AGalegaAudio

Todos os podcast | Galicia en goles

Sports GL ↓ 673 episoder

As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

30. sep 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Galicia en Goles especial Alavés-Celta 27-01-2025 27.01.2025

Alavés e Celta efrontáronse para fechar a vixésimo primeira xornada de liga. Narración do encontro con Roberto Carlos Carballo dende Mendizorrotza, Valtierra, Víctor López e Arbi que pitas. Declaracións dos protagonistas. Presenta Paco Santos. Marcadores e redes sociáis: Iago Gayoso.

Galicia en goles Fin de semana 26-01-2025 26.01.2025

Nun Galicia en Goles marcado pola borrasca Herminia, que adiou tódolos partidos de fútbol que se tiñan que disputar en Galicia, o polideportivo colleu pulo. Pero as novas non foron boas, xa que o Leyma Básquet Coruña caeu ante o Real Madrid na Liga ACB e seguee pechacancelas. Mellores novas colleitou o Deportivo feminino, que abre fenda co descenso tras gañar ao Betis por cero a dous.

Galicia en goles Fin de semana 25-01-2025 25.01.2025

Cun sábado marcado polas novas que ían chegando a pingagotas sobre a suspensión de partidos por mor da borrasca Herminia, o Galicia en Goles centrou parte da sùa atención en Riazor, onde o Deportivo caeu no primeiro partido da era post Lucas. Os erros individuais en defensa permitiron ao levante vencer por un gol a dous. Mellor sorte correu o Breogán, que gracias a un gran segundo tempo, dobregou...

Galicia en goles venres 24-01-2025 24.01.2025

Post partido do Obradoiro - Betis de Copa de España con protagonistas e con Raúl Villares. Entrevista a Moncho López, adestrador do COB. Entrevista a Pillo, analista de balonmán. Balonmán con entrevista a Abel, presidente do Balonmán Porriño. Entrevista a Iván Cancela, presidente do Comité Galego de Adestradores. Previa da xornada dos equipos galegos con entrevista a Eneko, de Radio Vitoria e a Ra...

Galicia en goles Fin de semana 19-01-2025 19.01.2025

A longa xornada deportiva tivo dous pratos fortes na hora do xantar, coa derrota do Celta en Balaídos por un tanto a dous ante o Athletic e a vitoria pola mínima do Deportivo no Plantío ante o Burgos. O peor estaba por chegar. No Sardinero o Rácing de Ferrol caeu goleado por seis a cero ante o Rácing de Ferrol. Na Liga ACB o Breogán deu a cara en Vitoria pero rematou caendo ante Baskonia. Na xorna...

Galicia en goles Fin de semana 18-01-2025 18.01.2025

Este sábado o prato forte do deporte galego estivo no baloncesto, co partido do Básquet Coruña ante o Murcia que rematou con vitoria dos de Sito Alonso. No resto do polideportivo destaca a vitoria do Obradoiro en Menorca, do Porriño en competición europea e do Ensino ante Araski. Xa no fútbol o Arenteiro segue de doce tras derrotar a domicilio á Segoviana. Na 2ª RFEF caeu o Coruxo en Soria.

Especial Real Madrid 5-2 RC Celta 17.01.2025

Cando o resultado aínda era un 0-0 houbo unha polémica xogada que o árbitro non quixo revisar no VAR e que non atendeu. Un 2-0 e un gol en fóra de xogo (este si anulado polo VAR) dos brancos puxeron as cousas moi difíciles ao equipo galego. Pero segueu crendo para empatar e forzar unha prórroga na que o Real Madride demostrou unha maior pegada.

Galicia en goles venres 17-01-2025 17.01.2025

Deportivo- Levante (Liga feminina)con Sara Gallego en Riazor. Entrevista a Xavier Estrada Fernández, ex árbitro profesional. Chegada do Uni Ferrol á Malata despois da clasificación aos cuartos de final da EuroCup. Previa da xornada dos equipos galegos de fútbol. Entrevista a Pepe Méndez, presidente de peñas do Celta. Balonmán con entrevista a Isma Martínez, adestrador do Porriño e a Jabato, ex - a...

Galicia en Goles especial Copa do Rei 15-01-2025 15.01.2025

Oitavos de final da Copa do Rei: Pontevedra - Getafe. Raúl Villares, Gonzalo Alonso e Valtierra en Pasarón. Protagonistas do encontro. Presenta Roberto Carlos. Marcadores: Iago Gayoso.

Galicia en Goles especial Copa do Rei 14-01-2025 14.01.2025

Oitavos de Copa do Rei: Ourense C.F - Valencia C.F. Roberto Carlos, Antón Vieites e Dani Portela dende O Couto. Declaracións post partido de Pablo López, Alberto Gil e Corberán. Presenta Paco Santos.

Galicia en goles FDS mediodía 12-01-2025 12.01.2025

a matinal do domingo estivo centrada no Breogán - Básquet Coruña que rematou con vitoria lucense. Asimesmo contamos o empate do Compostela ante o Numancia, o trunfo do Rácing Vilalbés ante o Polvorín e a derrota do Celta Baloncesto ante Xirona.

Galicia en goles Fin de semana 12-01-2025 12.01.2025

Non foi unha boa xornada para os conxuntos galegos da cuarta categoría do fútbol español. O Pontevedra non pasou do empate en Valladolid, o Coruxo fixo o propio no Vao co Avilés, mentres que o Fabril caía pola mínima en Ávila e o Bergantiños na casa ante o Gujuelo. Na parte final do programa contamos a final da Supercopa de España, coa goleada do Barcelona sobre o Real Madrid

Galicia en goles Fin de semana 11-01-2025 11.01.2025

O longo Galicia en Goles sabatino contou as igualadas galegas na 2ª división, co empate a cero do Racing de Ferrol ante o Cartagena na Malata ou o do Deportivo a domicilio ante o Málaga. Na 1ª RFEF o Fortuna tumbou por 2 a 1 ao segundo clasificado , a Real Sociedad B, mentres que o Ourense CF levou o derbi ante o Lugo con dous goles nos últimos 5 minutos de partido. No baloncesto, cara e cruz : tr...

Galicia en goles FDS mediodía 11-01-2025 11.01.2025

Retransmisión con Raúl Villares do Racing-Cartaxena, que rematou con empate a ceros

Galicia en goles venres 10-01-2025 10.01.2025

Especial Raio Vallecano - Celta con Roberto Carlos Carballo dende Vallecas, Víctor López, Profe Baltierra e Arbi que pitas. Arenteiro - Andorra con Antón Vieites dense Espiñedo. Declaracións de protagonistas ao final dos encontros.

Galicia en Goles especial Baskonia-Basquet Coruña 08-01-2025 08.01.2025

Especial Baskonia - Basquet Coruña con Javi Torres. Presenta Roberto Carlos. Marcadores: Iago Gayoso

Galicia en goles FDS mediodía 05-01-2025 05.01.2025
Galicia en goles Fin de semana 05-01-2025 05.01.2025
Galicia en goles Fin de semana 04-01-2025 04.01.2025
Galicia en Goles especial Copa do Rei 03-01-2025 03.01.2025

Especial Galicia en Goles co Racing de Ferrol - Rayo Vallecano e co Pontevedra - Mallorca. Declaracións dos protagonistas.

Galicia en Goles especial Breogán-Manresa 02-01-2025 02.01.2025

Especial Breogán - Manresa con Alfonso Pardo e Carlos Cotovad

Galicia en goles Fin de semana 29-12-2024 29.12.2024
Galicia en goles Fin de semana 28-12-2024 28.12.2024

O Galicia en Goles deste sábado comenzou e rematou da mesma maneira, con previas das san Silvestres da Coruña e Vigo. Na primeira delas coñecemos que a reforma de Riazor ofrecerá unha imaxe asimétrica, como Anfield. Logo o baloncesto colleu pulo coa narración das derrotas de Básquet Coruña no Coliseum ante o Bilbao e do Breogán en Málaga. No balocesto feminino o Ensino caeu en Salamanca e o Celta...

Galicia en Goles especial 27-12-2024 27.12.2024

Este venres Paco Santos atendeu ás xornadas de baloncesto e balonmán que pechan o ano 2024 e que serán o prato principal da axenda deportiva da fin de semana

Galicia en goles Fin de semana 21-12-2024 21.12.2024

Neste sábado o Galicia en Goles viviu a festa de Balaídos e o triunfo do Celta ante a Real Sociedad. Peor sorte tivo o Rácing de Ferrol que caeu pola mínima ante o Zaragoza. No fútbol da federación cara e cruz para Pontevedra e Compostela, cos granates vencendo e sendo campións de inverno e os santiagueses caendo en Valladolid. No polideportivo destacamos o triunfo do Breogán ante o Girona.

Hør på podkasten Todos os podcast | Galicia en goles i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.