Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3635 episodi

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

2 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Noticias 13.30 h | Venres, 5 de xaneiro de 2024 05.01.2024

O cambio no percorrido no final da Cabalgata Internacional de Reis en Tui é a noticia de apertura hoxe en Noticias 13.30 h. Amais recollemos os datos do paro cos que se pechou o 2023, a entrega da recadación da festa solidaria de Protección Civil de Tui e os percorridos de Melchor, Gaspar e Baltasar en toda a nosa contorna.

Noticias 13.30 h | Venres, 29 de decembro de 2023 29.12.2023

No derradeiro informativo deste 2023 damos conta da presenza da unidade móbil de doazón de sangue en Tui hoxe e mañá, e repasamos polo muído todas as citas festivas que temos por diante en Tui e no Baixo Miño durante esta fin de semana.

Noticias 13.30 h | Xoves, 28 de decembro de 2023 28.12.2023

O Concello de Tui está a elaborar un Plan de Xestión do Centro Comercial Aberto. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto as citas musicais destes días coma o concerto de La Timba Mullallo o sábado no Mercado de Nadal e o de de Manuel Madarnás o sábado en Guillarei. Tamén damos conta dos primeiros detalles da Cabalgata de Reis da Eurocidade Tui-Valença, e da iluminación da Ca...

Noticias 13.30 h | Mércores, 27 de decembro de 2023 27.12.2023

As citas do Nadal central o informativo deste mércores, 27 de decembro de 2023. Dende a San Silvestre, ao Mercado de Nadal, ás exposicións, ... así o contamos en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h |Martes, 26 de decembro de 2023 26.12.2023

Vinte persoas están a formarse nas especialidades de madeira e forestar no novo obradoiro de emprego en Tui. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto aos cursos que organiza esta semana a Banda de Música Popular de Tui, e as citas do Nadal para estes días co Mercado de Nadal e inchables e personaxes de Disney na Corredoira en Tui

Noticias 13.30 h | Venres, 22 de decembro de 2023 22.12.2023

A sorte visitou a nosa contorna no Sorteo Extraordinario da Nadal. O Primeiro Premio correspondeu ao 88008. O Porriño, Salceda de Caselas, Tomiño e O Rosal, foron agraciados con algún premio. Amais repasamos as citas do Nadal destes días, dende o concerto de Nadal hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui, o Mercado de Nadal, as citas nas parroquias, e no Baixo Miño e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 21 de decembro de 2023 21.12.2023

A presentación de HI_MOV, un proxecto europeo que busca articular un ecosistema transfronteirizo que impulse a cadea de valor emerxente ao redor do hidróxeno é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Destacamos amais as citas para hoxe en Tui coma o Mercado de Nadal, o obradoiro de construción de insctrumentos de Nadal, o concerto do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música na Co...

Noticias 13.30 h | Martes, 19 de decembro de 2023 19.12.2023

Abrimos Noticias 13.30 h co resumo da entrevista realizada a Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, tras o pleno ordinario de novembro. Recollemos as axudas do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana para a construcción de vivendas de alugueiro social, 3 delas en Tui. Amais falamos da APP do Concello de Tui, do concerto de Nadal do Conservatorio, doutras citas e do deporte.

Noticias 13.30 h | Luns, 18 de decembro de 2023 18.12.2023

Hoxe comezamos Noticias 13.30 h co balance da actividade deste ano no Servizo Municipal de Orientación do Concello de Tui. Damos conta amais da II San Silvestre Solidaria de Tui presentada esta mañá, repasamos as citas do Nadal, o deporte e otras novas da comarca.

Noticias 13.30 h | Venres, 15 de decembro de 2023 15.12.2023

Hoxe comezamos Noticias 13.30 h co aviso do corte de auga en Areas debido á rotura dunha tubaxe. Recollemos as obras para construír uns vestiarios no pavillón de Guillarei, e a valoración do pleno de novembro polo voceiro do PP de Tui, Nico Montes. Abrimos da fin de semana co Concerto "Nadal de Cristal" e o Mercado de Nadal de Tui, pero repasamos todo o previsto na cidade e na comarca. Tamén a inf...

Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de decembro de 2023 14.12.2023

O concerto de Nadal da Eurocidade e dúas iniciativas solidarias coma a Árbore dos Desexos e o posto de ASANOG e as ANPAS de Tui no Mercado de Nadal abre hoxe o noso tempo de Noticias 13.30 h neste xoves, 14 de decembro. Tamén recollemos as citas do día coma os concertos que esta tarde ofrecerá o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música de Tui.

Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de decembro de 2023 13.12.2023

As obras para a construción dunha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco que está a executar o Concello de Tui, é un dos temas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h, xunto á valoración do pleno de novembro por Carmen Núñez do BNG de Tui. Amais damos conta dos orzamentos de 2024 que Tomiño levará a pleno a próxima semana, a nova quenda no Mercado de Nadal de Tui, outras citas e o deport...

Noticias 13.30 h | Martes, 12 de decembro de 2023 12.12.2023

As actividades de Nadal que ao longo desta semana podemos gozar en Tui centran hoxe boa parte do tempo de información en Noticias 13.30 h. Tamén recollemos outras novas da comarca e o deporte.

Noticias 13.30 h | Luns, 11 de decembro de 2023 11.12.2023

A reunión entre o delegado do goberno en Galicia e o alcalde de Tui para tratar a conmemoración do 800 aniversario da Catedral tudense é a nova que abre Noticias 13.30 h. Falamos de obras no exterior do interfederado, dunha nova ponte sobre o río Cotarel, abrimos con C21 rolda para valorar o pleno de novembro, xunta a otras novas do día, as citas e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de decembro de 2023 07.12.2023

A campaña de promoción do comercio local co reparto de bolsas reutilizables, é unha das novas que recollemos nesta chuviosa xornada. Amais repasamos toda a programación de Nadal prevista para estes días en Tui e na comarca, así coma a información deportiva.

Noticias 13.30 h | Martes, 5 de decembro de 2023 05.12.2023

O paro subiu en 52 persoas no Baixo Miño en novembro, rexistrándose 2.737 persoas en situación desemprego. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto á campaña de promoción do comercio e do mercado local do concello de Tui, xunto ás citas para estes días centradas sobre todo nas actividades de Nadal. Rematamos coa crónica deportiva.

Noticias 13.30 h | Luns, 4 de decembro de 2023 04.12.2023

Abrimos o Noticias 13.30 h dando conta dos Premios Deporte Tudense entregados o pasado venres, e repasamos a oferta que Tui presenta este Nadal. Amais recollemos a crónica de sucesos, outras novas da comarca e o deporte.

Noticias 13.30 h |Venres, 1 de decembro de 2023 01.12.2023

En Noticias 13.30 h recollemos os asuntos aprobados onte en pleno en Tui coma a modificación puntual do PXOM nos AR1, 2, 3 e 4 en San Bartolomeu e a provisional no asentamento empresarial en Baldráns, entre outros. Amais damos conta do inicio da programación de Nadal en Tui e na comarca. No deporte amais dos partidos da fin de semana recollemos a celebración da Gala Tudense do Deporte esta noite.

Noticias 13.30 h |Xoves, 30 de novembro de 2023 30.11.2023

En Noticias 13.30 h abrimos o tempo de información cos asuntos que hoxe van a pleno ordinario en Tui. Damos conta do inicio da programación de Nadal mañá venres co acendido do alumeado e a apertura do Mercado de Nadal. Tamén recollemos as citas do día cunha mesa redonda ás 19 h que pecha a programación do 25N, unha conferencia sobre Inteliencia Artificial ás 18 h na aula da UNED, e os obradoiros d...

Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de novembro de 2023 29.11.2023

Este venres e o luns haberá novos cortes na A55 debido ás obras do acceso ao parque empresarial de Areas. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto aos plenos que celebran as corporacións de Tui e A Guarda. Tamén recollemos a información do Mercado de Nadal de Tui e a apertura do praza de inscrición da II San Silvestre tudense.

Noticias 13.30 h | Martes, 28 de novembro de 2023 28.11.2023

A orde do día do pleno ordinario que este xoves celebra a corporación municipal é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Damos conta amais do encontro con María Xosé Porteiro hoxe ás 19 h na Sala Félix Rodríguez, doutras novas da actualidade en Tui e na comarca do Baixo Miño.

Noticias 13.30 h| Luns, 27 de novembro de 2023 27.11.2023

A exposición "Berces de Vida" foi inaugurada este mediodía en Tui. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta da programación de Nadal en Tui, e da moción que o PP presentará en pleno este xoves sobre o aparcamento en Tui. Tamén recollemos o encontro con María Xosé Porteiro que mañá haberá na Sala Félix dentro da programación do 25N, e os resultados deportivos da f...

Noticias 13.30 h | Venres, 24 de novembro 2023 24.11.2023

Os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, centran hoxe boa parte do tempo de información en Noticias 13.30 h. Recollemos tamén na crónica de sucesos, as citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de novembro de 2023 23.11.2023

O Equipo VIOGEN da 1ª Compañía da Garda Civil de Tui recibiu esta semana unha mención honorifica dos recoñecementos Menina que concede a Delegación do Goberno en Galicia. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto aos actos do 25N en Tui e na comarca. Tamén nos facemos eco e iniciativas solidarias, das citas do día e do deporte.

Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de novembro de 2023 22.11.2023

A conta atrás para o inicio do mercado de Nadal de Tui que reunirá a 50 expositores é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais damos conta da reunión entre autoridades galegas e portuguesas polos casos de lexionela detectados na Guarda, O Rosal e Caminha. As citas do día coa presentación do libro de Aurora Marco, o concerto de Santa Icía do Conservatorio, e o deporte, xunto a outra...

Ascolta il podcast Informativos su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici