RADIO NOVA

RADIO NOVA

News GL ↓ 2072 episodi

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

RADIO NOVA

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

14 ago 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

ENTREVISTA CRISTÓBAL CACHEDA, GAÑADOR DO CAMPIONATO GALEGO DE CAZA MENOR 31.10.2016

Cristóbal Cacheda, vencedor no XXX Campionato Galego de Caza Menor celebrado en Silleda, foi entrevistado por Francisco Couselo no seu programa CAZA E NATUREZA que se emite tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consel...

ENTREVISTA JESÚS PÉREZ CARAMÉS, PRESIDENTE TECOR SILLEDA 31.10.2016

A raíz da celebración do XXX Campionato Galego de Caza Menor, Francisco Couselo entrevistou a Jesús Pérez Caramés, presidente do TECOR de Silleda, anfitrión desta competición. Esta conversa forma parte do programa CAZA E NATUREZA que se emitirá tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da...

ENTREVISTA A JAVIER NOGUEIRA, PRESIDENTE DA FEDERACION GALEGA DE CAZA 31.10.2016

Javier Nogueira, presidente da Federación Galega de Caza, foi un dos protagonistas do programa inaugural de Francisco Couselo titulado CAZA E NATUREZA que se emitirá tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consellos, ve...

ENTREVISTA A ANA MARIA DÍAZ LÓPEZ, DIRECTORA XERAL DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA DE GALICIA 31.10.2016

Francisco Couselo inaugurou o seu programa cunha entrevista en profundidade con Ana María Díaz López, directora xeral de Medio Ambiente, coa que analizaron diferentes temas de interese para o mundo cinexético así como os problemas derivados da acción dos xabariles e os lobos na provincia de Pontevedra. O programa CAZA E NATUREZA emitirase tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en...

PRESENTACION PROGRAMA CAZA E NATUREZA EN RADIO NOVA 31.10.2016

Francisco Couselo presentou o que é o primeiro dos programas que se emitirán en RADIO NOVA a nova Radio do Verdugo-Oitavén baixo o titulo de CAZA E NATUREZA. Emitirase tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consellos,...

ANA MARIA VILLAVERDE LOPEZ, RESPONSABLE LUDOTECA PONTE CALDELAS 31.10.2016

Falamos con Ana María Villaverde López, responsable da Ludoteca de Ponte Caldelas, que organizan para estar tarde, por mor do Samaín, a partir das 19:30 horas unha saída polo centro da vila para nenos e adultos para facer truco ou trato. Os caramelos recollidos nos establecementos comerciais da vila serán repartidos entre os participantes. Os participantes terán que ir disfrazados para dar medo ao...

ADRIAN FRANCISCO SUÁREZ, FLORISTERÍA CARMEN DE PONTE CALDELAS 31.10.2016

Adrián Francisco Suárez, de Floristería Carmen de Ponte Caldelas, falou con Ana Iglesias sobre a venda nestes días de flores para colocar nos nichos e tumbas dos cemiterios da comarca. A forte demanda que hai nestes días fai que o prezo das flores suba considerablemente, pero lembrou que o resto do ano son un excelente agasallo para calquera e a un moi bo prezo.

CRISTINA QUINTEIRO, VOCEIRA PLATAFORMA PO-234 31.10.2016

Entrevistamos a Cristina Quinteiro, voceira da Plataforma de Afectados pola PO-234 que está a organizar para o vindeiro sábado 13 de novembro unha caravana de coches que percorrerá a estrada PO-234 entre Ponte Caldelas, Laxoso e Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Esta medida de protesta prodúcese pola falla de resposta da Xunta despois da manifestación celebrada polos veciños hai unhas semanas.

JOSE MANUEL BEIROA, CASTAÑEIRO COEMPO 31.10.2016

Ana Iglesias entrevistou en Ponte Caldelas a José Manuel Beiroa, propietario do carriño das castañas que ao longo do día de hoxe estará repartindo castañas asadas polo centro da vila dentro dunha iniciativa posta en marcha por COEMPO e coñecida como o MAGOSTO COMERCIAL.

Entrevista a Fabián Esperón, encargado de organizar a Subida Escusa 29.10.2016

Entrevista a Fabián Esperón, encargado de organizar a Subida Escusa

Entrevista a José Fernandez, Josiño, xogador do Caroi Veteranos en MUNDO DEPORTIVO 28.10.2016

José Fernandez, Josiño, xogador do Caroi Veteranos en MUNDO DEPORTIVO

EQUIPO PREBENXAMIN PONTECALDELAS 28.10.2016

Alberto Rodríguez desprazouse ata Chan da Barcia para entrevistar aos membros do equipo Pre-Benxamín de Pontecaldelas que van líderes na súa categoría. Os cativos disfrutaron dun momento de protagonismo en RADIO NOVA.

ANGELES PAZOS, VOCEIRA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE DE GALICIA 28.10.2016

Entrevistamos a Ángeles Pazos, voceira da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia, organismo que substitúe ao antigo Centro de Transfusión de Galicia con motivo dunha nova campaña de doazón de sangue que tivo a unha Unidad Móbil de recollida de sangue na Alameda de Ponte Caldelas. Con ela falamos de quen pode doar, que tipo de sangue é a máis demandada, etc.

MANUEL ANXO BUGALLO, ARQUITECTO DE XESTA (A LAMA) PROXECTO O SUIDO 28.10.2016

Manuel Anxo Bugallo, arquitecto de Xesta (A Lama) e un dos impulsores do proxecto O SUIDO falou sobre a importancia de poñer en valor o patrimonio etnográfico, arquitectónico, cultural material e inmaterial da Serra do Suído e convidou aos oíntes a participar nesta iniciativa que pretende ser compartida co maior número posible de persoas. Pódese seguir este proxecto en internet www.osuido.org

ARTURO VAQUEIRO, GANDEIRO E PRESIDENTE DA COMUNIDADE DE MONTES DE XENDE (A LAMA) 28.10.2016

Arturo Vaqueiro é un gandeiro e presidente da Comunidade de Montes de Xende (A Lama) quen avogou por esta actividade económica como xeito de gañarse a vida e fixar poboación no rural. Vaqueiro ten unha explotación con máis de 80 vacas, ovellas, cinco mastíns para axudalo a xuntar o gando e protexelo dos lobos e falou tamén das axudas da Xunta para que os mozos e mozas podan establecer a súa explot...

OBRADOIROS E XOGOS COS NENOS CO COLEXIO DA LAMA 28.10.2016

RADIO NOVA colaborou con esta iniciativa educativa cun programa en directo desde as 12 ata as 13:45 horas cun amplio despliegue técnico e humano. Durante a emisión entrevistamos a diversos rapaces e mestres que facían obradoiros na Alameda e incluso aproveitamos para facer un concurso cos máis pequenos para ver si recoñecían, polo son, a moitos dos animais que poboan os nosos montes.

Paco Couselo no programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" 28.10.2016

Paco Couselo no programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" na Alameda

Mercedes Fernández no programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" 28.10.2016

Mercedes Fernández no programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO"

MIGUEL GARCIA, AXENTE MEDIOAMBIENTAL DA XUNTA 28.10.2016

Recibimos a visita de Miguel García, axente medioambiental da Xunta de Galicia, que fai o seu labor nos montes da contorna e comentounos que vixían para evitar a aparición de furtivos que maten animais salvaxes indiscriminadamente. Tamén o seu papel está ligado ao coidado dos ríos e á prevención e loita contra os incendios. García díxolle aos rapaces que era moi importante conservar o medio natura...

ESTHER CARREIRO DIZ, BISAVOA DO COLEXIO DA LAMA 28.10.2016

Entre o público asistente ao noso programa en directo desde a Alameda da Lama estaba a bisavoa dunha nena do colexio, Esther Carreiro Diz, quen lembrou os tempos da fame e o diferente que era para os cativos do seu tempo acceder á educación. Dona Esther recomendoulle aos rapaces que estudiaran e felicitou aos mestres por esta iniciativa que “nos meus tempos non se facía nin nada parecido”.

Rafael Sánchez Agustino no Programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" en colaboración co colexio da Lama. 28.10.2016

Rafael Sánchez Agustino no Programa "ESPECIES EN EQUILIBRIO" en colaboración co colexio da Lama.

ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL 27.10.2016

ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL ESQUELA ROSALIA VILANOVA VIDAL

DAVID VIDAL LOPEZ, XOGADOR DA S.C.D. PONTECALDELAS 27.10.2016

David Vidal López, nova fichaxe da S.C.D. Pontecaldelas analizou con Alberto Rodríguez no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN a actualidade do equipo e o último partido disputado contra o Campañó onde este xogador resultou expulsado. Agardan seguir coa racha de bos resultados este domingo no Chan da Barcia na visita que fará o Bueu.

BORJA MEJUTO, PORTEIRO DO CAROI DE FUTBOL 27.10.2016

Alberto Rodríguez entrevistou a Borja Mejuto no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN e conversaron sobre a composición do equipo, as dificultades de ter que adestrar un día a semana no campo municipal das Estremas (Cotobade) e da progresión e o bo nivel que está acando a plantilla na procura de resultados positivos para este equipo histórico da comarca que está a piques de cumprir 40 anos d...

ENTREVISTA JESUS PELETEIRO, PRESIDENTE COEMPO 27.10.2016

O presidente de COEMPO, Jesús Peleteiro, falou do MAGOSTO COMERCIAL que terá lugar os días 29 e 31 de outubro en Ponte Caldelas a través do cal un carriño repartirá polas rúas da vila castañas asadas para dinamiza-lo comercio local e servir de atractivo para que estes días o público en xeral se achegue ata Ponte Caldelas para dar un paseo, tomar un café o un refresco e tamén, por que non, facer as...

Ascolta il podcast RADIO NOVA su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici