Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com
Hvor kan du lytte?
Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snartPodkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster
Episoder
ADEGA outorga os premios osíxeno e dioxina de 2018 08.04.2019 10:03
Os premios de ADEGA ás mellores e peores actitudes ambientais do ano 2018 foron entregados o pasado 31 de marzo en Bueu no marco da 43 Asemblea Xeral do colectivo ecoloxista galego. Os galardóns osíxeno recaeron en movementos ecoloxistas que defenden os ríos e os montes. Os dioxina foron parar a persoas e colectivos que priman os intereses da industria mineira sobre os sociais e ambientais. Se que...
Boletín informativo ambiental 22/03/19 05.04.2019 10:02
Se queres coñecer en pouco tempo as novidades ambientais da semana aquí en Galiza, este é o teu espazo! Preme e escoita!
Boletín informativo ambiental 05/04/19 05.04.2019 10:02
Coñece a actualidade ambiental galega con Radio Cerna. Só 10 minutos de escoitas para estar ao día!
O Río Gafos declarado como Espazo Natural de Interese Local 03.04.2019 10:05
Tras 8 anos de incertidume, por fin a Xunta declara o Río Gafos de Pontevedra como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Esta figura de protección ambiental implicará un plan de investimentos por parte do Concello de Pontevedra para favorecer a conservación do espazo e a recuperación dos seus valores naturais. A Asociación Vaipolorío foi unha das impulsoras desta iniciativa que agora vén de aca...
O Estado achanta e cuestiona a legalidade da prórroga de ENCE na Ría de Pontevedra 01.04.2019 10:01
ENCE vén de recibir un "mazazo" do goberno do Estado, o cal considera que a prórroga outorgada polo goberno en funcións de Mariano Rajoy non é conforme a dereito. Así o explicita un informe do avogado do Estado e unha resolución xudicial que se suman aos argumentos contra a prórroga de APDR, o Concello de Pontevedra e Greenpeace. Este cambio de rumbo do goberno estatal é acollido con satisfacción...
A recente vaga de lumes centraliza a actualidade ambiental galega da última semana, que repasamos no Boletín informativo 29.03.2019 10:01
Neste espazo facemos repaso da actualidade ambiental de Galiza na que, lamentablemente, os lumes forestais volven ser o epicentro informativo. Preme para escoitar.
Centos de miles de eucaliptos eliminados na I Deseucaliptización simultánea de Galiza 27.03.2019 9:59
A pasada semana, Galiza viviu a súa primeira deseucaliptización simultánea promovida por Cousa de Raíces, a plataforma a prol do bosque galego. Con motivo do Día Mundial dos Bosques animou a sociedade galega a participar de forma colectiva e simultánea no arrincado de pés de eucalipto e doutras especies exóticas que invaden os montes galegos. Os resultados alentan a realización de novas xeiras des...
Centos de miles de eucaliptos eliminados na I Deseucaliptización simultánea de Galiza 27.03.2019 9:59
A pasada semana, Galiza viviu a súa primeira deseucaliptización simultánea promovida por Cousa de Raíces, a plataforma a prol do bosque galego. Con motivo do Día Mundial dos Bosques animou a sociedade galega a participar de forma colectiva e simultánea no arrincado de pés de eucalipto e doutras especies exóticas que invaden os montes galegos. Os resultados alentan a realización de novas xeiras des...
Couto da Eirexiña: ADEGA custodia os Montes de Rebordelo 25.03.2019 10:03
ADEGA-Vigo e a Comunidade de Montes de Rebordelo, do concello de Cerdedo-Cotobade, chegaron a un acordo para custodiar un total de 158 hectáreas. Este proxecto de custodia que se vén de lanzar tratará de identificar e poñer en valor os recusos naturais e ambientais dos montes de Rebordelo, así como fomentar unha xestión forestal máis sostible neste territorio. Todas as actividades que alí se desen...
Os venres polo futuro e o fenómeno Greta Thunberg en Galiza 20.03.2019 10:02
O estudantado galego botouse á rúa o pasado venres, 15-M, ante o chamado de Greta Thunberg, a estudante sueca de 16 anos que está a poñer na picota á clase política e aos gobernos de todo o mundo por "non facer nada para frear a crise climática". Os "Fridays for Future" chegaron tamén a Galiza, onde houbo convocatorias de folga en varias cidades e vilas galegas. O estudantado de secundaria e unive...
ADEGA lanza a campaña #SalvemosCovasVale 18.03.2019 10:01
ADEGA, xunto cos colectivos Mariña Patrimonio, Cultura do País e Patrimonio de Ancares, lanza a campaña #SalvemosCovasVale. A iniciativa, que foi presentada ao público xeral o pasado venres, trata de protexer de forma integral unhas cavidades naturais de Baralla que se atopan ameazadas por un proxecto mineiro, xa aprobado pola Xunta. ADEGA insta á Dirección Xeral de Patrimonio que rexeite a cantei...
Boletín informativo ambiental 15/03/19 15.03.2019 10:01
Queres coñecer a actualidade do ecoloxismo e o medio ambiente de Galiza? Este é o teu espazo! Preme e entérate!
Suspendida a caza en Castela e León ata nova orde 13.03.2019 10:02
Dous autos do Tribunal Superior de Castela e León fallan a favor do Partido Animalista PACMA e suspenden cautelarmente o regulamento e a orde de caza desta comunidade autónoma por incumprir a lexislación estatal e europea en materia de conservación das especies salvaxes. Por primeira vez unha orde xudicial pon en vilo o futuro da actividade cinexética no territorio español. PACMA valora de xeito m...
Ancares e Courel, destinos "Observer" para o turismo científico 11.03.2019 10:04
O selo que certifica o interese científico dun destino turístico vén de ser adquirido polas serras de Ancares e Courel. Unha empresa promove este marchamo de calidade para promocionar os espazos naturais protexidos, entre outros, polo se valor ou interese científico. Ademais das serras orientais, tamén dispón deste recoñecemento o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Hoxe coñecemos de primeira ma...
A entrada de madeira ilegal e de sangue por Galiza 06.03.2019 10:00
Polos portos galegos entra madeira ilegal, segundo Greenpeace. O colectivo insta á Xunta a tomar medidas para evitar a entrada de madeira ilegal ou de sangue, tal e como a obriga a normativa. Greenpeace tamén presentou denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente para que o ministerio fiscal investigue se as autoridades galegas están a incorrer en delito, ao non establecer as medidas necesarias para...
Recuperar para uso público a única zona de baño do Miño en Lugo 04.03.2019 10:02
A plataforma Lugo de Cara ao Miño insta ao concello de Lugo a que compita co Club fluvial lucense polo treito do río Miño do que fixo uso privativo a entidade deportiva durante máis de 60 anos. A concesión do Club Fluvial atópase en trámite de renovación de concesión, durante o cal calquera entidade pode competir por ese espazo de dominio público hidráulico. Lugo de Cara ao Miño cre que esta é unh...
Boletín informativo ambiental 01/03/19 01.03.2019 10:01
Como todos os venres, repasamos a actualidade ambiental da semana. Valo perder...?
A loita biolóxica para frear a expansión da uña de gato 27.02.2019 10:03
A uña de gato ou carpobrotus edulis ten practicamente colonizada toda a franxa litoral galega. Esta planta sudafriana invasora exerce unha presión negativa nos solos rochosos dos cantís e nos ecosistemas dunares e non é doada de erradicar. Novas investigacións, como a de Cristina Vieites, recomendan a loita biolóxica para frear a súa expansión.
ADEGA apremia a Xunta para que resolva a tempo o BIC Cova Eirós 25.02.2019 10:01
O vindeiro 10 de abril remata o prazo legal para resolver definitivamente o expediente de declaración da Cova Eirós (Triacastela) como Ben de Interese Cultural. Ante a falta de información e de resposta ás súas consultas, a asociación ecoloxista ADEGA teme que a Xunta deixe vencer o prazo, condenando o xacemento a permanecer polo menos outros dous anos sen a protección como BIC. ADEGA convocou rol...
Boletín informativo ambiental 22/02/19 22.02.2019 10:01
As novas ambientais de Galiza máis sobresaíntes da última semana, aquí en Radio Cerna! Preme e escóitanos...
Unha gran burla negra: o arquivo vivo de Nunca Máis 20.02.2019 10:00
Tras 16 anos da catástrofe, un proxecto trata de recuperar a memoria colectiva cultural e social daquel feito e das posteriores accións de protesta. "Unha gran burla negra. Creatividade popular e memoria do Prestige (2002-2019) acolle exposicións, obradoiros, foros, mesas redondas, palestras e un arquivo vivo en construción do material divulgativo, informativo ou de protesta que xurdiu arredor da...
As razóns polas que ADEGA recorrerá a sentenza absolutoria de BarreirosAs razóns polas que ADEGA recorrerá a sentenza ab 18.02.2019 10:01
O caos urbanístico de Barreiros non ten un responsable penal. Así o sentenza o fallo do tribunal do penal número 2 de Lugo, que absolve do presunto delito de prevaricación ao alcalde, a arquitecta e ao equipo de goberno municipal de 2006. Tras 12 anos de agarda, a sentenza foi decepcionante para ADEGA, que actuou como acusación particular no procedemento xudicial. O seu secretario, Froilán Pallín,...
Boletín informativo ambiental 15/02/19 15.02.2019 10:04
Ao longo deste espazo radiofónico repasamos a actualidade ambiental galega. Valo perder?
Rexeitamento social a un novo treito da A-57 11.02.2019 10:00
Fomento vén de recibir alegacións ao proxecto de obra dun novo treito da A-57, aunha autoestrada quen rodearía a cidade de Pontevedra e que iría paralela á AP-9. Este novo treito que iría desde a Ermida a Pilarteiros atravesaría un espazo de Rede Natura e o río Lérez. O colectivo ecoloxista ADEGA expresa cales son os motivos dos seu rexeitamento a esta infraestrutura.
Boletín informativo ambiental 08/02/19 08.02.2019 10:01
Neste espazo repasamos a actualidade ambiental da semana en Galiza. Algúns dos temas que nos deixa: a caza do raposo, o día mundial dos humidais, novas especies invasoras e novas infraestruturas.
Lignende podkaster
Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.