Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6485 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

30 set 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. María do Ceo, fadista | Concerto de Nadal na Catedral 26.12.2025

Panxoliñas galegas e portuguesas estarán presentes este domingo ás 18 h na Catedral de Tui co Concerto de Nadal que ofrecerá a fadista María do Ceo. Conversamos con ela e avanzou algunhas das cancións que este domingo cantará no templo catedralicio, nun concerto organizado ao abeiro do 800 aniversario da consagración da catedral.

Ent. Pablo Gómez e Iván Martínez, da peña Os mártires de Guillarei 26.12.2025

Máis de 20 persoas conforman a peña do C.F. Guillarei "Os mártires de Guillarei", que se creou hai dous meses co obxectivo de unir a afección e desfrutar de cada partido. Crearon xa un himno que soa cada domingo no campo e están a preparar camisetas, bufandas e novas cancións. Hoxe coñecemos os detalles con Pablo Gómez e Iván Martínez, da peña "Os mártires de Guillarei".

Ent. Pepe Míguez, presidente ACITUI - Ruleta da Sorte e Sorteo de 3 cestas de Nadal 23.12.2025

178, 1419, e o 393 son os números premiados coas cestas de Nadal de ACITUI que hoxe se realizou na nosa sintonía. A de hoxe foi unha mañá de premios para o comercio local xa que no Espazo Sociocultural tivo lugar a Ruleta da Sorte, cunha gran acollida coma explicaba o presidente de ACITUI, Pepe Míguez.

Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns | Festa PreFin de Ano 23.12.2025

Amigos da Festa de Rebordáns celebra esta sábado, 27 de decembro, unha festa Prefin de Ano. Coñecemos como van despedir o ano, por anticipado, con Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns.

Ent. Eloy Carrera e David González - Concerto de Fin de Ano da Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore 23.12.2025

Humor, música e melodías de Nadal protagonizarán este venres o Concerto de Fin de Ano que ás 20.30 h ofrecerán no Teatro Municipal de Tui a Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore. Coñecemos todos os detalles con David González, presidente e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 5€ e 3€.

Ent. Andrea González, presidenta da C- Academia de Artes Escénicas e premio a Caixason 23.12.2025

A tudense Andrea González vén de ingresar como académica na Academia das Artes Escénicas de España. A pianista e organizadora do IKFEM amosaba a súa satisfacción por este novo paso na súa carreira. Amais a Confederación de Xuventudes Musicais de España que preside vén de entrar Consello Estatal da Música e das Artes do Ministerio de Cultura. Avanzaba Andrea González, que o proxecto Caixason que es...

Raíces e Vangarda, Judicael Romero - Lombo de bacallau confitado sobre crema de coliflor asada e terra de migas de broa 22.12.2025

"Lombo de bacallau confitado sobre crema de coliflor asada e terra de migas de broa" é a proposta que hoxe nos fixo o chef Judicael Romero no tempo de "Raíces e vangarda" para dar unha volta ao tradicional prato de Noiteboa. Tamén deu uns consellos para desfrutar destas datas en familia e arredor da mesa.

Ent. Ze Manuel Pinheiro, director do Ensemble Vocal Pro Música | Concerto na Catedral de Tui 19.12.2025

O Coro de Porto, Portugal, Ensemble Vocal Pro Música ofrece un concerto na Catedral de Tui este domingo ás 18 h, dentro da programación que conmemora os 800 anos da consagración do tempo tudense. Actuarán 84 persoas. O director do coro, Ze Manuel Pinheiro, explicou hoxe que o programa que elixiron xira entorno á Virxe María, a quen está dedicada o Catedral.

Ent. Belén Alonso, da Asociación Colibrí | III Mercado de segunda man 19.12.2025

Este domingo a praza do Seixo en Tomiño acolle o III Mercado de segunda man organizado pola Asociación Colibrí. Máis de 20 postos, un taller de bordado, a presentación das novelas de Perfecto Souto e a visita de Papá Noel son as actividades que haberá dende as 10 h. Coñecemos os detalles con Belén Alonso, da Asociación Colibrí.

Ent. Andrea Docampo, psicóloga perinatal do Centro Anarela | Como desfrutar do Nadal en familia 19.12.2025

Emoción, ganas, maxia, ilusión e tamén estrés. Nenos, nenas, pais e nais prepáranse para as festas de Nadal dende principios de decembro, coas novas tradicións e modas que se convirten no seu día a día. Hoxe damos consellos para desfrutar destas datas con Andrea Docampo, psicóloga perinatal do Centro Anarela.

Ent. Rafael Quintía, antropólogo - Que son os trubincos 18.12.2025

Segundo a lenda, os trubincos son pequenos trasnos da mitoloxía de Salcedo, en Pontevedra, que baixan pola cheminea en Noiteboa. Gústalles enredar e causar desorde, polo que tradicionalmente se lles deixa un agasallo de piñas con brea para mantelos tranquilos. Hai bonecos para poder ter o noso propio trubinco na casa en Nadal. Hoxe coñecemos como son estes trasnos da tradición oral galega co antro...

Ent. Rubén López, director do Conservatorio e Escola de Música de Tui - Concerto Sinfonía de Nadal 18.12.2025

Mañá venres ás 20 h o Teatro Municipal acolle o concerto Sinfonía de Nadal do Conservatorio Profesional e Escola de Música de Tui, no que participarán máis de 150 alumnos e alumnas. As entradas poden retirarse de balde unha hora antes do inicio do espectáculo na entrada do Teatro. Así explicouno hoxe o director do CMUS, Rubén López.

Ent. Aitor Martínez, torneiro de madeira | Gañador do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2025 18.12.2025

O torneiro de madeira Aitor Martínez, de Tomiño, vén de gañar o Premio Nacional de Artesanía 2025 na categoría Produto pola súa colección Mundos. Hoxe Aitor Martínez contounos como viviu a entrega do galardón e deu os detalles de Mundos e de próximos proxectos.

Ent. Fina Padín e Fran Nogueiras, da Asociación de Veciños de Sobrada | Actividades Nadal 16.12.2025

A Asociación de Veciños de Sobrada organiza para esta fin de semana un conxunto de actividades enfocadas no Nadal, como unha papanoelada moteira ou un concurso de decoracións de Nadal. Hoxe coñecemos os detalles con Fina Padín, presidenta da asociación, e Fran Nogueiras, vicepresidente.

Espazo Comercio | Tartatouille, en Conectaté 16.12.2025

No Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, coñecemos con Iris Saavedra, de Conectaté, o novo lanzamento que estará dispoñible na súa tenda na rúa Augusto González Besada. É tartatouille, unha iniciativa gastronómica que pretende marcar a identidade de Tui.

Ent. Marisol Valdés | O Belén de Mingos pode visitarse este Nadal na Oficina de Turismo 15.12.2025

O Belén de Mingos volveu este Nadal á Oficina de Turismo onde se pode visitar até o 5 de xaneiro. Marisol Valdés, a súa viúva, contounos a gran acollida que está a ter esta gran montaxe de 12 metros cadrados, con máis de 300 pezas, e na que sempre hai innovacións. Relatounos coma pouco a pouco ao longo dos anos Mingos ía facéndose coas distintas pezas e coma xa na súa casa recibía cada Nadal a can...

Raíces e Vangarda con Judicael Romero - Capuchino de vieira e xamón crocante 15.12.2025

"Capuchino de vieira e xamón crocante" é a proposta que hoxe nos fixo o chef Judicael Romero no tempo de "Raíces e vangarda". Deixounos esta nova suxestión de receitas para estas festas de Nadal.

Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artística Ribex - Exhibición de Nadal 12.12.2025

Este domingo 14 ás 17 h o pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle a exhibición de Nadal do Club de Patinaxe Artística Ribex, que contará coa visita especial de Papá Noel. A entrada é libre. Así nolo contou a adestradora, Carolina Figueroa.

Ent. Marisa Giráldez e Marisa Araujo, do Club Bádminton Tui - Torneo recreativo e torneo de Nadal 12.12.2025

Máis de 300 partidos desputaranse mañá sábado no torneo recreativo de bádminton que se celebra o pavillón do IES San Paio. Coñecemos os detalles con Marisa Giráldez e Marisa Araujo, do Club Bádminton Tui. Tamén informaron do X Torneo de Nadal que organizan o próximo venres 19.

Ent. Anabel Solla e Andrea Costa, de AMEI Tui - Proxecto Redes de igualdade 12.12.2025

Coñecemos o proxecto "Redes de Igualdade" da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui (AMEI Tui). No marco desta iniciativa vén de editar un novo conto coeducativo, "A Capitá Lúa e o Mar dos Estereotipos", e elaborou unha guía de prevención da violencia de xénero na adolescencia. Déronnos os detalles Anabel Solla e Andrea Costa, de AMEI Tui.

Ent. Rubén López, director do Conservatorio e Escola de Música de Tui - Concerto Nadal 12.12.2025

Hoxe venres ás 18 h o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá o concerto dos alumnos e alumnas do Conservatorio Elemental e Profesional e da Escola de Música de Tui. Será unha mostra do talento local e do traballo realizado neste centro de ensinanzas musicais. A entrada será libre até completar o aforo. Así nolo contou hoxe o director do Conservatorio, Rubén López.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Papa Noel no Mercado de San Antonio e Reto 12.12.2025

Papá Noel visita o Mercado de San Antonio este Nadal para compartir momentos especiais cos nenos e nenas e as súas familias. Estará hoxe de 17 a 20 h e mañá de 11 a 14 h. Volverá a estar a próxima fin de semana e tamén o 22, 23 e 24 deste mes. Así nolo confirmou hoxe a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez, que amais avanzou o reto que lanzan tamén no Mercado dende mañá.

Ent. José Conde e José Ramón Rey - Presentación da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Galicia Sabia Vella 11.12.2025

A Sala Félix Rodríguez acolle hoxe xoves ás 19 h a a presentación da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Galicia Sabia Vella. Co seu presidente Jose Conde, e o delegado no Baixo Miño José Ramón Rey coñecemos os obxectivos e actividades da asociación. Esta tarde contarán coa actuación do Trío Sabor.

Ent. Natalia Lago - Conto de Nadal con A Fada do Aloia 11.12.2025

A Fada do Aloia organiza para este sábado e domingo ÁS 16 h un Conto de Nadal, que será unha ruta polo Parque Natural do Monte Aloia cun percorrido moi doado, no que vai contando un conto que ten lugar neste espazo protexido. Así nolo contou esta mañá. O prezo é de 8€ os nenos e nenas e 10€ as persoas adultas. A reserva pode facerse no 619 96 90 90. Tras a ruta, a partir das 18 h, estará na súa ca...

Ent. José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro 10.12.2025

Máis de 80 persoas conforman a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro. Persoas con e sen formación musical que están unidas por un sentimento: a paixón pola música e pola tradición. Hoxe conversamos con José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, integrantes do Mosteiro, sobre o que hai detrás dunha rondalla.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici