AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
4 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
'Iribarne', a gran vencedora nos María Casares 04.04.2025 19:52
Falamos con Xabier Castiñeira, Esther Carrodeguas e Anxo Outumuro da gala dos María Casares, desenvolvida a noite pasada na Coruña. ‘Iribarne’, de ButacaZero fíxose con nove dos doce galardóns aos que aspiraba: Espectáculo, dirección (Xavier Castiñeira), dirección de movemento (Sabela Domínguez), texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), actor protagonista (Anxo Outumuro), actriz protagonista (Lida...
A festa do teatro galego 04.04.2025 8:25
Afonso Becerra debulla a gala dos María Casares, que este acadou a súa 29 edición
Rap e néboa en Lugo con Diego Flâneur 04.04.2025 19:00
A 'nebra pecha' de Uxío Novoneyra titula o primeiro disco de Diego Flâneur, músico lugués de 24 anos. O álbum, de ambientes densos e letras introspectivas, retrata un Lugo invernal e certa desesperanza vital, e conta con colaboracións doutros artistas da nova escena hip hop da cidade.
Novas amizades e croquetas envelenadas 04.04.2025 8:35
'Migrantes' e 'Gatlock', no Faro dos libros de Eva Mejuto Migrantes é un álbum ilustrado do chileno Marcelo Simonetti e a ilustradora Maria Girón, publicado por Kalandraka e premiado esta semana pola asociación de librarías italianas ALIR. 'As croquetas envelenadas' é un dos volumes das peripecias do gato detective Gatlock, creado por Sébastien Perez e traducido ao ga...
'Botando leña' 03.04.2025 16:34
“Mover os pés é mover a conciencia” Botando Leña. Lamatumbá Conversamos con Toño Iglesias e Sergio Zearreta, de Lamatumbá, que estrea nova imaxe, novos temas e nova identidade gráfica, deseñada pola artista Noa Fernández. A formación ourensá abre unha nova etapa coa intención de seguir sendo referencia no panorama musical do noso país. Arrancan xira mañá venres na sala Rebullón, en Mos.
'Sorda' e 'La huella del mal' 03.04.2025 11:14
Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: *’Sorda’, de Eva Libertad. Drama intimista arredor da xordeira *’La huella del mal’, de Manuel Ríos Sanmartín. Baseada na súa novela homónima, é un policial que transcorre en Atapuerca
‘A cidade das artes’ 03.04.2025 14:28
O Kiosco Afonso acolle ata o 27 de abril a mostra ‘A cidade das artes’, coa que se conmemora o 175º aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes. Confórmana máis de 150 pezas, entre materiais artísticos e históricos, documentos e obras de membros da Real Academia e estudosos das artes do noso país Vituco Neira conversou co académico Fernando Agrasar, comisario da exposición.
Lenny Kravitz 03.04.2025 13:39
Tito Lesende repasa a obra de Lenny Kravitz, que actuará o vindeiro día 10 no Coliseum da Coruña.
Os avatares do cine mudo 02.04.2025 7:06
Raquel C. Pico cóntanos o porqué de que apenas se conserven copias dos pioneiros do cine mudo, coma o galego José Gil
A muralla de Lugo, 25 anos como Patrimonio da Humanidade 02.04.2025 16:20
En novembro de 2025 faranse 25 anos da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, un fito ao que se lle dedica a oitava edición das xornadas de divulgación do patrimonio arqueolóxico do Museo Provincial de Lugo. Conversamos co investigador Adolfo de Abel Vilela, que dará a conferencia inaugural sobre o rol da muralla na Historia e na vida da cidade, e co arqueólogo Enrique Alco...
Isaac Díaz Pardo, BD de cego 02.04.2025 10:27
Manel Cráneo descóbrenos a conexión de Díaz Pardo co cómic Isaac Díaz Pardo elaborou nos anos 70 'carteis de cego' que supoñen un precedente do uso da linguaxe da BD en galego. Paco Pixiñas e A nave espacial poden considerarse exemplos de 'protohistorietas', malia a desconfianza coa que Díaz Pardo vía o cómic.
'Cancioneiro galego serodio' 01.04.2025 20:35
“As músicas e líricas dun pobo viaxan na memoria das mulleres. Temos un patrimonio inmenso” ‘Cancioneiro galego serodio (1989 2012)’, de Xabier Díaz, é, en palabras do seu autor unha viaxe polo país das mil muiñeiras. A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas realizadas ao longo de trinta anos, vén adornada de historias das propias informantes, protagonistas tamén das foto...
'Birken' 01.04.2025 7:02
Dolores Vilavedra comenta ‘Birken’, de Diego Alfonsín. Un xogo de espellos que pescuda no lugar onde comezan e rematan as preguntas, a identidade, a casualidade...
O Día das Artes Galegas recorda a Isaac Díaz Pardo 01.04.2025 11:22
Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado na décima edición do Día das Artes Galegas, que impulsa a Real Academia de Belas Artes. Lembramos a súa faceta como pintor e o seu impulso a proxectos colectivos da importancia do Laboratorio de Formas ou Sargadelos co historiador e académico de Belas Artes Felipe Senén e o seu fillo, Xosé Díaz Arias de Castro, tamén académico da Sección de Artes da Imaxe da RAGB...
Os debuxos de Alejandra Pombo Su 01.04.2025 11:46
A artista expón en Vigo 'Lo que me encuentro' O espazo de arte SVT acolle a mostra 'Lo que me encuentro', de Alejandra Pombo Su. A exposición reúne debuxos de papel en pequeno formato desta artista compostelá.
'Montedapena' 31.03.2025 9:54
Carlos Crespo tráenos o traballo primeiro de Montedapena, o proxecto persoal do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira)
Óscar Corral, premio Ortega y Gasset de Fotografía 31.03.2025 16:30
Conversamos con Óscar Corral sobre a imaxe que lle vale o premio Ortega y Gasset de Fotografía 2025, tomada na localidade valenciana de Alfafar en novembro de 2024. A fotografía, que mostra un grupo de bombeiros que sosteñen un poste danado pola riada, recorda outra imaxe icónica, a tomada polo fotógrafo estadounidense en Iwo Jima en 1945.
Nashgul e Ocean Gates 31.03.2025 10:17
Escoitamos grindcore, doom e occult rock con Patty Castro, que segue amosándonos os diferentes subxéneros do metal a través de bandas galegas. Os coruñeses Nashgul son pioneiros do grindcore, un dos xéneros máis extremos, mentres que os ferroláns Ocean Gates practican un hard rock que oscila entre o doom e o occult.
Galicia en xogo motor 29-03-2025 29.03.2025 30:57
No espazo de motor desta semana Javi Pardo explica as súas sensacións tralo segundo posto en Lorca e o próximo rali Sierra Morena. Alberto Meira analiza o comezo do CGR e Marcos Sanromán valora a súa vitoria na Pirelli AMF no Rali da Coruña
'Camaradas' 28.03.2025 17:27
“As 48 obras dialogan entre si” ‘Camaradas’, unha exposición na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra que reúne obras do autor con pezas de Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón, tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles Conversamos cun dos comisarios da mostra, Carlos Bernárdez, e co...
'A burra, a mesa e o pau' 28.03.2025 9:28
Afonso Becerra comenta ‘A burra, a mesa e o pau’ , do CDG, un espectáculo que une unha vida de esforzos, a loita obreira e unha esperanza teimuda en solucións máxicas. Dirección e dramaturxia de Lorena Conde
'San Antonio', primeiro disco en galego de Los Eternos 28.03.2025 17:04
O sexto disco de Los Eternos é o seu primeiro álbum en galego e unha homenaxe póstuma a Arantza Navarrete, estreita colaboradora do grupo. Con colaboracións de Guadi Galego e Óscar Avendaño e un son que se achega á 'americana', 'San Antonio' estará dispoñible nas plataformas dixitais o 1 de abril e poderá escoitarse en directo o 26 de abril en Cedeira e o 17 de maio en Ponteved...
Castelao e Contos das veciñas 28.03.2025 9:49
O Faro das lecturas de Eva Mejuto alumea hoxe un libro sobre Castelao para público adolescente, Castelao segundo Rañolas, no que Marilar Aleixandre percorre a traxectoria do político e artista rianxeiro a través dos seus personaxes, especialmente do Rañolas de Os dous de sempre. A segunda proposta é Murmuraban as miñas veciñas, media ducia de contos autoeditados polo narrador e clown Dani Blanco.
'Cántico' 27.03.2025 15:52
“Puxen en diálogo textos do galego José Ángel Valente e o nicaragüense Ernesto Cardenal porque ambos teñen interese na poesía mística” A OSG estrea este venres «Cántico», unha obra do músico compostelán Fernando Buide para soprano, coro e grande orquestra. Trátase dun encargo da Sinfónica de Galicia e o Xacobeo e contará coa soprano canaria Raquel Lojendio, que é colaboradora habitual do composito...
‘Tierra de nadie’ e ‘Por todo lo alto’ 27.03.2025 11:35
Moncho Lemos recomenda ‘Tierra de nadie’, de Albert Pintó. Un policial sobre o narcotráfico en Cádiz con Luís Zahera de coprotagonista ‘Por todo lo alto’, de Emmanuel Courcol. A medio camiño entre o drama e a comedia amable.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds