Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
6 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Chus López e Jorge Lima, membros de Old Bridge | Actuación no Porriño 27.03.2025 4:27
O grupo Old Bridge, formado por músicos de Tui e Valença, actuará este sábado, ás 22.30 horas, no Bar Liceum no Porriño. Interpretarán temas de blues, funky, reggae e rock&roll dende os anos 50' até a actualidade. Así nolo contaron hoxe Chus López e Jorge Lima, membros da banda, que destacaron a importancia de que os establecementos aposten por acoller actuacións musicais en directo. A entrada par...
Ent. Frans Banfield | Segunda Jam Session 27.03.2025 4:35
A música encherá de novo mañá dende ás 21 h o espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela coa segunda Jam Session froito da colaboración entre o Concello de Tui e FB Produxion. A banda base volverá ser Red Duck Blues formada por Fiz Novoa, Mike Trompi, Juanmma Ons, Frans Banfield e Diego García, que interpretarán temas de soul, jazz, e funky, xunto a todos aqueles músicos e músicas que queiran su...
30 anos de Ponte... nas Ondas! | Diana Gonçalves, cineasta tudense 26.03.2025 6:51
Tamén dende o cine visibilízase e promociónase o patrimonio cultural inmaterial de Galicia e o Norte de Portugal. Testemuña disto é a cineasta tudense Diana Gonçalves, que dende os seus primeiros filmes apostou por visibilizar, dende unha perspectiva de xénero, a historia das trapicheiras e das mulleres da raia. Con ela compartimos hoxe espazo no 30 aniversario de Ponte... nas Ondas!.
30 anos de Ponte... nas Ondas! | Álvaro Campelo, antropólogo 26.03.2025 9:11
O antropólogo Álvaro Campelo foi un dos ideólogos que no 1995 comezou a imaxinar Ponte... nas Ondas! Hoxe, no 30 aniversario deste proxecto, coñecemos con el como foron os comezos e a importancia de continuar promocionando o patrimonio cultural inmaterial na nenez e na mocidade.
30 anos de Ponte... nas Ondas!| Alberte Valverde, profesor; Mara Argüelles e Micaela Passos, alumnas, do IES Pérez Tizón 26.03.2025 6:13
Ponte... nas Ondas! leva trinta anos conectando os centros educativos e o alumnado coa radio e co impulso do patrimonio cultural inmaterial de Galicia e Portugal. Hoxe coñecemos o proxecto radiofónico e pedagóxico do IES Indalecio Pérez Tizón co profesor Alberte Valverde e dúas alumnas, Mara Argüelles e Micaela Passos.
30 anos de Ponte... nas Ondas! | Santiago Veloso, presidente; e Chus Álvarez, secretaria 26.03.2025 8:02
No 30 aniversario de Ponte... nas Ondas!, facemos balance da súa historia e poñemos o foco no futuro co seu presidente, Santiago Veloso; e coa secretaria, Chus Álvarez.
30 anos de Ponte... nas Ondas! | Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; e presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira 26.03.2025 9:18
Ponte... nas Ondas! comezou as súas emisións no ano 1995. Hoxe 26 de marzo o edificio da antiga alfándega de Valença acolleu un programa especial para celebrar estes 30 anos de historia, e dende a Radio Municipal de Tui sumámonos cun especial Día a Día. Conversamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; e co presidente da Cámara Municipal de Valença, José Manuel Carpinteira, sobre esta unión entre...
Ent. Alberto Carrera, escritor | Libro "Borradores" 25.03.2025 7:16
O tudense Alberto Carrera publicou a pasada semana o seu primeiro libro, "Borradores". Unha obra conformada por 80 relatos nos que o tudense comparte reflexións, pensamentos e situacións persoais da súa vida. Con Alberto Carrera falamos hoxe sobre o seu debut coma escritor e do seu futuro.
Ent. Raquel Areal, violinista na Orquestra Sinfónica de Berlín | Concerto en Hong Kong 25.03.2025 4:59
A violinista tudense Raquel Areal será unha das grandes protagonistas do Concerto Anual de Gala da Orquestra Sinfónica da Universidade Baptista de Hong Kong 2025. Será a primeira vez que a tudense actúe na cidade chinesa. Farao o martes, 1 de abril, no Hong Kong Cultural Centre Concert Hall. Hoxe Raquel Areal contounos como se está preparando para esta gran cita.
Espazo Comercio | Fran Peixoto de Sra. Emilia Axencia de Comunicación 25.03.2025 8:56
A axencia de comunicación Sra. Emilia oferta novos servizos enfocados á publicidade dixital e sobre todo nas connect TV. Hoxe coñecemos estas novidades con Fran Peixoto, de Sra. Emilia, no Espazo Comercio en colaboración con ACITUI.
Ent. Eloy Carrera, director da Banda Xuvenil de Tui | I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís 24.03.2025 5:57
Este sábado día 29 celébrase en Tui o I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, ás 19 h no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Actuarán a Banda Xuvenil de Tui e as bandas Infantil e Xuvenil da Agrupación Musical de Vincios. Eloy Carrera, o director da banda tudense, deu conta hoxe da creación desta agrupación, que conta xa con 20 nenos e nenas.
Ent. Xacobe Morais de Concepto by Persa - A Quinta de Tui Futsal | Balance da temporada 24.03.2025 15:49
O Concepto by Persa - A Quinta de Tui Futsal vén de gañar esta fin de semana por 3-6 a As Neves. Hoxe Xacobe Morais, da Quinta de Tui Futsal deu conta na nosa sintonía da "boa saúde" da que gozan os 17 equipos que conforman o club, e tamén fixo balance da temporada. Ademais, quixo facer unha reflexión sobre a crispación que observa no público na actualidade, sobre todo, cara aos árbitros e árbitra...
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Mystery Train 24.03.2025 3:41
"Mystery Train" é a primeira das películas de Jim Jarmusch que vai proxectar o Cineclub Tui. Será mañá, martes, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, ás 18.30 e as 20.45 horas. Coñecemos máis deste filme con Noemí Guisande, do Cineclub Tui. A entrada é de 2 euros para os socios e de 4,5 euros para público xeral.
Ent. José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença | Festival gastronómico da Lamprea 21.03.2025 4:45
Hoxe, venres, deu comezo o Festival Gastronómico “Sabores da Lamprea do Río Miño” en Sao Pedro da Torre, en Valença, que se vai celebrar até este domingo. Ao longo destas tres xornadas poderase degustar a lamprea cociñada de diversas maneiras. Hoxe coñecemos os detalles desta cita co presidente da Cámara Municipal de Valença, José Manuel Carpinteira.
Ent. Kevin Yeoman, músico tudense | Sinxelo "Volar" 21.03.2025 7:12
"Volar" é a nova canción do músico tudense Kevin Yeoman, que lanzou xunto a Mario González. Unha canción que fala dunha ruptura amorosa. Hoxe coñecimos máis sobre o este lanzamento musical da man do seu intérprete, Kevin Yeoman e, en exclusiva, escoitamos o seu último tema "Báilame", a dúo coa cantante, tamén tudense, Lara González.
Ent. David Acevedo, coordinador da agrupación HQR e redactor xefe de deportes do Diario de Pontevedra | Ultreia 2025 21.03.2025 5:41
Este domingo, día 23, pecha o prazo de inscrición da Ultreia 2025 entre Tui e Pontevedra, que se celebrará o domingo 6 de abril. Unha proba que xa batiu récord de participación, superando os 600 inscritos. David Acevedo, coordinador da agrupación HQR e redactor xefe de deportes do Diario de Pontevedra, daba conta destas boas cifras e dos detalles da proba. Os interesados en apuntarse poden facelo...
Ent. Xosé Carlos Blanco, da asociación San Xerome | Premio Sociais 20.03.2025 9:10
Xosé Carlos Blanco foi recoñecido cun dos premios "Sociais" entregados este martes pola Deputación de Pontevedra recoñecendo así a súa traxectora ao fronte do Centro San Xerome. Unha viaxe, que coma el mesmo relataba, estivo chea de bicos e abrazos, e na que non camiñou so. Os 3 mil euros, cos que está dotado o premio, doaos ao proxecto Fogares SanXe.
Ent. Carmeliña García, poetisa | Presentación "Un camino en el ocaso" 20.03.2025 10:14
Mañá, venres, coincidindo co Día Mundial da Poesía, terá lugar unha presentación, firma e recital poético da nova obra de Carmeliña García, "Un camino en el ocaso". Será ás 18.00 horas no Centro sociocomunitario de Tui. Este é o oitavo libro da poetisa que hoxe presentou na nosa sintonía.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | Programación 8M - Mercado Elas Facedoras 20.03.2025 9:29
"Elas Facedoras" é o nome de mercado de mulleres creadoras que se vai celebrar este sábado e domingo no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Preto dunha trintena de mulleres presentarán as súas creacións en xoeiría, decoración, moda, ilustración, gastronomía,... Amais está prevista unha mesa redonda sobre o papel da muller na cultura, dous concertos das cantautoras Carolina Rubirosa e Let...
Ent. María Xosé Porteiro, escritora | Presentación do libro "As benfaladas" 20.03.2025 6:12
María Xosé Porteiro presentará hoxe xoves, ás 19 h, na sala Félix Rodríguez, o seu libro "As benfaladas". Será a través dunha conversa con Paula Cabaleiro. Con María Xosé Porteiro, escritora, xornalista, política..., falou hoxe do seu novo libro no programa Día a Día, onde convidou ao acto desta tarde.
Ent. María Pérez, gaiteira tudense | Actuacións na rúa 19.03.2025 9:24
María Pérez é unha gaiteira tudense que dende os 6 anos practica con este instrumento. Hai 3 anos decidiu comezar a tocar no Camiño de Santiago e tras esta experiencia lanzouse a tocar nas rúas de Tui, Vigo ou Pontevedra. Hoxe coñecimos a súa historia.
Ent. Álvaro Lamas, médico na Guarda e Ernesto Cañedo, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui|Proxección DEP 19.03.2025 13:13
Mañá, xoves, ás 20.00 horas proxectarase o documental "DEP", Destruir é o Plan, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Con Álvaro Lamas, médico de familia na Guarda e Ernesto Cañedo, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, conversamos sobre esta proxección que aborda o deterioro da Sandidade Pública, e sobre a situación actual dos ambulatorios de Tui e A Guarda. O acto...
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Asemblea e campañas 18.03.2025 7:35
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, celebrou onte á tarde asemblea ordinaria. O seu presidente, Pepe Míguez, amosou a súa satisfacción pola asistencia á asemblea, na que presentaron as contas, cun superavit de máis de 12 mil euros en 2024, e deron conta das campañas anuais que van realizar. Por outra parte fixo un balance positivo da campaña Tú-Y D'Tapas.
Ent. Uxía Hermida, humorista e educadora social | Programa O novo rei da comedia 17.03.2025 9:28
A tudense Uxía Hermida é unha das dez concursantes que participan no programa da TVG "O novo rei da comedia", que se pode seguir cada domingo, ás 22.30 horas. Coñecemos hoxe a esta humorista e educadora social, que nos contou que papel xoga a comedia e o humor na súa vida.
Ent. Begoña Martínez e Jose Claudio Cardoso|Nova directiva da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Sta Casa da Misericordia 17.03.2025 16:29
A Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia conta cunha nova directiva dende o pasado mes de novembro, integrada por 14 persoas. A súa presidenta é Begoña Martínez, hoxe falamos ela e co vogal de honra, José Claudio Cardoso, desta nota etapa na Irmandade, e dos preparativos que iniciaron xa de cara á Semana Santa. As persoas interesadas poden contactar coa Irmandade os xoves de...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici