Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Categorie
Website van de podcast
Nieuwste aflevering
5 nov. 2026
Waar luisteren?
Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaarPodcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts
Afleveringen
Noticias 13.30h - Luns, 5 de setembro de 2022 05.09.2022 29:37
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste luns 5 de setembro de 2022 no que lles contamos os últimos datos turísticos de agosto en Tui. Tamén as obras que se están a acometer no CEIP de Guillarei, as citas culturais do día e a crónica do deporte desta pasada fin de semana.
Noticias 13.30 h - Venres, 2 de setembro de 2022 02.09.2022 29:12
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste venres 2 de setembro de 2022 para contarlles a crónica do pleno extraordinario de Tui que aprobou o Plan de Acción Local da Axenda Urbana, entre outras cuestións. Tamén o xuizo pola explosión en Paramos en 2018, as citas e o deporte que virá nesta fin de semana.
Noticias 13.30 h - Xoves, 1 de setembro de 2022 01.09.2022 25:06
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste xoves 1 de setembro de 2022 para falar da celebración mañá do pleno extraordinario de Tui. Tamén falamos da situación ferroviaria de Galicia e Tui, coas obras anunciadas por Adif no tramo Guillarei-Portugal, amais das citas culturais co comezo das Xornadas Europeas da Cultura Xudea.
Noticias 13.30 h - Mércores, 31 de agosto de 2022 31.08.2022 28:05
A corporación municipal de Tui celebra este venres ás 9 h pleno extraordinario. Este é un dos asuntos que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h. Tamén as citas dentro da Xornadas Europeas da Cultura Xudía, e o eventos deportivos coma o Campionato de España de Radiocontrol Térmico ou o XV Dirt track Xacob Agra que se celebran na fin de semana.
Noticias 13.30 h - Martes, 30 de agosto de 2022 30.08.2022 27:58
A entrevista do alcalde, Enrique Cabaleiro, sobre as obras de humanización en Tui e en colexios da comarca, o último obradoiro de emprego, a recopilación dos festivais que se celebraron na cidade, e xunto a crónica deportiva forman parte do Noticias 13.30h deste martes, 30 de agosto.
Noticias 13.30 h - Luns, 29 de agosto de 2022 29.08.2022 24:44
O inicio das obras de humanización na rúa Colón e Riomuíños, as Xornadas Europeas da Cultura Xudía, as obras nos centros de Pazos de Reis e Ribadelouro, xunto coa crónica deportiva forman parte do Noticias 13.30h deste luns, 29 de agosto.
Noticias 13.30 h - Venres, 26 de agosto de 2022 26.08.2022 26:37
A sinalización dos elementos patrimoniais, a última xornada de IKFEM, a Feira Medieval de Valença, as citas desta fin de semana e a información dos deportes forman parte do Noticias 13.30 h deste venres, 26 de agosto.
Noticias 13.30 h - Xoves, 25 de agosto de 2022 25.08.2022 26:53
O investimento de 50.000 euros nos comedores escolares de Randufe e Caldelas por parte do Concello de Tui, a alfombra de serraduras tinguidas elaborada por veciños e veciñas de Córdoba, as citas coma o XXVII Festival das bandas e a crónica deportiva forman parte do Noticias 13.30 h deste xoves, 25 de agosto.
Noticias 13.30 h - Mércores, 24 de agosto de 2022 24.08.2022 27:44
O proxecto presentado á rede Ágora para Pazos de Reis polo Concello de Tui, a campaña “No caminas sola: un Camino de Santiago libre de Violencias Machistas”, as citas do día comaa feira cabalar de San Bartolomeu ou o concerto do IKFEM, entre outras, xunto aos deportes forman parte do Noticias 13.30 h deste mércores, 24 de agosto.
Noticias 13.30 h - Martes, 23 de agosto de 2022 23.08.2022 30:55
As obras rematadas no CEIP nº2 de Tui, a feira cabalar de San Bartolomeu mañá, a alfombra floral que se realizará en Tui, as citas para hoxe e os resultados deportivos da xornada no Noticias 13.30 h de hoxe martes.
Noticias 13.30 h - Luns, 22 de agosto de 2022 22.08.2022 29:00
O proxecto do Concello de Tui para a Guía en Randufe presentado á rede Ágora, a visita as obras de mellora da eficiencia enerxética no CEIP nº1, as citas para hoxe e os resultados deportivos da fin de semana no Noticias 13.30 h de hoxe luns.
Noticias 13.30 h - Venres, 19 de agosto de 2022 19.08.2022 23:11
En Noticias 13.30 h comezamos falando do proxecto para a Guía en Randufe presentado polo concello de Tui á rede Ágora. E logo a música é a gran protagonista cos diversos eventos que terán lugar na fin de semana na comarca, con especial atención ao IKFEM. Tamén recollemos a crónica do deporte.
Noticias 13.30 h - Xoves, 18 de agosto de 2022 18.08.2022 27:13
Os concertos do IKFEM que comeza mañá con entradas esgotadas para o evento inaugural, xunto a outras citas musicais, e o deporte forman parte do informativo deste xoves, 18 de agosto de 2022.
Noticias 13.30 h - Mércores, 17 de agosto de 2022 17.08.2022 25:17
O concerto inaugural do IKFEM, as citas culturais da semana, e o comezo do Campionato de Europa de Piragüismo onde competirán 4 padeeiros e padeeiras do Kaiak Tudense, son parte das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30h - Martes, 16 de agosto de 2022 16.08.2022 28:15
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes 16 de agosto de 2022 para falar dos proxectos e reformas que ten pendentes o concello de Tui. Tamén que a Plataforma de veciños de Ribadelouro segue a súa oposición á ampliación do polígono industrial, a crónica festiva e os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 12 de agosto de 2022 12.08.2022 27:19
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste venres 12 de agosto de 2022 ante a fin de semana festiva que viviremos en Tui coas Festas do Miño ou na Guarda coas Festas do Monte, entre outras. Tamén, a despedida da selección uruguaia de remo que adestraba por terceiro ano en Tui.
Noticias 13.30h - Xoves, 11 de agosto de 2022 11.08.2022 25:24
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste xoves 11 de agosto de 2022 para contarlles o próximo inicio do programa Feminino Plural en Tui, o Descenso Popular do Miño xunto á axenda desta fin de semana e a crónica do deporte local.
Noticias 13.30h - Martes, 9 de agosto de 2022 09.08.2022 26:28
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes 9 de agosto de 2022 para as últimas cifras de turistas en Tui, novos investimos no plan Concellos da Deputación no Rosal e a crónica do concerto de Xoel López coas citas do día.
Noticias 13.30h - Luns, 8 de agosto de 2022 08.08.2022 28:32
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste luns 8 de agosto de 2022 para contarlles a cita coa música de Xoel López esta noite en Tui, o peche da praia de Areeiros por traballos de poda preventiva e a crónica do deporte na fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 5 de agosto de 2022 05.08.2022 22:23
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste venres 5 de agosto de 2022 para falar das obras que Tui vai acometer na rúa Barca. Tamén recollemos a extensa axenda de actividades da fin de semana na nosa comarca e toda a crónica do deporte local.
Noticias 13.30h - Xoves, 4 de agosto de 2022 04.08.2022 27:00
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste xoves 4 de agosto de 2022 para falar do próximo concerto que Xoel López ofrecerá en Tui. Tamén, as recomendacións de uso responsable de auga na comarca, a folga das traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e o paso á dobre final de Sara Ouzande, do Kayak Tudense, en Canadá.
Noticias 13.30h - Mércores, 3 de agosto de 2022 03.08.2022 23:43
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste mércores 3 de agosto de 2022 para falar das obras que o concello de Tui acometerá na contorna do balneario de Caldelas. Tamén, a dimisión da dirección do IES A Guarda polos recortes e os detalles dunha nova edición do Rosal Cámara Fest.
Noticias 13.30h - Martes, 2 de agosto de 2022 02.08.2022 24:10
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes 2 de agosto de 2022 para falar dos datos do paro do mes de xullo e das obras da potabilizadora de augas de Tui. Tamén recollemos as impresións de ORPAGU polo conflicto aberto con Greenpeace e a Festa do Peixe Espada e falamos da prata de Manu Garrido no Europeo de Maratón.
Noticias 13.30h - Luns, 1 de agosto de 2022 01.08.2022 24:17
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste luns 1 de agosto de 2022 para falar dun novo obradoiro de emprego que terá lugar en Tui e que formará a 20 alumnos e alumnas para recuperar a senda do río Furnia. Tamén contamos a última hora do lume de Arbo, o Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra e as medallas acadadas por Iván Alonso no Europeo de Maratón.
Noticias 13.30h - Venres, 29 de xullo de 2022 29.07.2022 27:54
En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste venres 29 de xullo de 2022, coa crónica do pleno ordinario de Tui de onte no que se aprobou o orzamento para este ano. Amais, falamos da axenda cultural da fin de semana e o deporte da nosa comarca. Neste informativo tamén despedimos á nosa compañeira, Tania Romero.
Vergelijkbare podcasts
Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds