AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal
Forfatter
AGalegaAudio
Kategori
Podkastens nettsted
Siste episode
5. okt 2026
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
A crónica deportiva 03-02-2025 03.02.2025 29:57
Análise da derrota do Celta en Valencia. O Racing xoga hoxe co Levante. O Grupo Élite, propietario do club, merca a maioría accionarial do Tondela, equipo que vai líder da 2ª portuguesa. O Deportivo vai fichar a Nemanja Tosic, lateral esquerdo serbio cedido do Zurich. O CD Lugo ficha a Pedro Pereira, defensa central cedido do Mafra, da 2ª portuguesa.
Menú do Día, do colectivo CBV 31.01.2025 9:46
Foi unha coprodución e estrea da Mostra de Teatro de Cangas e andou de xira dentro do ciclo “Liberdade de ser e sentir” da Deputación da Coruña. Trátase dunha proposta escénica inusual porque trenza varias escenas en clave de “performance”, nas que a realidade adquire unha factura plástica e poética para denunciar, de maneira clara, a falta de respecto aos dereitos humanos na nosa contorna, supost...
A crónica deportiva 31-01-2025 31.01.2025 30:00
O peche de mercado de inverno, cada vez máis preto, con movementos de entrada e saída nos nosos. Óscar Gilsanz fala do novo dianteiro Zakaria Eddahchouri e recoñece que e hai que loitar por evitar o descenso. Iago Iglesias valora as fichaxes de Brais Abelenda e Miguel Cuesta no Pontevedra CF. Thomas Heurtel seria dúbida no Basquet Coruña. Tonic Nakic baixa no Breogán.
Ariel 30.01.2025 11:58
“É un proxecto que mestura teatro e natureza entre Galicia e Azores”. O director vigués Lois Patiño estrea a súa cuarta película, «Ariel», no Festival Internacional de Cine de Rotterdam. A fita está atravesada por Shakespeare e a falta de libertad e conta no reparto con Irene Escolar.
"Mikaela" e "La acompañante" 30.01.2025 12:58
Moncho Lemos comenta dúas estreas: -”Mikaela”, de Daniel Calparsoro. Unha nevarada sen precedentes, unha autoestrada colapsada, un grupo de atracadores asalta un furgón blindado...e unha parella de policías. “La acompañante”, de Drew Hancock, un thriller tecnolóxico que indaga no terror das intelixencias artificiais,
A crónica deportiva 30-01-2025 30.01.2025 29:58
Iker Losada regresa ao Celta cedido polo Betis. Joseph Aidoo, cedido ao Valladolid. O Deportivo regresa de Tenerife cun punto e mala imaxe. O Racing presenta a Naim García, extremo cedido polo Leganés.
O mosaico de Panxón 29.01.2025 16:49
“Non hai fotografía que lle faga xustiza”.Os arqueólogos Benito Vilas e Gustavo Pascual falan así do Mosaico de Panxón, que poderá admirarse na casa consistorial de Nigrán a partir do 7 de febreiro logo dun longo periplo polo mundo. Trátase dunha peza arqueolóxica extraordinaria do século III, única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalcula...
Luisa Cuesta, pioneira na USC 29.01.2025 10:42
Raquel C. Pico dedica o seu espazo semanal a Luisa Cuesta, a primeira bibliotecaria da USC, onde tamén foi profesora e das primeiras alumnas da facultade de Dereito.
A banda da Loba entrégase ao 'Lovismo' 29.01.2025 14:39
Conversamos con Andrea e Marcela Porto, as dúas irmás que forman a sección rítmica d´A Banda da Loba. O grupo acaba de publicar o seu quinto disco, 'Lovismo', un traballo que explora o amor nas súas diferentes formas, con músicas que van do pop á bachata. 'Lovismo' preséntase en directo na sala Capitol de Santiago o 1 de febreiro.
Voces de BD: Antón Malde O arqueólogo coruñés ábrenos a súa comicteca 29.01.2025 12:13
O último mércores de cada mes Manel Cráneo convida un lector de banda deseñada para que comparta coa audiencia os seus gustos e recomendacións comiqueiras. Desta volta é o arqueólogo coruñés Antón Malde quen nos fala dos seus inicios e descubertas no mundo da BD.
A crónica deportiva 29-01-2025 29.01.2025 29:58
Última hora do Tenerife - Deportivo desta noite. A bancada de Gol despídese no Celta - Osasuna. O Celta Fortuna ficha a Jaime Vázquez, cedido do Oviedo. E non é a única chegada: Jose Antonio de la Rosa, do Cádiz, moi preto. No Racing, Gelardo fala de Alejandro Menéndez. No Lugo, Ander Zoilo fala de Toni Seligrat. O Pontevedra ficha a Miguel Cuesta, o pichichi do Marino de Luanco.
Viaxamos á Idade Media 27.01.2025 14:31
Na parroquia de Santa María de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, a Asociación Científica Sputnik Labrego deu cunha aldea da época altomedieval, na zona de Penedo Xudío. O director da escavación, Carlos Tejerizo, cóntanos que grazas ás datacións radiocarbónicas puido datarse entre os séculos VII y IX, o que aproximaría esta ocupación ao momento da existencia de Cassavio, unha ceca de época visig...
Resaca Emocional 27.01.2025 12:43
Carlos Crespo lévanos de ‘Resaca emocional’, co tema en primicia “Ondas sonoras de Xúpiter”. RSK é un colectivo conformado por artistas do mundo da música e das artes visuais, técnicos incluídos, no que a idea de comunidade é a chave do proxecto.
Directores orquestrais de visita. Markus Stenz e Elim Chan coa OSG e Chloé van der Soeterstède coa Real Filharmonía Video 27.01.2025 12:01
Pablo Sánchez Quinteiro repasa a visita a Galicia do director alemán Markus Stenz, que conduciu a Orquestra Sinfónica de Galicia en varios concertos, con obras de Schumann e Mahler, entre outras. Tamén avanzamos as actuacións da Real Filharmonía de Galicia dirixida pola francesa Chloé van Soeterstède e da OSG conducida pola hongkonesa Elim Chan.
O último número de Erregueté 24.01.2025 9:01
Xa está dispoñible o último número de Erregueté, a Revista Galega de Teatro. O seu director, Afonso Becerra, debúllanos o seu contido, no que encontramos entrevistas a Marta Pazos, Manuel Lourenzo ou María Vázquez, reportaxes sobre a maga Aldara ou o circo de Pinocho e información sobre a ópera que se produce en Galicia.
A vertente infantil de Bernardino Graña 24.01.2025 10:34
O compromiso do recentemente falecido Bernardino Graña coa divulgación do idioma galego levouno a escribir unha morea de obras para o público infantil. Eva Mejuto fai unha escolma para nós e comenta: "Lobísimo do saco", "Tragaxán e Tragandiño", "O quirico lambón" e "Rata Linda de Compostela"
A crónica deportiva 24-01-2025 24.01.2025 29:58
Borja Iglesias fala do seu contrato co Betis. Ata 2026. Quere quedar no Celta. Óscar Gilsánz fala da marcha de Lucas Pérez, de Yeremay, da lesión de Escudero e do regreso de Diego Gómez. No Racing fala o capitán Álex López. Lesión muscular de Dalisson no Pontevedra CF. Thomas Heurtel non viaxa a Madrid co Basquet Coruña por molestias.
"The Brutalist" 23.01.2025 10:34
Moncho Lemos comenta a estrea en salas de "The Brutalist", a película de Brady Corbet na que Adrien Brody interpreta un arquitecto húngaro que fuxe do holocausto e tenta gaña-la vida nos Estado Unidos. A cinta, que dura tres horas e media, aborda os puntos escurros do denominado "soño americano"
Novidades de xaneiro 23.01.2025 14:01
Tito Lesende preséntanos os novos discos de A Banda da Loba, "Lovismo"; de Maríagrep, "Is not a crime"; e de Hydn, "Peter Pan".
A crónica deportiva 23-01-2025 23.01.2025 29:58
O regreso de Iker Losada ao Celta, máis preto. O Depor recupera a Diego Gómez, cedido no CD Arenteiro. Presentación de Toni Seligrat no CD Lugo.
Historia das publicacións turísticas sobre Galicia 22.01.2025 11:13
Raquel Pico repasa as publicacións sobre viaxes nas que se fala de Galicia, dende as primeiras referencias no Códice Calixtino ata as máis modernas, pasando polos textos escritos no século XIX por Richard Ford ou George Borrow
Popeye xa é "dominio público" 22.01.2025 9:51
Pronto veremos nos cines a película "Popeye the slayerman". Os dereitos de explotación da popular personaxe xa expiraron e iso permite que calquera creador a utilice. Manel Craneo fálanos desta cuestión legal.
"O enxoval da noiva" 21.01.2025 13:34
"O enxoval da noiva", publicada en 1988, é unha das novelas máis coñecidas de Víctor Freixanes. Galaxia acaba de reeditar esta parábola sobre a fin dos tempos inspirada na voda de Lucrecia Borgia. Dolores Vilavedra fala dos novos significados que adquiriu a obra co paso dos anos.
"Melancholy Moon" 21.01.2025 10:01
Mónica Maneiro comenta a exposición "Melancholy Moon", da compostelá Haya Blanco na galería Metro. A mostra explora novas formas de representar e conceptualizar a contorna natural e urbana a través da pintura cunha estética infantil e evocadora.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.