AGalegaAudio
Todos os podcast | En xogo motor
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: agalegaaudio.gal
Auteur
AGalegaAudio
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
4 okt. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
‘Técnica(mente) im(perfecta)’ 15.04.2025 8:16
Mónica Maneiro comenta a exposición ‘Técnica(mente) im(perfecta)’, de Amaya González Reyes na Galería Trinta de Santiago Ata o 4 de maio
Darío Villanueva lembra a Vargas Llosa 14.04.2025 8:18
“Era unha das persoas máis completas que coñecín” Darío Villanueva lembra a Mario Vargas Llosa, finado onte aos 89 anos.
Galicia Nomeada 14.04.2025 14:27
Galicia Nomeada é unha plataforma colaborativa para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada. Busca salvagardar un patrimonio cultural que esmorece e xa conseguiron máis de medio millón de topónimos. Conversamos co seu coordinador, Vicente Feijoo.
As produtoras 14.04.2025 5:57
Carlos Crespo pescuda nas interioridades da produción musical.
Esta Semana Santa reabre a Casa das Peritas 14.04.2025 17:02
A Casa das Peritas reabre na Semana Santa con arte contemporánea e espectáculos na aldea de Mallas, en Fisterra. O sábado farán unha acción colectiva relacionando arte e natureza cos espectadores. Conversamos coa comisaria da exposición 'Corpos', Natasha Lelenco, e con Óscar Aldonza, un dos artistas participantes.
'Esclavos do baile' 11.04.2025 16:42
“Somos reivindicativos pero sen deixármonos a festa” Xa está en tódalas plataformas ‘Esclavos do baile’, o novo dos muradáns Lisdexia. Conversamos co seu vocalista, Fran Trillo, e tamén escoitamos varios dos temas incluídos no disco O 9 de maio, na Sala Sónar de Santiago, farán a presentación en directo
Dansa València 11.04.2025 9:55
Afonso Becerra está en Dansa València, onde hai unha representación ampla de Galicia.
'Saha' 11.04.2025 17:05
TanDuB publican o seu primeiro álbum, 'Saha' Son un proxecto que fusiona a música tradicional Gnawa (norte de Marrocos- Tánxer) con outros xéneros coma o reggae, o drum&bass ou a electrónica Toño Iglesias (baixo) e Román Puga (guitarra), acompáñannos no estudio
Nesta Semana Santa...a cociñar coa cativada! 11.04.2025 8:18
Eva Mejuto colle vacacións e tráenos varios libros para cociñar en familia durante a Semana Santa
'Amar a (mares)' 10.04.2025 15:24
“O vidro é o único material que se pode reciclar ata o infinito” “Amar a(mares)”, unha compilación de obras da artista coruñesa Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. Ares leva décadas desenvolvendo un traballo singular con vidro fusionado, con pezas que están entre a pintura, a escultura e mesmo a arquitectura No Museo Provincial de Lugo ata o 31 de maio.
'Un funeral de locos' e 'La niña de la cabra' 10.04.2025 12:08
Moncho Lemos recomenda dúas películas para ir ao cine esta fin de semana: ‘Un funeral de locos’, de Manuel Gómez Pereira. Comedia atolada cun reparto de luxo. ‘La niña de la cabra’, de Ana Asensio. Fábula infantil e intimista.
A presenza galega en Cannes 10.04.2025 14:50
Oliver Laxe, con ’Sirat’ e a película viguesa de Carla Simón ‘Romería’competirán pola Palma de Ouro na sección oficial da 78.ª edición do Festival de Cannes. Outras das grandes figuras en liza son Richard Linklater, Joachim Trier, Wes Anderson o Ari Aster
A playlist de Tito Lesende 10.04.2025 9:44
Tito Lesende pica temas de Candela Liste, Filloas e Parque Sur
‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ 09.04.2025 16:17
A Xunta homenaxea con ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ as máis de sete décadas de creación artística dun imprescindible da cultura galega, que aos 93 anos segue en activo. A exposición componse de 45 pinturas, 5 debuxos e unha peza audiovisual inédita realizada por Miramemira, e está comisariada por Pilar Corredoira. Ata o 7 de setembro no Gaiás
Ler Jane Austen en galego 09.04.2025 8:35
Raquel C. Pico fálanos de Jane Austen, da que este ano se celebra o 250º aniversario do seu nacemento. Case a totalidade da súa obra podemos lela en galego
'Narcisa e os monos voadores' 09.04.2025 15:30
A exposición 'Narcisa e os monos voadores', é un proxecto expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista, xestado por Ana Costas para as artistas Ruth Lodeiro, Montse Rego, MX Fernández, Ricardo de Campos, Alma Pérez, Marita Carmona, María Xosé Díaz e Rita Más Ibáñez, coa colaboración de Carlos Villanueva. Vituco Neira fala coa comisa...
'A busca de Muncho' 09.04.2025 11:29
Manel Cráneo convida a Tiago Delgado, autor do cómic infantil 'A busca de Muncho', publicado por Antela Editorial
Residencias Artísticas Mariñán 2025 08.04.2025 16:32
“Apostamos polo proceso creativo, non polo resultado” A Deputación de A Coruña ten en marcha as Residencias Artísticas Mariñán 2025, con catro proxectos de literatura e pensamento e outros tantos de música. Conversamos coa comisaria destes últimos, Aitana Cuétara e coa artista Ailén Kendelman, que proxecta convertírese en muller orquestra.
'Conta, Sherezade' 08.04.2025 8:28
Dolores Vilavedra comenta a última novela de Suso de Toro «Conta, Sherezade», armada arredor da memoria, a escrita e a literatura.
Encontro universitario de danza 08.04.2025 15:32
O Teatro Principal de Santiago acolle, entre hoxe e mañá, a 23ª edición do Encontro Universitario de Danza (EUD), que ofrecerá as mellores producións das compañías que impulsan as tres universidades públicas do noso país. Falamos co seu responsable, Juan Carlos Zahera, con Cruz García, unha das danzantes e con Ainhoa Linaza, coreógrafa En maio estarán en Lugo.
'Cando a paisaxe se fixo verba' 08.04.2025 11:34
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Cando a paisaxe se fixo verba', de Christian Villamide, na galería Néboa de Lugo. Falamos tamén co artista da relación da súa obra coa paisaxe e a natureza.
Henrique Monteagudo 07.04.2025 15:48
Conversamos co flamante presidente da RAG, Henrique Monteagudo: “Teño que ser optimista e pensar que haberá acordo para un novo decreto do galego”. “Chegar á xente nova é un dos retos máis difíciles”. “Imos sacar unha gramática do século XXI no ano vindeiro”
Sofía Espiñeira 07.04.2025 11:11
Carlos Crespo tráenos a Sofía Espiñeira, que acaba de sacar o seu segundo álbum ‘Xeografías’
As citas coa clásica 07.04.2025 10:06
A nosa cita quincenal coa música clásica da man de Pablo S. Quinteiro
Galicia en xogo motor 05-04-2025 05.04.2025 30:57
O Campionato Galego de Rallys celebrou a súa terceira proba nas estradas do Barbanza. Vítor Senra abandonou e deixou a vitoria en bandexa a Dani Berdomás. Escoltáronno no podio Alberto Meira e Iago Caamaño. Na sección de Motor deste sábado falaron tódolos protagonistas.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds