AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

5. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Por que non está 'lubre' no dicionario? 11.02.2025

Luar na Lubre pediranlle á RAG que incorpore esta palabra    O grupo Luar na Lubre vai pedirlle á RAG que inclúa 'lubre' no seu Dicionario. Bieito Romero explica como escolleu o nome para a banda e Manuel González, director do Dicionario, debulla os criterios da Academia para incorporar novas palabras. 

Arte con fermentos lácteos 11.02.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Alguien nos entenderá cuando estemos muertos', a primeira colaboración de Carlos Fernández-Pello coa Galería Nordés. A mostra inclúe pezas creadas polo artista canda un artesán queixeiro e tamén pinturas acrílicas a partir de follas de táboas de datos. 

A crónica deportiva 11-02-2025 11.02.2025

O Celta, a 3 puntos dos postos europeos. Nfulu recuperado no Depor. Con Gilsanz, o equipo sería 4º clasificado. Comparecencia de Tito Díaz con ledicia e cautela no Breo coa boa marcha do equipo. O copiloto de Salvaterra de Miño Cándido Carrera leva 2 victorias con Al-Attiya nos paises árabes.

Adeus a Xosé Vizoso 10.02.2025

“Era un artista total”.Aser Álvarez, xornalista e cineasta, amigo persoal de Xosé Vizoso. O mindoniense, de 74 anos, finou este domingo a consecuencia dunha EPOC, e estaba pendente de ir a Lugo, onde estes días pode verse unha gran exposición retrospectiva. O artista gráfico, Premio Nacional de Escultura en 1968, foi parte da alma de Sargadelos, para quen conceptualizou as súas pezas de cerámica....

Leria 10.02.2025

Carlos Crespo tráenos a Leria, un cuarteto de rapazas coruñesas que fan indie pop en galego.

Fernando Blanco: 50 anos de arquitectura 10.02.2025

A Fundación Luís Seoane acolle a exposición 'Fernando Blanco. Paisaxe. Conciencia. Fábrica', que percorre as cinco décadas que o arquitecto carballiñés lle dedicou á arquitectura, pero tamén recolle algunhas das súas pinturas e esculturas. Conversamos co propio Fernando Blanco e mais con Luis Gil Pita, un dos responsables da publicación que completa a mostra, que pode visitarse ata o 13...

Groba, Yeol Eum Son, Cuarteto Hana 10.02.2025

Pablo Sánchez Quinteiro lembra a Rogelio Groba, finado hai 2 anos e homenaxeado pola Orquestra de Cámara Galega. Avanzamos ademais o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia que terá como solista a pianista surcoreana Yeol Sum Son e a actuación  do Cuarteto Hana na programación da Sociedade Filharmónica da Coruña. 

A crónica deportiva 10-02-2025 10.02.2025

O efecto Balaídos. O Celta é o 4º mellor equipo da Liga como local. No Depor, Yeremay supera, con apoio psicolóxico, o mercado de inverno. Carlos Mouriz fai balance do mercado de inverno do Racing Club Ferrol: "algún xogador non quixo vir porque o pai lle dixo que aquí chove máis". No Pontevedra, Iago Iglesias estoura logo de algúns asubíos ó equipo.

Tres dos galegos nos Goya 07.02.2025

“Foi a rodaxe onde vin máis xestión emocional” “A nominación recoñece a todo o equipo” “Sacar unha superprodución coma esta con China foi un reto de case 12 anos”. Falamos coa actriz Lucía Veiga, o director de produción Carlos Amoedo e mailo director de animación e guionista, Xosé Zapata. Son tres dos galegos candidatos aos Goya que se entregan este sábado en Granada por “Soy Nevenka” (como actriz...

Fado Alexandrino 07.02.2025

Con Afonso Becerra achegámonos á obra teatral “Fado Alexandrino”, adaptación da novela sobre a Revolución dos Cravos do escritor portugués António Lobo Antunes.

'Reconversión', de Ibuprofeno Teatro 07.02.2025

A nova montaxe de Ibuprofeno Teatro narra a vida do pai de Santiago Cortegoso, un dos 1.600 traballadores do asteleiro Ascón que quedaron na rúa en 1984. Oito intérpretes dan vida aos protagonistas da historia, que inclúen políticos e celebridades da época, a través dunha charanga que lle pon banda sonora en directo. O espectáculo estréase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña os días 7 e 8 de feb...

Artistas e cantareiras 07.02.2025

Lemos con Eva Mejuto 'Galegas nas artes' e 'Canta, miña compañeira' Dúas lecturas que teñen que ver coa creación artística das mulleres. 'Galegas nas artes' é un percorrido polas biografías de 21 artistas plásticas e visuais, e  'Canta, miña compañeira' de María Lado revisa o legado das cantareiras no ano no que se lles dedica o Día das Letras

A crónica deportiva 07-02-2025 07.02.2025

Previa do Celta-Betis. Nfulu baixa definitiva no Depor. Escoitamos a Óscar Gilsanz. Previa do Racing-Castellón con Raúl Villares e as verbas de Alejandro Menéndez.

"María Calas" e "A Rede Fantasma" 06.02.2025

María Callas, do chileno Pablo Larraín: En 2016 fixera “Jackie” sobre a ex-primeira dama estadounidense Jacqueline Kennedy e en 2021 “Spencer”, centrada nun momento concreto da vida de Lady Di. A actriz que dá vida a María Callas é Angelina Jolie. “A convulsa, fermosa e tráxica historia da vida da mellor cantante de ópera do mundo, revivida e reimaxinada durante os seus últimos días no París dos a...

De Ninghures inventan o 'tuareg enxebre' 06.02.2025

Tito Lesende pica hoxe o último avance do novo disco de De Ninghures. 'En fin que máis dá' é unha peza 'tuareg enxebre' na que Xoel López colabora nas guitarras. Escoitamos tamén novo material do noiés Rhome e avanzamos a axenda de concertos dos próximos días con cancións de León Benavente e Virginia Maestro.

Candidaturas dos Mestre Mateo 06.02.2025

Repasamos as obras finalistas nos premios do audiovisual galego, nas que a serie 'Rapa' e os filmes 'As neves', 'Honeymoon' e '+Cuñados' acaparan 40 candidaturas. A gala de entrega desenvolverase por primeira vez en Lalín, o 15 de marzo. Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual, e a presentadora Teté Delgado, avánzannos algúns porme...

A crónica deportiva 06-02-2025 06.02.2025

O Tribunal Supremo absolve a Rafael Louzán do delito de prevaricación, condenado con 7 anos de inhabiltación, e pode seguir como presidente da Real Federación Española de Fútbol. No Racing, Álex López despídese do fútbol. O centrocampista Denís Genreau presentado no RC Deportivo. O Basquet Coruña ficha ó domincano Ángel Muñoz para o tiro exterior. Procede da liga Polaca. Con Paco Santos

Como e cando chegou a pizza a Galicia 05.02.2025

Raquel C. Pico contounos como e cando chegou a pizza a Galicia, unha historia ben interesante!

O Festival de Angoulême 05.02.2025

Manel craneo descríbenos a súa experiencia no 52º Festival de banda deseñada de Angoulême. Fálanos do que alí atopou: exposicións, espectáculos, obradoiros... e da presenza de creadores españois nunha carpa patrozinada polo Ministerio de Cultura.

A crónica deportiva 05-02-2025 05.02.2025

No Deportivo, presentado o goleador Zakaria Eddachouri. No Racing, Josué Dorrio fala do gol co Levante e da situación do equipo. O Breo ficha ó pivot ex do Valencia Boubacar Touré.

"A muller xeada" 04.02.2025

Rinoceronte Editora publica en galego "A muller xeada", libro da premio Nobel Annie Ernaux. É a terceira obra que traduce da autora francesa. Dolores Vilavedra comenta este texto, nacido da experiencia vital de Ernoux, que narra como se aprende a ser muller nunha sociedade patriarcal.

Sumrrá fan 25 anos 04.02.2025

Conversamos co contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería LAR Legido, que forman Sumrrá co pianista Manuel Gutiérrez. Repasamos unha traxectoria de 25 anos que comezou nas jams do Dado Dadá e que hai uns meses os levou a colaborar con Niño de Elche. E escoitamos algúns dos seareiros que peregrinan cada domingo á Casa das Crechas de Santiago para vivir a experiencia de velos en directo.

A historia de Galicia vista a través de "ollos de vidro" 04.02.2025

Mónica Maneiro lévanos á exposición "Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia", que se pode visitar no Auditorio de Galicia en Compostela. A mostra, comisariada por Germán Labrador, está composta por case trescentas pezas de diversos autores coas que se pretende ofrecer unha visión alternativa da historia e a identidade de Galicia

A crónica deportiva 04-02-2025 04.02.2025

Escoitamos as explicacións de Marco Garcés no Celta e de Fernando Soriano no Depor tralo peche do mercado. Analizamos o trunfo do Racing no campo do Levante, o regreso de Heber Pena e a retirada do capitán Álex López. Comentamos o traspaso de Nico González, o fillo de Fran, do Porto ó Manchester City por 60 millóns de €.

Mocho Gris 03.02.2025

É un dúo formado polo músico de Catoira Lucas de Centi (ao que coñecíamos por liderar proxectos como Néboa ou Mel ou polas súas colaboracións con Xosé Lois Romero e Alibroria) e o portugués Joao Neves, unha figura prominente do circuíto alternativo luso. Teñen ademais outro importante nexo común: ambos forman parte do entorno artístico de Baiuca, a quen Lucas incluso acompaña ocasionalmente en dir...

Hør på podkasten Todos os podcast | A crónica deportiva i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.