Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
9 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Manuel González e David Coimbra, organizadores das Galimpiadas 27.04.2023 10:16
Esta fin de semana celebrarase a terceira edición das Galimpiadas, que se celebran en Caldelas. Hoxe explicaron todos os detalles Manuel González, organizador e presidente das Galimpiadas, e David Coimbra, organizador.
Ent. José Díez, ex presidente ACITUI - Aclaración sobre a débeda real da asociación 27.04.2023 3:20
O antigo presidente de ACITUI, José Díez, quixo aclarar esta mañá a débeda real da asociación que sería de preto de 8 mil euros grazas a un saldo positivo na conta bancaria.
Ent. Juan José Pérez Blanco, candidato de Vox á alcaldía de Tui 26.04.2023 14:19
Juan José Pérez Blanco, foi presentado o pasado sábado como candidato de VOX á alcaldía de Tui. Hoxe estivo no programa Día a Día. Esta é a primeira ocasión na que Juan José Pérez Blanco, oficial retirado da Armada, se presenta a unhas eleccións, esta mañá na nosa sintonía explicaba que o levou a presentarse á alcaldía, e algunhas das liñas do seu programa electoral, entre outras cuestións.
Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc - Actividades programadas para o venres 25.04.2023 9:03
Mañá comeza oficialmente o Festival Internacional de cinema Play-Doc en Tui. Hoxe repasamos con Ángel Sánchez, un dos seus directores, o programa de actividades organizado para este venres día 28.
Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc - Xornada inaugural 24.04.2023 8:48
Dentro de dous días arrincará a 19ª edición do Festival Internacional de Cinema Play-Doc en Tui. A xornada inaugural comezará ás 20.30 h deste mércores día 26, e sobre esa programación falamos hoxe con Ángel Sánchez, codirector do festival.
Ent. E. Cabaleiro, alcalde, S. Vicente, concelleira de Cultura e T. Domínguez - Biblioteca de cine de D. Domínguez 21.04.2023 18:24
A familia de Daniel Domínguez donou a súa biblioteca de cinema, de máis de 6.000 volumes, á Biblioteca Municipal de Tui. Hoxe falamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e con Teresa Domínguez, sobre esta doazón.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc - Inauguración e primeira xornada de festival 20.04.2023 7:30
O Play-Doc arrinca mañá venres coa presentación oficial do festival. O inicio das actividades e proxeccións dará comezo o próximo mércores 26 e hoxe repasamos con Ángel Sánchez algunhas desas primeiras iniciativas e filmes.
Ent. Natalia Lago, Fada do Aloia - Rutas de aves e bolboretas 20.04.2023 8:53
Este domingo día 23 de abril terá lugar a ruta ‘Quen canta aí?’ da man de Natalia Lago (a Fada do Aloia) e da naturalista e experta Saba González. O próximo domingo día 30 será a quenda dunha ruta de bolboretas. Hoxe falamos con Natalia Lago sobre estas actividades.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Inscrición XXV Feira de Artesanía 20.04.2023 9:38
O próximo martes día 25 de abril remata o prazo de inscrición para poder participar na XXV Feira de Artesanía en Tui, que se celebrará os próximos 6 e 7 de maio. Hoxe explicou todos os detalles a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez.
Ent. Manuel Vázquez de la Cruz, integrante do proxecto "Terra e auga" 19.04.2023 11:45
A Plataforma en Defensa de Torneiros, a Plataforma Ribadelouro Verde e a Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas crearon o proxecto “Terra e Auga”, co obxectivo de reivindicar a conservación natural a través da música e da poesía. Manuel Vázquez de la Cruz, integrante do proxecto, explicou a actividade que organizan para o próximo 5 de maio.
Ent. Javier Pérez, pte.Comité Empresa Ganomagoga - Paralización do ERE por interese de compra de empresas do sector 19.04.2023 10:08
Novo escenario para os traballadores de Ganomagoga, dende marzo en ERE extintivo. A administradora concursal trasladou aos empregados o interese de compra de varias empresas, polo que lles pediu trocar o ERE por un ERTE de catro meses. Falamos deste asunto con Javier Pérez, presidente do Comité de Empresa.
Ent. Carlos Lago, profesor e debuxante - 'A parte dos anxos' 19.04.2023 13:03
Carlos Lago, docente e debuxante, ilustrou e editou o libro 'A parte dos anxos' xunto á escritora Emma Pedreira. Hoxe explicounos de que se trata este libro (o primeiro para el) que mestura o humor negro co terror e o debuxo.
Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc 18.04.2023 8:33
Hoxe falamos cun dos directores de Play-Doc, Ángel Sánchez, que fixo un breve repaso polas primeiras actividades organizadas. A xornada inaugural será o próximo mércores 26 de abril, rendindo homenaxe a Calpurnio, que dende o inicio encargouse da imaxe do festival.
Ent. Santiago Veloso, coordinador, e Xerardo Pereiro, ponente - Encontros monográficos 'In Situ' 18.04.2023 8:56
Hoxe ás 19 h no Teatro Municipal de Tui terá lugar 'In Situ, os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural', unha iniciativa do Consello da Cultura Galega e Ponte Nas Ondas. Falamos con Santiago Veloso, coordinador de PNO, e Xerardo Pereiro, da Universidade de Tras-Os-Montes.
Programa especial polos 30 anos da Radio Municipal de Tui. 18.04.2023 2:04:11
O pasado domingo, 16 de abril, cumpríanse 30 anos da primeira emisión desta radio. Conmemorámolo cun programa especial en directo coas actuacións de Best Boy, Rockin Gina e Pancho Álvarez, e moitas visitas. Aquí está o programa completo.
Ent. Ana Barreiro, da Escola de Organización Industrial - Coworking de emprendemento. 18.04.2023 10:06
Até mañá mércores está aberta a inscrición para participar no coworking emprendendor da EOI en Tui. Vai dirixido a persoas que teñan un proxecto de negocio. Este programa aportará formación e acompañamento. Ana Barreiro, da EOI, daba todos os detalles.
Ent. Fran Gómez, músico tudense - Concerto Rockin'1000 14.04.2023 5:07
O músico tudense Fran Gómez acturá o 3 de xuño ante milleiros de persoas no estadio Wanda Metropolitano como parte do Concerto Rockin'1000, a maior banda de rock do planeta.
Ent. Miguel Enríquez e Secundino Domínguez, grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis - 'Deus (unha comedia)' 14.04.2023 5:52
Ás 21:00 h terá lugar a última cita da XIII Semana de Teatro Amador. Será co estreo da obra “Deus (unha comedia)” do grupo de Teatro Aloia de Pazos de Reis. Miguel Enríquez e Secundino Domínguez son dous dos integrantes deste grupo, e hoxe explicaron na nosa sintonía o argumento desta disparatada obra.
Ent. Javier Ribadulla, comisario da exposición, e Carlos Castelao, historiador - 'As orixes da fotografía en Tui' 14.04.2023 20:14
“As orixes da fotografía en Tui” é a mostra fotográfica que, até finais de abril, está aberta na sala municipal de exposicións de Tui. Hoxe dannos todos os detalles un dos seus comisarios, Javier Ribadulla, e o historiador Carlos Castelao.
Ent. Sofía González, directora do grupo de teatro A Insua de Caldelas - 'E ti, aque escola fuches?' 13.04.2023 6:14
Hoxe prosegue a XIII Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. Ás 21:00 h o grupo de teatro A Insua de Caldelas presentará a súa obra 'E ti, a que escola fuches?'. Hoxe falamos coa súa directora, Sofía González.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos González, de Hípica Marcos - Feira Cabalar de San Telmo 13.04.2023 15:10
Este domingo 16 e o luns 17 de abril terá lugar en Tui a tradicional Feira Cabalar de San Telmo, en San Bartolomeu. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes do concello de Tui, e Marcos González, un dos organizadores, de Hípica Marcos explicaron hoxe os detalles no programa Día a Día.
Ent. Laura Solla, Club Atletismo Tui - Carreira de San Telmo 12.04.2023 6:22
Hoxe ás 22h pechan as inscricións para a Carreira de San Telmo en clubatletismotui.wordpress.com. Falamos desta proba popular e solidaria en favor de SOS Tomiño Baixo Miño con Laura Solla, do Club Atletismo Tui.
Ent. Juana Dávila e Concha Costa, integrantes do grupo de teatro San Fins de Rebordáns - 'A comisión das Valadas' 12.04.2023 6:50
O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estreará “A comisión das Valadas” no Teatro Municipal de Tui ás 21 h na segunda xornada da XIII Semana de Teatro Amador. Juana Dávila e Concha Costa son dúas das integrantes deste grupo teatral, e hoxe explicaron na nosa sintonía o argumento desta obra.
Ent. Mónica Solla e Luisa Blanco, Asociación Párkinson Baixo Miño - Día Mundial do Párkinson 11.04.2023 9:52
Hoxe é o Día Mundial do Párkinson e, para conmemoralo, a Asociación Párkinson Baixo Miño organiza este sábado diversas actividades con concertos, humor, sorteos, postos de artesanía e comida no Liceo Casino de Tui.
Ent. Manuel Diz e Alberto Sánchez, grupo de teatro Chirlomirlo - XIII Semana de Teatro Amador 11.04.2023 6:36
Hoxe comeza a XIII Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui coa obra 'Don Quixote' do grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe, Con dous membros, Manuel Diz e Alberto Sánchez, falamos hoxe. Será ás 21:00 h.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici