Curso Podcast Usc
O que hai que escoitar
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.spreaker.com
Auteur
Curso Podcast Usc
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
28 sep. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
A promo da tempada 15 06.02.2022 0:29
Promoción da tempada 15 de Efervesciencia na Radio Galega na que facemos un guiño a "Primeira Plana" de Willy Wilder. "E quen vai escoitar o segundo parágrafo?!"
Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida 06.02.2022 21:34
En febreiro de 2009 comezamos a emitir a sección "Guía do Ceo" nun programa que realizamos desde A Casa das Ciencias. Logo de moitas noites estrelecidas os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino dinnos ata logo. Pero non quedamos orfos, colle o se relevo na sección @astroxabi, Xabier Perez Couto, que ha ser o noso novo "Guía" polos ceos nocturnos. Desde A Casas das Ciencias novamente, o @...
Efer 584 (2-2-22): “O universo é un panettone”. Cosmoloxía con Antón Baleato 03.02.2022 1:04:19
[Versión estendida] (3:28) Desde os soportais da Casa das Ciencias conversamos co novo cosmólogo coruñés Antón Baleato e con Martin Pawley. Baleato esta a facer o seu postdoutoramento no Berkeley Center for Cosmological Physics. Con el coñecemos a importancia do Fondo Cósmico de Microondas para estudar a orixe do noso universo. (42:12) Guía do Ceo de inverno 22: Despedida e benvida
Efer 583 (12-1-22): A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise 26.01.2022 57:47
(14:07) O premio Nobeld de quimica 2021 ganárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. En 20 anos esta nova tecnoloxía ten revolucionado o mundo dos catalizadores, unha industria da que dependo un terzo do PIB mundial. A potencia da catálise asimétrica amósase na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Esta metodoloxía ten un rend...
Efer 582 (1-1-22): A festa do clítoris e os papers falsificados. Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 2) 25.01.2022 57:03
No programa especial de Anivovo seguimos a cantar, e contar, a mellor ciencia do ano grazas ao noso equipo de colaboradores: Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano desde o paraninfo da Universidade de Santiago. Con Alberto Garcia Basteiro analizam...
Efer 581 (29-12-21): Proteínas e Intelixencia Artificial: Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 1) 25.01.2022 56:30
Programa especial de fin de ano. Desde o paraninfo da Universidade de Santiago repasamos a mellor, e peor ciencia do ando, da man dos nosos colaboradores Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano. O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixenc...
Os Camiños da Innovación [Gain] 24.01.2022 20:48
Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos o programa de impulso a innovación nas Pemes 21-22. Unha das empresas participantes no "Camiño da Innovación" de GAIN é Ecoplas Barbanza. O seu responsable de negocio, Anxo Vidal, fálanos dos proxectos de innovación que ten enfrontado esta PEME que comezou fabricando redes de enmallado para mexillón.
Efer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universo 23.01.2022 56:28
Os sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Hai detalles que te perdes se non o escoitas, aínda que poidas ver. A astrofísica Jocelyn Bell...
Efer 579 (22-12-21): "Descubrimos ca hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado antes do que se pensaba 18.01.2022 58:02
(2:20) Levamos os nosos micrófonos ao CIMUS na Universidade de Santiago para visitar o grupo de "Enfermidades e Xenoma" que lidera José Tubio. Conversamos coas investigadoras Paula Otero, Eva García Álvarez e co propio Jose Tubío, que vén de gañar o premio nacional de investigación en cancro Doutores Diz-Pintado. Acaban de publicar en Nature Communications un traballo que demostra que o virus da h...
Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet 17.01.2022 59:18
(3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efecti...
"Os océanos teñen voz" relato gañador Inspiraciencia mocidade 17.01.2022 10:56
Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador na categoría de mozos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña
"Lúa Negra", relato gañador de Inspiraciencia adultos 17.01.2022 13:06
Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila.
Efer 577 (8-12-21): O que nos ensinan as células zombis do envellecemento 17.01.2022 57:33
(2:27) Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego. (12:12) Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de "Senescencia C...
Efer 576 (1-12-21): Descifrando o astronógrafo de Navalón 06.01.2022 57:10
(3:30) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila. (16:57) Documentos antigos perdidos no fondo dun armario, un texto indescifrable, u...
Ciencia cidadá contra os malos cheiros ambientais [Muller e Ciencia] 05.01.2022 16:59
Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. Sección “Muller e Ciencia” con Joana Magalhães...
Efer 575 (24-11-21): O fármaco eficaz contra a artrose era un antidepresivo 05.01.2022 56:22
(2:30) Non estás só contra os malos cheiros, a ciencia cidadá vén ao rescate. A enxeñeira química catalano-galega Rosa Airas gañou o premio Prismas 2021 ao mellor proxecto singular de divulgación científica pola creación da aplicación Odour Collect. Os malos cheiros son un problema ambiental moitas veces esquecido polas autoridades e mesmo polos científicos. (19:39) O grupo de Patoloxía Muscoloesq...
Efer 574 (17-11-21): Xenómica, Antártida e cogomelos no S. Alberte da UVigo 21.11.2021 57:02
Programa con público desde o salón de actos das Facultades de Ciencias Experimentais (Bioloxía, Ciencias do Mar e Química) da Universidade de Vigo co gallo da celebración do San Alberte. (2:56) Xenetistas: Armando Caballero, Paloma Morán e Diana Valverde (18:43) Ciencias do Mar: Paula Diz, Elsa Vázquez e Mariano Lastra (40:57) Cogomelos: Marisa Castro e Maria Cabaleiro www.efervesciencia.org
Gatos contra febre de Lassa, un experimento "naif" do CDC [Historias de Virus] 17.11.2021 15:23
Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa.
As paixases sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza] 17.11.2021 10:28
As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América. https://www.nature.com/articles/s41467-021-26488-1
Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2 16.11.2021 57:44
Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polos gases de efecto invernadoiro: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois. (2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxic...
A primeira guerra biolóxica foi coa varíola [Historias de virus] 16.11.2021 16:02
Probablemente o primeiro caso documentado de guerra biolóxica tivo lugar con virus da varíola. O virólogo César Muñoz Fontela traballa actualmente no grupo Blueprint de asesoramento á OMS na loita contra epidemias. Desta volta dedica a súa sección “Historias de virus: habelos hainos” á varíola.
Efer 572 (27-10-21): Monográfico XXIV Congreso Estatal de Astronomía 27.10.2021 57:10
Monográfico dedicado ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO na Coruña entre o 8 e 12 de outubro de 2021. (2:30) As tres as astrónomas galegas que cartografían os obxectos descoñecidos da nosa galaxia coa sonda espacial Gaia da ESA: Minia Manteiga (UdC), Ana Ulla (UVigo) e Ruth Carballo (Universidade de Cantabria). (18:02) Cos afeccionados Mónica V...
Van desaparecer as gaivotas? 25.10.2021 13:48
En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla.
Efer 571 (6-10-21): O nobel emigrante que sobrevivía facendo horóscopos 18.10.2021 57:44
(3:21) A astrofísica galega Olga Suárez traballa no observatorio astronómico de Niza en Francia. Este verán impartiu unha charla na Domus en A Coruña sobre mulleres astrónomas. Conversamos con ela e co noso estreleiro Martin Pawley. (17:37) Debullamos o premio nobel de medicina ou fisioloxía con Félix Viana, investigador do Instituto de Nuerociencia de Alacante. Viana traballa nos receptores de pr...
Efer 570 (29-9-21): Ardora 15.10.2021 59:36
(3:59) En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla. (17:59) Levamos un par de veráns con ardoras espectaculares nas nosas rías. A ardora (o mar iluminado pola noite) é producida polo fitoplancto. Ata agora asociábase a ardora a actividade biolum...
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds