Curso Podcast Usc

O que hai que escoitar

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.spreaker.com

Auteur

Curso Podcast Usc

Categorie

Science

Website van de podcast

www.spreaker.com

Nieuwste aflevering

28 sep. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Chamamento para salvar a noite [Guía do Ceo] 30.09.2021

A comunidade astronómica, amadora e profesional, está moi preocupada co borrador de "Real Decreto de eficiencia energética y reducción de la contaminación lumínica". O noso estreleiro, Martin Pawley, debulla o Real Decreto e fai unha chamada á acción cidadadá para presentar alegacións no periodo de audiencia pública ata o 30 de setembro de 2021. Os nosos ceos poden estar en perigo. Un posible mode...

Efer 569 (24-9-21): Especial G-Night en directo desde o Tinglado 25.09.2021

Programa especial en directo desde o Tinglado do Porto de Vigo dedicado á G-Night, a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia. Contamos con Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da Universidade de Vigo), Paula Tosar (Gradiant), Victoria Besada (IEO), Fernando de Peroy (SpaceLan Uvigo), Lucía Viñas (IEO), Esther Román (IEO), Luisa Martínez (CSIC-Galic...

Guía do Ceo de Verán 21 desde Trevinca 07.08.2021

[Versión estendida] Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán. Aquí tedes o...

Efer 568 (14-7-21): Begoña Vila: O sprint final do telescopio James Webb 07.08.2021

(2:01) Logo de máis de dúas décadas cada vez está mais próximo o lanzamento do telescopio espacial James Webb que esta chamado a substituír ó xa mítico telescopio espacial Hubble. Coñeceremos tódolos detalles do James Webb en conversa desde os Ángeles coa enxeñeira de sistemas da nasa Begoña Vila en compaña do noso Martin Pawley. (26:57) O robot social NETA V3A da a benvida aos visitantes da expos...

Efer 567 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC. 06.08.2021

A semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de tr...

Efer 566 (1-7-21): Monográfico: A consolidación da biotecnoloxía en Galicia 02.08.2021

Ao fío da presentación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxia en Galicia 2021-25 por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preparamos un monográfico para escoitar as diferentes voces do ecosistema de innovación galego. (2:55) Patria Fernández, directora da área de Servizos do GAIN, e Carme Pampin, Clúster Tecnóloxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) (30:17) Sonia Martínez A...

Efer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC 02.08.2021

(2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC). (15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión apro...

Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54 02.08.2021

(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serp...

Efer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas 02.08.2021

(2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña. (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José M...

Efer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol 01.08.2021

(4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo. (18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o siste...

Efer 561 (27-5-21): Grecia clásica: Deusas, mulleres, mitoloxía, menstruación 01.08.2021

(2:40) A xornalista Laura Veiga é a impulsora de pingando.gal. Vén de ser seleccionada para presentar o seu proxecto de divulgación sobre o ciclo menstrual en Ciencia en Redes 21. (17:56) Presentamos a Feira Científica Galiciencia coa técnica de Tecnópole Sabela Bouza e cos divulgadores Andrea Muras, @cienciamiuda, e David Ballesteros. (27:40) Susana Reboreda, decana e profesora titular da Faculta...

Efer 560 (20-5-21): Anatomía da batalla dos aerosois con José Luis Jiménez e Sonia Villapol @jljcolorado @svillapol 01.08.2021

(4:56) A axencia espacial chinesa chega a Marte. Nolo conta Javier Pedreira “Wicho” (17:23) Debullamos a “guerra do aerosois” que tivo lugar na comunidade científica á hora de encarar o esparexemento da Covid. Contamos coa testemuña en primeira liña de José Luis Jimenez, catedrático de Química e Ciencias Ambientais da Universidade de Colorado, con quen conversamos coa axuda da neurocientífica Soni...

Efer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade 01.08.2021

(0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom. (5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A C...

#MitosEvolución 2: A selección natural sempre actúa ao noso favor? 12.07.2021

"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na segunda colaboración Alba analiza a frase "A selección natural sempre actúa ao noso favor" coa participación catedrática de xenética da Universidade de Vigo Paloma Morán.

#MitosEvolución 1: Descendemos dos monos? (convidado JM Bermúdez de Castro) 12.07.2021

"Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación.

Unha eclipse de sol para ver na escola e no traballo [Guía do ceo] 09.06.2021

Na vindeira década teremos 6 eclipses de sol en Galicia, pero o do 10-6-21 será o único que coincida en horario escolar. Martín Pawley cóntanos todos os detalles. Folleto da Agrupación IO http://agrupacionio.com/gl/materiales-didacticos/

Efer 558 (6-5-21): César de la Fuente, ordenadores e bioenxeñería contra as superbaterias 31.05.2021

(0:01) Introdución da Avoa de Einstein con Juanjo Fernández ao piano (3:38) Aberta a nova edición do concurso de relatos de inspiración científica “Inspiraciencia”. Recuperamos o relato de José de la Sota gañador en 2015. https://inspiraciencia.es/gl/ (6:37) O biotecnólogo galego César de la Fuente con só 35 anos leva gañado unha chea de prestíxiochos premios ó longo da súa carreira. O último dele...

Efer 557 (29-4-21): A arqueoloxía pescuda as orixes dos estados fallidos do Corno de África 25.05.2021

(2:23) Na idade media o Corno de África era un lugar próspero. Actualmente é o paradigma dos estados fallidos, fame e piratería. Que pasou entremedias? O investigador do INCIPIT-CSIC, Jorge de Torres, gañou un prestixioso proxecto Starting Grant do ERC (Consello Europeo de Investigación) para aproximarse a esta pregunta. Deste xeito neste 5 anos o proxecto “StateHorn” analizara o territorio, os as...

As cebras "avatar" de Pelayo 13.05.2021

Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entende...

Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia 13.05.2021

(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais. (32:41) Pelay...

"Os obxectos masivos no interior das galaxias poderían ser estrelas de bosóns" Juan Calderón Bustillo [Versión estendi 11.05.2021

[Versión estendida] As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta obs...

Habitantes microscópicos dos nosos fogares con @debelbi [Ciencia para andar por casa] 10.05.2021

Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa.

Efer 555 (15-4-21): Son as ondas gravitacionais as chaves para entender a materia escura? 10.05.2021

(3:25) Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa. (14:10) As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixa...

Megaconstelacións, ceo nocturno e gobernanza espacial con Salvador Bará [Versión estendida] 06.05.2021

[Versión estendida] Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se est...

Identificar paxaros de oído ou con aplicación [Paxaros na cabeza] 06.05.2021

O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante.

Luister naar de podcast O que hai que escoitar in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds