Radio Ateneo

Comezos

Este é un programa que pode resultar concurso... Ou non. Iremos presentando comezos de libros para que a audiencia poida adiviñar de que obra se trata e así saber ata onde é coñecedor da obra publicada en galego. Dende o máis doado de todos ata outros máis difíciles.

Bezoek zeker de website van de podcast en steun de maker: www.spreaker.com

Auteur

Radio Ateneo

Categorie

Arts

Website van de podcast

www.spreaker.com

Nieuwste aflevering

27 mrt. 2026

Waar luisteren?

Podcasts in de app Replaio Radio Binnenkort beschikbaar

Podcasts komen binnenkort naar de app. Installeer nu en zie als eerste een compleet nieuwe kijk op podcasts

Download het op Google Play Gratis installeren Android bijna 10 mln downloads · beoordeling 4,8 iOS binnenkort

Afleveringen

Botou as cascas de laranxa ao mar... 27.03.2026

Botou as cascas de laranxa ao mar. Goteáballe o zugo polas mestas barbas. Berroulle ao rapaz que estaba facendo uns estrobos na gamela.

Non señor, non lle foi eisí... 25.02.2026

–Non señor, non lle foi eisí como está nise papel que leron, que os papeis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía moito a ler, e a máis diso non estamos moi afeitos a ouvir ler en castelán, que eiquí non o falamos; e cando un que non sexa señorito se bota a falalo, decímoslle que fala castrapo…

Escuro... 17.02.2026

Escuro: 1. Que está privado de luz ou claridade, de xeito que non se ve ou se ve mal...

A fuxida de Antonio 01.02.2026

A fuxida de Antonio, Antón, sábela. Víchela mesmo publicada. Terás que procurar algunha documentación máis detallada...

A fraga é un tapiz de vida... 16.12.2025

A fraga é un tapiz de vida apertado contra as engurras da terra. Nas súas convas, afúndese; nos seus outeiros elévase, e nas súas chairas, iguálase...

Queimar era un pracer... 27.11.2025

Queimar era un pracer. Proporcionaba un gozo especial ver os obxectos devorados polo lume, ennegrecidos e transformados. O sangue batíalle na cabeza cada vez que agarraba a boca da mangueira e a pitón enorme cuspía queroseno velenoso sobre o mundo. Entón as súas mans convertíanse nas mans dun director de orquestra incrible e con elas dirixía sinfonías de lume e resplandor ata derrubar os rescaldos...

Agora vou contar a historia do meu irmán... 12.11.2025

Agora vou contar a historia do meu irmán. Si, quero falar do meu irmán, Jonathan Corazón de León. É case como unha lenda, e mesmo ten algo de historias de pantasmas, pero é a pura realidade. En serio. Aínda que se cadra só Jonathan e mais eu podemos contalo.

Os ollos de Tareixa Louzao ilumináronse cando leu o remite... 30.10.2025

Os ollos de Tareixa Louzao ilumináronse cando leu o remitente do voluminoso sobre acolchado que lle acababa de entregar o carteiro. Ver escrito o nome de seu irmán, de quen non tiña noticias desde había case dous meses, quitoulle un peso de enriba.

Margot fíxase nos cadros da película... 02.10.2025

Margot fíxase nos cadros da película, fotogramas chámanlles agora pero antes dicíanlles cadros, e vánselle os ollos para Marlon Brando. Obsérvao detidamente. Hai moita xente na cola para coller as entradas do cine. Non é unha película calquera. É nada menos que O último tango en París , da que tanto se tiña falado e que, incluso, algunha xente fora ao estranxeiro para podela ver.

O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso... 18.06.2025

O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso, a cidade pugnando por tirar os cumes dos edificios por fóra dos farrapos da néboa. Desde a fiestra do seu cuarto Sofía contemplou as casa que os separaban da beiramar envolveitas na brétema que sobre da auga co inicio da primavera, mais que ás veces apura e se adianta ao entroido, atoando a circulación dos cocehs e das palabras. Febreiro estaba co...

Rei Artur soubera... 04.06.2025

Rei Artur soubera... Este é o noso cuarto comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.

Se realmente queredes saber de que vai esta historia... 02.05.2025

Se realmente queredes saber de que vai esta historia... Este é o noso terceriro comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.

Chamábase Luis. Un cateiro gravou o seu nome na pedra gris... 17.04.2025

Chamábase Luis. Un cateiro gravou o seu nome na pedra gris que cobre o seu nicho. Este é o noso segundo comezo. Escoitádeo xa e intentade averiguar de que obra se trata.

Eu son Balbino, un rapaz da aldea... 13.02.2025

Libro 1

Luister naar de podcast Comezos in Replaio

Radio en podcasts in één app - gratis en zonder account. Installeer vandaag nog en mis de lancering niet

Download het op Google Play

Replaio is geen uitgever van podcasts; namen van shows, covers en audio zijn eigendom van hun makers en worden verspreid via openbare RSS-feeds