Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6547 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

3 nov 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Ernesto Iglesias Almeida - Presentación novos libros 17.09.2020

Ás oito desta tarde o cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida presenta novos libros da súa autoría. Son “Historia militar de Tui a través dos séculos” e “Os muíños do Concello de Tui”. A presentación estaba prevista a comezos de ano pero tivo que ser aprazada pola pandemia. Hoxe a cita será na Área Panorámica na Sala de Exposicións.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Filmin e entradas para o festival 16.09.2020

O próximo mércores, 23 de setembro comeza oficialmente Play-Doc. O festival adaptou a súa programación e o seu desenvolvemento á actual situación de pandemia. As entradas para os distintos eventos están xa á venda en www.play-doc.com e dende este venres na plataforma Filmin poderanse ver 40 títulos do festival. Así nolo explicou Ángel Sánchez, codirector de Play Doc.

Ent. Manuel Lopes, presidente Camara de Valença - Situación COVID 19 mércores 16092020 16.09.2020

Un total de 34 casos activos por COVID 19 teñen na actualidade en Valença. Así o confirmaba hoxe o presidente da Cámara, Manuel Lopes. Explicaba que boa parte dos afectados son asintomáticos e están xa controlados. Onte en Portugal entraban en vigor novas medidas pola a contención do coronavirus. Así entre as novidades está a apertura dos comercios ás 11 hora española, ou o peche dos restaurantes...

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura de Tui - Axudas municipais de material escolar e comedor 16.09.2020

Un total de 20 mil euros destina o Concello de Tui ás axudas para a compra de material escolar e de comedor. Dende onte e durante vinte días naturais pódense presentar as solicitudes. Van dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria para o curso 2020/21. Explicaba os detalles a concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente.

Ent. doutor Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui - Situación martes 15 de setembro 15.09.2020

Un total de 22 positivos por COVID-19 rexistra o Centro de Saúde de Tui. Deste total, 14 son de Tui, 7 de Tomiño e 1de Goián. Así nolo confirmou o doutor Santiago Pose, coordinador do Centro de Saúde de Tui.

Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente - Novos servizos no Punto Limpo os no punto limpo 14.09.2020

Novos servizos son os que ofrece dende hai uns días o Punto Limpo de Tui situado en Guillarei. Así conta con contedor específico para a recollida de xeringas e agullas de uso doméstico, que debe ser depositadas polo usuario no propio contedor. A isto súmase un novo contedor para a recollida de radiografías. Así o explicaba hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz.

Ent. David Fernández, ciclista - Campión de España de Enduro Junior 14.09.2020

O ciclista tudense David Fernández Pérez proclamouse esta fin de semana Campión de España Junio no Campionato de España de Enduro en Castejón de Sos. A carreira constou de cinco tramos cronometrados nos que investiu un tempo de 28 minutos e 54 segundos. Esta mañá explicaba que foi unha proba dura.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación luns 14 de setembro 14.09.2020

Non hai novidades no Rosal, segundo nos sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández quen, apuntou que o importante non é tanto a cifra de positivos, senon frear o aumento de contaxios.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Situación luns 14 de setembro 14.09.2020

Situación tranquila é a que se vivíu esta fin de semana na Guarda, onde o venres pasado había 30 casos confirmados. Nolo explica o alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

Volta ás aulas en Tui 11.09.2020

Repasamos como arrancou o curso 2020-2021, nos diferentes centros educativos de Tui.

Ent. Ana María Fontanerosa, enfermeira- Acto cívico do Alivio 11.09.2020

O acto cívico do Alivio de Tomiño recoñerá o traballo do persoal sanitario, que estará representado pola enfermeira Ana María Fontanerosa. Con ela falamos hoxe.

Ent. Ángel Sánchez, codirector Play- Doc - Paseos nocturnos por Tui con mirada de artistas 11.09.2020

Do 23 ao 27 de setembro celebrase en Tui o Festival Internacional de Cinema, o Play Doc. Contará con proxeccións, música e paseos nocturnos polas rúas de Tui, onde se reflexionará sobre a pandemia da COVID-19, coa participación da veciñanza.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - O Alivio homenaxea a colectivo sanitario 11.09.2020

Remata a celebración do Alivio en Tomiño. Será mañá co acto cívico e co concerto da Agrupación Musical de Goián, na Praza do Seixo. Este ano, a homenaxe vai para todas as persoas que colaboraron durante a crise da COVID-19. Disto e doutros asuntos demos conta esta mañá coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Actividades ecoturísticas no Río Miño transfronteirizo 10.09.2020

Consolidar a marca turistica Río Minho con actividades de ecoturismo adaptadas ás demandas da nova normalidade é o obxectivo de "Vive o Río Minho". Haberá sendeirismo, rutas en bici e caiac, percorridos históricos..., que se desenvolverán polos concellos galegos e portugueses, até o 4 de outubro. A inscrición poden formalizarse na web da Deputación de Pontevedra.

En. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino e Cultura de Tui - Reformas centros educativos 10.09.2020

O Concello de Tui vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos do municipio. Foron acometidas con fondos propios do Concello e da Deputación de Pontevedra. Damos conta das mesmas coa concelleria de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.

Ent. Montse Magallanes, tenente de alcalde da Guarda - Situación epidemiolóxica na Guarda 09.09.2020

A Guarda rexistra varias persoas contaxiadas pola COVID-19. A día de hoxe, a situación está controlada, segundo nos explicou esta mañá a tenente de alcalde do Concello da Guarda, Montse Magallanes.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación epidemiolóxica no Rosal 09.09.2020

O Rosal ten activos 3 brotes por COVID-19, segundo os datos da Consellería de Sanidade, que hoxe nos confirmou a alcaldesa, Ánxela Fernández. Dous están vinculados ao ámbito familiar e un ao laboral. O Sergas xa ten activado os protocolos de rastrexo.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro Turismo e Patrimonio - Turismo e Xornadas Europeas da Cultura Xudía 09.09.2020

Tui recibiu máis de 12 mil persoas entre turistas e peregrinos durante os meses de xuño, xullo e agosto, segundo os datos rexistrados na Oficina de Turismo e que, está mañá concretamos co concelleiro de Turismo e Patrimonio, Laureano Alonso. Tamén, demos conta das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que se están a desenvolver na Eurocidade Tui - Valença.

Ent. doutor Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui - Situación martes 08/09/2020 08.09.2020

Un total de 17 casos activos por COVID-19 rexistrou durante o último mes, o Servizo de Atención Primaria de Tui. Deste total, 9 son de Tui, 6 de Tomiño e 3 de Goián, segundo os datos facilitados polo doutor Santiago Pose, coordinador do Centro de Saúde de Tui.

Ent. Edith Huía Castro, bióloga e nai - Volta ás aulas 08.09.2020

A partir deste xoves dará comezo o curso 2020-2021 en Galicia, coa incorporación progresiva do alumnado. Primeiro será o de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º de primaria e educación especial. Un curso marcado pola pandemia da COVID-19 e con novas medidas e protocolos sanitarios. Esta mañá acompañounos a nai e bióloga, Edit Huía Castro, para falar desta volta ás aulas.

Ent. Bryan Fernández, músico 07.09.2020

Recentemente na nosa sintonia, estivo Bryan Fernández, quen está a ofrecer varios concertos nos que versiona clásicos coma o blues de Robert Johnson, "Sweet home Chicago" ou os temas da banda británica The Who.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación epidemiolóxica 07.09.2020

Un total de 16 casos positivos por COVID-19 rexistra o Servizo de Atención Primaria de Tui. Deste total, Tui rexistra 8 persoas contaxiadas e, por agora, non hai localizado ningún brote activo na cidade. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, achegounos a situación epidemiolóxica da cidade.

Recomendacións literarias May Acebes - 07/09/2020 07.09.2020

Volve May Acebes e a súa sección Recomendacións Literarias. Faino coa novela "A corazón abierto" da escritora e xornalista Elvira Lindo con que falamos hoxe. Un libro persoal que narra a historia de Antonia e Manuel, os pais da escritora, ao longo dun século de grandes cambios. Unha homenaxe ás persoas que permaneceron na España na inmediata posguerra.

Ent. Alberto Vilas, músico - Concerto no Espazo Fortaleza en Goián 04.09.2020

Mañá sábado ás 20 h, no Espazo Fortaleza en Goián o compositor e pianista Alberto Vilas presentará o seu último traballo, “Naialma”. O disco máis persoal e íntimo do artista co que hoxe falamos. Alberto Vilas - Música

Ent. José Fernández e Carlos Estévez da Federación Galega de Motonáutica - Campionato de España de Radiocontrol Térmico 04.09.2020

O Miño acollerá esta fin de semana o Campionato de España de Radiocontrol Térmico. Esta mañá, comentamos a proba deportiva con José Fernández, presidente da Federación Galega de Motonáutica, e Carlos Estévez, vogal parte da organización do evento.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici