Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6538 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

29 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Diego Piña, presidente Kaiak Tudense - 50º Descenso do Miño e 10º Descenso Popular 20.08.2021

Mañá sábado Descenso, tanto o popular coma o internacional, volverán encher o Miño de piraugas. No eido deportivo o Descenso Internacional contará con destacados padeeiros, moitos clasificados para o Mundial de Maratón, que marcarán un alto nivel. Así o explicaba o presidente do Kaiak Tudese, Diego Piña.

Ent. Luís Delgado de Mecánico Popular - Concerto no IKFEM 20.08.2021

“Estridentismo” é o título do concerto que hoxe Mecánica Poular con Eugenio Muñoz e Luis Delgado ofrecerán ás 22.30 h na rúa Olímpicos Tudenses no marco do IKFEM. Luís Delgado avanzaba coma será o concerto desta noite.

Ent. Conchi Sales, presidenta A.C. San Telmo - Mostra do traxe tradicional e evento sobre as pezas da vestimenta 20.08.2021

No cárcere vello, na rúa Sanz, continúa até finais de mes a Mostra do Traxe Tradicional organizada pola Asociación Cultural San Telmo. Esta tarde poderemos coñecer con máis detalle a vestimenta tradicional tanto de home coma de muller, no acto previsto ás 20 h da man de Luís Prego. No patio do cárcere combinarase a explicación de cada peza da vestimenta cunha peza musical dedicada precisamente a e...

Ent. Andrés Barrios, pianista - Concerto no IKFEM 19.08.2021

“Ao sur do Jazz” a cargo de Andrés Barrios e Marco Rodrigues. As entradas están esgotadas. A actuación de hoxe suporá unha fusión entre o fado de Marcos Rodrigues e o flamenco de Andrés Barrios. Así o explicaba, Andres Barrios.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda Agosto 19.08.2021

Pleno moi importante con moito contido cun carácter máis técnico que político. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na valoración da sesión plenaria de xullo. Tamén se referiu a outros asuntos da actualidade municipal.

Ent. Marta Zabaleta, pianista - Concerto no IKFEM 18.08.2021

Os tres ballet máis representativos de Stravinsky serán os que interpreten hoxe Marta Zabaleta e Miguel Borges ao piano no concerto inaugural do IKFEM. Será ás 22 h na rúa Olímpicos Tudenses. Precisamente hoxe Marta Zabaleta explicaba coma será o concerto., para o que xa non hai entradas.

Ent. Eduardo Dacuña da Asoc A Insua - Semana cultural de Caldelas 18.08.2021

Adaptada as actuais circunstancias dende este venres celébrase na ribeira de Caldelas a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural A Insua con tres xornadas nas que haberá maxia, música, animación… Eduado Dacuña, membro da Asociación Cultural A Insua, explicaba precisamente as actividades previstas

Ent. Carmen Núñez do BNG- Rolda Agosto 18.08.2021

Carmen Núñez, voceira do BNG, interviu hoxe dentro da rolda que estamos a manter para valorar o pleno da corporación municipal de Tui do mes de xullo. Un pleno cargado de contido, dicía, e aproveitaba para reclamar a celebración de sesións plenarias mensuais.

Ent. Ana Domínguez de Cruz Vermella Baixo Miño - Andainas Saudables en Tui 17.08.2021

O próximo martes ás 10 h terá lugar a primeira andaina saudable organizada pola Cruz Vermella en Tui. Será pola ruta dos Muíños do Tripes. Está aberta a inscrición no 986 61 46 09 ou no correo laguardia@cruzroja.es

Ent. Andrea González, directora IKFEM - IX Festival de teclado da Eurocidade Tui-Valença 17.08.2021

Dende mañá ata o 22 de agosto terá lugar na Eurocidade Tui-Valença a IX edición do IKFEM. Andrea González, directora do IKFEM, axudounos a coñecer máis de cerca as novidades que traerá este ano o festival, o cal porá en valor diferentes tipos de arte como a música ou a moda.

Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - 17 de agosto de 2021 17.08.2021

Abrimos hoxe de novo no programa Día a Día o tempo de radio do grupo Armonía de Tui da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Fernando e Key deixáronnos hoxe a súa testemuña, a súa experiencia na Asociación, e do "abandono de ideas antigas" sobre o alcoholismo.

Ent. Natalia Lago, a fada do Aloia - Noite Máxica no Aloia 13.08.2021

Que mellor lugar para ver as Perseidas que o Monte Aloia? Estes días a coñecida fada do Aloia está a organizar unhas visitas nocturnas ao parque natural. Nestas noites máxicas, os visitantes van acompañados desta fada que ensinaralles dos misterios astronómicos. Natalia Lago, a nosa fada, explicaba o obxectivo destes percorridos.

Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Festas do Monte 2021 13.08.2021

Esta tería que ser a fin de semana grande das Festas do Monte da Guarda, pero debido á pandemia mañá non haberá o desfile de bandas mariñeiras nin o domingo a tradicional subida ao monte. Ao longo da semana estanse a celebrar algunhas actividades con todas as medidas de seguridade. Falamos co alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

Ent. Jaime Pablo Díaz, director Nova Galega de Danza - Espectáculo 13.08.2021

Hoxe a noite a Praza de San Fernando viaxará a unha Galicia intemporal e máxica, grazas a "Leira" un espectáculo de Nova Galega de Danza. Terá lugar ás 21:00h e haberá un total de 120 prazas que se cubrirán por orde de chegada. O espectáculo entra dentro do programa “Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio” da Xunta de Galicia, e forma parte da programación cultural do verán do Concello de Tui.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Inauguración dunha escultura de Magín Picallo na praza Antonio Fernández 13.08.2021

Un pintor e un escultor serán hoxe os protagonistas ás 21h en Goián coa inauguración dunha escultura do pintor Antonio Fernández, na praza que leva o seu nome, realizada por Magín Picallo. Dobre homenaxe o que rende así o concello de Tomiño coma explicaba hoxe a súa alcaldesa, Sandra González. Na entrevista que mantivemos con ela comezaba lembrando a Manuel Leirós falecido no día de onte.

Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP - Rolda de agosto 13.08.2021

José Ángel Fernández, voceiro do PP, valoraba hoxe a última sesión plenaria ordinaria da corporación municipal de Tui. Indicaba que ao pleno de xullo levábanse cuestións decisivas nalgúns asuntos, pero precisaba que todos os plenos son importantes.

Ent. Samuel Diz e Beatriz Fontán - Balance XV Música no Claustro 12.08.2021

O compromiso por divulgar o legado cultural da Catedral afinazouse aínda máis na décimo quinta edición de Música no Claustro que rematou o pasado sábado. Así o explicaban hoxe Samuel Diz e Beatriz Fontán, ao facer balanzo do festival deste ano.

Ent. Eva Ara, padeeira - Concentración da Selección Española de Kaiak Polo en Tui 12.08.2021

Eva Ara, Ainhoa Castro e Laura Fernández do Penedo Te Importa forman parte da Selección Española de Kaiak Polo. O equipo nacional preparará esta fin de semana en Tui o Campionato de Europa que en outubro se vai celebrar en Sicilia. Falamos desta concentración e do campionato con Eva Ara.

Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Rolda Agosto 12.08.2021

Laureano Alonso, voceiro de En Marea, facía balance hoxe do pleno celebrado no mes de xullo pola corporación municipal de Tui. No seu parecer foi un pleno tranquilo no que se aprobaron asuntos de gran importancia para Tui.

Ent. Jose Manuel Palacín de C21 - Rolda Agosto 11.08.2021

Con Jose Manuel Palacín de C21 continuamos hoxe a rolda de conversas para valorar o pleno celebrado o pasado mes de xullo pola corporación municipal de Tui. Destacaba o voceiro de C21 que foi en liñas xerais un pleno de consenso.

Ent. Conchi Sales, presidenta da Asociación San Telmo - Mostra do traxe tradicionais e obradoiros musicais 11.08.2021

Luís Prego será o responsables do obradoiro de instrumentos musicais que este venres ás 19 h se vai celebrar no cárcere vello. É unha das actividades paralelas á Mostra do Traxe Tradicional que até o día 31 se pode visitar neste espazo. Está organizada pola Asociación San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

Ent. Juan Carlos Blanco e Miguel Martínez - V Feira do Peregrino Cidade de Tui 11.08.2021

O sábado 4 e domingo 5 de setembro celebrarase a V Feira do Peregrinos en Tui. Busca render unha homenaxe aos peregrinos que cada ano pasan pola cidade. Falamos deste evento con Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, e Miguel Martínez da Asociación Turismo Cidade de Tui.

Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - 10 de agosto de 2021 10.08.2021

Bea e Marián, membros da Asociación de Alcohólicos Anónimos de Tui acompaáaronos hoxe de novo no programa Día a Día.

Ent. Elías Vieiro, presidente, e José Manuel Quintana, director da Escola - Tyde FC 10.08.2021

O Tyde F.C. afronta a nova temporada con folgos renovados tras un ano complicado debido á pandemia. Elías Vieiro, presidente do club, e José Manuel Quintana, director da escola deportiva, explicáronnos hoxe coma preparan a nova temporada.

Ent. Manuel González Vázquez, voceiro de C's - Rolda agosto 10.08.2021

Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos na corporación municipal de Tui, valorou hoxe o pleno ordinario do mes de xullo da corporación municipal. Estas eras as súas palabras.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici