AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal
Forfatter
AGalegaAudio
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
1. okt 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
Galicia en goles domingo 10-03-2024 10.03.2024 11:44:52
Retransmisión dos partidos Nástic de Tarragona-Deportivo e Obradoiro-Valencia. Retransmisión dos partidos Real Madrid-Celta, Lugo-Unionistas, a Segunda e a Terceira RFEF.
Galicia en goles sábado 09-03-2024 09.03.2024 8:29:54
Retransmisión dos partidos Cartagena-Racing de Ferrol, Celta Fortuna-Ponferradina, Tarazona-Arenteiro e Breogán-Unicaja.
Galicia en goles venres 08-03-2024 08.03.2024 3:39:03
A vitoria do Básquet Coruña ante Estudiantes, o empate do Cangas e a previa da xornada deportiva da fin de semana
Galicia en goles domingo 03-03-2024 03.03.2024 11:44:55
Todo o deporte do domingo: De 11.45 a 14.30 retransmisión dos partidos Girona-Obradoiro e Oviedo Vetusta-Pontevedra. E de 15.00 a 23.00 horas os partidos Deportivo-Lugo e Compostela-Torrelavega.
Galicia en goles sábado 02-03-2024 02.03.2024 8:29:57
Retransmisión dos partidos Racing de Ferrol-Racing de Santander, Unionistas-Celta Fortuna, Arenteiro-Nástic e Joventut-Breogán.
Galicia en Goles especial Celta-Almería 01-03-2024 01.03.2024 3:28:55
Benítez estaba na corda frouxa, pero superou o "match ball" con esta vitoria pola mínima co gol de Óscar Mingueza no minuto 73 de partido.
Galicia en goles domingo 25-02-2024 25.02.2024 11:39:01
Retransmisións dos partidos Fabril-Ourense CF (de 12 a 14h), Cádiz-Celta e Eldense-Racing de Ferrol (de 14 a 16h cos protagonistas de 16 a 16.45h), Lugo-Fuenlabrada, Osasuna Promesas-Deportivo, Vilalbés-Compostela, Pontevedra-Zamora e a Terceira. Entrevista a Swedberg, autor do 0-2 do Celta, entrevista de Roberto Carlos Carballo. O Celta empatou a dous goles no Mirandilla, recibiu o gol da igualad...
Galicia en goles sabado 24-02-2024 24.02.2024 8:29:55
As retransmisións dos partidos Celta Fortuna-Sestao, Logroñés-Arenteiro, Coruxo-Oviedo Vetusta, UD Ourense-Celta C, Ensino-Celta, Cangas-Nava e Noia-Valdepeñas. Ademais, conexións coa Volta O Gran Camiño, penúltima etapa entre Xinzo de Limia e Ribadavia; conexións coa Gala da Federación Galega de Ciclismo, en Ribadumia.
Galicia en goles venres 23-02-2024 23.02.2024 3:28:58
As previas dos partidos máis importantes, o accidente de tráfico do racinguista Álvaro Giménez... e moito máis. Con Roberto Carlos Carballo.
Galicia en goles domingo eleccións tarde 18-02-2024 18.02.2024 4:44:55
Os protagonistas na sala de prensa e zona mixta do Racing: Cristóbal, PInchi e Moi Delgado.
Galicia en goles mañá 18-02-2024 18.02.2024 2:14:58
Adrián Ben e Ana Peleteiro. Javi Rodríguez en directo, autor do gol do Celta Fortuna en Irún. Rolda de prensa de Epi e logo entrevista persoal a Pablo Hernández, do Basquet Coruña, falando do record de vitorias: 10.
Galicia en goles sabado 17-02-2024 17.02.2024 8:29:55
Entrevistas a atletas nos campionatos de España de Ourense, destaca a plata de Saleta. Entrevistas persoais con xogadoras e adestradora do Celta de baloncesto feminino. Entrevistas persoais con Javi Rey e Álvaro Antón.
Galicia en goles venres 16-02-2024 16.02.2024 3:29:00
E a actualidade polideportiva do día con Roberto Carlos Carballo
Galicia en goles 11-02-2024 11.02.2024 11:14:54
O Celta perde 3-2 en Xetafe despois de igualar un 2-0; na Segunda, o Racing de Ferrol caeu baixo o diluvio en Burgos, 2-0; e na 1ª RFEF o Lugo acabou cedendo un empate 1-1 co Osasuna B. E, no baloncesto, o Breogán non puido co Real Madrid, 73-80, e na LEB partidazo co Basquet Coruña, 104-103 ante do Burgos.
Galicia en goles 10-02-2024 10.02.2024 8:29:57
Narramos en directo os tres partidos do sábado na 1ª RFEF: o empate do Celta Fortuna, a goleada do Dépor nas Gaunas e a vitoria do Arenteiro co gol de Christian Santos. Na 2ª RFEF, seguimos o Ourense CF 2-Compostela 0. E no baloncesto, dende o Sar, estamos no Obradoiro 78-Unicaja 90.
Galicia en goles 09-02-2024 09.02.2024 3:29:00
Venres de moito baloncesto seguindo en directo o Betis 72-COB 48, da LEB Ouro e con entrevista ao adestrador do Basquet Coruña, Diego Epifanio. No fútbol, repasamos como se presenta a xornada de fin de semana, de Primeira División ata 3ª RFEF, e tamén ollamos para o balonmán, cos presidentes do Cangas e do Atlético Novás.
Galicia en goles 03-02-2024 03.02.2024 7:59:54
Na 1ª RFEF, o Cornellá remóntalle o partido ao Celta Fortuna en cinco minutos, 1-2; e o Lugo non pode pasar do 0-0 co Real Irún. No baloncesto, o Breogán acaba caendo en Zaragoza, 63-61. E no fútbol sala, o Poio e o Burela pasan á final da Supercopa ao eliminar nos penaltis o Roldán e o Futsi.
Galicia en goles 02-02-2024 02.02.2024 3:30:09
Seguimos os partidos das galegas na Liga Feminina Endesa: o Ensino perde no Pazo 75-80 co Jairis, o Celta sucumbe co IDK 77-57 e o Uni Ferrol vence 66-75 na cancha do Gernika. Na LEB Ouro vitoria do Basquet Coruña en Lleida, 83-85. E as previas do fútbol e da Supercopa de fútbol sala.
Galicia en goles 28-01-2024 28.01.2024 11:17:58
Xornada especial con dous partidos en Balaídos: na Primeira, o Celta caeu 0-1 co intratable líder Girona e houbo de novo críticas para Benítez. Á noite, o Deportivo impúxose 1-2 ao Celta Fortuna no derbi da 1ª RFEF. Mentres, na Segunda, o Racing lograba un fantástico triunfo en Xixón, 1-2. E no baloncesto, derrora do Obra, 89-79, na cancha do Baskonia.
Galicia en goles 27-01-2024 27.01.2024 7:59:54
Dende o Anxo Carro narramos a vitoria do CD Lugo de Paulo Alves, 1-0, sobre a Real Sociedad B; e dende o Espiñedo o empate do Arenteiro co Teruel, 1-1. Na 2ª RFEF, imos ao Vero Boquete para celebrar o 2-0 do Compos ante o Covadonga. E no baloncesto, mala xornada para o Breogán, que caeu 83-68 en Manresa.
Galicia en goles 26-01-2024 26.01.2024 3:30:21
Abrimos o programa con Javier Manjarín, que volve a Xixón agora como técnico no Racing de Ferrol. No fútbol, conversarmos tamén co presidente do Arenteiro, Argimiro Marnotes; no baloncesto, coa ex xogadora do Uni Ferrol Patri Cabrera; e no atletismo co presidente da Federación Galega, Iván Sanmartín.
Galicia en goles 23-01-2024 23.01.2024 2:25:13
Especial Galicia en goles coa transmisión en directo dende o estadio de Balaídos do Celta-Real Sociedad de cuartos de final da Copa do Rei. Os vigueses encaixaron o 0-1 no minuto 2, a Real dominou todo o partido e fixo o 0-2 na segunda parte e aínda que Luca de la Torre marcou no engadido os de Benítez xa non puideron evitar a eliminación.
Galicia en goles 21-01-2024 22.01.2024 11:39:37
Comezamos ao mediodía con tres citas galegas na Primeira Federación: Sabadell 2-Celta Fortuna 1, Nástic 2-Lugo 0 e Real Unión 1-Arenteiro 2. E continuamos pola tarde coa vitoria do Deportivo, 2-0, sobre a Ponferradina, líder do grupo 1.
Galicia en goles 20-01-2024 20.01.2024 8:29:52
Mala xornada para os galegos no fútbol profesional: o Celta caeu 0-1 coa Real Sociedad, cun gol do ex celeste Brais Méndez; e o Racing perdeu a imbatibilidade na Malata, un ano despois, 1-3 co Oviedo. No baloncesto, o Obradoiro non puido co Tenerife, 86-97, pero o Ensino conseguiu un gran triunfo diante do Valencia, vixente campión de liga, 66-62.
Galicia en goles 19-01-2024 19.01.2024 3:30:22
Preparamos con Luis Fernando Dadíe, ex do Celta e da Real Sociedad, o primeiro choque de vigueses e donostiarras, agora en Liga. Na Segunda, coñecemos unha nova peña do Racing e na 1ª RFEF Fernando Seoane, o que foi capitán do Lugo, valora a situación do equipo. Ademais, Julio Delgado comenta o adeus de Jozi no Burela e ollamos para o partido do CRAT, líder do rugbi feminino.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.