Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3635 episodi

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

2 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Noticias 13.30 h | Luns, 12 de febreiro de 2024 12.02.2024

En Noticias 13.30 h recollemos o minuto de silencio gardado hoxe diante da casa do concello en memoria dos dous garda civís falecidos en acto de servizo en Barbate. Amais escoitamos as palabras do alcalde de Tui e do presidente da Cámara de Valença no concerto celebración do 12º aniversario da Eurocidade coa presentación da Banda de Música da Eurocidade. A crónica política, o Entroido e o deporte,...

Noticias 13.30 h | Venres, 9 de febreiro de 2024 09.02.2024

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou hoxe que nuns meses Tui e Valença contarán cun proxecto piloto de mobilidade entre os centros históricos. Fíxoo na véspera do 12º aniversario da Eurocidade. Recollemos a valoración de Nico Montes, voceiro do PP, do pleno do pasado 1 de febreiro en Tui. Amais repasamos todas as citas da fin de semana, protagonizadas polo Entroido con aprazamentos do Ven...

Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de febreiro de 2024 08.02.2024

Carlota deixa fortes ventos e choivas ao seu paso por Galicia. Así o contamos en Noticias 13.30 h . Lembramos que segue pechado un tramo da Avenida de Portugal en Tui. En crónica política recollemos a valoración de Carmen Núñez, voceira do BNG de Tui, do pleno celebrado o pasado día 1. As citas, o Entroido e o deporte completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h |Mércores, 7 de febreiro de 2024 07.02.2024

A programación do Entroido e do Teatro Municipal de Tui, e a presentación do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença centran os primeiros minutos de Noticias 13.30 h deste mércores, 7 de febreiro. Tamén falamos doutras citas, do curso de iniciación ao ioga na Aula da UNED, da Semana da Educación de Tomiño e do Entroido en Salceda e Valença.

Noticias 13.30 h |Martes, 6 de febreiro de 2024 06.02.2024

O corte de tráfico na Avenida de Portugal, e as accións de protesta dos agricultores portugueses que manteñen cortada a rotonda de acceso a Valença entre as avenidas Miguel Dantas e de España abren hoxe Noticias 13.30 h. Recollemos a valoración do pleno da semana pasada en Tui por José Palacín de C21, as citas e o deporte.

Noticias 13.30 h | Luns, 5 de febreiro de 2024 05.02.2024

Comezamos Noticias 13.30 h lembrando o corte de tráfico na Avenida de Portugal por obras que comezaron esta mañá. Amais damos conta do inicio da redacción do proxecto da autovía de Areas á Po-350, das críticas do PP de Tui pola xestión do proxecto aparcamento subterráneo, da presenza de Tui nunha xornadas de compostaxe en Asturias, as citas para esta semana e os resultados deportivos.

Noticias 13.30 h | Venres, 2 de febreiro de 2024 02.02.2024

Os acordos adoptados onte pola corporación de Tui en pleno, a reunión do director da Axencia Galega de Infraestruturas con empresarios de Areas, o corte dun tramo da avenida de Portugal en Tui dende o luns, xunto as citas destacadas da fin de semana e o deporte hoxe venres en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h | Xoves, 1 de febreiro de 2024 01.02.2024

Hoxe ás 19 h celébrase pleno no concello de Tui. Esté un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á mobilización dos agricultores portugueses, a recadación de 5 mil euros para a AECC na San Silvestre tudense, as citas para estes días, e o deporte.

Noticias 13.30 h | Mércores,31 de xaneiro de 2024 31.01.2024

Hoxe en Noticias 13.30 h damos conta da orde do día do pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui. Falamos do sorteo dunha experiencia gastronómica e de aloxamento dentro da campaña de promoción do comercio tudense. A sanidade, as citas e o deporte están tamén presentes neste tempo de información.

Notiicas 13.30 h |Martes, 30 de xaneiro de 2024 30.01.2024

O cambio da parada de taxis en Tui cara a rúa Ourense, a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para este domingo, as citas culturais, e as propostas de Entroido, xunto ao deporte, forman parte hoxe do Noticias 13.30 h deste martes, 30 de xaneiro.

Noticias 13.30 h | Luns, 29 de xaneiro de 2024 29.01.2024

Os proxectos que o Concello de Tui vai redactar para a Avenida da Concordia e para Areas dentro da Rede Ágora abren hoxe luns Noticias 13.30 h. Damos conta amais do inicio, da man de Contraproducións, da programación no Teatro Municipal de Tui. O Entroido, citas formativas e o deporte, completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h |Venres, 26 de xaneiro de 2024 26.01.2024

A aprobación do Plan de Dinamización da Área Rexurbe de Tui e a valoración da mesma polo alcalde de Tui, abre o tempo de Noticias 13.30 h. Falamos amais da programación nos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal, o prazo de inscrición para o Entroido, as citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 25 de xaneiro de 2024 25.01.2024

O turismo segue a protagonizar a actualidade desta xornada coa celebración de Fitur. Así o recollemo en Noticias 13.30 h onde damos conta amais da enquisa para coñecer o nivel de dixitalización do comercio local, a apertura da inscrición no desfile de Entroido en Tui, a exposición “Cartografía da Raia” e o posto 16ª do TOP 100 de Forks do restaurante Beldade, entre outras novas.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presenza de Tui en FITUR 24.01.2024

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, están hoxe e mañá en FITUR en Madrid, onde asisten ás presentacións das campañas turísticas das que Tui forma parte, pero tamén manteñen distintos contactos con touroperadores, e axentes turísticos. Esta mesma mañá reuníronse con TUI. Así nolo explicou o alcalde Enrique Cabaleiro en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h | Mércores, 24 de xaneiro de 2024 24.01.2024

Abrimos Noticias 13.30 h falando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, dende FITUR . O turismo é un dos grandes protagonistas da actualidade desta semana. Amais recollemos outras novas coma a inauguración da exposición "Cartografía da Raia", e coñecemos o proxecto no que traballa o salcedense Alejandro Gómez na Antártida, e as actividades do Espazo Xove, entre outras novas.

Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xaneiro de 2024 23.01.2024

Abrimos Noticias 13.30 h cos datos de turismo do concello de Tui, cun importante crecemento ao longo de 2023 e avanzando na internacional e desestacionalización. A crónica de Sucesos, e as citas do día coma a exposición "A Cartografía da Raia" que se inaugura esta tarde, ou a romaría de San Xulián no Aloia forman parte tamén deste tempo de información.

Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xaneiro de 2024 22.01.2024

A corporación de Tui celebra pleno mañá para o sorteo dos membros das mesas electorais do 18F. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a nova campaña de apoio ao mercado e comercio de Tui, a apertura das escaleiras da praza da Estrela, as citas para hoxe, e a ampla crónica do deporte.

Noticias 13.30 h | Venres, 19 de xaneiro de 2024 19.01.2024

A Mostra da Camelia e a Regata Miño Internacional son dúas das citas que esta fin de semana hai en Tui. Tamén unha ruta solidaria da Fada do Aloia e o evento “Un día máxico”. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunta á reapertura o luns do consultorio de Goián, outras citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xaneiro de 2024 18.01.2024

En Noticias 13.30 h recollemos a apertura de comportas do encoro de Frieira esta mañá polo que se recomenda retirar os vehículos estacionados no Paseo Fluvial en Tui. Por outra parte a Policía Local de Tui detivo onte a un home de 35 anos coma presunto autor da subtracción de produtos nun supermercado e nun establecemento comercial. Damos conta amais a presentación da Regata Miño Internacional que...

Noticias 13.30 h | Martes, 16 de xaneiro de 2024 16.01.2024

Abrimos Noticias 13.30 h dando conta dos tres ramais da VAC coa A55 que mañá está previsto que entren en servizo. Amais recollemos dúas actuacións realizadas onte pola Policía Local de Tui, a celebración na fin de semana da Mostra da Camelia, a apertura os sábados pola tarde con obradoiros e tarde de xogo do Espazo Xove de Tui, e a apertura no verán do novo proxecto hoteleiro en Cabo Silleiro. A R...

Noticias 13.30 h | Luns, 15 de xaneiro de 2024 15.01.2024

Hoxe en Noticias 13.30 h comezamos cun nome propio o do padeeiro tudense Enrique Míguez tras 46 anos en activo deixa a competición de forma profesional. Falamos das axudas para empresas e autónomos, do Plan + Aqua, e das citas do día coma a presentación do libro “Sueña como Arela” hoxe ás 19.30 h en Tui. A información deportiva e o tempo completan este espazo.

Noticias 13.30 h| Venres, 12 de xaneiro de 2024 12.01.2024

Hoxe en Noticias 13.30 h comezamos co desvío provisional dun tramo do Camiño de Santiago en Tui ao seu paso pola Avenida de Portugal. Coñecemos a situación na Guarda con respecto á chegada de pellets. Falamos tamén da participación da Rondalla de Pexegueiro no concurso de rondallas este domingo no IFEVI. Tamén recollemos as citas do día e os encontros deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de xaneiro de 2024 11.01.2024

A chegada de pellets, en escasa contía, ás praias da Guarda e os consellos para a súa recollida abren hoxe o tempo de información en Noticias 13.30 h . Falamos tamén da Rondalla de Pexegueiro que será a primeira en actuar no IFEVI este domingo e das actividades formativas na Aula da UNED de Tui, en SmartPeme ou na Casa Taller neste inicio de 2024, así coma da proxección de “El regreso de las golon...

Noticias 13.30 h |Martes, 9 de xaneiro de 2024 09.01.2024

A Biblioteca Municipal de Tui prestou o ano pasado 14.536 libros, foi un 13% máis que o ano anterior, e este sábado entregará os diplomas aos máis lectores. Esta é a noticia coa que abrimos Noticias 13.30 h. Falamos tamén do balance da Cabalgata de Reis da Eurocidade, da colaboración entre ANABAM e o Concello do Rosal para inspeccionar a costa na busca de 'pellets' de plástico, e das citas deporti...

Noticias 13.30 h | Luns, 8 de xaneiro de 2024 08.01.2024

Comezamos o informativo deste luns, 8 de xaneiro, repasando as citas que chegarán neste primeiro trimestre de 2024. As citas do día e o deporte completan este tempo de información.

Ascolta il podcast Informativos su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici