RADIO NOVA
RADIO NOVA
A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
ENTREVISTA SUSANA BARREIRO SANTORO, SAMAÍN LUDOTECA PONTE CALDELAS 27.10.2016 6:24
Entrevistamos a Susana Barreiro Santoro, unha das monitoras da Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas que organiza polo Samaín unha saída polos establecementos comerciais da vila reclamando truco ou trato. Esta actividade terá lugar o vindeiro luns 31 de outubro, a partir das 19:30 horas, e poderán participar nenos e nenas, estean matriculados ou non na Ludoteca, e persoas maiores que queiran desfru...
ENTREVISTA YOLANDA PEREIRA, CLUB TREBOADA XIMNASIA RITMICA 26.10.2016 18:33
Alberto Rodríguez entrevistou no seu programa, MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN, a Yolanda Pereira, dirixente do Club Treboada de ximnasia rítmica encargada de levar esta disciplina deportiva en Ponte Caldelas dentro das escolas municipais. Falaron sobre a práctica deste deporte que ten na ximnasia acrobática e no trampolín dúas das súas variantes.
ENTREVISTA LINO FORTES, ASOCIACION DE VECIÑOS DE CAROI 26.10.2016 14:47
Raquel Touriño entrevistou no programa matinal de RADIO NOVA a Lino Fortes, da Asociación de Veciños Santiago de Caroi (Cerdedo-Cotobade) que están a organizar un magosto para o venres días 28 de outubro. Ademáis de castañas asadas os asistentes poderán degustar tortilla, chourizos asados e filloas. Os nenos poderán participar nun concurso da cabaza máis terrorífica posto que tamén conmemorarán o...
ESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERA 26.10.2016 1:45
ESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERAESQUELA ANGELA TRONCOSO MOSQUERA
ENTREVISTA A NADINE AMORÍN E DAMIÁN SUÁREZ (MALAS FORMAS) 26.10.2016 21:34
Nadine Amorín e Damián Suárez, membros do grupo MALAS FORMAS, foron entrevistados por Ángel Rodríguez Lale no programa REBOADA DE SONS que emite tódolos mércores a partir das 12 horas RADIO NOVA. Durante a conversa abordaron temas relacionados coa mocidade, as súas inquedanzas pola música e as posibilidades que ten a xuventude para poder ensaiar as súas cancións.
ENTREVISTA A MARIA PICHEL, PRESIDENTA DOS TRAZANTES DE TENORIO 26.10.2016 34:04
Ángel Rodríguez Lale entrevistou no seu programa REBOADA DE SONS a María Pichel, presidenta dos Trazantes de Tenorio e concelleira no concello de Cerdedo-Cotobade, e falaron sobre a VII Mostra de Trazantes que terá lugar esta fin de semana no IES Cotobade. Repasaron a traxectoria desta mítica agrupación e falaron da necesidade de mellora-la información e a relación entre os distintos concellos lim...
Álvaro Rodríguez Señoráns, nova fichaxe do SCD Ponte Caldelas 25.10.2016 12:15
Álvaro Rodríguez Señoráns, nova fichaxe do SCD Ponte Caldelas
Aparece o corpo sen vida de Manuel Calvo Garrido, desaparecido en Atalaia-Viascón 25.10.2016 2:34
Aparece o corpo sen vida de Manuel Calvo Garrido, desaparecido en Atalaia-Viascón
25/10/2016 Programa "A Saúde na Despensa" con Cali Carabelos 25.10.2016 17:28
25/10/2016 Programa "A Saúde na Despensa" con Cali Carabelos
MOVEMENTO EN DEFENSA DAS PENSIONS PUBLICAS 25.10.2016 20:04
Recibimos a visita de Manuel Alfonsín, José Luis Calvo Portela e Victoria Portas, membros do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) que pronunciarán unha conferencia o vindeiro venres 28 de outubro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural de Ponte Caldelas baixo o título: "Están en perigo as nosas pensións?", a cargo de Victoria Portas.
ALMUDENA, XOGADORA DO PONTECALDELAS FEMININO 24.10.2016 8:47
Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Almudena, xogadora do Pontecaldelas feminino. Analizaron o partido fronte ao Tomiño onde a extremo do Pontecaldelas marcou o primeiro e o terceiro gol que supuxo a remonada inicial aínda que ao rematar o encontro o equipo visitante impúxose (3-4) nunha xogada desgraciada en Chan da Barcia.
Entrevista a Emiliano Lage, Alcalde do Concello de Fornelos de Montes, sobre curso de ESO 24.10.2016 5:56
Entrevista a Emiliano Lage, Alcalde do Concello de Fornelos de Montes, sobre curso de ESO
Entrevista a María Pichel, concelleira de Cerdedo-Cotobade sobre desaparición en Viascón 24.10.2016 9:34
Entrevista a María Pichel, concelleira de Cerdedo-Cotobade sobre desaparición en Viascón
ENTREVISTA GLORIA BUSTINGORRI, PRESIDENTA ANPA COLEXIO CORDO BOULLOSA DE PONTE CALDELAS 24.10.2016 6:17
Entrevistamos a Gloria Bustingorri, presidenta da Asociación de Nais e Pais do Colexio Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, que apoia a folga convocada a nivel estatal para o mércores 26 de outubro en tódolos centros educativos non universitarios en contra da Reválica, a LOMCE e os recurtes no ensino público.
Entrevista a Rita Campos e a Amador Troncoso, de Agrícola Campos y Troncoso (Ponte Caldelas) COEMPO 24.10.2016 9:11
Entrevista a Rita Campos e a Amador Troncoso, de Agrícola Campos y Troncoso (Ponte Caldelas) COEMPO
Entrevista a Arantxa Esperón, sobre a Feira Artesanal de Caldelas que se celebrará en novembro 24.10.2016 11:10
Entrevista a Arantxa Esperón, sobre a Feira Artesanal de Caldelas que se celebrará en novembro
JAVIER, ADESTRADOR DO EQUIPO FEMININO DE PONTE CALDELAS DE FUTBOL 21.10.2016 13:17
O programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN tivo entre os seus convidados a Javier, adestrador do equipo feminino de fútbol de Ponte Caldelas con quen Alberto Rodríguez analizou a marcha do equipo que se enfronta este domingo, a partir das 17 horas no Chan da Barcia, co Tomiño, líder do campionato.
CARLOS SILVOSO, DIANTEIRO DE EL PUENTE DE VETERANOS, EN PONTE CALDELAS 21.10.2016 13:46
Alberto Rodríguez entrevistou a Carlos Silvoso, dianteiro do equipo de veteranos de Ponte Caldelas El Puente que xogan esta fin de semana contra o Terra de Montes en Forcarei. Repasaron a traxectoria do equipo desde a súa conformación e tamén a importancia que ten a práctica deportiva.
ENTREVISTA CASA INÉS EN CARBALLEDO 21.10.2016 10:51
Raquel Touriño entrevistou na súa sección OS FOGÓNS DE COTOBADE Inés Vidal e Inés Cuíñas propietarias de CASA INÉS en Carballedo especializada na comida de temporada, sobre todo de caza. Este establecemento hosteleiro está a piques de cumprir 100 anos de servizo público e a súa actual xestora afirma que o xabaril é un dos seus pratos característicos que hai que comer por encarga, polo menos con 4...
ENTREVISTA MILAGROS DOMINGUEZ GARCIA, ADMINISTRADORA DO GRUPO DE FACEBOOK "NUEVO PONTE CALDELAS" 21.10.2016 21:36
Hoxe recibimos a visita de Milagros Domínguez García, administradora do grupo de facebook NUEVO PONTE CALDELAS e que é un dos principais lugares de encontro para os internautas deste municipio e dos seus arredores. Milagros Domínguez falou dos perigos da internet pero tamén das enormes vantaxas que presenta como ferramenta de comunicación global entre as persoas e como vehículo para a solidariedad...
Entrevista a Irenee Silva Xiráldez, sobre a súa exposición de arte en Ponte Caldelas 20.10.2016 12:59
Entrevista a Irenee Silva Xiráldez, sobre a súa exposición de arte en Ponte Caldelas
Declaracións de Lina Garrido, voceira do PSOE en Cotobade 20.10.2016 7:25
Declaracións de Lina Garrido, voceira do PSOE en Cotobade
Declaracións de Jorge Cubela, presidente da nova Xestora do Concello Cerdedo-Cotobade 20.10.2016 7:30
Declaracións de Jorge Cubela, presidente da nova Xestora do Concello Cerdedo-Cotobade
Discurso Jorge Cubela, presidente da Xestora do Concello Cerdedo-Cotobade 20.10.2016 2:25
Discurso Jorge Cubela, presidente da Xestora do Concello Cerdedo-Cotobade
ÓSCAR PARADA, ADESTRADOR DO CAROI 20.10.2016 20:12
Alberto Rodríguez entrevistou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a Óscar Parada, adestrador do Caroi, equipo que está a piques de cumprir 40 anos e que milita na Terceira Autonómica de fútbol. Parada sinalou que o seu proxecto era a medio prazo e que un dos inconvintes que están tentando superar é a conformación dun equipo sin tempo para prepararse e facer pretemporada. Espera ofrecer...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici