Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
2 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de xullo de 2024 04.07.2024 27:39
Protección Civil de Tui recibiu hoxe unha tenda de campaña para emerxencias. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto a preinscrición na EOI en Tui, as últimas plazas para os talleres de IA para o comercio, e as actividades que chegan tanto para hoxe coma na fin de semana. No deporte hoxe protagonismo para o piragüismo, o remo e o kung fu.
Noticias 13.30 h | Mércores, 3 de xullo de 2024 03.07.2024 25:51
O X Campionato Ibérico de Kung Fu reunirá este domingo en Tui a máis de 400 deportistas. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde volvemos sobre os datos do paro do mes de xuño, falamos das visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudos Tudense, entre outras novas do día.
Noticias 13.30 h |Martes, 2 de xullo de 2024 02.07.2024 25:06
A aprobación, polo Consello da Xunta, do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 en Figueiró, Tomiño, o manifesto asinado hoxe en Valença reclamando que o tren de alta velocidade sexa unha realidade en 2032 entre Porto e Vigo, e os datos do paro que baixou en 67 persoas até as 2.540 no Baixo Miño son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h |Luns, 24 de xuño de 2024 24.06.2024 27:06
Por segunda vez os orzamentos do concello de Tui foron rexeitados en pleno o pasado venres polos grupos da oposición. En Noticias 13.30 h escoitarmos parte das intervencións dos voceiros de C21, BNG e PP e do alcalde. Amais recollemos as últimas achegas aprobadas pola Deputación para Tui e A Guarda, falamos do Concurso de Patrullas da Brilat, da conferencia conmemorativa dos Xogos Florais en Tui,...
Noticias 13.30 h | Venres, 21 de xuño de 2024 24.06.2024 27:06
Hoxe en Noticias 13.30 h comezaremos repasando a orde do día do pleno extraordinario e urxente que ás 19 h se celebra no Concello de Tui. A programación #TuiVeránnaRúa, os premios Faro na Escola do @ceipn2detui, xunto a todas as cita da fin de semana con especial protagonismo para o San Xoán e o deporte, completarán o tempo de información.
Noticias 13.30 h | Xoves, 20 de xuño de 2024 20.06.2024 25:13
Os orzamentos de 2024 e a resolución do contrato de concesión de obra pública do aparcamento subterráneo son dous dos asuntos do pleno extraordinario e urxente que mañá venres, ás 19h, se celebra en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a inauguración dos novos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei, o premio Innovagal do CEIP nº1, as actividades polo Día das Persoas Refuxiadas, as ci...
Noticias 13.30 h | Mércores, 19 de xuño de 2024 19.06.2024 24:23
O borrador de convenio remitido polo ADIF ao concello de Tui para cubrir as vías do tren no centro urbano, a comisión organizadora dos actos do 800 aniversario da Catedral, e o balance que o PP de Tui fai do primeiro ano deste mando abren o Noticias 13.30 h de hoxe. Amais recollemos os actos polo Día das Persoas Refuxiadas previstos mañá en Tui, e o taller práctico de Intelixencia Artificial que m...
Noticias 13.30 h | Martes, 18 de xuño de 2024 18.06.2024 27:15
A constitución da Comisión Organizadora dos actos conmemorativos dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui esta mañá é dunha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta do balance que o alcalde de Tui realizou das dúas primeiras reunións da Comisión sobre o Aparcamento. A doazón realizada por Ernesto Iglesias Almeida ao Concello de Tui e o taller de IA que este xoves terá...
Noticias 13.30 h | Luns, 17 de xuño de 2024 17.06.2024 32:22
En Noticias 13.30 h recollemos a valoración do alcalde de Tui do pleno ordinario de maio. Damos conta do incendio rexistrado na Avenida de Portugal en Tui e do accidente mortal rexistrado en Oia. Pero hai tamén moitas outras novas da actualidade local, comarcal e do deporte.
Noticias 13.30 h | Venres, 14 de xuño de 2024 14.06.2024 30:22
A apertura das piscinas municipais de Tui mañá sábado, xunto a ampla axenda cultural, de lecer e deportiva da fin de semana en Tui e no Baixo Miño recollómola en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Xoves, 13 de xuño de 2024 13.06.2024 30:23
160 alumnos de 6º de EP de sete centros educativos de Tui participan hoxe e mañá na Aloiada 2024. Así o contamos en Noticias 13.30 h, onde damos conta tamén dos actos de celebración do 50 anos do CEIP nº2 de Tui. A exposición que este sábado se inaugura en Tui, a XIX Feira de Cultivos do Baixo Miño, outras citas para estes días e o deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h | Mércores, 12 de xuño de 2024 12.06.2024 28:30
A rehabilitación do edificio do Náutico será un dos proxectos que se executen en Tui ao abeiro do proxecto Visit Río Miño Plus presentado onte. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos tamén o balance do pleno de maio do voceiro do PP Nico Montes. A presentación da Aloiada 2024, os Días Azuis do comercio, as citas para estes días, e o deporte co Campionato de Europa de Sprint de Piragüis...
Noticias 13.30 h | Martes, 11 de xuño de 2024 11.06.2024 27:56
En Noticias 13.30 h recollemos a presentación entre mediodía en #Tui do proxecto Visit Río Miño Plus, a valoración do BNG do pleno ordinario de maio en Tui,, e o premio proxecto de recuperación de fósforo en augas residuais que aplica a EDAR de Guillarei. Citas coma exposición de debuxo do alumnado de Maristas, e o roteiro polos muíños do Tripes, xunto ao deporte completan este tempo de informació...
Noticias 13.30 h | Luns, 10 de xuño de 2023 10.06.2024 32:48
Unha exposición e un acto na alameda de San Domingos conmemorarán o 25 aniversario do Monumento aos Represaliados en Tui. O programa foi presentado esta mañá e así o recollemos en Noticias 13.30 h . Damos conta do taller sobre IA que o xoves 20 terá lugar en Tui, recollemos outras novas de Tui e da comarca, e a ampla crónica deportiva da fin de semana.
Noticias 13.30 h | Venres, 7 de xuño de 2024 07.06.2024 30:17
O Concello de Tui recibirá 87.457 € do Plan + Provincia para o pavillón de Randufe. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde fixemos balance do Congreso EducODS que rematou hoxe e repasamos a ampla axenda desta fin de semana, con numerosas citas deportivas.
Noticias 13.30 h | Xoves, 6 de xuño de 2024 06.06.2024 24:55
A terceira xornada do congreso educativo EducODS que se celebra na Corredoira, e o balance da asemblea celebrada por ACITUI a semana pasada son dúas das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais falamos das citas do día e das andainas da fin de semana. Pechamos coa información deportiva.
Noticias 13.30 h | Mércores, 5 de xuño de 2024 05.06.2024 25:38
O paro baixou en 86 persoas no Baixo Miño en maio até as 2.607 inscritas nos servizos públicos de emprego. Así o contamos en #Noticias1330h. Recollemos a valoración de José Palacín de C21 sobre o pleno ordinario de maio, damos conta do último plenario da Cámara de Comercio, e seguimos a actualidade do congreso EducODS, entre outros asuntos.
Noticias 13.30 h | Martes, 4 de xuño de 2024 04.06.2024 23:44
Abrimos o Noticias 13.30 h deste martes 4 de xuño co IV Congreso Educods que até o venres se celebra no Paseo da Corredoira. Amais damos conta da apertura da ponte sobre o regato da Fonte do Febreiro en Paramos, do investimento do Plan Marco no Baixo Miño, e doutras novas de Tui e do Baixo Miño.
Noticias 13.30 h |Luns, 3 de xuño de 2024 03.06.2024 28:18
Os cursos de Dixitalización Aplicada que mañá comezan en Tui, o IKFEM 2024, e o congreso EDUCODS forman parte da actualidade deste luns, 3 de xuño. Así o recollemos en Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h | Venres, 31 de mai ode 2024 31.05.2024 31:28
En Noticias 13.30 h recollemos o rexeitamento onte no Concello de Tui dos orzamentos para 2024 por importe de 11,1 millóns de €, en pleno ao votar en contra os tres grupos da oposición. Avanzamos como será o IKFEM 2024, e repasamos a ampla axenda desta fin de semana e as novas do deporte.
Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de maio de 2024 30.05.2024 24:27
O pleno que hoxe celebra a corporación municipal de Tui, xunto a ampla crónica dos distintos eventos previstos hoxe e durante a fin de semana en Tui, centra o Noticias 13.30 h deste xoves, 30 de maio.
Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de maio de 2024 29.05.2024 29:04
A renovación da liña de ferrocarril convencional Guilllarei-Redondela sairá a licitación con 51,2 millóns de euros. Así o contamos en Noticias 1.30 h xunto á orde do día do pleno que mañá se celebra en Tui para tratar entre outros asuntos os orzamentos de 2024. Os acordos da CPIRM celebrada onte en Tui ou o balance do I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civl , xunto a asemblea...
Noticias 13.30 h | Martes, 28 de maio de 2024 28.05.2024 28:13
A celebración en Tui da reunión da Comisión Permanente Internacional do río Miño e do Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil son só dúas das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Luns, 27 de maio de 2024 27.05.2024 31:57
Abrimos Noticias 13.30 h coa sentenza do TSXG sobre a urbanización da Pousa do Bispo, e escoitamos a valoración do alcalde de Tui. Amais destacamos a celebración mañá en Tui da reunión da Comisión Permanente Internacional do río Miño e o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil que hoxe e mañá ten lugar na Eurocidade Tui-Valença. O nomeamento de Antonio Valín coma bispo da Dio...
Noticias 13.30 h | Venres, 24 de maio de 2024 24.05.2024 29:56
Abrimos Noticias 13.30 h en crónica de sucesos co accidente laboral rexistrado onte en Tui, a investigación dunha condutora por circular en sentido contrario na A55 e a detención de dous homes por un presunto delito de tentativa de roubo con violencia e intimidación en Tui. Amais recollemos o acto celebrado onte en Paramos ao cumprirse 6 anos da explosión no barrio da Torre, e as condecoracións im...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici