AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: agalegaaudio.gal

Forfatter

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podkastens nettsted

agalegaaudio.gal

Siste episode

5. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

"Ítaca" 18.02.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Ítaca’, de María Besteiros. Finalista do último Premio Xerais, a novela trata da desesperación de Penélope cando perde á filla no parto e da relación que ten co seu primoxénito Telémaco e o marido, Ulises.

Chicharrón cantan 'Vitoria' 18.02.2025

O grupo carballés publica un EP sobre o amor entre dúas mulleres no franquismo Chicharrón volven con 'Vitoria', un EP que se inspira no amor entre dúas mulleres durante a ditadura franquista. e que publica o selo independente Acuarela

'Resignificacións' de Concha Jerez e José Iges 18.02.2025

O CGAC expón unha mostra conxunta dos artistas conceptuais Concha Jerez e José Iges. Mónica Maneiro guíanos polas pezas e instalacións de 'Resignificacións', que botan man de linguaxes como a arte sonora, o vídeo ou a performance para botar luz sobre o noso mundo. 

A crónica deportiva 18-02-2025 18.02.2025

Repasamos con Victor López o mais destacado da actualidade do cadro olívico. O Arenteiro ponse ao dia mañá co encontro adiado ante o Barakaldo. O cadro do Carballiño comunicou que a entrada será de balde".

Laboratorio de cántigas 17.02.2025

“É un proxecto piloto para traballar a creatividade dende o colectivo e espallar as bases da música galega” O Laboratorio de Cántigas Novas 2025 é unha iniciativa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que busca impulsar a creación artística a partir da riqueza da lírica galega de tradición oral. Este espazo formativo está dirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, en colaboración...

Ferror Records 17.02.2025

Carlos Crespo fálanos do selo ferrolán Ferror Records canda o seu codirector, Fernando Fernández Rego, que nos trae unha primicia: a estrea de “San Antonio” de Los Eternos

Brisca feminista  17.02.2025

Xogamos ás cartas coa terceira baralla do proxecto 'Feminismos no tempo'. Noelia Darriba García, Tania Merelas Iglesias e Raquel Veiga Teijeiro fálannos desta iniciativa para divulgar a historia das mulleres galegas e do feminismo de maneira lúdica. 

A historia do metal extremo na Galiza 17.02.2025

Patty Castro preséntanos o músico e investigador Jorge Fernández Taboada, profesor de piano no Conservatorio de Ourense, guitarrista do grupo Scent of Death e autor do libro Una historia del metal extremo en Galicia.

A crónica deportiva 17-02-2025 17.02.2025

Con Roberto Carlos Carballo

A danza dos medos 14.02.2025

“Son títeres de animación á vista cos que rompemos a cuarta parede” Teatro Escena, unha compañía que reúne artistas de diferentes continentes, presenta este sábado no Auditorio de Galicia 'A danza dos medos'. É un espectáculo de monicreques codirixido por Manuel Mansilla e Jorge Rey. Conversamos con este último e co colombiano Héctor Loboguerrero, asistente de dirección e responsable de...

XIV GUIdance 14.02.2025

Afonso Becerra comenta a  14ª edición do GUIdance, o Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães, que abriu cun espectáculo de flamenco simbolista de Rocío Molina sobre a “outredade”.

Helena Egea: "Hai tanta oferta musical que é difícil chegar á xente" 14.02.2025

'Flares of Life' é o primeiro EP desta cantante e compositora Helena Egea presenta 'Flares of life', o seu primeiro EP. Composicións propias con influencias do blues, o soul e o rock, con letras en inglés e galego.

Debut da compañía Bengala Teatro Físico 14.02.2025

O auditorio Fuxan os ventos acolle a estrea do primeiro espectáculo da compañía Bengala Teatro Físico. Con dirección e dramaturxia de An González, a montaxe inspírase no Segismundo de 'La vida es sueño' e no filme de Xavier Dolan 'Laurence anyways' para sinalar a opresión e a deshumanización cunha linguaxe que combina o verbal e o corporal. 

A crónica deportiva 14-02-2025 14.02.2025

Última hora do Mirandés-Racing con Raúl Villares. Previa do Atlético de Madrid-RC Celta, con Víctor López, e as declaracións de Claudio Giráldez e Simeone. No Deportivo, Gilsanz non sae do discurso do día a día. No Pontevedra, Iago Iglesias despexa dúbidas coa lesión de Dalisson.

'Daydreaming', de María López 13.02.2025

"Gustaríame poder dedicarme á música pero estudo unha enxeñería porque vivir da arte é moi difícil” A naronesa María López preséntanos o seu álbum debut, Daydreaming, que se publica mañá. Multiinstrumentista precoz (piano, zanfona e gaita) aos 14 anos gaña a XXXIV edición do Trofeo MacCrimmon no Festival Intercéltico de Lorient. Agora, con 20, di estar vivindo un soño.

"Bridget Jones: loca por él" e "Vermiglio" 13.02.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana: - “Bridget Jones: loca por el”, de Michael Morris. Cuarta entrega da comedia romántica protagonizada por Renée Zellweger . - ”Ventimiglio”, de Maura Delpero. Drama de época ambientado nunha aldea de montaña dos Alpes italianos a finais da Segunda Guerra Mundial.

Resaca Emocional estrea 'De amor' en San Valentín 13.02.2025

Berto Mira e Ash Diz preséntannos o primeiro disco de Resaca Emocional, un colectivo de nove persoas que se encargan de diferentes aspectos creativos. 'De amor' é un disco que explora diferentes formas do amor desde a vulnerabilidade e a intimidade e publícase este 14 de febreiro, día de San Valentín.

De Amoebo a Tanxugueiras 13.02.2025

Tito Lesende pica novas cancións de Amoebo, Agoraphobia, Gala i Ovidio e Guadi Galego & Tanxugueiras Catro novísimas cancións galegas no repertorio semanal de Tito Lesende. Escoitamos 'Unha foto', último adianto do próximo disco de Amoebo, a recentísima estrea de 'Eyes never lie', de Agoraphobia, a estrea do proxecto Gala i Ovidio, de Aida Tarrío e Raül Refree e mais '...

A Crónica deportiva 13.02.2025

Rodrigo de Paul asume o favoritismo do Atlético no Metropolitano. Alejandro Menéndez pide concentración e intensidade para ir gañar ao CD Mirandés. Nemanja Tosic, presentado no Dépor. O Balonmán Cangas viaxa "coa moral polas nubes" a Logroño.

As orixes do día dos namorados 12.02.2025

Raquel C. Pico pescuda nas orixes da celebración de San Valentín, o día dos namorados...ou dos consumidores?

'Súbete ao EVA', terceiro disco de Filloas  12.02.2025

Conversamos con Iago Galego sobre o novo disco de Filloas, o proxecto musical que botou a andar en 2022. O último traballo titúlase 'Súbete ao EVA', hyperpop cheo de referencias aos videoxogos, ao anime, e a reflexións ssobre saúde mental e o paso do tempo, ademais de revisitar algúns dos temas do seu primeiro disco. 

BD social: Baudoin & Troubs 12.02.2025

Manel Cráneo comenta a novela gráfica 'Humanos. A roya é um rio', unha novela gráfica documental sobre o colectivo Roya, que axuda a persoas migrantes que intentan entrar en Europa. Foi publicada en galego en 2019 por Figurandorecuerdo(s).

A crónica deportiva 12-02-2025 12.02.2025

O goleador tomiñés Pablo Durán é o máis destacado do mes de xaneiro no Celta. Última hora con Víctor López. No Deportivo, Ángel Sánchez e Ainhoa Marín. Última hora con Javi Torres.

Siro López: 40 anos de autonomía en viñetas 11.02.2025

“Foi unha etapa moi grata que agora botamos en falta”. 40 anos de autonomía de Galicia a través das caricaturas de Siro López. Afundación reúne unha selección de 230 viñetas políticas publicadas en La Voz de Galicia entre 1985 e 2006

"Runrún" 11.02.2025

Dolores Vilavedra comenta “Runrún”, de Ana Varela. A novela fala dos coidados e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello.

Hør på podkasten Todos os podcast | A crónica deportiva i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.