Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
28 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Raquel Martínez Areal, violinista - Praza na Orquestra Nacional de España 30.09.2021 8:02
A tudense Raquel Martínez Areal será unha das violinistas Orquestra Nacional de España a partir do 1 de novembro. Vén de gañar unha das prazas convocadas nada máis rematar os seus estudos superiores. Falamos con ela do que significa esta praza, que compaxinará co cuarteto da Escola Raíña Sofía do que forma parte. Coa orquestra dará tres concertos por semana.
Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Visitas guiadas co gallo da Feira da Cabaza 30.09.2021 6:22
Ao longo do mes de outubro continúan polas parroquias tudenses as visitas guiadas ás pozas e regadíos que leva a cabo o club AndaTui con motivo da I Feira da Cabaza que se celebra no municipio. José Martínez Tato explicou en que consisten e cal é o calendario establecido.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Renuncia Laureano Alonso e pleno setembro 30.09.2021 17:52
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou hoxe na nosa sintonía a renuncia ás súas delegacións presentada onte polo concelleiro Laureano Alonso, co que o goberno que preside queda en minoría. Tamén deu conta dos asuntos máis destacados que esta tarde tratarán no pleno ordinario de setembro.
Ent. Eloy Domínguez Serén , director de cine - "Os Corpos" foi a vencedora na sección galega de Play Doc 29.09.2021 6:28
O domingo remataba Play Doc 2021 e hoxe falábamos con Eloy Domínguez Serén que coa súa curta “Os Corpos” lograba gañar na sección galega do festival. Unha obra na que se reflicten con gran mestría as diferentes tradicións do entroido galego na provincia de Ourense.
Ent. Laureano Alonso - Renuncia ás súas delegacións no goberno municipal 29.09.2021 14:10
Laureano Alonso vén de presentar hoxe a renuncia as súas delegacións coma concelleiro de Patrimonio, Turismo, Camiño de Santiago e Novas Tecnoloxías, e rompe o pacto de goberno co Partido Socialista que queda en minoría.
Ent. Antonio Giráldez, escritor - “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior” 28.09.2021 6:28
Este xoves, ás 20.30 h presentarase na Biblioteca Pública Municipal de Tui a novela “1598: La peste en Vigo. El secreto del reclinatorio del prior”, escrita por Antonio Giraldez Lomba. Un libro que parte dunha investigación do autor precisamente aquí en Tui. Hoxe explicábanos porque.
Ent. Ismael Diz, concelleiro de Servizos Sociais, e Carmen González, traballadora social - Programa "Cultiva a Mente" 28.09.2021 12:00
Este outubro comeza nas parroquias de Tui a terceira edición do programa “Cultiva a Mente” organizado por Afaga en colaboración co Concello de Tui. Para falar sobre o mesmo hoxe visitaban o programa Día a Día o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e Carmen González, traballadora social do concello.
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Sorteo de experiencias en Tui 28.09.2021 7:05
Dende Eurural organizan un sorteo, dentro da campaña de promoción do producto local “Parte de Ti”, con premios moi interesantes e experiencias para desfrutar aquí en Tui. Para participar hai que comentar a publicación do sorteo no Facebook ou no Instagram de Eurural indicando á persoa coa que te gustaría desfrutar da experiencia e tamén ser o seu seguidor. Nolo contaba esta mañá Sandra González, p...
Ent. Teo López e Adrián Besada de OG Rippers - Goián contará cun dos maiores skatepark da provincia 24.09.2021 5:36
Aínda que estaba previsto para mañá sábado, debido á previsión de choiva, foi aprazado para o sábado 2 de outubro a inauguración do skate park de Goián e as outras actividades previstas. Teo López e Adrián Besada de OG Rippers, colectivo tomiñés, que ía organizar dúas competicións de skateboard faláronnos hoxe destas instalacións.
Ent. Sara García, codirectora de Play Doc - Edición 2021 24.09.2021 8:11
Sara García, codirectora de Play Doc, detallaba hoxe a programación que este ano podemos gozar no festival cun carácter inédito e de novo internacional.
Ent. Manuel Lópes, candidato PSD en Valença - Eleccións autárquias 2021 en Portugal 24.09.2021 3:47
Este domingo Portugal celebra eleccións municipais. Falamos con Manuel Lópes, candidato do PSD (Partido Social Demócrata) en Valença.
Ent. José Monte, candidato Fortalecer Valença en Valença - Eleccións autárquias 2021 en Portugal 24.09.2021 5:46
Este domingo Portugal celebra eleccións municipais. Falamos con José Monte, candidato de Fortalecer Valença, en Valença.
Ent. António Dias, candidato Nós Cidadãos en Valença - Eleccións autárquias 2021 en Portugal 24.09.2021 7:05
Este domingo Portugal celebra eleccións municipais. Falamos con António Dias, candidato de Nós Cidadãos en Valença.
Ent. José Manuel Vaz Carpinteira, candidato PS en Valença - Eleccións autárquias 2021 en Portugal 24.09.2021 5:23
Este domingo Portugal celebra eleccións municipais. Falamos con José Manuel Vaz Carpinteira, candidato do PS (Partido Socialista) en Valença.
“Disturbed Earth” de Guillermo Carreras e Kumjana Novakova compite na sección de longametraxes 24.09.2021 9:28
“Disturbed Earth” de Guillermo Carreras e Kumjana Novakova compite na sección de longametraxes. Un filme profundamente conmovedor sobre a vida a día de hoxe en Srebrenica (Bosnia e Herzegovina) tras o genocidio do 1995. Falamos sobre a película con Guillermo Carreras en Día a Día.
Ent. Carmen Bellas - Compite con "Memorias de Ultramar" na sección galega en Play Doc 24.09.2021 8:40
“Memorias de Ultramar” de Carmen Bellas e Alberto Berzosa é unha das películas que compite hoxe na sección galega. Trata de poñer en valor os arquivos familiares coma parte da nosa historia centrándose nos de españois que viviron nas colonias africanas até a morte de Franco en 1975.
Ent. Claudia Pineda - Compite con EL Viaje en curtametraxes en Play Doc.mp3 subido correctamente 24.09.2021 6:29
"El viaje 1988" é o título da curtametraxe coa que Claudia Pineda compite nesta sección en Play Doc 2021. É a súa primeira película coma explicaba esta mañá no programa Día a Día. Na mesma recuperou películas gravadas pola súa avóa en1988.
Ent. Xisela Franco - Cinema Percorridos II 23.09.2021 12:21
Cinco artistas audiovisuais serán os encargados mañá de presentar as súas intervencións na praza da Estrela, o cárcere vello, as rúas, e a igrexa de San Domingos en Cinema Percorridos II. Xisela Franco é a comisaria desta iniciativa que forma parte da programación de Play Doc.
Ent. Ángel Sánchez, codirector Play Doc - Arranca mañá Play Doc 2021 21.09.2021 6:59
Mañá ás 20h arranca a XVII edición de Play Doc que terá lugar en Tui até o domingo. Falamos do programa con Ángel Sánchez, centrándonos hoxe no acto de inaguruación e no posterior concerto de Blurry The Explorer. Neste primeiro día proxectarase a película Colossus on the River de Manfred Kirchheimer e ás 22.30 outras dúas máis deste autor ao que se lle adica unha das retospectivas deste ano. Entra...
Ent. Miguel Méndez, pte Asoc Muíñeiros do Tripes - Ruta Nocturna 21.09.2021 6:58
“Lendas ao solpor no muíños do Tripes” é o título da ruta nocturna que este sábado organiza a Asociación Muiñeiros do Río Tripes. Trátase dunha idea que barallaban dende hai tempo, como explicaba hoxe o seu presidente, Miguel Méndez. Consistirá nun percorrido pola senda dos muíños dende Circos.
Ent. Raquel Touriño, presidenta FEMUPO - Congreso sobre violencia de xénero este sábado en Tui 21.09.2021 7:47
Este sábado celebrarase no Parador de Tui o II CONGRESO FEMUPO, da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra. Con este congreso FEMUPO conmemora o II aniversario da súa creación. Farao centrando o congreso no protocolos de atención a vítimas de violencia de xénero. O aforo é limitado e as inscricións poden realizarse en secretariafemupo@gmail.com ou no teléfono 653790899.
Ent. Eva Ara, xogadora do equipo feminino de Kaiak Polo do Penedo - Campioas de España 20.09.2021 4:03
O equipo feminino de Kaiak Polo do Club Penedo Te Importa proclamouse na fin de semana Campión de España. Amais o Penedo foi terceiro por clubs. Eva Ara, xogadora do Penedo comentounos coma foi o campionato.
Ent. Carmen García, investigadora - Estudo sobre a orixe de Cristobal Colón 20.09.2021 12:01
Falamos con Carmen García, responsable da investigación que se está levando a cabo no sarcófogo dos Sotomayor na Igrexa de San Domingos en Tui coa extracción dos seus restos arqueolóxicos para determinar se Cristobal Colón era o nobre galego Pedro Álvarez de Sotomayor, conde de Carmiña, tamén apodado Pedro Madruga.
Ent. Elena Espinosa, xefa de estudos, e Bárbara, mestra de alemán - Escola Oficial de Idiomas de Tui 17.09.2021 11:35
A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas o vindeiro mércores, 22 de setembro, onde se exporán as clases e estudos dispoñibles este ano con demostracións prácticas cos profesores de cada idioma. Este ano incopórase o alemánn ao itinerio formativo do centro xunto ao inglés, francés e portugués.
Ent. José Comesaña - Grava & Polbo 17.09.2021 5:18
O próximo 2 de outubro pasará por Tui un evento gravel "Grava&Polbo", unha modalidade de ciclismo que combina bicicleta de estrada e de montaña. Así o explicaba José Comesaña, un dos organizadores. A proba constará de 100 quilómetros cun desnivel de 1.800 metros. Tamén haberá unha opción máis curta de 54 quilómetros. A saída e meta estará en Gondomar. A inscrición está aberta ata o luns en www.mag...
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici