poetas 06.06.2024 30:55
Viaxamos con Vituco Neira ata a Casa da Matanza para falar con Chus Pato, Bernardo Atxaga e Andrea Núñez da nova edición de ´Rosalía en camiño`. Este encontro de poetas desenvólvese dende hoxe ata o sábado.
As estreas da semana 06.06.2024 30:55
Moncho Lemos tráenos dúas de acción/comedia para ver comendo flocos de millo: ´Asesino por casualidad`e ´Dos policías rebeldes 4`.
O FunFunFun medra na súa sexta edición 06.06.2024 10:51
Debullamos o programa da sexta edición do FunFunFun, o Movidote de autoedición e banda deseñada independente, que este ano acolle o Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago. Feira de fanzines, obradoiros, perfomance, música e xornadas académicas polas que nos guían Manuel Barreiro e Maru Astray.
De Marián a Eilen Jewell 06.06.2024 16:30
A escolma de Tito Lesende comeza esta semana con 'Playmóbil', a nova canción de Marián. As rimas dos composteláns Boyanka Kostova e das viguesas Vértebras guíannos pola axenda de concertos, na que tamén atopamos a estadounidense Eilen Jewell. Poñemos o ramo con máis 'americana' no disco homenaxe a Lowell George.
Videoxogos a prol da natureza 05.06.2024 30:57
A nosa experta en videoxogos tráenos hoxe tres propostas que comparten un mesmo obxectivo: concienciar sobre a defensa do medio natural. Trátase de *Endling, extinction is forever. *Plasticity. *Alba, una aventura mediterránea
'Saudade sempre' 05.06.2024 30:57
Mentres escoitamos 'Saudade sempre', o seu novo disco, falamos con Cibrán Tenreiro de música, o acceso á cultura, cartos, expectativas vitais e desexos tramposos
“Agony in the garden” de Lúa Ribeira en PHotoespaña 05.06.2024 15:58
A fotógrafa indaga na escena do drill e trap na mostra que presenta no festival. “Trátase de intentar entender estas linguaxes, prestar atención a esta expresión”. Lúa Ribeira reflexiona sobre a relación destas linguaxes co presente distópico, de crises financieiras, migratorias e mediomabientais. A fotógrafa da axencia Magnum participa tamén no proxecto Llibrets de Festes. Falamos con Lúa Ribeir...
Cine para a rapazada no S8 04.06.2024 30:57
O festival S8 acolleu onte na Domus coruñesa unha xornada de cinema para rapaces. Canda eles tamén estivo Vituco Neira
A viaxe de meu pai 04.06.2024 30:57
Dolores Vilavedra tráenos hoxe A viaxe de meu pai, un libro que recolle notas e cartas escritos dende a fronte de guerra entre abril do 37 e xullo do 39. O curioso deste volume é que o publica Fernando Pereira cos escritos reais do seu proxenitor
Escolas e museos como ferramentas de transformación social 04.06.2024 14:19
Baixo o título 'Museos situados: xestión, educación e territorio', a 22ª edición das Xornadas Pedagóxcias da RMPL reúne escolas e museos que impulsan accións comunitarias na súa contorna, desde centros escolares rurais ao Museo do Prado ou o Museu Nacional d'Art de Catalunya.
Silencios da arte galega 04.06.2024 30:57
A exposición 'Outras miradas posibles' reúne obras de seis artistas nadas na década dos 50. Mónica Maneiro comenta esta mostra, comisariada por Susana Cendán, que recupera os nomes de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
Caleidoscopio: Comeza XMC´24. 04.06.2024 15:58
Sete concertos e un espectáculo de danza con música e directo na nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que se desenvolven en tres espazos da cidade de Santiago. “A xente ten menos prexuízos. As persoas veñen para coñecer algo diferente” Falamos con Silvia Modia, subdirectora do Auditorio de Galicia.
A verbena do Rella 03.06.2024 30:55
O sábado día 8 celébrase en Ramirás unha nova edición de A verbena do Rella. Música e bailes tradicionais, obradoiros, concertos e ata comida típica...dende a mañá ata ben entrada a madrugada. Con Emilio Españadero
Que di a neurociencia sobre o libre albedrío? 03.06.2024 30:57
Ciencia, literatura e música con Estíbaliz Espinosa
María Luísa Nache, unha galega na Ópera 03.06.2024 30:55
Este ano celébrase o centenario do nacemento da soprano coruñesa María Luísa Nache. Dsta cantante lírica galega, que chegou a compartir escenario coa Callas, apenas se conservan tres gravacións en directo. A investigadora Marieta Lorenzo guíanos pola súa vida .
En xogo motor 01-06-2024 01.06.2024 30:57
Víctor Senra sumou o repóker de triunfos esta temporada no Campionato Galego de Rallys. No Salnés dominou de principio a fin, correndo de novo cun R5. Alberto Otero e Dani Berdomás acompañaron ao de Dumbría no podio. Jorge Pérez rematou cuarto e Alberto Meira, con problemas tamén, completou o Top 5. Cos principais protagonistas da proba falou Andrés Vieites no espazo de motor.
Facemos balance da Galicia Escena Pro 31.05.2024 30:57
Balance da Galicia Escena Pro, que vén de rematar en Compostela a súa edición número once cun éxito rotundo, sobre todo dos espectáculos de danza
Fume santo de loureiro 31.05.2024 30:57
Falamos cos Moura do seu último disco ´Fume santo de Loureiro`. Un EP que contén as catro cancións que conforman a banda sonora da curta ´Nai`.
'O xeito á cantigha' de Alana 31.05.2024 20:10
Alana son Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro, e acaban de publicar o seu primeiro disco. As cancións de 'O xeito á cantigha' están baseadas en recollidas populares que combinan con pop e electrónica. Este verán actuarán no concurso Runas do Festival de Ortigueira
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds