AGalegaAudio

Todos os podcast | En xogo motor

Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal

Auteur

AGalegaAudio

Categorie

Sports

Website van de podcast

agalegaaudio.gal

Nieuwste aflevering

4 okt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

BD e institucións. Alejandro Casasola, presidente da Sectorial do Cómic 19.03.2025

Conversamos con Alejandro Casasola, presidente da Sectorial que agrupa dezasete entidades da banda deseñada en España.  Voz do sector na relación coas institucións, Casasola comenta fitos como a creación do Día do Cómic e do Tebeo, a presenza de España como país convidado en Angoulême ou as inminentes axudas públicas para a creación de banda deseñada. 

'Poemas realistas' 18.03.2025

Dolores Vilavedra comenta "Poemas realistas" de Daniel Salgado, unha obra comprometida, de carácter fondamente social, que propón unha nova idea da beleza e a desolación.

'El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental' 18.03.2025

“Os akan identificaban o ouro co sol”  Na Coruña pode visitarse ata xullo a exposición “El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental.”  Hai máis de 300 pezas orixinarias de Ghana  e  Costa de Marfil, propiedade dun coleccionista austríaco. Guíanos pola mostra o responsable de cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez.

Xabier Deive, Premio de Honra Marisa Soto 18.03.2025

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia concédelle o premio de honra Marisa Soto a Xabier Deive, actor en múltiples producións audiovisuais e tamén no teatro. Recordamos o intérprete naronés coa súa filla, Irea Deive, e os intérpretes e amigos Ricardo de Barreiro e Paula Morado

'A hierro', de Irene Grau 18.03.2025

Coñecemos a última mostra de Irene Grau en conversa coa artista e con Mónica Maneiro. 'A hierro' reúne pinturas cuxo proceso de creación ten que ver coa reflexión sobre a intervención humana nas paisaxes e o impacto ambiental da minería extractiva nos ríos. A exposición pode visitarse na galería Vilaseco da Coruña ata o 16 de maio. 

Conversamos con gañadores dos Mestre Mateo 17.03.2025

“A ficción é moi importante para aprender a empatizar”.Debullamos con Moncho Lemos a festa do cine galego, que o sábado retransmitiu a TVG. Da gran triunfadora ,‘Rapa’, conversamos co seu director, Jorge Coira. Tamén con Sonia Méndez, premiada pola película ‘As Neves’ e con Zeltia Outeriño polo documental ‘Filmei paxaros voando’.

Eris Mackenzie 2 17.03.2025

Carlos Crespo fálanos de Eris Mackenzie, o artista que versiona éxitos do pop español en galego pasándoos pola electrónica.

Dismal e Cruzeiro 17.03.2025

Patty Castro segue descubríndonos a historia da música metal en Galicia. Hoxe, cos pontevedreses Dismal, pioneiros do death metal no país, e mais  cos coruñeses Cruzeiro, que destacan no ámbito do stoner doom metal. 

Galicia en xogo motor 15-03-2025 15.03.2025

Alfonso Pérez conta cómo foi a xornada de calificación do GP de Castela Mancha dende Cózar. A fin de semana está marcada pola choiva, que converte o inexperto circuito nun inferno.

«Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador» 14.03.2025

“Buscamos a maneira visual de percorrer a vida e obra do escritor” «Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador» pode visitarse en Ferrol deica o 30 de abril no centro cultural que leva o seu nome. A exposición está comisariada por Darío Villanueva e Carmen Becerra. A mostra inclúe copias orixinais das súas  novelas, primeiras edicións e fotografías, moitas delas tomadas por el.

‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’ 14.03.2025

Afonso Becerra comenta ‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’ de Robert Wilson. Teatro de xeometrias e aparicións máxicas que empastan co pensamento dun Fernando Pessoa interpretado por María de Medeiros.

Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas 14.03.2025

“Entendo a profesión doutra maneira. Busco a sostibilidade” Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas Manuel Bouzas Barcala acaba de recibir o premio Princesa de Girona Arte 2025. O xurado concedeulle o galardón por unanimidade pola súa reflexión sobre "o poder transformador da arquitectura, o deseño de espazos cidadáns e a defensa da arquitectura e a sostibilidade". Este arq...

Máis lecturas LIX para o 8M 14.03.2025

Eva Mejuto segue propoñéndonos lecturas feministas para o público infantil e xuvenil, hoxe no ámbito da banda deseñada. 'Erea e as agullas máxicas' é a ópera prima no ámbito do cómic de Sarai Lorenzo, publicada por Antela Editorial. 'Basta! Guía de autodefensa feminista' é unha tradución ao galego do orixinal francés de Maria Kronsky e Marion le Muzic, publicada por Hércules. 

III 13.03.2025

Na véspera de que arranquen xira, recibimos a visita de Nuno Pico, que presenta ‘III’ (Ernie Récords), o traballo novo de Grande Amore. Distorsión, ruído e máis rock e diversión. Mañá no Torgal en Ourense e o sábado na Jagger de Lugo. E logo Murcia, Alacant, Madrid...

'Wolfgang' e un avance dos Mestre Mateo 13.03.2025

Moncho Lemos comenta Wolfgang (Extraordinario), de Javier Ruiz Caldera e nos fala da gala dos Mestre Mateo, que terán lugar o sábado en Lalín e poderá seguirse a través da TVG

Nicolás Muller en Galicia 13.03.2025

Ata o 18 de maio pódese visitar en Vigo, no Museo do Mar, a mostra 'Nicolás Muller en Galicia'. A exposición reúne 50 imaxes deste fotógrafo documental nado en Hungría e nacionalizado español.  Fábricas de conservas, portos, lavadoiros aparecen nas imaxes, 34 delas inéditas, que retratan a Galicia traballadora dos anos 60 con mirada humanista. Escoitamos a súa filla, a tamén fotógrafa An...

Estreas de Mondra, Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit 13.03.2025

Escoitamos con Tito Lesende 'Teño caldo quente', a nova canción de Mondra, segundo adianto do seu próximo álbum. Tamén temas recén saídos do forno de Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit. E recordamos as datas dos próximos concertos de De Ninghures e de Erin Mackenzie.

'Ollos de vidro' Video 12.03.2025

“O diálogo entre vivos e mortos é un dos eixos da mostra” Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición ‘Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia’, reúne 300 pezas para reler a historia galega dende a creación (contra)cultural nos últimos 150 anos. Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia deica o 25 de maio

O periplo das camelias Video 12.03.2025

Raquel C. Pico lévanos polo camiño das camelias na súa chegada a Galicia aló polo século XVIII. Agora temos oito mil variedades!

Comeza a vixésima edición da MICE Video 12.03.2025

A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego, chega á súa vixésima edición. En 2006 naceu este festival de antropoloxía audiovisual, polo que pasaron nestas dúas décadas 800 cineastas e profesionais do cinema. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cine Pepe Coira, que guiará unha conversa sobre o filme que pr...

Rosalía oculta nunha BD Video 12.03.2025

Paula Mayor, que gañou o premio Castelao con 'Rosalía oculta' Manel Cráneo preséntanos hoxe a gañadora do premio Castelao 2023, Paula Mayor, que acaba de publicar coa editorial Galaxia a súa obra 'Rosalía oculta'. 

'A burra, a mesa e o pau' 10.03.2025

“O pensamento máxico da clase traballadora é moi interesante” “Hai moito lobo enmascarado” ‘A burra, a mesa e o pau’, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, é a primeira estrea da temporada do Centro Dramático Galego. Trata dunha familia obreira galega nos anos 90, tempo no que era máis doado crer nos contos das avoas ca nas promesas dos patróns. Con música de Cibrán Seixo e Inés Salvado, qu...

Michu da Rocha 10.03.2025

Carlos Crespo tráenos a Michu da Rocha, o proxecto en solitario de Michu Malvar, que estrea no Diario Cultural o tema ‘Deputación’.

A Coruña das mulleres 10.03.2025

“Está feito de xeito colectivo e cooperativo”. Vituco Neira fala con M.ª Xosé Bravo, da AC Alexandre Bóveda, a propósito de ‘A Coruña das mulleres’, unha exposición e un roteiro sobre o fondo documental, gráfico e audiovisual que compilaron coa fin de recuperar a memoria feminina da historia da cidade.

Citas coa clásica 10.03.2025

Pablo Sánchez Quinteiro debulla as citas desta semana coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Clásica de Vigo.

Luister naar de podcast Todos os podcast | En xogo motor in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds