Manuel Vicente
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.efervesciencia.org
Auteur
Manuel Vicente
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
13 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Efer 758 (13-9-26): O mapa non é o territorio 13.09.2026 59:21
(5:13) Conversamos con Antón Baleato, cosmólogo que se incorpora ao IGFAE cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, para investigar con novas metodoloxías a expansión acelerada do universo. (17:19) Un mapa nunca é o territorio: nesta edición poñemos a proba os límites dos mapamundis e descubrimos por que, ao atravesar o bordo sur, non viaxamos como no Pac-Man. Miguel García Álvare...
Efer 757 (6-9-26): Estatística para navegar a incerteza 06.09.2026 1:00:10
Versión estendida. Asistimos ao 42 Congreso da SEIO (Sociedade de Estatística, Investigación de Operacións e Ciencia de Datos) celebrado en Santiago. (3:13) Lola Martínez Miranda, presidenta da SEIO e catedrática da Universidade de Granada, e Mercedes Conde, investigadora do CITMAga e coordinadora do Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da USC, explican como estas disciplinas axud...
Efer 756 (13-7-26): Pioneira do láser: Betty León 13.07.2026 54:58
(2:32) De que nos protexe realmente unha crema solar? A nosa científicia máis caseira, Bibiana García Visos, explica como evitar queimaduras e reducir o risco de melanoma. (13:58) Coñecemos a Betty León, pioneira da física aplicada e do láser en Galicia, nunha nova entrega de Voces da Ciencia. A súa traxectoria abrangue a investigación con láseres, os biomateriais para implantes e a conservación d...
Efer 755 (28-6-26): 25 anos do CETMAR 28.06.2026 55:19
Desprazámonos a Vigo para celebrar os 25 anos do CETMAR, o Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. (2:23) A súa directora, Rosa Chapela, cóntanos como naceu esta fundación pública para ser ponte entre a ciencia, a administración e o sector marítimo. Desde a explanada do CETMAR, Rosa Fernández e Mariña Guizán explícannos os proxectos Redux e Cibrina, centrados en reducir as capturas accidentais de espe...
Efer 754 (26-6-26): En Sálvora os ovos de gaivota escoitan ós seus pais 26.06.2026 56:30
Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN en Xenebra. Conversamos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez (2:20) e con Carlos Salgado (11:01), director do IGFAE, sobre a consulta previa ao mercado para fabricar as celas de curvatura de arco, un elemento clave do futuro acelerador de 91 quilómetros d...
Efer 753 (25-6-26): Medea no observatorio de Cotobade 25.06.2026 1:01:02
Cos amigos de AMIPA e a asociación Sirio celebramos a XII Noite Efervescente. E deste xeito, no observatorio astronómico de Cotobade atrevémonos representar Medea de Séneca, nunha adaptación de radioteatro a partir da recente tradución ao galego de Fernando Domènech editada por Rinoceronte. Medea está chea de referencias astronómicas que nos contextualizan o propio Domènech e Estíbaliz Espinosa, q...
Efer 752 (24-6-26): Da Galicia conxelada ao futuro da costa con Augusto Pérez Alberti 24.06.2026 55:33
(1:58) Coñecemos o proxecto educativo Alerta Verde, un videoxogo desenvolvido no CINTECX da Universidade de Vigo para achegar as enerxías renovables e a economía circular ao alumnado (8:37) Como sería Galicia cuberta de xeo hai máis de 40.000 anos? Nesta edición viaxamos ao pasado glaciar e ao futuro da nosa costa da man de Augusto Pérez Alberti, profesor emérito da USC e referente en xeografía fí...
Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic 23.06.2026 56:03
(2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús González Reyán, investigadora no Lunenfeld-Tanenbau...
Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa 18.06.2026 56:41
(3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a centola. Esta é un...
Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia 11.06.2026 1:07:27
A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado. Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do actual pl...
Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente 28.05.2026 57:35
(2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha sensación física: é unha experiencia complexa qu...
Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura 21.05.2026 55:56
(2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles. (15:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (17:10) Os nosos estreleiros histó...
Efer 746 (16-5-26): Profundando na quiralidade das moléculas 16.05.2026 54:30
(2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). (10:01) Conversamos co investigador Oportunius Cristóbal Pérez, nova incorporación ao CICUS, que trasl...
Efer 745 (14-5-26): Ciberseguridade desde Galiciencia 14.05.2026 55:35
Viaxamos ao Parque Tecnolóxico de Galicia para acudir, un ano máis, á feira científica Galiciencia, que nesta edición está dedicada á ciberseguridade. Conversamos con Javier Taibo, director de Tecnópole, cos profesores Irene Otero, Daniel Alén e Miguel Yebra, co actor Vicente Mohedano e coa enxeñeira Iria Ollero. Antonio Vázquez Saburido, xefe do Servizo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil...
Efer 744 (7-5-26): Que lle pasa as candorcas ibéricas cos veleiros? 07.05.2026 56:00
(1:52) A escuma que vemos nas praias dános información sobre a saúde da auga. Conversamos co catedrático de Enxeñaría Química Gumersindo Feijoo. (9:38) No Museo Mar de Sorrizo en Arteixo presentouse o proxecto Candorcas, unha iniciativa promovida por Paola Catapano. Paola é xornalista científica no CERN, pero ademais preside a asociación Polarquest.org que co veleiro Lady Magellan suca os mares en...
Efer 743 (30-4-26): Ciencia na Aldea: Polinizadores, gandeiría extensiva e o valor dos ecositemas 30.04.2026 1:29:14
[Versión estendida] Programa monográfico dedicado á 5ª edición de "Ciencia na Aldea" que organiza a asociación Corripa. Este ano estas xornadas están dedicadas á transhumancia. Levámosvos a Pena da Nogueira, no concello máis pequeno de Galicia, Negueira de Muñiz para coñecer toda a biodiversidade de científicos, divulgadores, educadores ambientais, gandeiros e público afeccionado á natureza e a ci...
Efer 742 (23-4-26): Minions, meigas e Hamlet: Cando os xenes saltaricos escangallan os cromosomas 23.04.2026 1:01:22
(2:56) A nosa sexóloga Laura Veiga preséntanos o seu libro “O mapa da túa sexualidade” para crianzas de 10 a 12 anos. O seu enfoque na diversidade e o autocoñecemento pode mesmo interesar a un público máis amplo. (14:52) Visitamos o grupo de Xenomas Móbiles no CIMUS, dirixido por José Tubío. Veñen de publicar en Science os mecanismos polos que os xenes saltaricos poden acabar escangallando os crom...
Efer 741 (2-4-26): De onde vés, I3/Atlas? 02.04.2026 55:39
(2:26) Terceira e última parte da dramatización sonora da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei". A temática da obra lévanos a conversar sobre ética e regulación da IA. (23:06) Maite Vence de Observer proponnos como ruta de turismo científico os socalcos e as vides da Ribeira Sacra. (28:51) Efeméride do 2 de abril do Calendario da Historia da Ci...
Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da miopía: non son as pantallas 01.04.2026 1:00:40
(2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada "Insectópolis". Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da nosa adaptación da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imax...
Efer 739 (31-3-26): O futuro do mexillón 31.03.2026 54:18
(2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira produtora de mexillón do mundo por detrás de China e mais Chile. O problema é que nas últimas campañas a...
Efer 738 (30-3-26): Tratar a ferida crónica e outros proxectos IGNICIA 29.03.2026 57:31
Monográfico dedicado a coñecer os proxectos "IGNICIA Proba de Concepto" da Axencia Galega de Innovación. (4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade. (15:44) Óscar Pérez, CEO de KIUR, preséntanos esta spin-off de Gradiant que emprega intelixencia artificial para...
Efer 737 (26-3-26): Historia e ciencia das eclipses 27.03.2026 54:58
(4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade (14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro "Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol". Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi interpretando e estudando as eclipses solares. (43:45) O xornalista científico Antonio Martínez Ron relátanos a a...
Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta [Radioteatro] 26.03.2026 56:04
Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "Calvet en bicicleta" ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa. Nos anos 30 do século XX, Fernando Calvet foi un catedrático de química innovador na docenci...
Efer 735 (12-2-26): Exoesqueletos no patio do colexio e neuroestimulación con imáns 25.03.2026 55:48
(3:41) Coñecemos as novidades do concurso de relatos científicos InspiraCiencia con Ana Yeste (CSIC-Delegación de Cataluña). Achegámonos á xornada “Neurotecnoloxía para a medicina” no CHUAC, organizada polo grupo Neurocom da Universidade da Coruña. (10:12) Conversamos con Elena García Armada (Marsi Bionics/CSIC), pioneira no desenvolvemento do primeiro exoesqueleto robótico do mundo para nenos e n...
Efer 734 (5-2-26): "A extinción de persoas e máquinas" con Senén Barro 24.03.2026 56:39
(3:36) Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto. (13:04) Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez. (14:31) Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial da USC. A partir de relatos do propio Barro, que adaptamos á radio, imos tratando...
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds