Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
29 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Joaquín Cadilla - Presidente da Asociación Piueiro - Volanteiro no Camiño 16.07.2021 5:16
O Volanteiro O Piueiro navegará dende hoxe entre A Guarda e Redondela para homenaxear ao Camiño Portugués. “Volanteiro no Camiño” é unha iniciativa gratuita na que se integran varias rutas nas que se pode participar, cun límite de oito a seis persoas por viaxe. Nolo contaba hoxe o presidente da Asociación Piueiro, Joaquín Cadilla. Inscricións e información das rutas en: https://piueiro.webnode.es/...
Ent. Pablo Redondo, novo comandante naval do Miño - Festividade da Virxe do Carmen 15.07.2021 6:04
Mañá é 16 de xullo, o Día da Virxe do Carmen. Falamos con Pablo Redondo, o novo comandante naval do Miño, dos actos que se celebrarán mañá. Volve a procesión fluvial ao Miño.
Ent. Laureano Alonso, concelleiro e María Ferreirós, técnica ARI - Plan Rexurbe 15.07.2021 7:51
Seis inmobles do conxunto histórico foron ofertados polos seus propietarios para a súa adquisición á Xunta ao abeiro do Plan Rexurbe. Así o explicaba hoxe o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, e a técnica da ARI, María Ferreiro. Daban conta tamén do estado de tramitación da Área Rexurbe e das axudas que se poden solicitar para compra ou rehabilitación nestes momentos.
Ent. Ana Belén Rodríguez - Concerto na praza de San Fernando 14.07.2021 5:37
Temas de Bebo Valdés ou U2 soarán este venres, ás 22 h, na praza de San Fernando no concerto que vai ofrecer Ana Belén Rodríguez Trío. Será dentro do ciclo Música no Ar e formando parte da programación cultural do verán. O grupo está formado por Noelia Álvarez, Kiri Cabaleiro, e Ana Belén Rodríguez con quen falabamos esta mañá.
Ent. José Manuel Palacín - Elixido secretario xeral de C21 Tui 14.07.2021 6:06
José Manuel Palacín foi elixido na fin de semana secretario xeral de C21 Tui, no congreso local que celebrou a formación liberal. O actual voceiro de C21 na corporación municipal explicaba cal será a liña de traballo a seguir.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Feira do Viño 2021 13.07.2021 6:19
A Feira do Viño do Rosal celebra dende este venres 16 ao domingo18 a súa 29ª edición. Faino cunha edición na que recupera a actividade presencial, con inscrición previa e todas as medidas de seguridade. Así o explicaba Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal , que detallaba o programa previsto.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira Cultura - Programación cultural do Verán en Tui 12.07.2021 13:57
Seis festivais internacionais, seis películas de cinema, un espectáculo de danza, un concerto e unha representación teatral conforman a programación cultural do verán en Tui que se vai celebrar dende mañá até o 26 de setembro. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicábaa esta mañá na nosa sintonía.
Ent. Nadia Martín e Hernán Bargiela, adegueiros - Concurso Mundial de Bruselas 2021 12.07.2021 11:57
O viño Cinco Punto Uno-Blend 2018 da adega Bargiela Bienati de Salvaterra, levouse o único Gran Ouro entregado aos 30 viños premiados na 28ª edición do Concours Mondial de Bruxelles, celebrado do 17 ao 27 de xuño en Luxemburgo. Nadia Martín e Hernán Bargiela, propietarios desta adega, nolo contaban no programa Día a Día.
Entrevista Diego Vila e Leticia López, pilotos - Participación XVII Rally Sur do Condado 08.07.2021 11:15
Esta fin de semana celébrase o XVII Rally Sur do Condado, que forma parte do Campionato Galego, no que participarán os pilotos tudenses Diego Vila e Leticia López. De forma previa mañá xoves, ás 12h na praza do Concello amosarán os seus vehículos - Renaul Clio N5 e Peugot 107- para deste xeito agradecer o apoio que están a recibir tanto de forma institucional coma dos afeccionados.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - 8 de xullo 08.07.2021 11:31
Coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, valorábamos hoxe os dous primeiros anos de mandato. Dous anos intensos pola pandemia, de moito traballo dicía, pero que deron para levar a cabo moitas iniciativas transformadoras na vila.
Programación de Verán do Concello do Rosal 08.07.2021 3:56
Cine, teatro, proxeccións, danza e espectáculos musicais estarán moi presentes este verán no Rosal. Hoxe ás 21:00 h terá lugar, no torreiro de Novás ,un concerto de jazz de Sergio de Miguel Trío e logo proxectarase o documental dedicado a Marcola González ao abeiro do proxecto ‘Memoria Viva’. Repasamos toda a programación co concelleiro de cultura do Rosal, Carlos Villanueva.
Entrevista a Manuel Pedrares, Club Kayak Tudense - X Descenso Popular do río Miño 07.07.2021 6:30
O sábado 21 de agosto volve o X Descenso Popular do Río Miño, organizado polo Club Kayak Tudense. A principal novidade en relación a outras edicións é que este ano non se celebrará a romería popular por mor das restricións sanitarias. Manuel Pedrares contábanolo esta mañá.
Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - O venres volve o transbordador A Guarda Caminha 06.07.2021 11:18
O transbordador que une A Guarda e Caminha volverá este venres a cruzar a esteiro. Valoramos esta noticia co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e tamén os dous primeiros anos de lexislatura cumpridos recentemente.
Ent. Aitor Bouzada, hostaleiro - O Pub Licoure pecha por precaución 06.07.2021 6:20
A pasada fin de semana foi a primeira que abriu o ocio nocturno. Aquí en Tui, no centro histórico, producíronse aglomeracións na rúa e algún botellón. Precisamente, por esa situación de descontrol, o pub Licuore decidiu cerrar as súas portas e non volver a abrir polo momento. Esta mañá falábamos co seu propietario Aitor Bouzada.
Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - 6 de xullo 06.07.2021 10:12
A Asociación de Alcohólicos Anónimos celebra en Tui reunións na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, para aquelas persoas que poidan ter un problema co alcohol. Son os martes de 10 a 11.30 e os xoves de 20 a 21.30 h. José e Rubén explicaban hoxe a súa experiencia na asociación.
Entrevista a Ana Rodríguez, xerente do Balneario de Caldelas - Centro Zoolóxico Termal “El Arca 05.07.2021 9:50
O pasado venres o Balneario de Caldelas inaugurou un novo servizo, pioneiro a nivel estatal, trátase do Centro Zoolóxico Termal “El Arca". Falamos hoxe con Ana Rodríguez, xerente do Balneario de Caldelas, que nos explicou as características deste novo centro.
Ent. Guadi Galego, artista - Concerto este sábado en Tomiño 02.07.2021 6:05
En Tomiño arranca esta fin de semana a programación de verán e a primera actividade chegará mañá co concerto que ofreza a música e vocalista Guadi Galego. Será na Praza do Seixo ás 22:30 h. Entrevistabámola esta mañá.
Ent. Anxo Lorenzo, gaiteiro - Concerto no Pórtico da Catedral de Tui 02.07.2021 8:06
Dentro do programa do I Festival da Cultura Tradicional e Folk, o gaiteiro Anxo Lorenzo e a súa banda ofrecerán un concerto mañá ás 23:00 no Pórtico da Catedral de Tui. Un espectáculo deseñado de principio a fin para un escenario tan especial coma este. Anxo Lorenzo estivo hoxe no programa Día a Día.
Ent. Carmen Freiría, profesora - IES Antón Alonso Ríos 01.07.2021 14:58
Carmen Freiría, profesora do IES Antón Alonso Ríos en Tomiño, presentou hoxe na nosa sintonía a oferta formativa do centro de cara ao vindeiro curso.
Ent. Cora Novoa, artista tudense - "Espazo do Eu" na Sala Municipal de Exposicións 01.07.2021 9:22
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle, ata o vindeiro 10 de xullo, a mostra “Espazo do Eu”, realizada pola moza tudense Cora Novoa. Explicábanos esta mañá a súa obra que permite acercanos ao concepto do “Eu” a través de esculturas que representan fragmentos do corpo.
Ent. Alfredo Hernán, Manuel Tato e Patxi Alonso - Modepen 30.06.2021 12:31
Coñecemos a labor de Modepen a través de tres dos seus integrantes. Un movemento que busca a defensa das pensións públicas, e axuda aos colectivos máis perxudicados neste eido.
Ent. Conchi Sales, Anxo Lorenzo, e Miguel Ángel Pena - I Festival da Cultura Tradicional e Folk 30.06.2021 21:48
Mañá comeza o I Festival da Cultura Tradicional e Folk aquí en Tui. Un evento organizado pola Asociación Cultural Deportiva Recreativa Xuvenil San Telmo de Tui. Para falar de todas as actividades deste evento pasaban hoxe polo programa Día a Día, Conchi Sales, o gaiteiro Anxo Lorenzo, e Miguel Ángel Pena de O Fiadeiro.
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador tudense - Presentación das guías da Rede de Xuderías 29.06.2021 8:13
Este xoves preséntanse en Santiago as guías de turismo de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, as tres cidades galegas integradas na Rede de Xuderías. Unhas guías sobre o patrimonio xudeo realizadas pola especialista Alejandra Abulafia que se poden consultar xa en https://redjuderias.org/. Contábanolo esta mañá o historiador Rafael Sánchez Bargiela.
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Medio Ambiente, e Julián Iglesias, apicultor - Vespa Velutina 28.06.2021 13:28
O concelleiro de Medio Ambiente, Ismael díz, e o apicultor Julian Iglesias presentaron no programa Día a Día un novo plan para previr a presencia de velutinas en Tui e nas parroquias. Un acordo entre apicultores e o Concello de Tui para instalar 150 trampas en lugares públicos.
Ent. Xacobo Morais, adestrador, e Rafael Estévez, concelleiro de Deporte - Campus en Tui de Fútbol Sala en agosto 28.06.2021 9:01
A Quinta de Tui, en colaboración coa concellería de Deportes do Concello de Tui, organiza a 5º edición do seu Campús de Fútbol Sala que se celebrará do 2 ao 13 de agosto en horario de mañá. Inscrición aberta até o 10 de xullo no 690 058 579 Falamos do campus co concelleiro de deportes, Rafael Estévez, e co adestrador Xacobo Morais.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici