Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
5 nov. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Noticias 13.30h - Xoves, 28 de xullo de 2022 28.07.2022 25:05
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste xoves 28 de xullo de 2022, día no que se celebrará o pleno ordinario do concello de Tui. Tamén damos conta da nova liña de autobuses entre a cidade e Praia América, o novo candidato á alcaldía de Oia polo PSdG-PSOE e a axenda cultural e deportiva.
Noticias 13.30h - Mércores, 27 de xullo de 2022 27.07.2022 26:39
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste mércores 27 de xullo de 2022 para falar do pleno municipal ordinario que terá lugar en Tui mañá xoves. Tamén damos conta da presentación da acción do programa Violencia Zero, das citas da semana e toda a crónica do deporte local.
Noticias 13.30h - Martes, 26 de xullo de 2022 26.07.2022 28:29
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes, 26 de xullo de 2022 para contar os detalles do pleno municipal ordinario que terá lugar en Tui o xoves. Tamén falamos da presentación do informe de diagnose da Axenda Urbana, da clausura do obradoiro de emprego en cantería e carpintería e da presentación do programa Feminino Plural.
Noticias 13.30h - Venres, 22 de xullo de 2022 22.07.2022 24:34
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste venres, 22 de xullo de 2022. Comezamos dando conta da substitución do técnico de radioloxía no centro de saúde de Tui, como demandaba a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui. Repasamos a ampla axenda da fin de semana co FIAR na Eurocidade, o concerto da Banda de Gaitas de Paramos, as festas en Areas, Malvas e Ribadelouro, e as propostas...
Noticias 13.30h - Xoves, 21 de xullo de 2022 21.07.2022 25:17
Actualidade de hoxe xoves en #Noticias1330h para falar de Feminino Plural, o novo programa do concello de Tui para impulsar a igualdade de xénero. Tamén repasamos a axenda dos próximos días co FIAR e a presentación do IKFEM, ademais da visita a Tui de 3 mil mozos peregrinos durante a próxima semana.
Noticias 13.30h - Mércores, 20 de xullo de 2022 20.07.2022 26:32
Actualidade de hoxe martes en #Noticias1330h onde falamos da presentación do informe de diagnose da Axenda Urbana de Tui, da solicitude de Converxencia21 para Guillarei e das seguintes citas culturais e literarias. En deportes recollemos a renovación no Nápoles de Sara Tui e coñecemos a historia de Borja Gómez Méndez.
Noticias 13.30h - Martes, 19 de xullo de 2022 19.07.2022 28:45
Actualidade de hoxe martes en #Noticias1330h onde falamos da Axenda Urbana de Tui, que segue a redactarse, da búsqueda de voluntarios para Protección Civil, da cita teatral con 'Ragazzo' e do peche do campus de futsal Toñín Martín con importante presenza de futbolistas profesionais.
Noticias 13.30h - Luns, 18 de xullo de 2022 18.07.2022 28:09
Actualidade de hoxe luns en #Noticias1330h onde falamos da próxima reunión do equipo redactor da Axenda Urbana de Tui, da celebración das primeiras Xornadas Xurídicas, da última reivindicación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para a comarca e das citas e resultados deportivos da fin de semana.
Do 22 ao 24 de xullo celébrase na Eurocidade Tui-Valença o II FIAR 15.07.2022 23:20
Esta mañá presentouse a carón da vella Ponte Internacional, rúa común entre Tui-Valença, o II FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa, que se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença do venres 22 ao domingo 24 deste mes de xullo. Espectáculos de música, malabares, clown, teatro... celebraranse en cinco espazos da Eurocidade.
Noticias 13.30h - Venres, 15 de xullo de 2022 15.07.2022 26:43
Actualidade de hoxe venres en #Noticias1330h onde falamos da presentación do FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa, que terá lugar a próxima fin de semana entre Tui e Valença. Tamén repasamos as axendas culturais que poderemos disfrutar nestes días na nosa comarca e as últimas novas do deporte.
Noticias 13.30h - Xoves, 14 de xullo de 2022 14.07.2022 22:00
Actualidade de hoxe xoves en #Noticias1330h onde falamos do inicio das obras da estrada EP-2502 Cerquido - Ribadelouro que presentaron hoxe o alcalde de Tui e a presidenta da Deputación de Pontevedra. Tamén o inicio das Xornadas Xurídicas no Teatro Municipal, a última hora dos incendios no Alto Minho portugués e o despliegue da nova fibra óptica da compañía Avatel.
Noticias 13.30h - Mércores 13 de xullo de 2022 13.07.2022 23:02
Actualidade de hoxe mércores en #Noticias1330h marcado pola calor que segue asolando Galicia e a comarca do Baixo Miño. Recordamos as recomendacións ante esta vaga e tamén as datas do festival de cine Play-Doc, das Xornadas Xurídicas e da próxima concentración en defensa da sanidade pública no Rosal.
Noticias 13.30h - Martes, 12 de xullo de 2022 12.07.2022 24:49
Actualidade de hoxe martes en #Noticias1330h. Recordamos as recomendacións sanitarias ante a vaga de calor que asola Galicia e especialmente o Baixo Miño, en risco laranxa. Tamén os detalles do proxecto Commerce Inside en Tui e falamos con turistas que se achegan á cidade nestes días estivais.
Noticias 13.30h - Luns, 11 de xullo de 2022 11.07.2022 22:28
Actualidade de hoxe luns en #Noticias1330h. Damos conta da presentación dos obxectivos da Axenda Urbana de Tui ante a Cámara de Valença. Tamén recollemos o remate das obras do lavadoiro de Fontenla polo Obradoiro de Emprego Revaloriza Tui, a derradeira xornada das festas en Baldráns e os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 8 de xullo de 2022 08.07.2022 25:02
Actualidade de hoxe venres en Noticias 13.30h onde falamos da posta en marcha das bicis trasfronteirizas, das distintas reformas que se están a acometer na comarca do Baixo Miño e da axenda cultural e deportiva para esta fin de semana.
Noticias 13.30h - Xoves, 7 de xullo de 2022 07.07.2022 21:43
Actualidade de hoxe xoves en Noticias 13.30h onde recollemos a apertura das piscinas municipais e a súa posterior reforma tras o verán, a realización de entrevistas entre a veciñanza para a elaboración da Axenda Urbana e propostas de visitas guiadas para este verán en Tui.
Entra en funcionamento o servizo transfronteirizo de préstamos de bicicletas 06.07.2022 29:08
As Eurocidades Tui-Valença, Tomiño-Cerveira e Salvaterra-Monçao aposta por unha mobilidade sustentable. Hoxe foi inaugurado o e-bike, o servizo transfronteirizo de préstamos de bicicletas. Un percorrido simbólico dende a estación de tren de Valença até a antiga alfándega en Tui atravesando a vella Ponte Internacional, deu hoxe o pistoletazo de saída a esta oferta tranfronteiriza. É unha informació...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde - Tui Premio Mellor Pobo Cultural 06.07.2022 3:17
Tui foi o gañador na categoría de Mellor Pobo Cultural, nos Premios Pobo do Ano que convoca Prensa Ibérica. O alcalde, Enrique Cabaleiro, recollía este mediodía no acto celebrado en Vigo o premio no que se recoñece a “ inmensa riqueza patrimonial e cultural que ten o municipio de Tui”. Enrique Cabaleiro amosaba a súa satisfacción por este galardón e lembraba a todos os que fixeron posible que hoxe...
Noticias 13.30h - Mércores, 6 de xullo de 2022 06.07.2022 29:08
Actualidade de hoxe mércores en Noticias 13.30h onde recollemos os avances no Plan de Dinamización da Área Rexurbe Municipal, o lanzamento do novo servizo de préstamo de bicicletas transfronteirizo entre Eurocidades e o galardón como Mellor Pobo Cultural, outorgado á cidade de Tui.
Noticias 13.30h - Martes, 5 de xullo de 2022 05.07.2022 27:06
Actualidade de hoxe martes en Noticias 13.30h onde recollemos os datos do paro, a oferta cultural de Tui, Tomiño e A Guarda e a presentación do novo servizo de préstamo de bicicletas trasfronteirizo.
Noticias 13.30 h - Luns, 4 de xullo de 2022 04.07.2022 25:56
A actualidade informativa deste luns, 4 de xullo, en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h - Venres, 1 de xullo de 2022 01.07.2022 24:51
A actualidade deste venres en Noticias 13.30 h. Hoxe recollemos os asuntos aprobados onte en pleno, a autorización do consello da Xunta ao convenio para a rehabilitación do cárcere vello, as citas para a fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h - Xoves, 30 de xuño de 2022 30.06.2022 27:48
A actualidade deste xoves en Noticias 13.30 h. Damos conta do pleno extraordinario que ás 20 h celebra a corporación municipal, a campaña "Rexurbe, Gañas tí, gaña Tui" presentada este mediodía, e das citas do día coma a charla sobre educación en diversidade que ás 20.30 h se celebra na Aula da UNED. en Deportes falamos da fichaxe de Eduardo Sousa polo Deportivo e do Dirt Track que se celebra esta...
Noticias 13.30 h - Mércores, 29 de xuño de 2022 29.06.2022 24:35
A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno extraordinario de marcado carácter económico. Esta é unha novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h xunto á concentración convocada este venres ás 20.30 h diante do centro de saúde e outras novas da xornada.
Noticias 13.30 h - Martes, 28 de xuño de 2022 28.06.2022 23:03
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes, 28 de xuño de 2022. Damos conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará este xoves en pleno extraordinario, e da conmemoración do Día do Orgullo, entre outras novas.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds