Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Cerna

Kategori

Science

Podkastens nettsted

www.ivoox.com

Siste episode

1. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Boletín informativo ambiental 20/12/19 20.12.2019

Esta semana deixou novidades no eido dos residuos, do clima ou da xestión litoral. Novas propostas lexislativas que afectan ao territorio e á xestión dos recursos antes do remate do ano. Desde Radio Cerna desexámosche Felices Festas!

Boletín informativo ambiental 13/12/19 13.12.2019

As Pontes ou Alcoa seguen a ocupar gran parte do espazo informativo dos últimos días, ademais da outra protagonista da semana, Greta Thunberg, nomeada Persoa do Ano pola revista Time. Se queres coñecer que novidades deixou esta semana neste e noutros temas de carácter ambiental, escoita este espazo.

Boletín informativo ambiental 29/11/19 29.11.2019

Neste "venres negro" do consumismo desacerbado, convidámoste a atender ás novas ambientais da nosa contorna máis inmediata. Aquí, a información máis actual sobre o medio ambiente galego.

Boletín informativo ambiental 22/11/19 22.11.2019

Escoita unha nova edición de Radio Cerna na que abordamos a actualidade do medio ambiente galego.

Boletín informativo ambiental 15/11/19 15.11.2019

Retomamos o boletín informativo de Radio CERNA coa información máis actual sobre o medio ambiente galego. Se queres estar ao tanto do que pasa ao teu redor, escoita!

Boletín informativo ambiental 25/10/19 25.10.2019

No boletín informativo de hoxe repasamos as novas dunha semana treboenta no terreo ambiental. A paralización das obras do parque eólico do Iribio, o xuízo contra dous ex-altos cargos da Xunta pola dragaxe da ría de Ferrol ou o baleirado da lagoa de Casalonga... algúns dos asuntos de actualidade sobre os que tratamos neste espazo.

Boletín informativo ambiental 18/10/19 18.10.2019

A folga das Pontes, a SOGAMA da auga ou o novo plan da Xunta contra a avespa asiática centran parte da novas ambientais da última semana. Escoita cales son as novidades!

Boletín informativo ambiental 11/10/19 11.10.2019

Escoita este boletín informativo no que Radio Cerna fai repaso das novas máis destacadas no ámbito ambiental e ecoloxista de Galiza.

Boletín informativo ambiental 04/10/19 04.10.2019

Escoita o boletín informativo ambiental da semana no que facemos repaso ás novas dos últimos días máis relevantes do medio ambiente galego.

Boletín informativo ambiental 27/09/19 27.09.2019

Hoxe terá lugar a gran mobilización polo Clima convocada polo movemento xuvenil internacional Fridays for Future. Milleiros de persoas sairán á rúa no día de hoxe para reclamar un futuro para as novas xeracións. Aquí en Galiza, responde ao chamado o Movemento Galego polo Clima que xa apoian máis de 70 entidades de todo o país. Se queres saber máis deste evento e dos demais acontecementos relevante...

Boletín informativo ambiental 20/09/19 20.09.2019

A folga climática mundial e a súa pegada en Galiza, a transición ecolóxica, o impacto dos eólicos ou a política de incendios forestais da Xunta son algúns dos temas ambientais que nos deixa esta semana.

Boletín informativo ambiental 06/09/19 06.09.2019

Saúdos! Desde ADEGA recuperamos a difusión de contidos da actualidade ambiental galega en Radio Cerna. Como novidade nesta nova etapa, podes consultar todas as noticias do eido ambiental aparecidas nos diarios de Galiza na páxina web de Radio Cerna (http://adega.gal/radiocerna). Atopará a clasificación das novas no apartado "Dosier ambiental". Consúltao e entérate ao día do que acontece co noso te...

Boletín informativo ambiental 19/07/19 19.07.2019

Descobre con Radio Cerna e ADEGA cales son os feitos máis destacados da actualidade ambiental galega da semana. Con este espazo despedímonos ata a vindeira tempada de contidos. Que teñas un feliz verán! Radio Cerna volve en setembro!

Boletín informativo ambiental 12/07/19 12.07.2019

Queres coñecer cales foron as novas en Galiza máis destacadas dos últimos días no terreo medioambiental e ecoloxista? Escóitanos!

Boletín informativo ambiental 05/07/19 05.07.2019

sa en poucos minutos o máis importante da actualidade ambiental galega. Aquí, en Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 28/06/19 28.06.2019

Coñece as novas medioambientais máis sobresaíntes dos últimos días na túa terra. Escoita Radio Cerna!

Boletión informativo ambiental 21/06/19 21.06.2019

A paralización das obras do Iribio, a autorización mineira de Erimsa en Mesía, a marcha contra as celulosas ou a nova lei do patrimonio natural..., temas da actualidade ambiental galega dos que te informará neste espazo Radio Cerna.

Boletín informativo ambiental 14/06/19 14.06.2019

Como todos os venres, repasamos a actualidade medioambiental e ecoloxista de Galiza. En Radio Cerna escoitarás as novas ambientais máis destacadas da última semana. Síguenos!

Boletín informativo ambiental 07/06/19 07.06.2019

Radio Cerna ofréceche o boletín informativo ambiental da última semana, coas novas máis frescas sobre o medio ambiente e o ecoloxismo de Galiza. Escoita!

Boletín informativo ambiental 31/05/19 31.05.2019

Ás portas da semana mundial do Medio Ambiente, repasamos a actualidade ambiental que nos deparou a última semana aquí en Galiza. Coñece a actualidade ambiental galega con Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 24/05/19 24.05.2019

Neste espazo de radio descubre cales foron as novas ambientais máis sobresaíntes da semana en Galiza. Con ADEGA e Radio CERNA

O primeiro xeoparque galego: O Courel! 10.05.2019

A Serra do Courel xa é un dos 140 xeoparques que hai en todo o mundo. O GDR Ribeira Sacra-Courel impulsou esta iniciativa co gallo de dar a coñecer mundialmente o valor xeolóxico da montaña courelá, crear un novo recurso turístico e unha nova oportunidade de desenvolvemento socioeconómico para a poboación local.

Boletín informativo ambiental 26/04/19 26.04.2019

Recuperamos a emisión de Radio Cerna logo dunha semana de pausa. Hoxe volvemos a abordar a actualidade ambiental galega, e a partir de agora todos os venres. Tamén na túa emisora local! Escoita Radio Cerna!

Boletín informativo ambiental 12/04/19 12.04.2019

Escoita o programa de radio no que facemos repaso da actualidade ambiental e ecoloxista de Galiza. Desde hoxe ata o vindeiro 26 de abril non emitiremos espazos con contidos actualizados debido á reestruturación da nosa programación. Agardámoste daquela!

Adela Figueroa Panisse, premio Osíxeno de Honra de ADEGA 10.04.2019

A catedrática en bioloxía, escritora e expresidenta de ADEGA, Adela Figueroa Panisse, vén de recibir o premio Osíxeno de Honra que outorga a asociación ecoloxista ADEGA a persoas cunha comprometida traxectoria vital co medio ambiente galego. Hoxe falamos coa galardoada, coa que repasaremos algúns dos fitos da súa vivencia no ecoloxismo galego.

Hør på podkasten Podcast Radio Cerna i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.