Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
9 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Javier Argüelles, ANPA do CEIP de Guillarei, e Raquel Bravo, psicóloga sanitaria - II Xornadas Educativas 25.05.2023 10:51
Ás sete desta tarde terá lugar a última cita das II Xornadas Educativas, no salón de actos do Seminario Menor San Paio. A charla de hoxe será “Saúde mental na adolescencia”, ofrecida por Raquel Bravo Pereira, psicóloga sanitaria de Anarela. Ela, e Javier Argüelles, da ANPA de Guillarei, deron hoxe os detalles.
28M | Nico Montes, candidato do PP á alcaldía de Tui 25.05.2023 32:14
Entrevistamos a Nico Montes, candidato do Partido Popular á alcaldía de Tui o próximo domingo 28 de maio.
Ent. José Quinteiro e José Montes, SOS Tomiño Baixo Miño - Xantar Solidario no Rosal 24.05.2023 11:50
O próximo domingo 11 de xuño, na praza do Calvario do Rosal, SOS Tomiño Baixo Miño organiza un xantar solidario. Hoxe conversamos sobre esta iniciativas cos integrantes da organización José Quinteiro e José Montes.
Ent. Lucas Álvarez, estudante de Ciencias Políticas - Análise do debate electoral da RMT 24.05.2023 13:27
Con Lucas Álvarez, estudante de Ciencias Políticas, analizamos o debate electoral de onte na Radio Municipal de Tui.
28M | Carme Núñez, candidata do BNG á alcaldía de Tui 24.05.2023 28:37
Entrevistamos a Carme Núñez, candidata do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Tui o próximo domingo 28 de maio.
Ent. Salvador García, portavoz da Asociación de Afectados de Paramos - Quinto aniversario da explosión 23.05.2023 11:14
A Asociación de Afectados de Paramos convoca un acto ás 16:00 h desta tarde en homenaxe ás vítimas da explosión no barrio da Torre cando se cumpren cinco anos do suceso. Hoxe falamos co seu portavoz, Salvador García. Fotografía: arquivo.
28M | José Manuel Palacín, candidato de Converxencia 21 á alcaldía de Tui 23.05.2023 40:45
Entrevistamos a José Manuel Palacín, candidato de Converxencia 21 á alcaldía de Tui o próximo domingo 28 de maio.
28M | Juan José Pérez, candidato de VOX á alcaldía de Tui 22.05.2023 17:06
Entrevistamos a Juan José Pérez, candidato de VOX á alcaldía de Tui o próximo domingo 28 de maio.
Ent. Lino Martínez, organizador - XX Romería do Cabalo de Ribadelouro 19.05.2023 27:47
Dende hoxe celébrase a XX Romería do Cabalo de Ribadelouro, organizada pola Peña Cabalar Val do Louro e coa colaboración do concello de Tui e do Porriño. Terán espectáculos ecuestres, música, gastronomía e máis actividades.
28M | Rafael Estévez, número 2 da candidatura do PSOE 19.05.2023 18:24
Con Rafael Estévez, número 2 do Partido Socialista de Tui, rematamos a rolda de entrevistas ás persoas que ocupan o número 2 (ou outro posto) nas candidaturas de Tui. Con el tratamos distintas propostas do seu programa electoral.
Ent. Lucas Álvarez, estudante de Ciencias Políticas - Análise da campaña e eleccións municipais 28M 19.05.2023 13:47
Xunto a Lucas Álvarez, estudante de Ciencias Políticas, desgranamos a campaña electoral do 28M, a análise comunicativa dos partidos, o tratamento de temas ou a importancia dos medios de comunicación na propaganda política.
28M | Lola Soto, número 2 da candidatura do PP 18.05.2023 19:36
Con Lola Soto, número 2 do Partido Popular de Tui, continuamos a rolda de entrevistas de campaña cos partidos que se presentan ás eleccións do 28 de maio. Falamos de distintos temas que recolle este partido no seu programa electoral.
Ent. Álvaro Alves e Alicia González - Sabores da Raia 18.05.2023 8:03
"Sabores da Raia" é o título do evento gastronómico e cultural que se vai celebrar este sábado e domingo no parque en Friestas, en Valença reunindo á poboación das dúas beiras do Miño. O presidente da Junta de Freguesías de Friestas, Álvaro Alves, e Alicia González, da Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, contáronos hoxe o programa previsto.
Ent. Eva Pazo, ANPA Pazos de Reis, e Rosalía Campos, psicóloga de Adamia - II Xornadas Educativas 18.05.2023 10:39
O Seminario Menor de Tui acolle esta tarde as II Xornadas Educativas sobre acoso escolar ou bullying. Afondamos nesta cuestión con Eva Pazo, da ANPA de Pazos de Reis e unha das organizadoras, e Rosalía Campos, psicóloga xeral sanitaria de Adamia.
28M | Xosué Campos, número 3 da candidatura do BNG 16.05.2023 20:02
Con Xosué Campos, número 3 do BNG ás municipais de Tui, continuamos a rolda de entrevistas de campaña cos partidos que se presentan aos comicios. Falamos dos distintos temas de actualidade e que recollen os programas electorais.
28M | Eduardo Freiría, número 2 da candidatura de Converxencia 21 15.05.2023 20:17
Con Eduardo Freiría, número 2 de C21 ás municipais de Tui, continuamos a rolda de entrevistas de campaña cos partidos que se presentan aos comicios. Falamos dos distintos temas de actualidade e que recollen os programas electorais.
Ent. A. Núñez, concelleira de Comercio; S. Álvarez, Asociación de Palilleiras; e P.Pazo, de ASOTRAXE - Feira Artesanía 12.05.2023 13:53
Mañá sábado e o domingo celébrase en Tui a XXV Feira de Artesanía na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando. Hoxe déronnos os detalles Ana Núñez, concelleira de Comercio; Salomé Álvarez, da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño; e Pili Pazo, da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
28M | Fran Alonso, número 2 da candidatura de Vox 12.05.2023 13:12
Con Fran Alonso, número 2 de Vox ás municipais de Tui, iniciamos a rolda de entrevistas de campaña cos partidos que se presentan aos comicios. Falamos dos distintos temas de actualidade e que recollen os programas electorais.
Ent. Lucas González, organizador - Andaina da Comisión de Festas de Guillarei 12.05.2023 5:28
Mañá sábado ás 23:59 pecha a inscrición para participar na andaina que a Comisión de Festas de Guillarei organiza para o próximo mércores 17 de maio. Será un percorrido de 10 km con saída dende o torreiro das festas ás 10 h. Lucas González é un dos organizadores desta andaina, e deu os detalles do percorrido no programa Día a Día.
28M | Tano Guerra, candidado do BNG á alcaldía de Salceda de Caselas 11.05.2023 13:05
Tano Guerra é o candidato do BNG á alcaldía de Salceda de Caselas. Con el falamos dos resultados que agardan o 28M, do programa electoral, do seu equipo e de porque se presenta coma número 1.
28M | Cristina Correa, candidata á alcaldía de Oia polo PP 11.05.2023 7:49
Cristina Correa é a alcaldesa e a candidata do PP á alcaldía de Oia. Con ela falamos dos motivos polos que se presenta, do seu equipo, do programa electoral e dos resultados que agardan.
Ent. Eva Pazo e Eva Rodríguez, da ANPA de Pazos de Reis e de Maristas, respectivamente - II Xornadas Educativas 11.05.2023 11:33
Hoxe comezan as II Xornadas Educativas, organizadas polas ANPAS de Tui, ás 19 h no Seminario Menor. Eva Pazo, presidenta da ANPA do CEIP Pazos de Reis, e Eva Rodríguez, vicepresidenta da ANPA do Colexio Maristas Santa María, déronnos os detalles desta segunda edición.
Ent. Carmen dos Santos, presidenta de Fibromiño - Día Internacional da Fibromialxia 11.05.2023 9:07
Mañá, 12 de maio, é o Día Internacional da Fibromialxia, e a Asociación Fibromiño organiza unha actividade para pedir máis investigación deste síndrome crónico. Para coñecer todos os detalles falamos con Carmen dos Santos Suárez, presidenta de Fibromiño.
28M | Xosé Antón Rodríguez 'Xuster', candidato á alcaldía de Oia polo BNG 10.05.2023 12:26
Xosé Antón Rodríguez 'Xuster' é o candidato á alcaldía de Oia polo BNG. Con el falamos dos motivos polos que se presenta, do seu equipo, das listas xerais do seu programa e dos resultados que agardan o 28 de maio.
28M | Ent. Loli Castiñeira, candidata de Movemento Salceda á alcaldía de Salceda 10.05.2023 6:37
Loli Castiñeira é a candidata de Movemento Salceda á alcaldía de Salceda. Con ela falamos dos motivos polos que se presenta, da súa lista, do programa electoral e dos resultados que agardan o 28M.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici