Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Husk å besøke podkastens nettsted og støtte skaperen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Cerna

Kategori

Science

Podkastens nettsted

www.ivoox.com

Siste episode

8. okt 2026

Hvor kan du lytte?

Podkaster i appen Replaio Radio Kommer snart

Podkaster kommer snart til appen. Installer nå, og bli den første som ser en helt ny tilnærming til podkaster

Last ned på Google Play Installer gratis Android nesten 10 mill. nedlastinger · 4,8 i vurdering iOS snart

Episoder

Boletín informativo ambiental 08/02/19 08.02.2019

Neste espazo repasamos a actualidade ambiental da semana en Galiza. Algúns dos temas que nos deixa: a caza do raposo, o día mundial dos humidais, novas especies invasoras e novas infraestruturas.

Auga Limpa Xa! pide unha moratoria para novas granxas na Limia 06.02.2019

Veciños e veciñas da Limia, Baixa Limia, Celanova ou Xinzo reúnense en plataforma para chamar a atención sobre o problema ambiental e de saúde pública que está a xerar a acumulación de xurros e puríns na chaira limiá. Daniel Rodicio, ex-gandeiro e propietario dunha granxa na Limia afonda no impacto que o modelo de produción acaba tendo no medio ambiente e, sobre todo, nos cursos fluviais e augas s...

O colapso ambiental da Chaira da Limia 04.02.2019

A contaminación por nitratos das augas da comarca da Limia aumentou nos últimos tres anos un 39%. Unha inxente cantidade de xurros e puríns, procedentes das granxas de produción intensiva de carne, estanse a acumular sobre o terreo, a cano libre e sen ningún tipo de control, segundo o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL). Entrevistamos ao voceiro deste colectivo, Manuel García, para coñecer cal é a...

Boletín informativo ambiental 01/02/19 01.02.2019

O peche de Meirama, os novos parques eólicos de Galiza, a xestión de residuos orgánicos e a aparición de novas plataformas son algúns dos temas ambientais desta semana. Á túa disposición, este resumo da actualidade ambiental galega.

Nace unha plataforma pola convivencia ética cos xabarís urbanos 30.01.2019

A chegada de xabarís ás contornas urbanas está a obter notoriedade nas redes sociais e na prensa. Nalgúns lugares como no concello de Lugo xa se dispuxeron medidas de control para evitar estas incursións nas zonas urbanas, pero ningunha administración competente deu explicacións sobre os problemas que estas incursións estaban a xerar para a cidadanía nin tampouco en que datos se xustifica o sacrif...

Repunte do varamento de baleas en Galiza 28.01.2019

Desde o pasado mes de decembro máis de 10 baleas teñen varado nas costas galegas. O seu achegamento ás nosas costas nos últimos anos propicia tamén a aparición de maior número de varamentos destes animais. A CEMMA, Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, explícanos que causas pode haber detrás do achegamento das baleas ás costas galegas.

Boletín informativo ambiental 25/01/19 25.01.2019

Neste espazo de radio facemos repaso da actualidade ambiental galega. Nesta semana Sogama anuncia unha rebaixa no canon de residuos, publícase o novo proxecto da planta de lixo de Nostián (A Coruña) e danse novidades con respecto ás cacerías de raposo. A fauna salvaxe volveu ser protagonista nos últimos días.

ADEGA fai balance do estado ambiental en 2018 23.01.2019

A asociación ecoloxista ADEGA fai balance do ano 2018 e sinala cales foron os fitos no eido ecoloxista. Entre os principais temas destaca a ILP do Bosque, a mina de Touro-O Pino, proxectos de custodia ou a defensa de especies emblemáticas. Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA, ofrece os detalles.

O raposo, a borreliose e a falta de sentido 21.01.2019

A caza do raposo volve a xerar debate social e mobilizacións de repulsa en toda Galiza. Numerosos colectivos ecoloxistas, animalistas, políticos, culturais e sociais piden a erradicación dos campionatos de caza do raposo por non ter xustificación de ningún tipo. Entre eles, ADEGA vén de solicitar a prohibición destes torneos e a toma en consideración dos efectos que poderían estar tendo sobre os a...

Boletín informativo ambiental 18/01/19 18.01.2019

O peche da térmica de Meirama encabeza a serie de novidades que esta semana nos deixou no eido ambiental e ecoloxista. Convidámoste a coñecelas todas!

O vexetal na arquitectura: materiais, usos e aplicacións 16.01.2019

O vexetal, as plantas, sempre estiveron presentes na Arquitectura e cada vez entra máis nas tendencias actuais. Varios arquitectos e arquitectas escribiron a obra "Arquitectura Vegetal" para rachar coa idea de que os elementos naturais e o deseño arquitectónico van por diferentes camiños. María Antonia Fernández Nieto, profesora de proxectos arquitectónicos na Universidade Francisco de Vitoria de...

O Plan Revitaliza a exame: tres anos compostando o lixo de Pontevedra 14.01.2019

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra cumpre 3 anos desde que se puxo en marcha coa finalidade de tratar adecuadamente o lixo orgánico da provincia e cumprir as esixencias da UE en materia de residuos. Por outra banda, preséntase como alternativa ao modelo Sogama, no que se prioriza a incineración e o vertedoiro. Tras este trienio a Deputación pontevedresa fai avaliación de resultados e an...

Boletín informativo ambiental 11/01/19 11.01.2019

Coñece a actualidade ambiental galega da última semana, aquí en Radio Cerna!

Fomentan o emprego verde nas Reservas da Biosfera 09.01.2019

A consultora Sinerxia desenvolve o proxecto Ecobios de Emprego verde que intenta fomentar postos de traballo respectuosos co medio natural en 3 Reservas da Biosferas, 2 delas galegas: As Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo (Galiza); Eo-Oscos-Burón (Galiza-Asturias) e Monfragüe (Estremadura). O proxecto desenvolverase a través do programa Emprega Verde da Fundación Biodiversidade. Ecobios dirixirá a...

Piden á UE que retome o caso do encoro do Umia 07.01.2019

A plataforma antiencoro do río Umia volve a reclamar o derrubo do encoro da Baxe para eliminar o risco ambiental e para a saúde das persoas que xera a toxicidade das augas encoradas. Desde 2006, a cianobacteria microcystis reaparece regularmente no encoro da Baxe de Caldas de Reis sen que ata o momento se teña atopado outra solución para eliminala. Desde a plataforma reclámase á Comisión de petici...

Boletín informativo ambiental 04/01/19 04.01.2019

Escoita o primeiro boletín informativo ambiental de Radio Cerna do ano 2019. Repasamos a actualidade ambiental da última semana, aquí, en Galiza.

O medio ambiente galego en 2018 (II Parte) 02.01.2019

Hoxe abordamos a segunda parte do repaso aos contidos ambientais recollidos en Cerna durante 2018, relativas ao cambio climático, auga, biodiversidade ou especies invasoras. Preme e escoita...

O medio ambiente galego en 2018 (I parte) 31.12.2018

No derradeiro día de 2018, Radio Cerna fai repaso dos acontecementos máis relevantes do medio ambiente e da ecoloxía de Galiza que tiveron lugar durante este último ano e que foron tratados neste espazo de radio. Escoita a primeira parte do noso balanzo do ano 2018!

Boletín informativo ambiental 28/12/18 28.12.2018

Facemos o último repaso semanal da actualidade ambiental deste ano 2018, aquí en Radio Cerna. Coñece como despide o ano o medio ambiente galego.

O reto do carballo galego fronte ao Cambio Climático 26.12.2018

O cambio climático xa está a afectar ás nosas árbores. Estudos da USC están a valorar cales poden ser os seus efectos sobre o carballo común galego e o rebolo ou cerquiño, máis propio da provincia de Ourense e do Baixo Miño, a través da dendrocronoloxía. O profesor de botánica e experto na evolución das especies forestais ante os cambios do clima, Ignacio García, diranos se o carballo galego resis...

Boletín informativo ambiental 21/12/18 21.12.2018

Este espazo ofréceche a información ambiental galega máis actual. Vala perder? Preme e escoita....

A custodia do Sobreiral do Arnego en 2018 19.12.2018

ADEGA realizou, co apoio da Fundación Biodiversidade, máis de 15 actividades de custodia do Sobreiral do Arnego durante 2018, que se dividiron en actividades de divulgación e de intervención: bioblitz de flora e fauna, construción de refuxios, plantación de sobreiras, eliminación de especies exóticas invasoras, etc. O Sobreiral do Arnego é un espazo de Rede Natura conformado por parcelas de partic...

Un plan de control das especies exóticas invasoras en ríos 17.12.2018

Cada vez máis especies exóticas invasoras aparecen nos nosos ríos prexudicando a biodiversidade propia e creando, mesmo, problemas de saúde pública. O proxecto europeo Life-Invasaqua promovido por entidades, colectivos, institucións e centros de investigación de toda a Península, elaborará un plan contra as especies exóticas de augas continentais. A Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con da Un...

GEAS cumpre 15 anos educando sobre a fauna salvaxe 12.12.2018

O Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes xurdía hai 15 anos en Santiago de Compostela para estudar, divulgar e concienciar sobre a fauna salvaxe. A piques de rematar este ano 2018, facemos un repaso á súa traxectoria co seu presidente, o biólogo e especialista en fauna salvaxe, Xosé Pardavila. GEAS está especializado no seguimento de mamíferos carnívoros e tamén realiza un inventario de animais mort...

A biodiversidade nas carballeiras duplica á dos eucaliptais 10.12.2018

Un novo estudo elaborado por profesores da USC e de ensino secundario vén a confirmar a idea de que existe máis diversidade de plantas e animais nos bosques caducifolios que nas plantacións de eucalipto. A recente investigación comparou a diversidade e abundancia de especies en catro plantacións de eucalipto fronte a catro carballeiras da provincia de Pontevedra. Os resultados conclúen que existe...

Hør på podkasten Podcast Radio Cerna i Replaio

Radio og podkaster i én app - gratis og uten registrering. Installer i dag, og ikke gå glipp av lanseringen

Last ned på Google Play

Replaio er ikke podkastutgiver; programnavn, omslag og lyd tilhører opphavspersonene og distribueres via offentlige RSS-feeder.