Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Categorie

News

Website van de podcast

www.ivoox.com

Nieuwste aflevering

5 nov. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,7+ iOS binnenkort

Afleveringen

Noticias 13.30 h - Luns, 27 de xuño de 2022 27.06.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade local e comarcal deste luns, 27 de xuño. Hoxe públicase no BOE o anuncio de licitación da obra de humanización da Avenida de Portugal, falamos de investimentos do Plan Concellos en Tui e na Guarda, e dos actos previstos con motivo do Día do Orgullo. Tamén os resultados deportivos da fin de semana.

Tradicións na noite de San Xoán 23.06.2022

Despois de dous anos de parón, as festas na noite de San Xoán volven marcadas por unha climatoloxía pouco favorable. A que se coñece como a noite máis curta do año é unha das festividades máis populares no territorio galego polas súas infinitas tradicións. É unha reportaxe de Tania Romero.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Licitación obras Avenida de Portugal 23.06.2022

O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana vén de licitar a obra da Avenida de Portugal, por un importe superior aos 600 mil euros. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembraba que é unha actuación longamente agardada. dicía que é unha obra prioritaria moi necesaria e importante porque é a prinicipal porta de entrada de Portugal en España e Camiño de Santiago.

Noticias 13.30 h -Xoves, 23 de xuño de 2022 23.06.2022

A actualidade deste xoves, 23 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Damos conta da licitación da obra de humanización da Avenida de Portugal, da conmemoración dos Xogos Florais de Galicia mañá en Tui, da celebración do San Xoán, as citas para estes días e o deporte.

Tui acollerá este domingo o Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade 22.06.2022

Tui acollerá este domingo o Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade . Participarán uns 350 deportistas de España e Portugal e un total de 80 serán locais. Este evento deportivo foi presentado este mediodía no Concello de Tui e así o contamos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h - Mércores, 22 de xuño de 2022 22.06.2022

A actualidade deste mércores, 22 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Entre as novas do día está a Oficina Acelera Peme Rural con que vai contar Tui, a presentación do Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, a reelección de Carmen Núñez coma candidata do BNG nas eleccións municipais de 2023, ...

Noticias 13.30 h - Martes, 21 de xuño de 2022 21.06.2022

A actualidade informativa deste martes, 21 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Recollemos o balance de tres anos de mandato realizado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, damos conta das reunións en Pazos de Reis e co alumnados dos institutos tudenses e do CEIP nº2 do equipo redactor da Axenda Urbana dentro do proceso participativo, entre outras novas da xornada.

Hoxe, 20 de xuño, é o Día Internacional das Persoas Refuxiadas 20.06.2022

Nos dous últimos anos 110 persoas de 11 nacionalidades distintas teñen estado no centro de acollida de refuxiados de Diversidades Acoge en Tui. Para dar a coñecer a realidade das persoas refuxiadas este centro organiza unha exposición no Centro Sociomunitario de Tui que foi inaugurada este mediodía.

Noticias 13.30 h - Luns, 20 de xuño de 2022 20.06.2022

A actualidade informativa deste luns, 20 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Entre as novas do día está a adxudicación das obras na estrada provincial en Ribadelouro, a enquisa en liña da Axenda Urbana, o Día Internacional das Persoas Refuxiadas, e os éxitos deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Venres, 17 de xuño de 2022 17.06.2022

A actualidade informativa deste venres 17 de xuño en Noticias 13.30 h. Recollemos o investimento previsto, con fondos do Plan Concello, na piscina municipal de Tui, o resumo da entrevista co voceiro do PP, José Ángel Fernández, as citas da fin de semana e o deporte.

Unha alfombra floral engalará a praza de San Fernando pola festividade de Corpus 17.06.2022

Un grupo de voluntarias levará a cabo mañá pola noite unha alfombra floral na praza de San Fernando pola festividade do Corpus. levan xa semanas traballando preparando todo o material preciso para esta elaboración. É unha información de Tania Romero.

O CEIP nº1 celebrou o seu segundo congreso educativo sobre os ODS 17.06.2022

Hoxe remataron no CEIP nº1 catro intensas xornadas de Congreso Educativo sobre os ODS, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, nos que con distintas actividades estiveron traballando ao longo do curso. Coñecemos este congreso nesta reportaxe de Tania Romero.

Noticias 13.30 h - Xoves, 16 de xuño de 2022 16.06.2022

Tui recibirá máis de 300 mil € do Plan Concellos para para a reforma e acondicionamento das piscinas municipais. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén a presentación do Campionato de España de Motonáutica que na fin de semana se celebra en Tui.

Noticias 13.30 h - Mércores, 15 de xuño de 2022 15.06.2022

As obras de mellora da seguridade viaria na EP 3001 en Rebordáns visitadas hoxe polo alcalde e a presidenta da Deputación é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén buscamos outros asuntos da actualidade local e comarca e o deporte.

Noticias 13.30 h - Martes, 14 de xuño de 2022 14.06.2022

En Noticias 13.30 h recollemos os dous proxectos que o concello de Tui presentou ao PIREP para o seu financiamento. Recollemos tamén a incorporación ao Conservatorio de Tui do grao elemental, e a presentación da Aloiada na que van participar máis de 100 alumnos/as este xoves e venres, entre outras novas.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Proxectos presentados ao PIREP 13.06.2022

O Concello de Tui presenta ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos, PIREP, dous proxectos para rehabilitar sendos edificios municipais. Trátase do Teatro Principal, e do edificio situado na rúa Camilo José Cela. Así o explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro, en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h -Luns, 13 de xuño de 2022 13.06.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade informativa deste luns, 13 de xuño. Entrevistamos ao alcalde, Enrique Cabaleiro, sobre os proxectos de rehabilitación do Teatro Principal, e do edificio da rúa Camilo José Cela, presentados ao programa PIREP, tamén damos conta da restauración do Lavadoiro do Souto, da inscrición aberta na Aula Mentor, xunto a outras novas do día.

Noticias 13.30 h - Xoves, 9 de xuño de 2022 09.06.2022

Adxudicado pola Xunta o proxecto para a rehabilitación da primeira vivenda do programa Rexurbe. Esta é unha novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao resumo da entrevista coa voceira do BNG, a celebración do Día dos Arquivos en Tui e outras novas deste xoves, 9 de xuño.

Noticias 13.30 h - Mércores, 8 de xuño de 2022 08.06.2022

O equipo redactor da Axenda Urbana estase a reunir cos colectivos das distintas parroquias, hoxe terán un encontro en Guillarei. Esta é unha das novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta das máis de 2700 persoas que maio pasaron pola Oficina de Turismo de Tui, xunto a outros temas da actualidade.

Noticias 13.30 h - Martes, 7 de xuño de 2022 07.06.2022

Case 10.800 peregrinos pasaron por Tui en maio realizando o Camiño Portugués. Este é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Damos conta tamén do novo local de ensaio da Banda de Música Popular, e falamos de distintos prazos, xunto á actualidade do Baixo Miño.

Noticias 13.30 h - Luns, 6 de xuño de 2022 06.06.2022

A actualidade deste luns, 6 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h. Damos conta dos dous accidentes de tráfico con feridos rexitrados onte en Tui, recollemos o inicio do prazo de inscrición no Campament o de Verán Igual É +, e , entre outras novas, o deporte.

Noticias 13.30 h - Venres,3 de xuño de 2022 03.06.2022

Os datos do paro do mes de maio na comarca do Baixo Miño, a entrevista co voceiro de C21, José Manuel Palacín, e as citas da fin de semana onde destaca o concerto de Andrea González hoxe con "Salvado - Piano Works" no Teatro Municipal de Tui e mañá a proxección do documental "De Rosendo a Rosendo" forman parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén falamos en deportes da Andaina...

Noticias 13.30 h - Xoves, 2 de xuño de 2022 02.06.2022

A actualidade deste xoves, 2 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h - Mércores, 1 de xuño de 2022 01.06.2022

A actualidade informativa deste mércores, 1 de xuño de 2022, en Noticias 13.30 h na Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30 h - Martes, 31 de maio de 2022 31.05.2022

Avaliar a situación do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui foi un dos obxectivos da Mesa do Camiño reunida á semana pasada. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticas 13.30 h . Tamén nos achegamos ao traballo que realizan no centro de Diversidades Acolle, e as citas do día entre as que está a conferencia de Albino Prada sobre Rosendo Salvado hoxe ás 20.30 h na aula da UNED.

Luister naar de podcast Informativos in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds