Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
2 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Ángela Martínez e David Carballo, da Escola Infantil Ohana | Gratuidade e matrículas das escolas infantís 14.07.2025 9:18
A gratuidade das escolas infantís, os requisitos que deben cumprir os pais, como a puntualidade e a asistencia, as obrigas do centro e as novidades na reserva de prazas de cara ao vindeiro curso son temas que hoxe abordamos con Ángela Martínez e David Carballo, da Escola Infantil Ohana.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Un tipo xenial", de Bill Forsyth 14.07.2025 4:20
Mañá martes ás 20.30 h o Cineclub Tui proxecta no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela o filme "Un tipo xenial", de Bill Forsyth. Unha película que destaca pola súa banda sonora, composta por Mark Knopfler e Guy Fletcher. Deu os detalles Noemí Guisande, do Cineclub Tui. As entradas teñen un prezo de 2€ para persoas socias e de 4,5€ para público xeral.
Ent. Susana Cabo, da Porta da Pía Artesanía | Galicia Suroeste, campaña "Parte de ti" 14.07.2025 8:41
Porta da Pía Artesanía forma parte este ano da campaña "Parte de ti" que presenta Xeodestino Galicia Suroeste. Unha iniciativa que se basea nas historias das persoas que están detrás dos produtos e servizos do rural. Hoxe falamos con Susana Cabo, de Porta da Pía Artesanía, sobre os 13 anos da súa presenza en Tui.
Ent. Omar Cambeiro, presidente da Asociación PRC Vigo Audi Sport | IV Encontro Ibérico AUDI 2025 11.07.2025 6:44
A Eurocidade Tui-Valença acollerá o sábado 2 de agosto o IV Encontro Ibérico Audi organizado por PRC Vigo Audisport - Club Audi Galicia. O evento reunirá afeccionados e entusiastas da marca Audi tanto de España como de Portugal, para compartir a paixón por estes vehículos, intercambiar experiencias e gozar dun ambiente festivo do que Omar Cambeiro, presidente da Asociación PRC Vigo Audi Sport, deu...
Ent. Pedro Souto, da plataforma Parar La Guerra | Concentración contra o xenocidio en Gaza 11.07.2025 5:55
A praza da Inmaculada, en Tui, acollerá mañá sábado, ás 11 h, unha concentración convocada pola plataforma Parar La Guerra para pedir o fin do xenocidio en Gaza. Pedro Souto, membro da plataforma, explicou hoxe que esta concentración estará dedicada ao persoal sanitario, tanto do propio territorio coma aos voluntarios que se achegan a axudar.
Ent. Andrea González, directora do IKFEM Festival Tui-Valença 11.07.2025 10:48
O IKFEM Festival Tui-Valença celebrará a súa décimo terceira edición a vindeira semana, do mércores 16 ao domingo 20. O festival brindará espectáculos irrepetibles con artistas referentes da música na península ibérica na Alameda de San Domingos, en Tui, e nas Cortinas de San Francisco, na Fortaleza de Valença. Hoxe Andrea González, directora do Ikfem repasou a programación prevista para estes cin...
Ent. Israel Rovira e Ángel Alonso, organizadores e artistas | En Obras Fest 11.07.2025 8:06
O tudense Israel Rovira e o salcedense afincado en Tui Ángel Alonso organizan, xunto a Sara, un festival itinerante, o En Obras Fest. Esta iniciativa, que busca impulsar o talento emerxente e novo, non só concentra música urbana, senón tamén deseño. Hoxe Israel Rovira e Ángel Alonso, artistas e organizadores explicaron en que consiste o seu proxecto.
Ent. Toñin Martin e Xacobe Morais | Campus de Fúbol Sala Toñin Martín 11.07.2025 13:16
Estas semanas estase a celebrar en Tui o IX Campus de Fúbol Sala Toñin Martín, no que este ano participan preto de 100 nenos e nenas. Hoxe conversamos con Toñin Martín e Xacobe Morais sobre os valores que ven necesarios no deporte e sobre o crecemento deste campus ao longo dos anos.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, secretario do Instituto de Estudos Tudenses | “Coñece o noso patrimonio” 10.07.2025 10:23
Cinco visitas guiadas e unha conferencia conforman a programación da terceira edición das visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio”, organizadas polo Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui. O programa abrirase o próximo luns, 14 de xullo, ás 20 h cunha ruta literaria pola cidade histórica de Tui a cargo da escritora Marga do Val, que comezará no miradoiro da Alameda tude...
Ent. Manuel Madarnás, trompetista | Xira La MMarca 10.07.2025 6:14
O trompetista tudense Manuel Madarnás comeza este domingo a súa xira La MMarca. Farao en Ponteareas, ás 20.30 horas, no auditorio Reveriano Soutullo. O prezo das entradas é de 10 euros e poden retirarse na taquilla a partir das 19.00 horas o domingo ou a través da web beacons.ai/manuelmadarnas_oficial. Deste primeiro concerto da xira falamos hoxe con Manuel Madarnás.
Ent. Pepo Suevos, actor e humorista | Espectáculo “A xira do cuarto de século” 10.07.2025 9:14
Mañá venres, ás 22.30 h, chega ao Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela o actor e humorista Pepo Suevos co seu espectáculo “A xira do cuarto de século”. Unha xira onde rememora os seus 25 anos como humorista, e que fai parada en 25 cidades galegas, sendo Tui unha delas. Cada espectáculo é diferente, dedicándolle o groso da actuación a un ano en concreto. En Tui centrarase no ano 2007. Así n...
Ent. Irene Boo e Sonia Sestelo, da Comisión de Festas | Festas do Santísimo Cristo da Agonía en Baldráns 10.07.2025 5:46
Esta fin de semana Baldráns celebra as Festas do Santísimo Cristo da Agonía. A programación comeza o sábado coa 32ª Romaría do Polbo á feira, e prolongarase até o luns, día 14. Irene Boo e Sonia Sestelo, da Comisión de Festas deron conta da programación prevista para estes tres días de festa.
Ent. Marc Martínez, fisioterapeuta e creador de Fisiolab 360 | Proxecto de videopodcast 09.07.2025 7:21
O tudense Marc Martínez decidiu xuntar o seu traballo como fisioterapeuta coa súa paixón, as redes sociais. E así foi como naceu o proxecto de videopodcast Fisiolab 360 no que se abordan temas de saúde en xeral. O seu creador contounos hoxe como xurdiu esta idea e como entende a saúde dende diferentes perspectivas.
Ent. Javier Touza, presidente de ARVI, Cooperativa de Armadores de Vigo | Vigo Seafest 09.07.2025 12:38
Dende mañá xoves até o domingo celébrase nos xardíns de Montero Ríos en Vigo a sexta edición do Vigo Seafest. Un evento no que a gastronomía será protagonista e no que non faltarán a música en directo, actividades infantís e deportes náuticos e urbanos. Todo co obxectivo de revitalizar o consumo de peixe. Hoxe conversamos con Javier Touza, presidente de ARVI, a Cooperativa de Armadores de Vigo, or...
Ent. Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Situación no verán 09.07.2025 10:17
Catro médicos menos cada día, turnos dobrados e servizo de pediatría concentrado durante a mañá. Esta é a situación do centro de saúde de Tui neste verán. Así nolo explicou hoxe Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, que tamén deu conta de varios avisos administrativos.
Ent. Mercedes Martín e Marta González de Verdeazul | Descensos nocturnos 08.07.2025 7:19
Este xoves ás 21.00 horas, coincidindo coa lúa chea, Verdeazul comeza a temporada de descensos nocturnos en caiac no río Miño. A actividade ten un prezo de 30 euros e a inscrición pode realizarse a través da web de Verdeazul, do correo info@verdeazul.com ou dos teléfonos 629 285 636 ou 986 603 287. Mercedes Martín e Marta González deron hoxe todos os detalles desta cita e das vindeiras datas.
Espazo Comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI 08.07.2025 7:23
Dar resposta aos comerciantes sobre as dúbidas que teñen con respecto as obras, aos aparcamentos ou ao tráfico é algo no que traballa ACITUI, tal e coma explicou hoxe Pepe Míguez, presidente da asociación. Amais deu conta da colaboración co Concello de Tui e da vindeira cita que teñen, este xoves, co director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén.
Ent. Diego Giráldez, escritor | Publicación do libro "As obras póstumas" 08.07.2025 5:40
Dende hai un mes xa se pode mercar a novela curta "As obras póstumas", de Diego Giráldez. Unha obra que recibiu o pasado mes de decembro o Premio de Novela Blanco Amor. Hoxe conversamos co escritor porriñés sobre este libro e sobre o especial que é para el.
Ent. Lola López, directora e redactora de "Casamos" | Búsqueda de parellas 07.07.2025 4:36
O programa "Casamos" da Televisión de Galicia está preparando a súa temporada número 26, e busca parellas que vaian casar este ano e queiran participar nela. Lola López, redactora e directora de "Casamos", explicounos hoxe de que se trata o programa e que teñen que facer as parellas que queiran participar. Poden contactar no teléfono 674 79 30 84.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Proxeccións esta semana 07.07.2025 3:30
Dobre proposta cinematográfica é a que presenta esta semana o Cineclub Tui no espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela. Mañá martes, ás 20.30 h, para público familiar van proxectar a comedia “Un amigo para Frank”. Logo o xoves ás 22 h será a quenda de “Wendy e Lucy”, un filme dirixido por Kelly Reichardt e protagonizado pola actriz Michelle Williams. Noemí Guisande do Cineclub Tui daba conta do...
Ent. Luis Prego, músico | Concerto “Fía na roca” 04.07.2025 3:50
Ás 19 h desta tarde inaugurarase no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela o V Festival da Cultura Tradicional e Folk que organiza a Asociación Cultural San Telmo. Abrirase coa exposición "O traxe da muller aldeá" e, media hora despois, co concerto "Fía na roca" a cargo de Luís Prego, Cristóbal Pascual, Roberto Porto e Álvaro Iglesias. Así nolo contou hoxe Luis Prego na nosa sintonía.
Ent. Iván Pereira, triatleta | Campionato do Mundo de Triatlón 04.07.2025 7:41
O tudense Iván Pereira competiu a pasada fin de semana no Campionato do Mundo de Triatlón que se disputou en Pontevedra. Alí participou na distancia longa, realizando tres quilómetros a nado, 120 en bicicleta e 30 de carreira a pé. Fixo un tempo de 6 horas e 43 minutos, rematando en cuarta posición na categoría de 40 a 44 anos e 12º na clasificación absoluta. Hoxe Iván Pereira contounos cal é a sú...
Ent. Ángel Gutiérrez, escritor | Presentación da novela “Derecho a contarlo” 04.07.2025 9:21
Mañá, sábado, ás 12 h na Sala Félix Rodríguez vaise presentar o novo libro de Ángel Gutiérrez, “Derecho a contarlo”, unha novela que plasma diversos aspectos e que xunta xéneros como o policíaco, o thriller, histórica e que mestura a realidade coa ciencia ficción. O seu autor explicaba o que poderemos atopar neste libro. O acto será presentado por Rafael Sánchez Bargiela, historiador do Instituto...
Ent. José Manuel Solleiro, Manuel Pérez e Mila González, da Coral Ponte das Febres | Concerto Audición 04.07.2025 7:27
Hoxe venres ás 21 h na Casa Cultural de Randufe haberá un concerto audición da Escola da Coral Ponte das Febres, no que interpretarán temas actuais e clásicos. En total serán 23 actuacións que pecharán o curso. Así nolo contaron hoxe José Manuel Solleiro, Manuel Pérez e Mila González, da Coral Ponte das Febres. Tamén adiantaron a súa vindeira cita que será o 13 de xullo co Café Concerto na Ponte d...
Ent. Tamara Martínez, vocalista de Sun Iou | Concerto en Goián na Festa dos Remedios 03.07.2025 4:59
Este domingo ás 21.00 a banda galega Sun Iou chega a Goián para actuar na Festa dos Remedios. Un lugar especial xa que Goián foi quen lle deu nome a este grupo que busca resaltar a tradición oral galega. Así nolo contou hoxe Tamara Martínez, vocalista de Sun Iou, que tamén adiantou que o sábado presentarán o seu novo sinxelo “Quero”.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici