Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
30 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Natalia Lago - A fada do Aloia 04.01.2021 11:13
Coñecer os segredos que agocha o Monte Aloia é posible da man dunha fada moi especial que nos propón seis rutas para realizar en familia e das que hoxe nos falou no programa Día a Día. Toda a información en afadadoaloia.com
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Recepción dos Reis Magos 2021 04.01.2021 7:04
Os Reis Magos estarán mañá dende ás 11 h e até ás 20 h no Teatro Municipal de Tui para recibir aos nenos e nenas. É preciso reserva previa e esta tarde ás 16 h estarán dispoñibles novas quendas. Nolo explicou esta mañá a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020 4:12
Este é o balance do pleno extraordinario deste martes, tamén deste 2020 e os desexos para 2021 de José Ángel Fernández, voceiro do PP na corporación municipal de Tui.
Ent. José Manuel Palacín, voceiro de C21 -Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020 4:47
José Manuel Palacín, voceiro de C21, facía esta mañá balance do pleno extraordinario celebrado o martes pola corporación municipal, e tamén deste 2020. Deixounos a súa felicitación para 2021.
Ent. Manuel González, voceiro de C's - Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020 6:41
Manuel González, voceiro de Ciudadanos na corporación municipal acompañounos esta mañá para deixarnos o seu balance do pleno do pasado martes, do 2020, e os seus desexos para 2021.
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020 7:26
Carmen Núñez, voceira do BNG, deixounos hoxe o seu balance do pleno celebrado este martes pola corporación municipal de Tui, así coma a súa valoración de 2020 e a felicitación para 202.
Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Balance pleno e Felicitación 2021 31.12.2020 6:38
O voceiro de En Marea e concelleiro de Patrimonio e Turismo, Laureano Alonso acompañounos esta mañá. Con el fixemos balanzo do pleno extraordinario celebrado o martes e deixounos a súa felicitación para 2021.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - PCR masiva en Tomiño 30.12.2020 10:50
Tomiño rexistra unha incidencia acumulada de 400 casos por cada 100 mil habitantes. Unha situación preocupante polo que veñen de pór en marcha con Sanidade unha PCR masiva voluntaria. A veciñanza de Tomiño que desexe facer esta PCR debe inscribrise na web tomino.gal coma explicaba a alcaldesa, Sandra González.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Recepción dos Reis Magos 29.12.2020 6:13
Os Reis Magos brindarán o próximo martes unha recepción aos nenos e nenas de Tui no Teatro Municipal. Este espazo engalanarase para a ocasión e contará cun estrito protoloco anticovid. Ás 19 h ábrese en tui,.gal a reserva gratuíta de entradas. Deunos todos os detalles a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.
Ent. Hugo Lage guía de AGAGUI - Bonos agasallo 29.12.2020 6:31
Coñecer Galicia é un dos agasallos que o próximo día 6 nos poden deixar os Reis Magos a través dos bonos que a Asociación de Guías de Galicia, AGAGUI, propón para este Nadal. Ofertan percorridos de 2 horas por Tui, Santiago, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Cambados Hugo Lage, un dos guías que forman parte de AGAGUI explicaba precisamente nos explicaba coma xurdiu este bono.
Ent. Julián Lorenzo Farrapeira - Coaching Emerxente. Psicoloxía positiva para un novo liderato 28.12.2020 12:33
O tudense Julián Lorenzo Farrapeira é o autor, xunto a Santiago Vázquez Blanco, do libro "Coaching Emergente. Psicología positiva para un nuevo liderazgo". Esta mañá coñecimos da súa man que é o coaching emerxente FLOW e falamos deste libro que está xa dispoñible nas librarías tudenses.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Felicitación Nadal 2020 24.12.2020 3:30
Esta a felicitación deste Nadal 2020 que nos deixou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Felicitación Nadal 2020 24.12.2020 4:19
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deixonos esta mañá a súa felicitación para este Nadal de 2020.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Felicitación Nadal 2020 e situación epidemiolóxica 24.12.2020 6:22
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deixounos hoxe a súa felicitación para este Nadal. Tamén fixo referencia á situación no municpio con respecto á covid19.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Felicitación de Nadal 2020 24.12.2020 16:02
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deixounos hoxe a súa felicitación de Nadal. Tamén abordamos a situación epidemiolóxica no municipio a día de hoxe, e os asuntos que irán o próximo martes.
Ent. Juan Carlos Blanco e Manuel Santos - Sorteo cesta de nadal de ACITUI 23.12.2020 4:05
Hoxe sorteamos no programa Día a Día a cesta de nadal de ACITUI para todos as persoas que compraron lotería desta asociación. O número seleccionado foi o 0694 e o gañador xa pode recoller a cesta nas oficinas de ACITUI.
Ent. Benjamín Martínez, lotero - A sorte sorrie por partida triple ao Porriño 22.12.2020 3:08
A sorte sorriu por partida triple a administracióin El X de la suerte do Porriño. Venderon alí algún ou algúns boletos tanto do gordo (72897), coma do 4º premio (75981) e do 5º premio (86986). Falamos en Día a Día co lotero desta administración
Ent. Natalia Lacunza, cantante - 22 de decembro 22.12.2020 13:50
Falamos hoxe coa cantante e compositora Natalia Lacunza. Fixemos con ela un repaso a súa traxectoria e a súa música.
Ent. Ana Rodríguez, cantante - "The Water Level Goes Up" é o novo single do grupo tudense Rockin' Gina and the Sentinel 21.12.2020 8:30
Xa está dispoñible dende fai uns días o novo single e videoclip do grupo tudense Rockin' Gina and the Sentinels. A nova canción leva por título "The Water Level Goes Up".
Ent. Fernando Álvarez, escritor tudense - Nadie debería morir en maio é novo libro de Fernando Álvarez 18.12.2020 15:05
Mañá sábado ás 18.30 h terá lugar na Sala Félix Rodríguez da Área Panoámica a presentación do libro “Nadie debería morir en maio” do tudense Fernando Álvarez. Con este escritor falamos hoxe no programa Día a Día.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión por videoconferencia con Sanidade onte xoves 18.12.2020 8:23
Onte ao mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e os voceiros dos grupos políticos municipais mantiveron unha videoconferencia cos responsables da consellería de Sanidade para coñecer a situación epidimiolóxica de Tui. O luns reúnese o comité clínico que en función dos datos da cidade podería suavizar as medidas.
Ent. Lupe Pérez Fuentes, xerente de Joy Baby - Papá Noel estará na rúa Irmáns Maristas 17.12.2020 2:23
Papa Noel estará na rúa Irmáns Maristas os próximos días 21,22 e 23 de decembro xunto aos comerciantes desta rúa que van dar a benvida a Papa Noel de 17:30 h a 19:00 h. Así o explicaba hoxe Lupe Pe´rez Fuentes, xerente de Joy Baby.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Campaña Nadal animación 17.12.2020 6:50
Esta fin de semana comeza a programación de animación musical e teatral de Nadal nas rúas de Tui. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que na organización da actividade tivéronse en conta as restriccións que hai derivadas da pandemia da covid19.
Ent. Javier Rivadulla, comisario - Exposición O Tui (in)Visible 17.12.2020 10:30
O AMIT, Arquivo Municipal da Imaxe de Tui, organiza na Área Panorámica a mostra "O Tui (in)visible de Loty". A exposición recolle 35 de fotografías tomadas nos anos 20. Falamos con Javier Rivadulla, comisario desta exposición.
Ent. Jesús López, director xeral Utingal - Nova liña de montaxe para helicópteros para Airbus 17.12.2020 9:07
A empresa tudense Utingal estreosue nas liñas de montaxe para helicópteros co seu primeiro pedido para a factoría de Airbus en Albacete. Falamos co seu director, Jesús López, sobre esta importante novidade e tamén sobre o futuro da aeronáutica.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici