Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6489 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

2 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade | Obras nos centros educativos 04.09.2025

O próximo luns, 8 de setembro, comeza un novo curso escolar, e previo ao inicio, o Concello de Tui, a través da concellería de Ensino, Cultura e Mocidade, vén de executar obras de mellora e conservación nos nove centros educativos públicos do municipio. Destes traballos deu conta hoxe Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, quen tamén se referiu aos pasos dados para a necesari...

Ent. Martín Álvarez e Marta Romero, da Comisión de Festas de Rebordáns | Nova comisión e Terrordáns 04.09.2025

Rebordáns conta cunha nova comisión de festas con 22 integrantes. Hoxe coñecemos ao seu vicepresidente, Martín Álvarez, e á secretaria, Marta Romero. Eles deron conta dalgunhas novidades, como a canle de WhatsApp que xa está dispoñible para a veciñanza. Tamén coñecemos os detalles da andainda Terrodáns, que organizan o sábado 27 de setembro.

Ent. Damián Estévez e Hugo Puga, da Charanga SGHAE | IV Festival de Charangas en Salceda 04.09.2025

Este sábado celébrase en Salceda de Caselas o IV Festival de Charangas, dentro da programación da Festa dos Callos, no que participarán sete agrupacións. As actuacións comezarán ás 19 h cunha gran novidade, o pase de bares que levará ás charangas até a Praza do Concello onde tamén actuarán. Así nolo contaron hoxe Damián Estévez e Hugo Puga, da Charanga SGHAE, organizadora do festival.

Ent. David Domínguez, presidente do Tyde | Asemblea de socios e inicio de temporada 04.09.2025

O Tyde celebra mañá venres, ás 20.30 horas, no Seminario Menor San Paio de Tui a súa asemblea de socios. Unha cita na que tratarán os proxectos e o que está por vir nunha temporada, que comeza este domingo en Preferente, categoría á que voltan 23 anos despois. Hoxe conversamos co presidente do club, David Domínguez, quen tamén se referiu ao centenario que o conxunto tudense cumpre no 2026.

Ent. Eloy Carrera, director da Escola da Banda de Música Popular de Tui | Curso de Musicoterapia 04.09.2025

A Escola de Música da Banda Popular de Tui organiza un curso de Musicoterapia que comezará o martes 16 deste mes e que se vai desenvolver até decembro. Hoxe Eloy Carrera, director da Escola da Banda de Música, explicou de que se trata este curso que se vai impartir os martes en horario de 10.30 h a 13 h. É preciso inscribirse previamente no teléfono 886 29 28 51. Ten un prezo de 7 euros.

Ent. Manuel Madarnás, trompetista | Actuación da xira La MMarca en Randufe 03.09.2025

A xira La MMarca de Manuel Madarnás fai hoxe parada en Randufe dentro da Semana Cultural. A cita será ás 21.30 horas no Adro da Guía. Hoxe coñecemos máis desta xira co trompetista tudense.

Ent. Manolo Rodríguez, presidente do CF Guillarei e José Carlos Fernández, adestrador | Inicio de temporada 03.09.2025

O Club de Fútbol Guillarei comezará o vindeiro domingo 14 a nova temporada, para a que xa se está preparando cos partidos de pretemporada e con novas incorporacións ao plantel. Da situación á que chegan a este comezo da campaña falamos hoxe con Manolo Rodríguez, presidente do club e José Carlos Fernández, adestrador.

Ent. Pepín Solleiro, da protectora Aloia | Aloia Fest 03.09.2025

A protectora Aloia ía celebrar este domingo o Aloia Fest na terraza do Club Naútico San Telmo de Tui. Unha cita que debido á previsión de choiva foi aprazada para a vindeira fin de semana e na que non faltará música, gastronomía e sorteos. Así nolo contou hoxe Pepín Solleiro, que tamén deu detalles sobre o calendario solidario do próximo ano e sobre a situación actual do refuxio.

Ent. Álex Sierpes e Christian Sierpes, atletas | Comezo da temporada e obxectivos deportivos 03.09.2025

Os irmáns Álex e Christian Sierpes seguen colleitando éxitos deportivos. A pasada temporada Álex conseguía a prata nos 1500 metros do Festival Olímpico da Xuventude Europea; e Christian proclamábase subcampión galego Sub20 en 3000 metros obstáculos ao aire libre. Hoxe ambos repasaron a súa traxectoria deportiva e deron conta dos próximos obxectivos, entre os que se atopa chegar aos Xogos Olímipico...

Ent. Sara Quesado, clarinetista e Esteban Alonso, mestre de música no Conservatorio de Música Municipal de Tui 02.09.2025

A tudense Sara Quesado comezou no mundo da música aos catro anos e aos seis decidiu decantarse polo clarinete. Un instrumento que leva tocando dende hai máis dunha década. Hoxe, xunto co seu mestre no Conservatorio de Música Municipal de Tui, Esteban Alonso, contounos a súa historia e cales son os seus plans de futuro.

Ent. Fatisuki, creadora de contido en redes sociais | Encontros Inspiradores do Festival Boas Vibes 02.09.2025

A creación de contidos en redes sociais estará presente na programación do Festival Boas Vibes cos Encontros inspiradores nos que vai participar a galega Fatisuki, streamer e creadora de contidos de humor, anime e videoxogos. Na súa intervención abordará como se poden crear os contidos dun xeito realista, e o que hai detrás das cámaras, tal e como explicaba hoxe no programa Día a Día.

Ent, José Manuel Vaz Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença | Valença na rota da história 02.09.2025

A Fortaleza de Valença acolle esta fin de semana unha nova edición do Mercado Medieval – Valença na Rota da História, que se celebrará do venres 5 ao domingo 7. Durante a fin de semana, as rúas e murallas da fortaleza encheranse con torneos a pé e a cabalo, teatro e música na rúa, espectáculos de fogo, danzas orientais e medievais, artes e oficios tradicionais e recreacións de combates e armamento...

Ent. Pablo Castiñeira, de Vella Escola | Espectáculo de Breaking dance & Beat Box no Festival Boas Vibes 02.09.2025

Dentro da programación do Festival Boas Vibes que este sábado vai ter lugar an Alameda de San Domingos, en Tui, ás 19.30 horas, co espectáculo de Breaking dance & Beat Box con Vella Escola. Pablo Castiñeira, de Vella Escola, explicaba como se vai desenvolver esta actuación e en que consisten estas disciplinas.

Ent. Joel González, Sara González e Mara González, integrantes do grupo Rayanos | Semana Cultural de Randufe 02.09.2025

Hoxe martes continúa a Semana Cultural de Randufe e faino con música, a partir das 22.30 horas na Casa Cultural. Actuará o grupo Rayanos, unha agrupación composta por cinco mozos e mozas que interpretarán un repertorio moi variado. Hoxe coñecemos a esta banda con tres dos seus integrantes: Joel González, Sara González e Mara González.

Ent. Isabel Garrido, actriz | Participación nos Encontros Inspiradores do Festival Boas Vibes 02.09.2025

A actriz coruñesa Isabel Garrido é unha das catro persoas mozas referentes na creación de contidos dixitais, da interpretación, do deporte e da moda que este sábado, ás 12.00 horas na Alameda de San Domingos, vai participar nos Encontros Inspiradores do Festival Boas Vibes. A intérprete compartirá a súa experiencia tras traballar en series como Élite, El Jardinero, El desorden que dejas ou Acacias...

Ent. Javier Pose, Alba Rodríguez e Nati Romero | Nova directiva da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei 01.09.2025

A Asociación Lembranzas da Terra, de Guillarei, conta cunha nova directiva. Hoxe a coñecemos da man do seu presidente, Javier Pose, da profesora de baile moderno, Alba Rodríguez, e con Nati Romero. Ademais, esta fin de semana organizan a I Andaina Lenda da Pedra e a XIV Festa da Bicicleta.

Ent. Mónica Domínguez, de Clásicos Fiolledo | 7ª concentración e ruta Clásicos Fiolledo 01.09.2025

Este sábado día 6 Salvaterra de Miño acolle a sétima edición da concentración Clásicos Fiolledo, cunha programación dende as 10 h até as 21 h. Hoxe coñecemos os detalles con Mónica Domínguez, unha das organizadoras do evento.

Ent. Hydn, cantante | Festival Boas Vibes 01.09.2025

Sandra Guedev, coñecida artisticamente como Hydn, é unha das artistas que actuará no Festival Boas Vibes que se celebrará o sábado 6 de setembro na Alameda de San Domingos en Tui. Actuará ás 20 h cunha proposta que mestura danza, música en directo e dj. Hoxe na nosa sintonía daba conta de como será o seu espectáculo e do estilo musical que a identifica.

Ent. Rafael Pérez, da Escola de Canto Ponte das Febres | Concerto na Semana Cultural de Randufe 01.09.2025

Dentro da Semana Cultural de Randufe, hoxe luns ás 21.30 h actuará a Escola de Canto Ponte das Febres. Será un concerto no adro da Guía e, en caso de choiva, no Centro Cultural. Rafael Pérez, da escola, deunos hoxe os detalles do repertorio que hoxe entonarán en Randufe.

Ent. Marián Fernández, profesora da Universidade de Vigo| “O poder do exercicio físico no coidado da muller” 01.09.2025

Mañá martes prosegue en Tui o proxecto Feminino Plural. Será cun taller que leva por título "O poder do exercicio físico no coidado das mulleres" ás 11 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. A profesora da Universidade de Vigo Marián Fernández será a encargada de impartir este taller, e con ela coñecemos hoxe as claves da cita de mañá.

Ent. Guillermo Carracedo, médico, surfista e tiktoker|Participación nos encontros inspiradores do Festival Boas Vibes 29.08.2025

O santiagués Guillermo Carracedo é unha das catro que o próximo sábado, 6 de setembro, a partir das 12 h vai participar nos encontros inspiradores do festival Boas Vibes, no Mirador da Alameda de San Domingos, a partir das 12.00 h. Conversamos hoxe con el sobre os seus inicios nas redes e sobre a súa participación nestes encontros.

Ent. Carlos García e David Merino, do AD Tomiño |II Torneo “O Camiño de Pablo Durán” 29.08.2025

O campo da Carballa, en Tomiño, acolle mañá sábado, a partir das 10.30 horas o segundo torneo “O Camiño de Pablo Durán” no que se enfrontarán os equipos que formaron parte da carreira deportiva do xogador tomiñés que actualmente milita no Celta. O torneo está organizado polo AD Tomiño, e participarán o Porriño Industrial, o Compostela, o Celta e o propio Tomiño. Así nolo contaron hoxe Carlos Garcí...

Ent. Iñaki Echeveste, director xerente da Rede de Xuderías de España | Proxecto Phygital 29.08.2025

“Phygital. Localización, comunicación e propostas. Experiencias en tempo real” é un proxecto da Red de Juderías, no que participa o Concello de Tui. Hoxe coñecemos esta iniciativa que une tecnoloxía avanzada, estratexias de comunicación e unha vocación patrimonial con Iñaki Echeveste, xerente da Red de Juderías. En Tui foron instalados no conxunto histórico dous nódulos para a recollida de datos.

Ent. Jorge Pazo - Divergente Dj no Festival da Luz 29.08.2025

O tudense Jorge Pazo, Divergente Dj, estará hoxe no Espazo Vibra Mahou no Festival da Luz, en Boiomorto, con distintas sesións ao longo da tarde e na noite. Hoxe contounos o especial que el para el esta participación no Festival da Luz, que considera é un premio a moitos anos neste mundo da música. Lembraba amais o carácter solidario do festival, este ano en beneficio dos damnificados pola DINA de...

Ent. Gabriel Fandi, cantante | Cambio de nome artístico 29.08.2025

O cantante tomiñés G-Face muda o seu nome artístico e a partir de agora denominarase Gabriel Fandi, o seu nome cunha abreviatura do seu apelido Fandiño. Un cambio de denominación que irá realizándose pouco a pouco nas súas redes sociais e plataformas onde está a súa música. Gabriel Fandi anuncia xa o lanzamento dunha nova canción a finais de setembro. Así nolo contou hoxe o artista.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici