Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
7 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Nuria Garabal e Andrea Comesaña, do CEIP Número 1 | Especial 25N 22.11.2024 6:14
No espazo dedicado ao 25N no programa especial Día a Día coñecemos as actividades que se van a levar a cabo nos centros educativos para conmemorar esta data. Falamos con Nuria Garabal, directora do CEIP Plurilingüe Número 1 de Tui e con Andrea Comesaña, unha das mestras do centro.
Ent. Xosé Cabido, profesor de Filosofía e impulsor de obradoiros de igualdade | Especial 25N 22.11.2024 19:26
As masculinidades disidentes centraron a conversa que mantivemos con Xosé Cabido, profesor de Filosofía e impulsor de obradoiros de igualdade dirixidos a rapaces e rapazas. Continuamos con el o noso especial 25N no programa Día a Día.
Ent. Helena Pousa, presidenta Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica - Conmemoración Mártires de Sobredo 21.11.2024 5:42
Este domingo conmemórase o 102 aniversario dos sucesos de Sobredo nos que perderon a vida Cándida Rodríguez, Venancio González e Joaquín Estévez. Como cada último domingo de novembro, este domingo á mañá terá lugar un acto conmemorativo a carón do monumento en Sobredo, Guillarei. Entre as intervencións previstas está a de Helena Pousa, presidenta Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. Co...
Ent. Beatriz Rodríguez, secretaria | Asociación Callejeriños Tudenses 21.11.2024 6:29
En Tui vense de constituír a asociación Callejeriños Tudenses centrada no coidado dos gatos ue hai nas rúas da cidade. Hoxe Beatriz Rodríguez,secretaria da asociación explicaba que é Callejeriños Tudenses e porque as persoas que a integran decidiron dar o paso e constituírse como colectivo. As persoas interesadas poden contactar con Callejeriños Tudenses no correo callejerostudenses@hotmail.com. E...
Espazo Comercio | O Fuchique 21.11.2024 6:44
Hai seis meses que comezou a súa O Fuchique. Ao seu fronte está Cristina Rodríguez, quen explicaba que se dedican a entrenar marcas corporativas e persoais. Así nolo contou no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI.
Especial 25 N | Equipo VioGén da Garda Civil 20.11.2024 18:43
O cabo primeiro, José Luis Gaspar; Silvia Rodríguez; Carlos Tajes; Jennifer Stegemann; Sergio Álvarez; e Mónica Iglesias conforman o equipo VioGén da Garda Civil que actúa en Tui e na comarca do Baixo Miño. Cubre un total de 14 concellos dos partidos xudiciais de Tui e de Ponteareas. Cos catro primeiros falamos hoxe no programa Día a Día, no especial 25 N.
Ent. Eloy Carrera e Miguel Prado, Banda de Música Popular de Tui, e José Carlos Montes, SOS Tomiño | Concerto Santa Icía 19.11.2024 9:00
“Dj Sinfónico” é o título do concerto de Santa Icía que este sábado, ás 19 h, vai ofrecer a Banda de Música Popular de Tui. Será un evento solidario en favor de SOS Tomiño-Baixo Miño. Falamos co director da Banda, Eloy Carrera; cun dos integrantes, Miguel Prado; e, dende SOS Tomiño Baixo Miño, José Carlos Montes.
Ent. Demetrio Fernández, promotor, e Elena García, técnica | Comunidade enerxética de Salceda 19.11.2024 11:29
Hoxe coñecemos máis da comunidade enerxética de Salceda de Caselas da man do seu promotor, Demetrio Fernández, e da súa técnica, Elena García.
Ent. Carmen González e Ana Rodríguez | Especial 25N recursos a dispor da vítimas de violencia de xénero e o seu entorno 19.11.2024 26:20
Hoxe continuamos no espazo dedicado ao 25N no programa especial Día a Día coñecendo os recursos que están a dispor das mulleres vítimas de violencia de xénero ou do seu entorno. Fixémolo con Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, e Ana Rodríguez, xurídica do Centro de Información á Muller, CIM, de Mos.
Ent. Rafael Estévez, Arlindo Sousa e Justi Peixoto | VIII Urban Trail Night 19.11.2024 14:00
Este sábado 23 celébrase na Eurocidade Tui-Valença a oitava Urban Trail Night que partirá dende Valença e rematará en Tui. Hoxe falamos con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Arlindo Sousa, vereador de Desporto de Valença e Justi Peixoto, de Sra. Emilia e un dos organizadores, para coñecer todos os detalles desta cita que agarda chegar aos 600 participantes.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | Programación 25N 2024 18.11.2024 23:52
“Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz, contra as violencias machistas!” é o lema da programación do 25N do Concello de Tui. Hoxe falamos da mesma coa concelleira de Igualdade, Ana Núñez. Con ela abrimos o espazo dedicado ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero que imos realizar diariamenta até o próximo mércores 27.
Ent. Polo Quinteiro e Ruth Villar, do Banco de Alimentos, e José Quinteiro, de SOS Tomiño | Gran recollida de alimentos 18.11.2024 10:32
Este venres día 22 e o sábado 23 terá lugar a gran recollida de alimentos organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e SOS Tomiño Baixo Miño. Polo Quinteiro, vicepresidente do Banco de Alimentos; Ruth Villar, responsable de prensa do mesmo; e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño explicaron como podemos colaborar nesta iniciativa solidaria.
Ent. María Alonso, Sandra Pan e Vanesa Rodríguez, de Diversidades Acolle | Iniciativa solidaria "Gnomos e bufandas" 18.11.2024 9:45
"Gnomos e bufandas" é a iniciativa posta en marcha dende Diversidades Acolle para achegar a maxia do Nadal a aquelas persoas que atenden nos seus centros. Coñecemos máis deste proxecto cunha das traballadoras sociais do centro, Sandra Pan; unha das educadoras, María Alonso; e unha das orientadoras laborais, Vanesa Rodríguez.
Ent. Noemí Guisande, Cine Club Tui | Proxección do martes 19 de novembro 18.11.2024 3:10
"O crespúsculo dos deuses" de Billy Wilder é a película que proxecta mañá martes o Cine Club Tui. Lembramos que haberá dúas sesións: unha ás 18:30 h e outra ás 20:45 h na aula da UNED. Noemí Guisande do Cine Club Tui falounos da trama da película.
Ent. Antonio Paz, experto en dixitalización | Mentoring para comercio local 15.11.2024 9:07
Este domingo remata o prazo de inscrición para o programa de mentoring destinado a guiar ao comercio local no seu proceso de dixitalización que organiza o Concello de Tui. Antonio Paz é o encargado de impartir este programa.
Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano; e Moisés Barcia, director de Sushi Books | Pack Gnomos 15.11.2024 6:48
Somos Océano e Sushi Books uníronse para achegar ás novas xeracións a historia do libro "Gnomos", que inspirou a creación da serie "David, el Gnomo". Coñecemos máis sobre esta unión con Ana Carpintero, de Somos Océano; e Moisés Barcia, director de Sushi Books.
Ent. Juan González, presidente de Protección Civil de Tui; e Silvia Bouza, de Toke de Queda | Gala solidaria 15.11.2024 6:58
Mañá sábado terá lugar a Gala Solidaria de Protección Civil de Tui en favor de Aceesca e Galiclown. Actuarán o grupo tudense Toke de Queda e o humorista Damián Alonso. Será ás 20 h no Teatro Municipal de Tui. Falamos con Juan González, presidente de Protección Civil de Tui; Silvia Bouza, de Toke de Queda; e tamén con Damián Alonso.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador | 401 aniversario do falecemento de Francisco Sánchez 15.11.2024 10:53
Hoxe coñecemos máis ao filósofo e médico tudense Francisco Sánchez polo 401 aniversario do seu falecemento. Facémolo co historiador Rafael Sánchez Bargiela.
Ent. Paula Pier, artista | "Eu, Fraude", no Teatro Municipal de Tui 15.11.2024 4:20
O espectáculo teatral, musical e poético “Eu, Fraude” de Paula Pier pecha hoxe a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. En escena estarán Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez e María Velasco. A cita será ás 21 h e as entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 8€ e 6€. A artista deunos todos os detalles da súa proposta.
Ent. Manuel Madarnás, música, e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | Xira Mmarca Opus 14.11.2024 4:01
Manuel Madarnás ofrece un concerto dentro do seu proxecto Mmarca, Opus, no Rosal. Será este domingo 17 de novembro ás 19 h no Auditorio Municipal, con entrada libre e gratuíta. Estará acompañado pola Banda de Música Popular de Tui. Eloy Carrera, director da banda tudense, e Manuel Madarnás, déronnos os detalles.
Ent. José Álvarez e Vicky Méndez da Asociación A Insua | San Martiño 14.11.2024 5:59
A parroquia tudense de Caldelas celebra esta fin de semana a San Martiño cun amplo programa de actividades con citas gastronómicas, musicais e culturais. Do mesmo déronnos conta José Álvarez e Vicky Méndez da Asociación Cultural A Insua.
Ent. Natalia Jorge Pereira, doutora en Historia Contemporánea | Tese doutoral sobre o contrabando na raia 14.11.2024 13:03
Natalia Jorge Pereira é doutora en Historia Contemporánea e tomiñesa. Hoxe coñecemos máis polo miúdo a súa tese “Actitudes e comportamentos sociais nos concellos fronteirizos de Tomiño e Cerveira ante as ditaduras de Franco e Salazar na década de 1940 dende outubro de 2024".
Ent. Litus, cantante | Concerto en La Fábrica de Chocolate (Vigo) 14.11.2024 14:41
Litus conquistou o estudo da nosa radio coa súa guitarra e voz. Este músico saltou á fama tras formar parte da banda de Andreu Buenafuente no programa Late Motiv, e agora está presentando o seu último disco. Este sábado día 16 de novembro fará parada en Vigo, ás 22 h, en La Fábrica de Chocolate.
Ent. Óscar Rovira e Ali Prieto, voluntarios de Protección Civil | Axuda en Alfafar (Valencia) tras a DINA 13.11.2024 11:41
Tres voluntarios de Protección Civil de Tui desprazáronse a pasada semana até Alfafar, unha das poboacións afectadas tras a DINA en Valencia, para axudar nas tarefas de baleirado de fango e desentullo. Foron Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi. Cos dous primeiros coñecemos máis sobre a súa experiencia no terreo.
Ent. Marta Morais, farmacéutica tudense en Valencia | Situación tras a DINA 13.11.2024 10:33
A onda de solidariedade tras o paso da DINA en Valencia superou calquera previsión. Hoxe quixemos coñecer a situación que se está a vivir na comunidade valenciana dúas semanas despois, e facémolo cunha tudense que vive alí. Marta Morais é farmacéutica e é unha das miles de persoas voluntarias que se achegaron até a zona cero.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici