AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

5 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

O periplo das camelias Video 12.03.2025

Raquel C. Pico lévanos polo camiño das camelias na súa chegada a Galicia aló polo século XVIII. Agora temos oito mil variedades!

Comeza a vixésima edición da MICE Video 12.03.2025

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego, chega á súa vixésima edición. En 2006 naceu este festival de antropoloxía audiovisual, polo que pasaron nestas dúas décadas 800 cineastas e profesionais do cinema. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cine Pepe Coira, que guiará unha conversa sobre o filme que pr...

Rosalía oculta nunha BD Video 12.03.2025

Paula Mayor, que gañou o premio Castelao con 'Rosalía oculta' Manel Cráneo preséntanos hoxe a gañadora do premio Castelao 2023, Paula Mayor, que acaba de publicar coa editorial Galaxia a súa obra 'Rosalía oculta'. 

'A burra, a mesa e o pau' 10.03.2025

“O pensamento máxico da clase traballadora é moi interesante” “Hai moito lobo enmascarado” ‘A burra, a mesa e o pau’, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, é a primeira estrea da temporada do Centro Dramático Galego. Trata dunha familia obreira galega nos anos 90, tempo no que era máis doado crer nos contos das avoas ca nas promesas dos patróns. Con música de Cibrán Seixo e Inés Salvado, qu...

Michu da Rocha 10.03.2025

Carlos Crespo tráenos a Michu da Rocha, o proxecto en solitario de Michu Malvar, que estrea no Diario Cultural o tema ‘Deputación’.

A Coruña das mulleres 10.03.2025

“Está feito de xeito colectivo e cooperativo”. Vituco Neira fala con M.ª Xosé Bravo, da AC Alexandre Bóveda, a propósito de ‘A Coruña das mulleres’, unha exposición e un roteiro sobre o fondo documental, gráfico e audiovisual que compilaron coa fin de recuperar a memoria feminina da historia da cidade.

Citas coa clásica 10.03.2025

Pablo Sánchez Quinteiro debulla as citas desta semana coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Clásica de Vigo.

Galicia en xogo motor 08-03-2025 09.03.2025

O Campionato Galego de Ralis abriu o pano coa desputa da vixésimo novena edición do Rali do Cocido. Lalín sufriu un día de cans, con choiva e vento que non impediu que se cumprisen os prognósticos: vitoria de Senra, segundo posto de Meira e Berdomás, con nova montura, pechou o podio. Tódolos protagonistas na sección motor deste sábado do Galicia en Xogo

'O extravío ou a arte de perderse' 07.03.2025

A bailarina ourensá Nuria Sotelo fálanos do seu espectáculo "Extravío ou a arte de perderse", un só de danza dirixido por Ana Vallés

"Influencers" 07.03.2025

Afonso Becerra comenta "Influencers", unha comedia da compañía Negro López que ofrece unha ollada divertida e reflexiva sobre a cultura que rodea a creación de contidos nas redes sociais

Galegas na música 07.03.2025

“É unha reivindicación necesaria”. ‘Galegas na música’, de Isabel Blanco con ilustracións de María Lapido. O libro é unha escolma de biografías de galegas dedicadas á música, dende a primeira xograresa ata ascontemporáneas. Asemade é unha reivindicación da música tradicional do noso país, que, representada de xeito especial polas cantareiras e pandeireteiras, está presente en todas elas.

Cinco lecturas para o 8M 07.03.2025

Eva Mejuto recomenda lecturas para o 8-M: ‘A fotografía 51’, de María Canosa (Baia Edicións). Vida, dilemas e reflexións en primeira persoa da científicaRosalind Franklin ‘Eu tamén necesito amar’(O Faiado da memoria) Libro e documental de memoria oral sobre a muller na ditadura a partir de historias persoais. ‘Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX’ (Kalandraka). O legado de...

'Crear porvir' 06.03.2025

“No comezo o porvir era moi negro” Conversamos con Xosé Manuel Soutullo, director da Editorial Galaxia, co gallo dos primeiros 75 anos da empresa. Ao longo deste 2025 a editora pon en marcha a exposición itinerante «Crear porvir. 75 aniversario de Editorial Galaxia», que percorre a súa historia dende os inicios, en 1950, ata os nosos días. No Auditorio da Sede Afundación de Santiago de Compostela

'Lee Miller' e 'Mickey 17' 06.03.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas: * ‘Lee Miller’ o biopic dunha das primeiras fotógrafas de guerra, de Ellen Kuras * ‘Mickey 17’escrita e dirixida por  Bong Joon-ho .Comedia de ciencia ficción.

'Escándalo no escuro', segundo álbum de Amoebo  06.03.2025

Aaron Valle preséntanos 'Escándalo no escuro', o segundo LP de Amoebo, que inclúe cancións hedonistas e bailables e tamén pezas con solos de guitarras e temáticas máis reflexivas. O disco preséntase en directo na sala Garufa da Coruña con convidados como hydn, Filloas, French Riviera e integrantes de Leria e de Capital Voskov. 

Grande Amore, Alana e Víctor Aneiros 06.03.2025

No día da publicación de 'III', Tito Lesende guíanos polo terceiro álbum de Grande Amore. Ademais, escoitamos 'Añobres', a nova canción de Alana e a nova versión de 'Un tute á morte' de Víctor Aneiros, que anuncia xira para maio en conmoración de 25 anos de carreira musical.

Arte contemporánea galega en Madrid 05.03.2025

“Levamos media ducia de artistas de Galicia” .Arranca en Madrid a Feira Internacional de Arte Contemporánea. Conversamos con Chus Villar, directora da galería Nordés, a única galega con stand propio en ARCO. Tamén con Nuria Blanco, de Moret Art, que acode a Art Madrid. “ Esta feira está orientada aos clientes particulares”

As primeiras películas galegas 05.03.2025

Raquel C. Pico fálanos hoxe das primeiras películas galegas de ficción, comezando por Miss Ledya, do ano 1916 e rodada en Pontevedra.

'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' 05.03.2025

"Deberían reeditarse os discos de Bibiano" Carlos Rego publica unha biografía do cantautor e promotor 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' rescata a faceta musical de Bibiano Morón, máis coñecido nas últimas décadas pola súa faceta de promotor de concertos. Carlos Rego repasa a traxectoria musical do mozo compostelán que tocaba en grupos 'yeyé' e que despois foi membr...

BD e literatura: Jaime Asensi na memoria 05.03.2025

Repasamos a traxectoria na BD do autor Jaime Asensi, finado no mes de febreiro. O arousán realizou adaptacións ao cómic de obras como Picnic, de Fernando Arrabal, ou o Ubú Rei de Alfred Jarry. Recordámolo con Manel Cráneo e compañeiros como Xan López Domínguez, Javi Montes ou Santy Gutiérrez. 

'Corentena. Game over' 04.03.2025

“Creo que mesturar improvisación e videoxogos nunca antes se fixo. Cada función é diferente” ‘Corentena. Game over’, de David Perdomo e Xosé A. Touriñán, un show que combina teatro e videoxogo, un espectáculo interactivo que arranca xira o día 7 en Pontevedra.

'Son coma glaciares os barcos de aceiro' 04.03.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Son coma glaciares os barcos de aceiro’, de Cynthia Menéndez. Unha novela que retrata o Vigo industrial e combatente a través das lembranzas dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical de finais dos anos noventa.

'As desterradas' soben a escena 04.03.2025

A compañía Excéntricas leva a escena 'As desterradas', a peza coa que Carme Varela gañou o premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. O texto conta a resistencia das monxas bieitas do mosteiro de San Salvador de Albeos, cando a coroa de Castela e a xerarquía eclesiástica pretenden desposuílas dos seus bens e expulsalas a Compostela.  Quico Cadaval dirixe a montaxe, que conta cun elenc...

ARCO e outras feiras 04.03.2025

ARCO comeza a súa 44ª edición con Nordés como única galería galega presente no programa xeral.  Repasamos con Mónica Maneiro o programa da feira pero tamén a presenza galega noutros eventos artísticos que se desenvolven esta semana en Madrid, como Art Madrid, Urbanity, Hybrid ou a exposición do artista pontevedrés Carlos Rodríguez Méndez que acaba de inaugurar o Centro de Arte Dos de Mayo de Mósto...

Cada da vez lemos menos na nosa lingua 03.03.2025

"Fan falta políticas públicas a prol do libro en galego. A Xunta ten que facer máis" Menos do 4% das persoas lectoras fano en galego . Un dato alarmante que se tira da última enquisa sobre hábitos de lectura. Analizámola co autor e editor Manuel Bragado, Miguel Toval, (presidente da Asociación de Editoras) e Cielo Fernández (presidenta da Federación de Libreiros)

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds