Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
2 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de agosto de 2024 08.08.2024 24:59
En setembro será dixitalizado o Rexistro Civil de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta das vantaxes que terá a implanción da apliación DIGIREC. A crónica de sucesos, o balance da 18ª edición de Música no Claustro xunto a todas as citas do día e a información deportiva completa este espazo.
Noticias 13.30 h | Mércores, 7 de agosto de 2024 07.08.2024 26:43
Hoxe remata, con concerto de Moser String Quartet, a 18ª edición de Música no Claustro. Esta é unha das novas que contamos en Noticias 13.30 h. Recollemos outras citas para esta xornada e para os próximos días en Tui e na comarca. No deporte pendentes do padeeiro uruguaio do Kaiak Tudense, Matías Otero, nos cuartos do K1 1000 m (actuación foi 2º co que o sábado estará na semifinal), pero tamén fal...
Noticias 13.30 h | Martes, 6 de agosto de 2024 06.08.2024 21:52
A entrega da Mención Honorífica Especial a Xabier Añoveros Trías de Bes polo Concello abre hoxe o noso tempo de información. En Noticias 13.30 h falamos tamén dos máis de 11.500 peregrinos e peregrinas que percorreron en xullo o Camiño Portugués dos que a metade saíron de Tui. As citas para hoxe en Música no Claustro e nas Festas do Monte na Guarda, e o deporte, completan este tempo de información...
Noticias 13.30 h | Luns, 5 de agosto de 2024 05.08.2024 26:11
Abrimos Noticias 13.30 h co programa de respiro familiar posto en marcha polo Concello de Tui e a Asociación Un Máis. Recollemos dúbidas amosadas polo grupo municipal do PP sobre a instalación de cámaras para controlar o aparcamento nas rúas do centro urbano de Tui. Repasamos as citas para hoxe como o concerto do Trío da Kali en Música no Claustro, e o comezo das festas do Monte na Guarda. No depo...
Noticias 13.30 h | Venres, 2 de agosto de 2024 02.08.2024 26:33
O paro subiu en 33 persoas no Baixo Miño no mes de xullo até as 2.573 persoas en situación de desemprego. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto ás obras realizadas polo Concello no CEIP de Caldelas, os destrozos rexistrados nas pistas de tenis de Areas, e todas as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h |Xoves, 1 de agosto de 2024 01.08.2024 26:15
PSOE, BNG e C21 votaron a favor onte dos orzamentos municpiais para 2024 que superan os 11,5 millóns de €. En Noticias 13.30 h recollemos este outros asuntos tratados onte no pleno extraordinario do Concello de Tui. Na actualidade do día destaca ao 5º posto de Rodrigo Conde e Aleix García na final olímpica de 2x. O inicio de Música no Claustro co concerto de Lula Pena é outras das novas do día.
Noticias 13.30 h | Mércores, 31 de xullo de 2024 31.07.2024 24:49
Ás 20 h retransmitiremos o pleno extraordinario do Concello de Tui. En Noticias 13.30 h damos conta dos temas que figuran na orde do día. Amais recollemos o inicio das obras de rehabilitación de cinco vivendas en Caldelas para destinalas a alugueiro social por parte do Concello de Tui. O balance dos proxectos aprobados en 2023 pola AECT Río Miño, xunto as citas e o deporte completan este tempo de...
Noticias 13.30 h | Martes, 30 de xullo de 2024 30.07.2024 25:07
A 11,5 millóns de euros ascende o orzamento do Concello de Tui que mañá mércores irá a pleno, e no que o BNG votará a favor destas contas. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Recollemos a crónica de sucesos hoxe centrada no tráfico, as citas do día coma Noite Internacional do Miño e os obradoiros de artesanía en familia de Música no Claustro. No deporte destacamos que o remei...
Noticias 13.30 h | Luns, 29 de xullo de 2024 29.07.2024 27:59
Os orzamentos municipais do Concello de Tui irán a pleno este mércores 31. O BNG fixo público na fin de semana o acordo do PSOE para apoiar estas contas. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais falamos da Noite Internacional do Miño, visitas guiadas, as Galimpiadas, os descensos do Miño, entre outras citas, e os resultados deportivos.
Noticias 13.30 h |Mércores, 24 de xullo de 2024 24.07.2024 25:14
O inicio das obras de acondicionamento das vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, o festival Música no Claustro e todas as citas para os próximos días centran hoxe o Noticias 13.30 h.
Noticias 13.30 h | Martes, 23 de xullo de 2024 23.07.2024 24:59
A presentación do Música no Claustro que vai celebrar a súa 18º edición baixo o título de "Catedral Atlántica" do 1 ao 7 de agosto abre hoxe Noticias 13.30 h. Amais damos conta da restauración de pezas da Catedral pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. A citas para estes días e as palabras o padeeiro do Kaiak Tudense Matías Otero antes da súa participació...
Noticias 13.30 h | Luns, 22 de xullo de 2024 22.07.2024 23:34
Abrimos Noticias 13.30 h co corte ao tráfico do cruce entre a Avenida de Portugal e a estrada da Guarda por obras de asfaltado. Amais recollemos a ordenación e toma de posesión do novo bispo da diocese de Tui-Vigo, D. Antonio Valín, así coma o éxito de público do IKFEM. A visita guiada aos petróglifos do Alto do Coello, xunto a outras citas do día, forman parte tamén parte deste tempo de informaci...
Noticias 13.30 h | Venres 19 de xullo de 2024 22.07.2024 27:22
A ordenación e toma de posesión do novo bispo da diocese de Tui-Vigo,D. Antonio Valín, as propostas do IKFEM para a fin de semana, as citas e deporte forman parte do Noticias 13.30 h deste venres, 19 de xullo.
Noticias 13.30 h | Xoves, 18 de xullo de 2024 18.07.2024 26:05
O próximo luns e martes o coñecido coma cruce da Guarda en Tui estará pechado ao tráfico por labores de asfaltado. Xunto a este aviso o comezo do IKFEM Festival e os concertos previstos hoxe e mañá centran os primeiros minutos do Noticias 13.30 h de hoxe. Amais recollemos a presentación en Tui dunha cadeira anfibia, as protestas dos traballadores de Correos, as andainas e citas para este cita, e o...
Noticias 13.30 h | Mércores, 17 de xullo de 2024 17.07.2024 23:23
En Noticias 13.30 h recollemos as palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a rehabilitación do Teatro Prinicipal e a licitación da apertura da rúa Ourense. A toma de posesión do novo bispo este sábado na Catedral de Tui, o inicio do IKFEM Festival hoxe co concerto de Salvador Sobral e Marco Mezquida, e a presentación dunha cadeira anfibia polo Club Naútico Inclusivo do Baixo Miño, son...
Noticias 13.30h | Martes, 16 de xullo de 2024 16.07.2024 28:28
Abrimos Noticias 13.30 h coas palabras do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro sobre os orzamentos e o aparcamento na cidade. Recollemos a contratación por parte da Xunta da rehabilitación dun edificio no conxunto histórico de Tui para a vivenda de alugueiro social. A apertura do Mercado de San Antonio en Tui, a festividade de Virxe do Carmen e outras citas e o deporte forman parte tamén deste tempo...
Noticias 13.30 h |Luns, 15 de xullo de 2024 15.07.2024 26:45
Abrimos Noticias 13.30 h dando conta da reapertura mañá martes da praza de abastos de Tui cos postos de peixe, carne e flores. Amais falamos dos showcookings do @ikfem_festival , recollemos a programación festiva e de visitas guiadas para hoxe e mañá, xunto aos éxitos deportivos da fin de semana con protagonismo destacado para o piragüismo, o ciclismo, o remo, o atletismo...
Noticias 13.30 h | Venres, 12 de xullo de 2024 12.07.2024 23:29
Comezamos en Noticias 13.30 h falando de infraestruturas para repasar despois todas as citas da fin de semana, dende o cinema desta noite no Paseo Fluvial de Tui, as festas, festivais, e citas diversas da fin de semana, e rematar coa información deportiva.
Ent. Andrés Díaz-Ripoll, comandante Naval do Miño - Festividade da Virxe do Carme 12.07.2024 6:20
O próximo martes terá lugar a tradicional procesión fluvial do Carmen, patroa da xente do mar e da Armada. Ás 19 h celebrarase a misa solemne na Catedral, logo comezará a procesión polas rúas de Tui até a Comandancia Naval, onde a imaxe embarcará no Cabo Fradera , para dar comezo ao percorrido fluvial. Tamén nos falou da presenza dos tres barcos do grupo de combate Dédalo estes días en Vigo e da d...
Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de xullo de 2024 11.07.2024 29:04
Coñecer as pegadas de diversos momentos históricos na configuración urbana de Tui será posible o luns na primeira visita de Coñece o Noso Patrimonio en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos as palabras de Nico Montes, voceiro do PP, sobre o último pleno e as negociacións sobre os orzamentos. Amais recolle o Selo Vida Saudable 2024 do CEIP nº2, falamos de percorridos nocturnos, de...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui - Pantalla xigante para ver a final da Eurocopa 11.07.2024 1:40
O Concello de Tui instalará este domingo unha pantalla de 3x6 metros de tecnoloxía led no Paseo da Corredoira para ver a final da #Eurocopa España-Inglaterra. Situarase nas inmediacións da Oficina de Turismo, onde se colocarán 200 cadeiras. Así o confirmaba en Noticias 13.30 h o concelleiro de #Deportes, Rafael Estévez.
Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de xullo de 2024 10.07.2024 25:01
Neste mércores, 10 de xullo, en Noticias 13.30 h recollemos as citas de lecer, rutas, festas, festivais,... que nos próximos días se van celebrar en Tui e na comarca.
Noticias 13.30 h | Martes, 9 de xullo de 2024 09.07.2024 24:57
Abrimos Noticias 13.30 h dando conta dos controis de velocidade que dende hoxe hai na rúa Antero Rubín de #Tui. Recollemos a valoración de Carmen Núñez do BNG do último pleno e a confirmación de que están a manter reunión co equipo de goberno sobre os orzamentos. A presentación do MUMI que avanzou hoxe os 12 showcases da edición que se vai celebrar do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença...
Noticias 13.30 h | Luns, 8 de xullo de 2024 08.07.2024 24:43
O CCPA de Tui que entrará en funcionamento nos próximos meses será o máis moderno dos 9 centros destas características que hai en España. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais fixemos balance do pleno de xuño con José Palacín, de C21, e recollemos o nomeamento de Nicolás Lorenzo Montes coma director territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. A Feira...
Noticias 13.30 h | Venres, 5 de xullo de 2024 05.07.2024 24:39
As obras do novo edificio do CCPA na Avenida de Portugal, a praza de Abastos e do edificio da rúa Camilo José Cela foron visitadas hoxe polo subdelegado do goberno, Abel Losada, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a outras novas coma que en xuño Tui foi o primeiro punto de partida de peregrinos do Camiño Portugués e o terceiro de todas as vías xacobeas....
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici