Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
5 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe de Tui | Desfile exaltación do traxe tradicional 21.04.2025 6:04
Este domingo, día 27, ás 12.30 horas terá lugar o desfile exaltación do traxe tradicional, dentro da programación das Festas de San Telmo. Será dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando. Pilar Pazo, secretaria da Asociación do Traxe de Tui, explicaba que o desfile ten carácter solidario coa Asociación San Vicente de Paul.
Ent. Paula Romero, de A Gramola Gominola | Concerto familiar Festas de San Telmo 21.04.2025 3:27
Hoxe prosegue a programación das Festas de San Telmo cunha cita para os máis pequenos e pequenas da casa co concerto de A Gramola Gominola. Será a partir das 18.00 horas no Teatro Municipal con entrada libre e gratuíta até completar aforo. Paula Romero, integrante da agrupación, daba todos os detalles desta cita musical na que interpretarán temas dos seus tres discos.
Ent. Toninho de Poi, de Heredeiros da Crus | Concerto nas festas de San Telmo 16.04.2025 4:57
Tonhito de Poi é un dos integrantes de Heredeiros da Crus. Hoxe contounos coma vai ser o concerto que, dentro das Festas de San Telmo, van ofrecer este domingo, ás 19.30 h no Espazo Feiral. Non faltarán os seus grandes éxitos xunto aos novos temas do seu disco “Trankimasin”.
Ent. Primeiro Encontro de Bandas de Gaitas 16.04.2025 9:11
As catro bandas de gaitas de Tui, Arume, A Insua, Guillarei e Paramos, protagonizan este sábado o I Encontro de Bandas de Gaitas que se vai celebrar dentro das Festas de San Telmo. Será ás 21 h no Espazo Feiral de Tui. Hoxe coñecemos máis detalles con Ramón Corral, director de Arume; Merchi Fernández, da Insua; Raimundo Dacuña, da banda de Guillarei; e María José Fernández, de Paramos.
Ent. Miguel Rodríguez, cociñeiro do Parador de Tui|Festa do Meixón 2025 16.04.2025 5:47
O Parador de Tui é un dos sete establecementos que participan na Festa do Meixón que se celebra até o luns 28 de abril, coincidindo coas festas de San Telmo. Este prezazo produto do Miño pódese degustar, previa reserva, a un prezo de 80 euros por ración. Miguel Rodríguez, cociñeiro do Parador de Tui, fixo balance destas primeiras xornadas e do valor do meixón como seña de identidade tudense.
Ent. Begoña Martínez, presidenta Irmandade Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia | Semana Santa 15.04.2025 6:38
Unha nova procesión no Xoves Santo incorpórase este ano á programación da Semana Santa en Tui. Begoña Martínez, presidenta da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia deu conta dos distintos actos previstos até este próximo domingo.
Espazo Comercio | Mar López de MyR Lanas 15.04.2025 9:07
Hoxe abrimos un novo tempo do Espazo Comercio que levamos a cabo en colaboración con ACITUI. Mar López, de MyR Lanas. Este establecemento comezou a súa actividade hai case 20 anos. Na actualidade está situado na rúa Compostela. Neste tempo foise renovando e adaptando aos novos tempos.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Programación Festas de San Telmo 2025 15.04.2025 7:08
Este sábado, 19 de abril, comezan as Festas de San Telmo 2025. Por diante dez días con multitude de actividades culturais, deportivas, musicais, de lecer.... para vivir na rúa e compartir. Así o destacou hoxe a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes e Laura Solla do Atletismo Tui |Carreira Popular de San Telmo 2025 15.04.2025 7:41
Nas festas de San Telmo o deporte está tamén presente. Unha das citas é a Carreira Popular de San Telmo, que será solidaria con SOS Tomiño - Baixo Miño. Amais este ano será I Memorial Xosé Martínez Tato, en recoñecemento ao promotor deste evento e fundador do Atletismo Tui. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla do Atletismo Tui lembraron que a inscrición está aberta até ás 23 h do...
Ent. G Face, cantante | Concerto Festas de San Telmo 14.04.2025 7:53
G Face actuará o primeiro sábado das Festas de San Telmo inaugurando a súa primeira xira. Será este 19 de abril ás 00 h no Espazo Feiral. Con el conversamos hoxe sobre este concerto que, explicaba, é moi especial para el.
Ent. Claudia Montes, de Altitude | Actividades Semana Santa 14.04.2025 5:10
Unha ruta polos cinco miradoiros do Monte Aloia é a oferta que abre Altitude, Ocio e Educación Ambiental a partir desta Semana Santa. Unha actividade que se levará a cabo todos os días ás 10.30 h e ás 16.30 h, e martes e xoves tamén ás 20 h. Hoxe deu os detalles Claudia Montes, quen tamén avanzou outras iniciativas que chegan de cara ao verán.
Ent. Avelino González, actor e monologuista | Pregón Festas de San Telmo 2025 14.04.2025 16:34
O pregón das Festas de San Telmo abrirá a programación deste ano este sábado 19 de abril ás 12.45 h dende o balcón do edificio da Praza da Inmaculada. O pregoeiro será Avelino González, actor, monologuista e contador de historias que garda lembranzas moi especiais de Tui. Hoxe coñecemos con el un adianto do que será o pregón deste 2025.
Ent. Miriam Barbosa, artesá de palmas | Domingo de Ramos 11.04.2025 7:50
Este domingo día 13 celébrase o Domingo de Ramos. Unha xornada na que as igrexas se enchen de ramos de olivos e palmas que son bendecidos. Hoxe coñecemos a Miriam Barbosa, artesá que se dedica a facer palmas en Tui e na contorna. Este ano elaborou 150 para persoas adultas e 100 para bebés.
Ent. Felicitas Iglesias, Luisa Blanco, e Alba Álvarez, da Asociación Párkinson Baixo Miño | Día Mundial do Párkinson 11.04.2025 22:49
Hoxe 11 de abril é o Día Mundial do Párkinson e para conmemoralo mantivemos unha conversa con Felicitas Iglesias, Luisa Blanco e Alba Álvarez da Asociación Párkinson Baixo Miño. Con elas abordamos tabúes que aínda existen arredor desta patoloxía, visibilizamos o labor da asociación e damos os detalles da gala que celebran o vindeiro 3 de maio.
Ent. Xiana Pérez, divulgadora gastronómica | Experiencias enogastronómicas 11.04.2025 5:57
A divulgadora gastronómica Xiana Pérez levará a cabo unha serie de experiencias enogastronómicas no Mercado de San Antonio o Xoves e Venres Santo, e logo na semana de San Telmo. Teñen un prezo de 35€ euros/persoa e é precisa inscrición previa no 667 879 113 ou en galicianfoodexperience@gmail.com. Hoxe contounos en que van consistir.
Ent. Judit Bernárdez e Quique Pérez, da Asociación Non Damos Feito | Galimpiadas 10.04.2025 7:22
Futbolín, tute, billar, dardos ou pulso son algunhas das probas que forman parte das Galimpiadas que do 5 ao 7 de xuño vanse celebrar en Caldelas. As inscricións xa están abertas nas redes sociais das Galimpiadas. Hoxe déronnos os detalles desta actividade Judit Bernárdez e Quique Pérez, organizadores, da Asociación Non Damos Feito. Tamén deron conta do Triatlón Galímpico que celebrarán o 3 de mai...
Ent. Sabela Martínez e Sabela Pazo, de Pioneiros de Scouts Alhoia | Xogo da Lura 10.04.2025 3:54
A rama dos Pioneiros do grupo Scouts Alhoia organiza para este sábado día 12 o Xogo da Lura, unha iniciativa solidaria coa que buscan recadar alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño. A cita será na praza da Estrela de Tui a partir das 11.30 h con distintos xogos e propostas ao longo de dúas horas. Sabela Martínez e Sabela Pazo, dos Pioneiros, explican en que vai consistir esta actividade.
Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc | Retrospectivas 09.04.2025 4:38
O festival Play Doc, que se celebrará do 7 ao 11 de maio, ofrecerá este ano a primeira retrospectiva española dedicada ao cineasta estadounidense Michael Roemer e o recoñecemento ao labor da Film Heritage Foundation na preservación do cinema indio rexional. Hoxe, co codirector do festival tudense, Ángel Sánchez, coñecemos máis detalles.
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Sorteo da Campaña do Día do Pai 09.04.2025 3:08
Do 1 ao 19 de marzo ACITUI desenvolveu a Campaña do Día do Pai. Hoxe no programa Día a Día realizouse o sorteo de 2 vales de 20 euros entre as 914 papeletas das 1.000 repartidas polos 34 comercios locais que participaron na iniciativa.
Ent. Manuel Vázquez de la Cruz e María Teresa Vázquez de la Cruz | Premios Cidade de Tui 2025 09.04.2025 18:09
Manuel e María Teresa 'Marita' Vázquez de la Cruz recibirán o próximo sábado, 19 de abril, o Premio Cidade de Tui na categoría individual ex aequo. O Concello de Tui entregará os galardóns nunha gala que se celebrará no Teatro Municipal ás 18.30 h. Hoxe contaron na Radio Municipal de Tui que supón para eles este recoñecemento.
Ent. Pepe Míguez de Concepto By Persa Cociñas | Espazo Comercio 08.04.2025 6:13
Hoxe no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, recibimos a Pepe Míguez, de Concepto By Persa Cociñas. Conversamos con el sobre o proxecto de estudo e tenda de cociña, promocións actuais no establecemento e tamén dos seus plans de futuro.
Ent. Marcos Casaleiro, asesor de clientes e Javier Suárez, promotor agropecuario de Mapfre| Charla Seguros Agrarios 08.04.2025 5:44
Este xoves día 10 o salón de plenos do Concello de Tomiño acollerá a charla "Seguros agrarios. Protección esencial para a agricultura do Baixo Miño", organizada por Acubam en colaboración con Mapfre. Será ás 17.00 horas con entrada libre. A cargo da ponencia estará Javier Suárez, promotor agropecuario de Galicia de Mapfre, acompañado de Marcos Casaleiro, asesor de clientes da zona de Mapfre. Ambos...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui | Campamento Igual É + 07.04.2025 4:15
O Concello de Tui volve ofertar este verán o Campamento Igual É +, con catro quendas nos meses de xullo e agosto para nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prazo de solicitude abre este 30 de abril ate o 14 de maio. Hoxe, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, deu conta de todos os detalles.
Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artístico Ribex | Campionato de España 2025 07.04.2025 3:30
Esta fin de semana, do 12 e 13 de abril, o Club de Patinaxe Artístico Ribex participa no Campionato de España que se celebra en Reus, despois de ser campión galego en Show Grande. Hoxe a adestradora de Ribex, Carolina Figueroa, contounos como afrontan esta destacada cita no seu calendario.
Ent. Noemí Guisande, Cineclub Tui | Proxección "Top Secret!" 07.04.2025 3:31
O Cineclub Tui homenaxea mañá martes ao actor Val Kilmer, recentemente falecido, coa proxección da película "Top Secret!". Será cunha única sesión, ás 20.45 horas no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. O prezo é de 4,5 € para público xeral e 2 € para persoas socias. Así nolo explicou Noemí Guisande, do Cineclub Tui.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici