AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 673 episoder

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

30. sep 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Galicia en goles Fin de semana 06-10-2024 06.10.2024

Non foi un bo domingo, en xeral, para o fútbol galego. O Deportivo non foi quen de pasar do empate a cero en Riazor ante o Málaga nun encontro marcado polos incidentes na previa provocados polo "Frente Bokerón" malacitano. Na 1ª RFEF o Lugo remontou no Anxo Carro para salvar un punto ante o Nástic mentres que Compostela e Pontevedra caían na casa na xornada da 2ª RFEF. Nesta categoría a...

Galicia en goles Fin de semana 05-10-2024 05.10.2024

O Galicia en Goles que comezou as 13:45 deste sábado tivo de todo. Contouse a primeira vitoria da temporada do Rácing de Ferrol, pola mínima ante o Elx. Tamén por un único tanto, de Borja Iglesias, gañou o Celta en Las Palmas, nun partido marcado polas dúas expulsións en bando olívico. No fútbol da federación houbo derrotas de Celta Fortuna e Arenteiro e empate do Ourense CF. E no baloncesto houbo...

Galicia en goles venres 04-10-2024 04.10.2024

O Porriño deu un paso importante para continuar vivo na European Cup de balonmán feminino tras golear ao Sudtirol por 21 a 36 no encontro de ida. No Galicia en Goles contaron o encontro e falaron cos protagonistas no post partido. Ademais, como cada venres, houbo unha completa previa da fin de semana deportiva galega.

Galicia en goles Fin de semana 28-09-2024 29.09.2024

O Coruxo caeu no Vao ante o Salamanca nun encontro de alternativas. Tampouco puido coñecer a vitoria do Deportivo Feminino, que empatou a dous co Athletic de Bilbao en Riazor. E na 1ª Federación de baloncesto, malleira do COB na primeira xornada ante o Cartagena no Paco Paz.

Galicia en goles Fin de semana 29-09-2024 29.09.2024

O Galicia en Goles viviu outro domingo sen descanso. Dende as 11:45 ata a medianoite contou o empate do Celta en Balaídos ante o Xirona, a derrota do Rácing de Ferrol en Córdoba e a xornada no fútbol da federación, onde destaca o primeiro triunfo do Celta Fortuna e outro máis do Arenteiro. No polideportivo, ademáis do título mundial de Jorge Prado no motocross, tivo protagonismo o arrinque da Liga...

Galicia en Goles especial Albacete-Deportivo 27-09-2024 27.09.2024

Tivo que agardar á sétima xornada de Liga para vencer lonxe de Riazor o conxunto coruñés. E fíxoo cun puñado na mesa, anotando cinco goles, dous máis dos que levaba no resto das anteriores xornadas. Yeremay e Mella, con sendos dobretes, e Cristian Herrera foron os goleadores dun partido que rematou 2 a 5 e que lle permite aos de Idiakez recuperar o sorriso e cambiar a dinámica negativa coa que che...

Galicia en Goles especial Celta-Atlético 26-09-2024 26.09.2024

O Atlético de Madrid apenas tivo dúas ocasións e o gol no suspiro final non fixo xustiza ao que fixeron os de Claudio Xiráldez, que volveu contar con moitos dos xogadores do Celta Fortuna que dirixida en Primeira Federación.

Galicia en goles FDS mediodía 22-09-2024 22.09.2024

Resultados dispares para os conxuntos galegos na xornada matinal do domingo. O Ourense CF caeu na visita ao Amorebieta a pesar de dispor dun penalti a favor con empate a cero. Tamén perdeu o Compostela, cero a dous no Vero Boquete ante o Langreo . A única boa nova chegou no Pepe Quimerán, con vitoria do Coruxo ante o Llarena, remontando nos últimos minutos de encontro.

Galicia en goles FDS tarde-noite 22-09-2024 22.09.2024

Tres saídas a domicilio e tres derrotas. É a bagaxe do RC Celta esta temporada. Este domingo o Athletic de Bilbao foi o seu verdugo, derrotándoo por tres tantos a un. Na 1ª RFEF a gran nova chegou no Toralín coa vitoria do Arenteiro 1 a 2 ante a Ponferradina. Pola súa banda o Lugo caeu en Zubieta. E no polideportivo o Cangas perdeu ante o Logroño no regreso da Asobal ao Gatañal e o Breogán venceu...

Galicia en goles FDS tarde-noite 21-09-2024 21.09.2024

Non foi unha boa xornada para os equipos galegos de fútbol. O Rácing de Ferrol segue sen gañar esta temporada tras caer 1 a 4 na Malata ante o Albacete. Tamén segue con malas sensacións o Deportivo que perdeu ante o Burgos por cero a dous. No fútbol da Federación o Celta Fortuna non pasou do empate a cero en Balaídos ante o Unionistas mentres que o Bergantiños rabuñou un empate na visita do líder...

Galicia en goles venres 20-09-2024 20.09.2024

O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. Alí disputáronse as dúas semifinais da Copa Galicia de baloncesto masculino sen sorpresas. Gañaron os dous equipos ACB, o Básquet Coruña eliminando ao Obradoiro e o Breogán facendo o propio co COB. Asimesmo na última hora analizouse detalladamente o que será a xornada deportiva galega desta fin de semana.

Galicia en goles Fin de semana 15-09-2024 15.09.2024

Tres vitorias en tres encontros. Esa é a estatística do Celta coma local esta temporada. A súa última vítima foi o Valladolid, a quen derrotou por tres tantos a un. Mentre na segunda división o Rácing de Ferrol segue sen coñecer a vitoria na segunda categoría profesional, pero conseguiu un valioso empate nun campo ben complicado.

Galicia en goles Fin de semana 14-09-2024 14.09.2024

Na 1ª RFEF o único partido con presenza galega foi o disputado no Couto con igualada a cero do Ourense CF e Segoviana. na 2ª RFEF o Fabril venceu no derbi ao Compostela. No polideportivo o baloncesto tivo protagonismo co encontro de consolación do EncestaRías coa vitoria do Básquet Coruña ante Breogán e o triunfo do Ourense ante Mataró na Copa FEB.

Galicia en Goles especial Córdoba-Deportivo 13-09-2024 13.09.2024

O Deportivo segue sen gañar lonxe de Riazor. O equipo de Imanol Idiakez caeu por dous a cero nun partido no que non estivo atinado nas dúas areas. Así mesmo, o Torneo Encesta Rías viviu as súas semifinais, e no Galicia en Goles escoitaron aos protagonistas.

Galicia en goles Fin de semana 08-09-2024 08.09.2024

O Galicia en Goles dominical arrincou antes do mediodía e chegou ata as dez da noite de maneira ininterrumpida. Contouse a xornada galega que arrincou co empate a cero goles do Rácing de Ferrol ante o Mirandés na Malata. Na 1ª RFEF a gran nova chegou en Sestao, coa primeira vitoria do CD Lugo esta temporada. Mentres, na 2ª RFEF o Bergantiños goleou ao Avilés e o Compostela empatou in extremis no V...

Galicia en goles Fin de semana 07-09-2024 07.09.2024

O sábado non foi demasiado positivo para os intereses galegos, cun empate do Deportivo no campo dos Cármenes ante o Granada. Tampouco no que se refire á 1ª RFEF, onde o derbi de Balaídos entre Celta Fortuna e Arenteiro rematou nun gris empate. Posteriormente o Ourense CF caeu por tres a cero na casa do BarÇa Athlétic. Ademais vivimos o primeiro partido das Celtas da súa historia e o Torneo FEB no...

Galicia en goles venres 06-09-2024 06.09.2024

Non hai xornada de fútbol na primeira división esta fin de semana pero si no resto de competicións. Roberto Carlos Carballo analizou a fin de semana futbolística, coa última hora dos encontros do Deportivo, o Rácing, os conxuntos galegos da 1ª e 2ª RFEF e o arrinque da Terceira. Asimesmo contouse o amigable do Breogán ante o Porto e a histórica xornada deste sábado en Balaídos, co debút das Celtas...

Galicia en goles FDS mediodía 01-09-2024 01.09.2024

Previas e análise da xornada de onte e hoxe

Galicia en goles FDS tarde-noite 01-09-2024 01.09.2024

Entrevista a Jailson, do Celta; roldas de prensa de Claudio Giráldez, Cristóbal Parralo e Imanol Idiákez. Tamén escoitamos os protagonistas do Lugo, Ourense CF e Pontevedra, tras a xornadas nas categorías RFEF.

Galicia en goles FDS tarde-noite 31-08-2024 31.08.2024

Seguimento á primeira xornada da División de Honra xuvenil, con entrevistas aos adestradores Sanfiz, do Montañeiros, e Manuel Pablo, do Deportivo. Entrevista con Raúl Jardiel, adestrador do Arenteiro. Tamén informamos da primeira xornada da Liga de balonmán feminino, con entrevistas ás xogadoras do Porriño e Guardés Mica Casasola e Cecilia Cacheda.

Galicia en goles FDS mediodía 31-08-2024 31.08.2024

Analizamos os partidos dehoxe e as previas do domingo

Galicia en goles venres 30-08-2024 30.08.2024
Especial Galicia en goles Vilarreal 4- 3 Celta 26.08.2024

O Celta perdeu no Madrigal nun partido que foi unha montaña rusa e no que puido haber máis goles. Con este resultado, o Celta queda con 6 puntos tras tres xornadas de competición.

Galicia en goles FDS mediodía 25-08-2024 25.08.2024

Na edición mediodía do Galicia en Goles repasaron o máis salientable da comparecencia de prensa de Cristobal Parralo trala derrota ante o Granada. Tamén falou polo conxunto verde o central Naldo. Asimesmo escoitouse a protagonistas do empate do Ourense CF en Tarragona e da derrota do Lugo en León

Galicia en goles FDS tarde-noite 25-08-2024 25.08.2024

O Galicia en Goles deste domingo estivo centrado na primeira xornada da 1ª RFEF. En Balaídos o Celta Fortuna desaproveitou unha vantaxe de dous goles e rematou empatando ante o Barakaldo. Peor lle foron as cousas ao Arenteiro que debutou en liga con derrota no campo do Tarazona. Ademais na Sangriña desputaronse as finais da Supercopa de Galicia de balonmán, con triunfo do Novás na categoría mascul...

Hør på podkasten Todos os podcast | Galicia en goles i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.