Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
5 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Pilar Gregores, membro de Femupo | Proxectos " Femupo contigo" e "Ás" 12.05.2025 6:56
A Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra, FEMUPO, desenvolve dous proxectos destinados á formación e apoio a mulleres no mercado de traballo e tamén no manexo profesional de drons. Son "FEMUPO contigo" e "Ás". Sobre ambas iniciativas conversamos hoxe con Pilar Gregores, membro de FEMUPO.
Ent. Josefa Rodríguez e Esperanza Martínez, da Asociación de Fibromialxia do Baixo Miño | Día Mundial da Fibromialxia 12.05.2025 12:38
Hoxe, 12 de maio, conmemórase o Día Mundial da Fibromialxia, unha enfermidade crónica que produce dor musculoesquelético xeralizado cunha hipersensibilidade esaxerada. Unha doenza con diagnóstico complicado. Hoxe conversamos con Josefa Rodríguez e Esperanza Martínez, secretaria e tesoureira da Asociación de Fibromialxia do Baixo Miño (respectivamente).
Especial Play Doc 2025 | Público 10.05.2025 6:48
No programa especial Play Doc, hoxe compartimos impresións con catro persoas que acudiron como público á proxección das catro curtametraxes da Competición Galicia nesta tarde de sábado. Falamos con Elena, Ínsua, Claudia e Xoán.
Especial Play Doc 2025 | Eloy Domínguez Serén, cineasta 10.05.2025 6:14
Mañá domingo proxectaranse as sete pezas realizadas polas persoas participantes no obradoiro de cinema comunitario "A noite en vela", impartido polo cineasta Eloy Domínguez Serén. A proxección será ás 11 h no Teatro Municipal.
Especial Play Doc 2025 | Curtametraxes Competición Galicia 10.05.2025 20:02
Hoxe sábado proxectáronse en Play Doc catro curtametraxes que entran este ano na Competición Galicia. Hoxe, no programa especial Play Doc, conversamos cos seus directores e directoras: Carmen Méndez, directora de "Pura"; Alba Domínguez e Nuria Vil, de "Delincuente"; Fran Rodríguez, de "Patios de luz"; e Luis Morla, de "O costume do traballo".
Especial Play Doc 2025 | Beli Martínez, productora e programadora 10.05.2025 8:13
Con Beli Martínez, productora e programadora, abordamos no especial Play Doc a situación actual do cinema galego e a evolución que experimentou nos últimos anos. Tamén nos contou en que está a traballar nestes momentos.
Especial Play Doc 2025 | Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui 10.05.2025 8:23
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou no Especial Play Doc, o compromiso da institución municipal co festival de cinema, que contribúe á internacionalización da cidade, á promoción do patrimonio e do propio municipio. Salienta Enrique Cabaleiro que Play Doc é un dos grandes festivais de cinema.
Especial Play Doc 2025| María Yañez, Xacio Baño e Fon Cortizo de Coming Soon 10.05.2025 9:31
María Yañez, Xacio Baño e Fon Cortizo presenta en Play Doc un avance dos proxectos nos que están a traballar, "Kiro", "Despois das cidades" e "Notas entre Silencios", respectivamente. No especial Play Doc contáronnos en que momento están eses proxectos, en fases moi distintas, que presentan en Coming Soon.
Especial Play Doc 2025 | Brais Romero, productor de “Sepárasche moito” de Paula Veleiro 10.05.2025 6:12
Brais Romero é o productor de “Sepárasche moito”, a ópera prima da cineasta ourensá Paula Veleiro. Con el falamos no especial Play Doc.
Especial Play Doc 2025 | Michael Wahrmann, xurado de Competición Galicia 10.05.2025 5:59
Michael Wahrmann, cineasta, productor e diseñador gráfico, é un dos membros do xurado de Competición Galega xunto a Ana Domínguez e Silvia Fuente. Con el falamos do papel do xurado e das películas galegas que optan ao premio de Play Doc este ano.
Especial Play Doc 2025| José Manuel Sande, programador de cine 10.05.2025 12:05
As retrospectivas dedicadas a Michael Roemer, Monte Hellman, Elaine May e ao cinema indio a través da Film Heritage Foundation centraron a conversa que no especial Play Doc mantivemos con José Manuel Sandre, programador de Cine.
Especial Play Doc 2025 | Jesus Silva, director de A Cuarta Parede 10.05.2025 6:13
Jesus Silva, director de A Cuarta Parede, estivo no programa especial Play Doc para falarno desta revista dixital que foi pioneira ao editar na crítica cinematográfica en galego.
Especial Play Doc 2025 | Camilo Restrepo, director de O Cuarto de Sombras 10.05.2025 5:56
No especial Play Doc conversamos con Camilo Restrepo, director de "O cuarto de sombras". Con este film, co que participou xa en Ventura, agora compite na Sección Internacional.
Especial Play Doc 2025| Carmen Méndez, directora de "Pura" 10.05.2025 11:25
A actriz e directora Carmen Méndez presenta en Play Doc a súa primeira curtametraxe, ‘Pura’. Contounos como foi a especial de pórse ao outro lado na cámara, nunha viaxe na que buscou respostas e que foi en certo xeito sanadora. A peza documental é un regreso a casa, un reencontro en moitos sentidos coa súa nai e a súa avoa.
Especial Play Doc 2025| Sara García, codirectora de Play Doc 10.05.2025 9:18
No especial Play Doc da Radio Municipal de Tui conversamos con Sara García, codirectora do festival, sobre estes 21 anos de traxectorias deste evento que cada ano reúne en Tui a destacados directores/as, realizadores, productores e productoras, crítica, público en xeral. Tamén nos contou o que realizan para “rescatar” nas retrospectivas a grandes nomes do cinema documental.
Ent. Gilberto Gómez, bispo de Abancay (Perú) | Elección do novo papa 09.05.2025 9:58
Gilberto Gómez, natural de Crecente, é bispo de Abancay, en Perú, país no que compartiu moitos anos de labor co novo papa, León XIV. Con Gilberto Gómez conversamos hoxe sobre a elección de Robert Francis Prevost Martínez como novo pontífice e sobre o que significa para a comunidade católica.
Ent. Javier Niño, coordinador técnico do CB Tui | Campamento de verán e final de temporada 09.05.2025 3:41
O CB Tui organiza un verán máis o seu campamento, este ano do 23 ao 28 de xuño, con actividades como sendeirismo, canoas, xogos populares e baloncesto. Hoxe coñecemos os detalles con Javier Niño, coordinador deportivo do club. Amais, conversamos con el sobre o último partido da temporada do equipo senior, que xogará mañá sábado ás 20 h no pavillón municipal de Tui; e facemos balance da temporada.
Ent. Pablo Rodríguez, presidente do Club Balonmán Tui; e Jacobo Gregores, adestrador do equipo senior| Final a 4 09.05.2025 7:37
O equipo senior masculino do Club Balonmán Tui loitará esta fin de semana por ascender a Primeira Autonómica. Mañá sábado, ás 20.00 horas, enfrontaranse ao Reizentolo Lavadores Vigo B na Final a 4 que durante esta fin de semana se disputa no pavillón municipal Gustavo Rodríguez en Tui. Hoxe o presidente do club, Pablo Rodríguez, e o adestrador do equipo senior, Jacobo Gregores, deron todos os deta...
Ent. Ent. Marina Carvalho, de Celtas do Minho | Andainas Saudables da Eurocidade Trilho Entre Viñas e Vales 08.05.2025 6:19
Este domingo comeza o ciclo de andainas saudables organizado pola Eurocidade Tui - Valença. A primeira cita será o Trilho Entre Viñas e Vales, unha caminata de 7 quilómetros que sairá ás 9.00h (hora portuguesa) da Igrexa Ganfei, en Valença. Desta cita e das vindeiras conversamos hoxe con Marina Carvalho, de Celtas do Minho.
Ent. Neli Rodríguez, responsable de Cruz Vermella no Baixo Miño | Día de Cruz Vermella 08.05.2025 6:02
Cruz Vermella atendeu a máis de 1329 persoas na comarca do Baixo Miño no pasado ano 2024, coa colaboración de 46 voluntarios activos e o apoio de máis de 800 socios. Estes datos forman parte do balance anual que realiza a institución polo Día Mundial de Cruz Vermella, que se conmemora hoxe 8 de maio. Neli Rodríguez é a responsable de Cruz Vermella no Baixo Miño. Con ela coñecemos máis detalles dos...
Ent. Begoña Santamaría, responsable de enoturismo de Terras Gauda | O Latexar de Terras Gauda 08.05.2025 7:13
O sábado 31 de maio, a partir das 20.00 horas celebrarase "O Latexar de Terras Gauda", na sede da bodega, un evento que fusiona viño, música e arte e que estará presentado pola xornalista Esther Estévez. Begoña Santamaría, responsable de enoturismo de Terras Gauda, deu hoxe todos os detalles desta cita organizada pola bodega.
Ent. Laura Martínez - Presentación da novela "El baúl de la República"en Tui en Letras 07.05.2025 6:38
A xornalista mexicana afinacada en España Laura Martínez, presenta hoxe mércores ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez a súa primeira novela "El baúl de la República". Está inspirada na primeira viaxe que o Sinaia realizou a México e no que ían case 1.600 persoas. Hoxe Laura Martínez contounos que un dos pasaxeiros era o tudense Eugenio Menéndez, anunciaba tamén que esta tarde a presentación traerá u...
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Comezo da 21ª Edición do Festival Internacional de Cinema de Tui 07.05.2025 8:44
Quedan unhas horas para que dea comezo a 21ª Edición do Festival Internacional de Cinema de Tui, Play Doc. Con Ángel Sánchez, codirector do festival conversamos sobre a evolución do festival ao longo destas dúas décadas e das diversas actividades que se desenvolverán durante estas xornadas. O programa do festival ábrese, no Teatro Municipal., ás 20.30 h coa actuación musical de Su Garrido Pombo e...
Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc | Inicio do festival, datos prácticos e música 06.05.2025 11:46
Co espectáculo musical "Traspielas" e a proxección de "Quieres salir, puedes entrar" de Pablo Villalobos mañá mércores comeza Play Doc 2025. Desta xornada inaugural, dos datos prácticos do festival que ten no Teatro Municipal o seu centro neurálxico, e do protagonismo da música nesta edición, deunos conta hoxe Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.
Ent. Atenea García de Xarope Tulú - Espectáculo Bichocas 06.05.2025 5:02
“Bichocas” é o título do espectáculo para a primeira infancia que hoxe chega á Biblioteca Municipal con Xarope Tulú. Esta cita abre a programación Tui en Letras. A actriz, narradora e creadora teatral Atenea García, que forma Xarope Tulú xunto a Nicolás Zamorano, falounos do espectáculo.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici