Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6298 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

10 lug 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Miguel Méndez, concelleiro de Urbanismo, e Alba Mtnez, traballadora municipal | Ordenanza zona azul 04.02.2026

O próximo mércores, 11 de febreiro, entrará en vigor a ordenanza reguladora da zona azul con control mediante cámaras de lectura de matrículas. De luns a venres poderase estacionar nalgunha das 150 prazas desta zona, un máximo de 2 horas de 9 a 14 h e de 16 a 21 h. No concello están xa incorporadas ao sistema 300 matrículas de vehículos de veciñanza con garaxes nesta zona. Aquelas persoas con gara...

Ent. Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da AECC | Día Mundial contra o Cancro 04.02.2026

Hoxe 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial contra o Cancro. Con este motivo entrevistamos a Carmen García, coordinadora de Atención ao Paciente e Usuario da Asociación Española Contra o Cancro. Unha asociación que presentou hoxe un novo modelo de atención integral baseado na humanización. Coñecemos con ela os detalles, e tamén cifras e acción no Baixo Miño e provincia de Pontevedra.

Ent. Bruno Fernández, terapeuta | Taller de Flores de Bach 04.02.2026

Remedios florais, emocións e hábitos de vida centrarán o Taller de Flores de Bach que mañá xoves ás 18 h impartirá o terapeuta Bruno Fernández, do centro Tres catorce. Será con acceso libre no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Coñecemos os detalles con Bruno Fernández.

Espazo Comercio | Martes, 3 de febreiro de 2026 03.02.2026

Hoxe no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, coñecemos a iniciativa posta en marcha por Sindo de la Fuente, pulpeiro, e Cristina Rey, da cafetaría Entrehoras. A partir deste xoves 5 de febreiro entregarán con cada tapa de polbo unha papeleta. O 15 de marzo sortearán vales de 50 euros para invertir no comercio local de Tui. Coñecemos esta iniciativa con Sindo de la Fuente, Cristina Rey...

Ent. Adri Salgado, na batería e voz | Concerto de A Banda dos Insectos 03.02.2026

A Banda dos Insectos chega este venres ao Teatro Municipal co seu rock en galego para público familiar. A partir das 19 h en concerto interpretarán temas coma "Pasando a bola", "Levanta a cabeza" ou "O ritmo do partido". Forman a banda o tudense Eduardo Cadenas, no baixo e coros; Juan Pérez, na guitarra e coros; Manuel Fernández, en animación, e Adri Salgado, na batería e voz. Con este último fala...

Raíces e vangarda | Lamprea afumada rechea e ensalada de pataca 02.02.2026

Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos lamprea afumada rechea e ensalada de pataca, unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns trae consellos prácticos de cociña de raíz con vangarda.

Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Programación febreiro 02.02.2026

"A voz de Hind" abre as proxeccións do mes de febreiro do Cineclub Tui. Esta será a película que poderemos ver mañá martes, ás 18.30 h e 20.45 h, no Espazo Sociocultural. O martes 10 proxectarán "A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca" e o martes 23 "Xogos prohibidos". Así nolo contou hoxe Noemí Guisande do Cineclub Tui.

Ent. Santi Veloso, presidente de Ponte... nas Ondas! | Segundo mellor proxecto na protección do PCI 30.01.2026

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! foi escollida como un dos 18 proxectos de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, de entre os 138 admitidos na convocatoria deste ano. É o único proxecto de Galicia seleccionado polo Ministerio de Cultura. Explicounos que significa este paso e como se presenta este 2026 o presidente de Ponte... nas Ondas!, Santi Veloso.

Ent. Beatriz Oliveira, de Planstur Tui | Viaxe organizado a Uzbekistán 30.01.2026

Hoxe venres ás 19 h na sala Nött de Tui preséntase a oferta da viaxe organizada a Uzbekistán pola axencia Planstur Tui. Darase a coñecer o itinerario completo, actividades, prezos e condicións. Explicouno hoxe Beatriz Oliveira, de Planstur Tui.

Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Fase de ascenso á liga galega infantil e partido do senior 30.01.2026

Fin de semana chea de baloncesto a que se abre mañá sábado. Por unha banda, comeza en Vilagarcía de Arousa a Fase de Ascenso á Liga Galega do equipo infantil; e o senior ten cita importante o domingo en Noia. Se o CB Tui vence, clasifícase para a fase de ascenso. Destas e doutras citas conversamos hoxe co coordinador deportivo do club tudense, Javi Niño.

Ent. Rafael Pérez e José Manuel Solleiro, da Escola de Canto Ponte das Febres | Concerto-audición 30.01.2026

Este domingo día 1 ás 18 h, a Escola de Canto Ponte das Febres ofrecerá un concerto-audición no que participarán 17 alumnos interpretando diferentes estilos, décadas e idiomas. Como novidade interpretarán unha aria. Será na Casa Cultural da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe e a entrada é libre e gratuita. Hoxe déronnos os detalles Rafael Pérez e José Manuel Solleiro, da Escola de Canto Ponte...

Ent. Julio Solleiro, Antonio Rocha, Carmen Agra e Hagetna | Programa Vacacións en Paz 30.01.2026

O programa Vacacións en Paz organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí busca familias que este verán poidan acoller a un neno ou nena saharauí. Julio Solleiro, Antonio Rocha, Carmen Agra, contáronnos a súa experiencia como familias acolledoras. E coñecimos tamén a experiencia de Hagetna, que entre 2002 e 2005 foi unha das nenas saharauís que pasou o verán en Tui, onde agora vive.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | II Congreso de Educación da Eurocidade 29.01.2026

Os valores democrático e a intelixencia artificial centrarán mañá venres e este sábado o II Congreso de Educación da Eurocidade Tui-Valença. A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade de Tui, Sonsoles Vicente, destacou hoxe a importancia desta cita internacional que reunirá a destacados expertos, e que permitirá tamén coñecer as experiencias que se desenvolven neste territorio transfronteirizo. M...

Ent. María Couso | “Impacto da tecnoloxía no desenvolvemento cognitivo da infancia e da adolescencia” 29.01.2026

A IX Semana da Educación de Tomiño abrirase o luns, 9 de febreiro, ás 19 h no Auditorio de Goián coa conferencia “Impacto da tecnoloxía no desenvolvemento cognitivo da infancia e da adolescencia”. Será ofrecida por María Couso, con quen falamos sobre esta cuestión.

Ent. Miguel Taín, catedrático | Conferencia sobre o barroco na Catedral de Tui 29.01.2026

O catedrático Miguel Taín ofrecerá hoxe xoves, ás 19.30 h, no Espazo Sociocultural a conferencia “A gran catedral de Tui nos séculos do barroco ( ss. XVII-XVIII)”. Neste evento divulgativo afondará na transcendencia da catedral tudense, na importancia da colección de mobles barrocos, entre outros aspectos destacados do principal templo tudense. Así o explicaba esta mañá. A conferencia forma parte...

Ent. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Manifestación e situación do centro tudense 28.01.2026

Este domingo 1 de febreiro está convocada unha manifestación en Santiago de Compostela por SOS Sanidade Pública, para a que sairán autobuses dende o Baixo Miño. O prezo é de 8 euros e pódese reservar praza no 986 61 04 65. Así nolo explicou hoxe Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, quen tamén deu información sobre a situación actual do Centro de Saúde de Tui.

Ent. Raquel Areal, violinista tudense da Filarmónica de Berlín | Concertos en Galicia e xira internacional 28.01.2026

A violista tudense Raquel Areal, membro da Orquestra Filarmónica de Berlín, ofrecerá esta semana dous concertos coa Real Filarmonía de Galicia coma solista. O primeiro será mañá xoves ás 20.30 h no Auditorio de Galicia e o segundo o venres ás 20 h no Centro Cultural A Fundación en Vigo. Tamén actuará en Lugo dentro da xira Ecos de Bregoán. Conversamos con ela sobre estas citas en Galicia, a súa ex...

Ent. Xoán Amós e Sergio Pérez, de Rías Baixas Ebike 27.01.2026

Deporte, turismo, sostibilidade e natureza están presentes en Rías Baixas Ebike, un proxecto de aluguer de bicicletas eléctricas no Baixo Miño e Rías Baixas. Unha iniciativa pensada para o turismo que suma, segundo explicaron dous dos seus creadores, Xoán Amós e Sergio Pérez.

Ent. Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga | Fortalezas da Fronteira 27.01.2026

O xacemento das Torres, en Taborda (Tomiño) foi ocupado antes do que inicialmente se pensaba. Este cambio de hipótese é o resultado da intervención arqueolóxica levada a cabo o pasado verán no marco do proxecto Fortalezas da Fronteira, centrado no estudo do sistema defensivo histórico da fronteira do Miño. Coñecemos os detalles coa arqueóloga Rebeca Blanco.

Espazo Comercio | Martes, 27 de xaneiro de 2026 27.01.2026

ACITUI organiza a segunda edición de Tui de Tapas para o mes de marzo. Até este sábado ten aberto o prazo de inscrición tanto para establecementos asociados, coma non asociados. Neste último caso deberán aboar unha cota de 50€. É unha iniciativa que busca crear sinerxías entre a hostalería local. O obxectivo que teñen é superar os 19 locais da primeira edición, e catro días de pechar a inscrición...

Raíces e vangarda | Xarda en escabeche 26.01.2026

Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos xarda en escabeche, unha receita do chef Judicael Romero, que deu ademais consellos e trucos saudables.

Ent. Iria Rey e Luisa Cerviño, da Comisión do Entroido de Pexegueiro | Laconada e bingo 26.01.2026

Mañá martes 27 pecha o prazo de inscrición da Laconada que organiza a Comisión do Entroido de Pexegueiro para este domingo 1 de febreiro. Será ás 14 h no Colexio de Pexegueiro e, despois, haberá bingo. Todo organizado coa vista posta no Entroido, que se celebra nesta parroquia o 8 de febreiro. O menú ten un prezo de 20 euros e a inscrición pode realizarse nos teléfonos 669 65 07 20 e 647 29 76 35....

Ent. Pily Reñones, fotógrafa | Catro nominacións aos Premios Goya de Fotografía 26.01.2026

A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones é a única pontevedresa que opta aos Premios Goya de Fotografía. Nesta edición está nominada por catro obras, dúas en libre creación e dúas en gráfico documental. A gala dos premios terá lugar o vindeiro 7 de febreiro en Zaragoza. Hoxe valorou estas nominacións no programa Día a día, e avanzou detalles dos seus próximos traballos.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Programación do mes de febreiro no Teatro Municipal 26.01.2026

Unha proposta diversa para todos os públicos é a que brindará no mes de febreiro o Teatro Municipal de Tui. Música, danza e teatro centran esta proposta cultura dirixida a todos os público e unha importante aposta polos artistas locais. Así o explicaba hoxe a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente. A Banda dos Insectos, Jonatan Alvarado e Samuel Diz, Amarelo e Teatro de Ningures serán os...

Ent. Almudena Solana, escritora | Viaje a la ausencia 23.01.2026

A escritora tudense Almudena Solana vén de publicar a súa quinta novela “Viaje a la ausencia”, na que transita o dó polo falecemento do seu pai, traballador na antiga alfándega de Tui. Conversamos con ela sobre as incógnitas da vida, as viaxes, a perda dun ser querido e sobre esta quinta novela que xa está dispoñible nas librarías.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici